Post on 28-Jan-2021
APRENDIZAXE OBXECTOS DE
LIÑA 2 MATERIAIS DE FORMACIÓN PARA ESTUDANTES
DE GRAO DA COMPETENCIA DIXITAL 2. Comunicación e colaboración: 2.2. Compartir mediante tecnoloxías dixitais:
4. Ferramentas para manterse ao día: RSS
Colección Obxectos de Aprendizaxe, 2019
MATERIAIS DE FORMACIÓN PARA ESTUDANTES DE GRAO
DA COMPETENCIA DIXITAL
2. Comunicación e colaboración: 2.2. Compartir mediante tecnoloxías dixitais:
4. Ferramentas para manterse ao día: RSS
REBIUN Liña 2 (3er. P.E.) Grupo de Competencia Dixital
Documento baixo licenza Creative Commons
FERRAMENTAS PARA MANTERSE AO DÍA: RSS
Comunicación e colaboración. Compartir mediante tecnoloxías dixitais
OBXECTIVOS
Ao finalizar esta actividade tes que ser capaz de:
Instalar e utilizar un lector RSS para recibir os teus feeds Subscribirte a contidos RSS
SUMARIO
1. QUE É A SINDICACIÓN DE CONTIDOS? ● Formato RSS ● Vantaxes de RSS 2. LECTORES RSS ● ¿Que necesito para ler RSS? ● Obter un lector RSS ● Feedly ● Flipboard 3. SUBSCRIBIRSE A CONTIDOS RSS ● Obter feeds RSS ● Subscribirse dende Bases de
datos 4. NAVEGADORES • Ler contido sindicado mediante
un navegador de Internet • Google Chrome e os teus
marcadores
A SINDICACIÓN DE CONTIDOS, REDIFUSIÓN WEB (ou
SINDICACIÓN WEB) é o reenvío ou reemisión de contidos, dende un sitio web ata outro sitio web.
QUE É A SINDICACIÓN DE CONTIDOS?
Permite recibir información actualizada dende diversas web seleccionadas
previamente
É un sistema de alertas informativas
Sindicación web
Redifusión web
Sindicación de contidos
1
Serve para: ● distribuir contidos e facilitar o acceso á información web,
permitindo ademais a súa alerta e actualización, sen necesidade de navegar pola web constantemente
● facilitar o acceso á información web que se actualiza con regularidade, logrando que o usuario recupere ao momento as novidades producidas na información do seu interese.
O formato RSS (Really Simple Syndication) é parte da familia dos formatos XML, desenvolvido específicamente para todo tipo de sitios que se actualicen con frecuencia, e por medio do cal se pode compartir a información e usala noutros sitios web ou programas. É unha tecnoloxía que facilita a rápida difusión dos contidos favorecendo o intercambio de comunicación
FORMATO RSS: REALLY SIMPLE SYNDICATION
VANTAXES RSS
MANTERSE INFORMADO
Permite manternos informados fácilmente ao recuperar o contido máis recente dos sitios que realmente nos interesan. Evítannos ter que visitar constantemente as páxinas que seguimos para comprobar se se actualizaron e permiten que non se nos escape ningún contido
AFORRAR TEMPO Permite aforrarnos tempo ao non ter que visitar cada sitio individualmente.
MAIOR PRIVACIDADE Asegura a nosa privacidade ao non ter que unirnos ao boletín electrónico de cada sitio.
¿QUE NECESITAMOS PARA LER UN FEED RSS? 2 NECESITAMOS UN LECTOR RSS
Necesitamos un software, un lector RSS que pode ser un Agregador de noticias, Lector de fontes ou de feeds, que nos permita capturar as fontes RSS de varios sitios e mostralas para lelas despois.
Serven para subscribirse a contidos de páxinas web que se actualizan con frecuencia: o caso máis común deste tipo de páxinas son os blogs, pero tamén podemos subscribirnos a podcast de radio, diarios ou webs de noticias e alertas.
Funcionan a súa vez como un espazo web no que se volca, en función da nosa clasificación previa, as actualizacións de todos os medios online aos que nos subscribamos. Ademais, incorporan a faceta de rede social ao poder compartir con outros usuarios cada actualización.
Os programas que len e presentan (executan) fontes ou feeds RSS de diferentes procedencias denomínanse agregadores de noticias ou lectores de fontes ou feeds.
LECTORES RSS
SISTEMAS DE ALERTAS?
En certo sentido cumpren a mesma función que os sistemas de alertas. Sen embargo, os RSS ofrecen un acceso máis flexible, xa que en lugar de enviarse únicamente por correo electrónico, pódense integrar nun lector RSS ou nunha páxina web.
LECTOR RSS Permite ao usuario coñecer as novidades xurdidas na busca configurada sen necesidade de acceder a súa conta de usuario, utilizando o seu lector de RSS favorito.
LIGAZÓN Cando se crea un RSS, a base de datos crea unha ligazón que se pode engadir a un lector RSS ou ben integrar nunha páxina web.
AGREGADORES DE NOTICIAS, LECTORES DE FUENTES O FEEDS
estilo de navegación similar a una revista
interfaz cómoda y atractiva
posibilidad de crear una publicación personalizada
posibilidad de agregar y categorizar distintas fuentes
conexión a redes sociales: facebook y twitter
AGREGADORES DE NOTICIAS, LECTORES DE FONTES OU FEEDS
CARACTERÍSTICAS DOS LECTORES RSS
estilo de navegación similar a unha revista
interfaz cómoda e atractiva
posibilidade de crear unha publicación personalizada
posibilidade de agregar e categorizar distintas fontes
conexión a redes sociais: facebook e twitter
permiten comentarios, valoracións, etiquetados, redifusión e agregación/promoción de noticias.
LECTOR RSS: FEEDLY 1 Feeds: na columna da esquerda aparecerán as categorías temáticas que
establezamos para clasificar as páxinas (cultura, marketing, historia, etc.) e dentro delas todos os blogs e páxinas subscritas.
o Today recolle o contido máis recente e relevante do seu feedly, organizado por categorías
o Read Later reúne os contidos gardados para ler máis tarde.
o Filters elimina artigos irrelevantes dos seus feeds
Para subscribirse a un blog ou páxina web, hai que buscar nela o símbolo de RSS. Ao premer nel, ofrécenos a url de
subscripción, que copiaremos e pegaremos en Feedly en Add content.
AGREGADOR DE NOTICIAS PARA DISPOSITIVOS MÓBILES: FLIPBOARD
Flipboard é un agregador de noticias e unha rede social que agrega contido social, noticias, páxinas de fotografías e
outras páxinas web presentadas en formato de revista.
• Accede aos teus intereses principais en Para ti.
• Le, marca como me gusta, e comparte historias.
• Ponte ao día coas noticias a diario coa Primera Edición, un resumo de historias importantes que podería interesarche coñecer.
Descarga a app, elixe os teus intereses e Flipboard creará unha revista para cada un deles.
Tamén podes facer as túas propias revistas personalizadas, recompilando todas as historias, imaxes e vídeos que che gustan.
Podes facer que a túa revista sexa pública ou privada, e crear revistas compartidas para invitar a outras persoas a colaborar á túa
edición.
Podes usar Flipboard no teu ordenador, pero sobre todo no teu Smartphone ou
tablet.
Unha vez que teñas un lector de RSS, podes subscribirche para recibir o contido máis recente dos sitios que che interesen:
seccións específicas de periódicos ou sitios web, revistas, buscas que realizaches en bases de datos...
Busca a icona laranxa de RSS e segue estas instruccións:
COMO SUBSCRIBIRSE A CONTIDOS RSS?
1. Navegue ata o sitio ao que desexa subscribirse e busque a icona RSS.
2. Faga clic dereito na icona e seleccione "Copiar ubicación de enlace".
3. Pegue esta ligazón (URL) na sección Agregar feeds do seu lector de RSS.
1. Navegue ata o sitio que
desexe subscribirse e
busque a icona RSS
2. Copiar ubicación de enlace
3. Pegue esta ligazón (URL)
na sección Agregar feeds do seu lector
de RSS.
3
SINDICAR CONTIDO DUNHA WEB
Ofrecen a posibilidade de sindicación de
contido:
Mediante feeds ou canais, que conteñen unha versión da información publicada nel
1 ATOM 2 XML 3 RSS 4
Podemos ler o contido sindicado dunha páxina web mediante: • un navegador de Internet • un agregador de contidos ou lector de feeds
SINDICAR CONTIDO DUNHA WEB OU BLOG
Podes subscribirche a un blog ou web premendo no símbolo RSS. Ofrecerache subscribirche aos Feed, para recibir todas as entradas novas que vaian publicando, ou ben a RSS dos comentarios.
Ofrecerache un lector de feeds para subscribirche. Premendo na pestana irás ao listado de lectores dende onde poderás elixir un. En Administrar poderías Engadir outros lectores, inserindo a URL na que queremos que apareza o enderezo do feed.
Dende unha Extensión
Subscripción a RSS (de Google)
Para recibir as actualizacións do meu blog favorito debo subscribirme a un canal RSS
RSS NAS BASES DE DATOS
Novidades O formato RSS úsase nas Bases de Datos para informar das novidades nas que estamos interesados. Podemos subscribirnos ao RSS de cada busca ou títulos premendo na icona etiquetada como Crear RSS:
Buscas Aplícase nas buscas que estamos realizando: cada vez que se incorpore un novo documento á base de datos que coincida coa nosa estratexia de busca o sistema avisaranos delo.
Títulos de publicacións periódicas
Aplícase tamén nos títulos dunha publicación periódica: permítenos saber se hai novos números dispoñibles desa publicación no momento en que son incorporados á base de datos.
Neste sentido cumpren a mesma función que os sistemas de alertas. Algunhas Bases de Datos permiten crear alertas informativas, pero non
todas.
COMO? EXEMPLOS CON BASES DE DATOS 1
Queremos subscribirnos a unha busca realizada en Dialnet. Prememos na icona de Canal RSS de busca:
Abrirásenos unha nova páxina. Poderemos copiar esa url e incorporala ao lector RSS que prefiramos.
COMO? EXEMPLOS CON BASES DE DATOS 2
Busca dunha publicación periódica, neste caso “International journal of intelligence and counterintelligence”, na base de datos de ProQuest. Prememos en Crear RSS para subscribirnos ao contido desta revista:
E aquí ábrese esta ventá onde prememos en crear feed:
GOOGLE CHROME: Cando inicias sesión no teu navegador,
teus marcadores, túas pestanas, teu historial e outras preferencias do
navegador gárdanse e sincronízanse coa túa conta de Google. Deste modo, se
posteriormente utilizas Chrome noutros ordenadores e dispositivos, poderás
cargar a túa configuración sen problemas.
NAVEGADORES: RECIBIR FEEDS
Ao iniciar sesión en Chrome tamén podes utilizar os servizos de Google, como Gmail, Youtube e Maps, de forma máis fácil, xa que só tes que iniciar sesión unha vez no navegador.
4
Engadir un marcador: dende o sitio web que
queras volver a visitar no futuro, preme na icona da
estrela Destacar.
Buscar un marcador: preme en Más e a continuación Marcadores.
Busca o marcador e preme nel.
NAVEGADOR: CHROME
Utiliza a barra de marcadores e os marcadores aparecerán debaixo da barra de enderezo web. Actívaa en Más - Marcadores - Mostrar barra
de marcadores
o Podemos establecer qué páxinas queremos que aparezan sempre que abramos o navegador:
o Dende Configuración, en Al abrir el navegador… selecciona Abrir una página específica o un conjunto de páginas
Número de diapositiva 1Número de diapositiva 2Número de diapositiva 3Número de diapositiva 4Número de diapositiva 5Número de diapositiva 6Número de diapositiva 7Número de diapositiva 8Número de diapositiva 9Número de diapositiva 10Número de diapositiva 11Número de diapositiva 12Número de diapositiva 13Número de diapositiva 14Número de diapositiva 15Número de diapositiva 16Número de diapositiva 17Número de diapositiva 18Número de diapositiva 19Número de diapositiva 20Número de diapositiva 21Número de diapositiva 22Número de diapositiva 23