Post on 08-Aug-2020
PIALE 2019
Modalidade 1 - Integración
Porto. Novembro 2019
O SISTEMA EDUCATIVO PORTUGUÉS. ESCOLA SECUNDÁRIA CLARA DE RESENDE
2
ÍNDICE
A.- O SISTEMA EDUCATIVO PORTUGUÉS .......................................................................................................... 3
a)1. ENSINO BÁSICO ............................................................................................................................................................................ 4
a)2. ENSINO SECUNDARIO ............................................................................................................................................................... 4
a)3. ENSINO SUPERIOR...................................................................................................................................................................... 6
a)4.ORGANIZACIÓN DO CURRÍCULO NO ENSINO SECUNDARIO (MATRIZES CURRICULARES) ................ 7
a)5. RATIO DE ALUMNADO ............................................................................................................................................................. 9
a)6. A AVALIACIÓN ........................................................................................................................................................................... 10
a)7.ÓRGANOS DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN ............................................................................................................. 12
a)8. SITUACIÓN LABORAL DO PROFESORADO .................................................................................................................. 12
B. A ESCOLA SECUNDÁRIA CLARA DE RESENDE .......................................................................................... 13
b)1.CONTEXTO SOCIOECONÓMICO ......................................................................................................................................... 13
b)2. HORARIO, GARDAS E CONTROL ....................................................................................................................................... 15
b)3.BIBLIOTECA ................................................................................................................................................................................. 18
b)4. PERSOAL NON DOCENTE..................................................................................................................................................... 19
b)5. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E NECESIDADES EDUCATIVAS ............................................................................ 20
b)6. CONVIVENCIA E MEDIACIÓN ............................................................................................................................................ 21
b)7. AS ENSINANZAS DE LINGUAS ESTRANXEIRAS........................................................................................................ 22
3
O SISTEMA EDUCATIVO PORTUGUÉS.
ESCOLA SECUNDARIA CLARA DE RESENDE (PORTO).
O presente dossier foi elaborado polas profesoras e profesores que participaron no Programa Piale
da Consellería de Educación (modalidade 1, integración en lingua portuguesa) e que realizaron a
súa estadía na Escola Secundária Clara de Resende. Este grupo estaba formado polos/as
profesores/as:
María Xesús Adán López
Patricia Arias Cachero
Dolores Díaz Rifón
Dores Fernández Abel
Serxio Iglesias Rodríguez
Isabel Mato Sánchez
María Xosé Rial Conde
Manuel Rosende Torres
Este traballo consistiu fundamentalmente na compilación, análise e verificación de información
relacionada co sistema educativo portugués en xeral, e do funcionamento da Escola Secundária
Clara de Resende en particular, co obxectivo de realizar unha difusión da experiencia entre a nosa
comunidade educativa. Por tanto, é importante resaltar que este informe non achega unha visión
completa do sistema educativo portugués, nin tan sequera da Escola Clara de Resende. Son tan só
retallos que, ao noso parecer, resultaron significativos.
O dossier abrangue dous grandes eixos de análise: o sistema educativo e a escola.
A.- O SISTEMA EDUCATIVO PORTUGUÉS
4
O sistema educativo portugués está dividido en diferentes niveis de ensino, fundamentalmente
secuenciais: Ensino Básico, Ensino Secundario e Ensino Superior. Comeza coa Educación Preescolar,
dos 3 aos 6 anos de idade, pero este é un ciclo opcional.
a)1. ENSINO BÁSICO
O Ensino Básico comprende tres ciclos. Os ciclos son secuenciais e progresivos, de forma que cada
un deles ten a función de completar, profundar e ampliar o ciclo anterior.
O 1º ciclo comprende 4 cursos, 1º, 2º, 3º e 4º, (dos 6 aos 10 anos de idade): neste ciclo o
ensino é globalizador e impartido por un único profesor/a, aínda que en determinadas
materias este pode contar coa axuda de profesorado especialista.
O 2º ciclo abrangue 2 cursos, 5º e 6º (dos 10 aos 12 anos de idade). Organízase por áreas
interdisciplinares de formación básica, impartidas cada unha delas por un profesor/a
diferente.
O 3º ciclo ten unha duración de 3 cursos, 7º, 8º e 9º, (dos 12 anos aos 15 anos de idade).
Organízase segundo un plano curricular unificado e hai un profesor/a por materia ou grupo
de materias.
Ciclos do Ensino Básico Anos de escolaridade Idade
1º ciclo 1º - 4º cursos 6 – 9 anos
2º ciclo 5º - 6º cursos 10 – 11 anos
3º ciclo 7º - 9º cursos 12 – 14 anos
a)2. ENSINO SECUNDARIO
Segue despois o Ensino Secundario, un ciclo de tres anos, (10º, 11º e 12º cursos, dos 15 aos 18 anos
de idade). Desde o ano 2009 este ciclo pasou de ser facultativo a ser obrigatorio para todos os
alumnos, de xeito que se estendeu a obrigatoriedade dos 15 ata os 18 anos de idade (Lei n.º
85/2009).
Segundo a Lei de Bases do Sistema Educativo, para acceder ao ensino secundario é necesario
completar con aproveitamento o ensino básico.
O ciclo do secundario inclúe sete tipos aos que chaman “cursos”: Cursos Científico-Humanísticos,
Cursos Profesionais, Cursos Artísticos Especializados, Cursos Tecnolóxicos, Cursos de Educación e
Formación, Cursos de Aprendizaxe, Ensino Secundario na modalidade de Ensino Recorrente. Esta
variada oferta educativa busca proporcionarlle ao alumnado unha formación e aprendizaxe
5
diversificadas, que se adapte aos seus intereses, e que lle permita ou ben continuar estudos
superiores ou ben a inserción no mercado de traballo.
Os Cursos Científico-Humanísticos están orientados para o alumnado que quere seguir estudos de
carácter universitario ou politécnico. Existen catro modalidades:
1. Curso de Ciencias e Tecnoloxías;
2. Curso de Artes Visuais;
3. Curso de Ciencias Socio-económicas;
4. Curso de Linguas e Humanidades.
Os Cursos Profesionais caracterízanse por unha forte relación co ámbito profesional. A aprendizaxe
oriéntase ao exercicio dunha profesión, en relación co sector empresarial local.
Os Cursos Artísticos Especializados destínanse a proporcionar formación en tres áreas: artes visuais,
audiovisuais, danza e música. Están orientados tanto para continuar cursos de especialización
tecnolóxica ou de ensino superior como para a inserción no mundo laboral.
Os Cursos Tecnolóxicos son cursos con plans curriculares propios que cualifican profesionalmente e
están orientados cara á inserción no mundo do traballo pero tamén cara á continuación de estudos
do pos-secundario de especialización tecnolóxica e cara ao ensino superior.
Os Cursos de Educación e Formación (CEF) , dirixidos a alumnado a partir dos 15 anos, son unha
oportunidade para terminar a escolaridade de 6º curso, 9º curso (ensino básico) ou 12º curso
(ensino secundario), e, no caso dos cursos de dupla certificación, unha cualificación profesional de
nivel 4. Por tanto permiten a entrada no mercado laboral cunha cualificación escolar e profesional.
Os CEF integran catro áreas de formación: sociocultural, científica, tecnolóxica e práctica. Presentan
un itinerario flexible e adaptado aos intereses do alumnado.
Os Cursos de Aprendizaxe son cursos de formación profesional inicial, en alternancia, dirixidos a
mozos e mozas, que priorizan a súa inserción no mercado de traballo e que lles permiten continuar
os estudos.
O Ensino recorrente é unha modalidade da educación de adultos, que proporciona unha segunda
oportunidade de formación e que permite conciliar os estudos co exercicio da actividade
profesional. Funciona como un sistema de módulos (cursos científico-humanísticos, cursos
tecnolóxicos e cursos artísticos especializados) e de unidades validables. Cada materia está
organizada por unidades, cando o alumno completa unha unidade realiza uma proba de avaliación
validando esa unidade e pasa a cursar a seguinte. Con este sistema o alumnado que interrompa os
estudos, poderá retomar a unidade seguinte á última que validou.
Existen tamén cursos das escolas de hostelaría e turismo, que son cursos de formación profesional
de Cociña, de Pastelaría, de Restaurante de Bar e de Hostelaría e Turismo, desenvolvidos pola rede
nacional de escolas de Hostelaría e Turismo, do Instituto Público Turismo de Portugal.
6
Distribución do alumnado matriculados no ensino por oferta de educación e formación (2016/17)
Oferta educativa/formativa Porcentaxe de alumnado
Cursos Científico-Humanísticos 58,0%
Cursos Tecnolóxicos 1,1%
Cursos Profesionais 32,1%
Artístico Especializado 0,7%
Cursos de Aprendizaxe 6,8%
Cursos CEF 0,1%
Cursos vocacionais 1,2%
Fonte: DGEEC/MEC: Educação en números - Portugal 2018
a)3. ENSINO SUPERIOR
O Ensino Superior está dirixido ao alumnado que obtivo título de Ensino Secundario ou que posúe
unha titulación legalmente equivalente. A organización do ensino superior responde ao plan
Bolonia e divídese en ensino universitario e politécnico.
Existe un Ensino pos-secundario non superior. Son cursos de especialización tecnolóxica que, aínda
que poidan ser impartidos en escolas secundarias, non pertencen ao nivel de ensino secundario xa
que son un programa de Ensino Superior de curta duración.
Nun nivel superior pódense cursar programas de Licenciatura, que poden continuar cun Mestrado
e, a seguir, con programas de Doutoramento, obtendo os graos de Licenciado, Mestre e Doutor,
respectivamente.
7
a)4.ORGANIZACIÓN DO CURRÍCULO NO ENSINO SECUNDARIO (MATRIZES CURRICULARES)
Nos cadros que seguen reflíctese a organización e carga horaria das diferentes materias no terceiro
ciclo do ensino básico e no ensino secundario.
Ensino básico: terceiro ciclo
Ensino secundario. Nesta etapa existen as seguintes modalidades:
-Curso científico-humanístico de Ciencias e Tecnoloxía.
-Curso científico-humanístico de Ciencias Socioeconómicas.
-Curso científico-humanístico de Linguas e Humanidades.
-Curso científico-humanístico de Artes Visuais.
8
9
a)5. RATIO DE ALUMNADO
A formación dos grupos debe seguir de xeito resumido os seguintes criterios (definidos no
Despacho Normativo n.º 10-A/2018, de 19 de junho):
Respecto á heteroxeneidade dos nenos/as e mozos/as (diversidade da poboación escolar);
Criterios de natureza pedagóxica definidos no proxecto educativo e no regulamento interno
de cada centro de ensino;
Outros criterios determinantes na consecución do éxito escolar e na redución do abandono
escolar.
No texto lexislativo citado tamén se menciona que o aumento do número de grupos por redución
da ratio de alumnado estará suxeito á autorización do servizo do Ministerio de Educación ao que
compete.
En canto ao número de alumnado por grupo depende dos diferentes niveis e ciclos educativos. No
1º ciclo do Ensino Básico, os grupos están constituídos por 24 alumnos/as no 1º curso de
escolaridade, e por 26 alumnos/as nos restantes cursos. Existen, porén, algunhas excepcións,
nomeadamente:
Os grupos poden formarse con 20 alumnos, sempre que un informe pedagóxico xustifique a
necesidade de incluír un alumno nun grupo reducido, como medida de acceso á aprendizaxe
e á integración, non podendo este grupo incluír máis de dous alumnos con necesidades
especiais. Ademais é condición que o dito alumno comparta polo menos un 60% do horario
lectivo co grupo.
Nos centros de ensino cunha localidade, os grupos de 1º ciclo que inclúan alumnado de máis
de dous cursos, están constituídos por 18 alumnos/as.
Nos centros de ensino con máis dunha localidade, os grupos de 1º ciclo do ensino básico
que inclúan alumnado de máis de dous cursos, estarán constituídos por 22 alumnos/as.
No 2º e 3º ciclos os grupos están constituídos por un número mínimo de 24 alumnos/as e por un
máximo de 30 mais varía segundo o curso. Nos cursos de comezo de 2º e 3º ciclo, é dicir, 5º e 7º
curso, o mínimo e máximo son máis baixos, de 24 alumnos/as e 28 respectivamente. No resto de
cursos, 6º, 8º e 9º o mínimo é de 26 e o máximo de 30 estudantes. Porén, esta ratio presenta as
seguintes excepcións:
Os grupos estarán formados por 20 alumnos, sempre que un informe pedagóxico xustifique
como medida de acceso á aprendizaxe e á integración, a necesidade de incluír un alumno
nun grupo reducido, non podendo este grupo incluír máis de dous alumnos con necesidades
especiais. Ao igual que no 1º ciclo, o alumno deberá permanecer un mínimo dun 60% do
horario lectivo co grupo no que se integra.
En materias optativas de 7º e 8º, fórmase grupo cun mínimo de 20 alumnos/as.
Permítese o desdobre en determinadas materias para realizar tarefas prácticas e de
experimentación (por exemplo, Ciencias Naturais ou Física e Química).
Constitúe unha excepción aplicable a todos os niveis do ensino básico, a seguinte:
En situacións específicas, poden constituírse grupos cun número inferior ou superior ao
estabelecido. No primeiro caso, a aprobación precisa autorización previa dos servizos do
Ministerio da Educación competentes, mediante análise da proposta fundamentada do
10
director do centro educativo. Caso o número sexa superior, precisa de autorización do
Consello pedagóxico, mediante análise da proposta fundamentada do director do centro
educativo.
No ensino secundario o número de alumnado por grupo establecido ao longo dos tres cursos que o
constituín, 10º, 11º e 12º, é o seguinte (Despacho Normativo n.º 10-A/2018, de 19 de junho):
Nos cursos científico-humanísticos e nos cursos do ensino artístico especializado, nas áreas
das artes visuais e dos audiovisuais, o número mínimo para formar grupo é de 26
alumnos/as e no caso dunha optativa, de 20 alumnos, sendo o número máximo 30. Os
grupos, porén, poden presentar outra ratio máxima dependendo do tipo de escola, das
especificidades dos diferentes cursos/materias e alumnos que os cursan.
É posible formar un grupo dunha materia común a dúas modalidades de secundaria pero o
grupo resultante non debe sobrepasar o máximo permitido nin tampouco o mínimo.
Nos cursos profesionais, os grupos están constituídos por un número mínimo de alumnado
de 24 e por un máximo de 30.
No ensino recorrente na oferta formativa de cursos científico-humanísticos debe primarse,
sempre que sexa posible, o ensino a distancia. De non ser posible, o número mínimo de
alumnado para formar un grupo é de 30.
a)6. A AVALIACIÓN
CRITERIOS DE PROMOCIÓN
(Condições de transição e de aprovação. Diário da República, portaria nº 223-A/2018)
O resultado da avaliación no 2º e 3º ciclo do ensino básico expresase nunha escala
de 1 a 5, en todas as materias, e pode ir acompañada dunha descrición da evolución do alumno, se
fose necesaria.
A decisión sobre a promoción do alumnado corresponde ao “conselho da turma”, que pode ser:
O alumnado promociona se demostra ter adquiridos os coñecementos e desenvolvido
capacidades e actitudes para continuar con éxito os seus estudos.
O alumnado non promociona nos seguintes casos:
cualificación inferior a nivel 3 en portugués e matemática.
cualificación inferior a nivel 3 en tres ou máis materias.
Na escola Clara de Resende, o conselho da turma decide a promoción en cada caso, non teñen
concretados criterios para valorar se un alumno ou alumna “demostra ter adquiridos os
coñecementos e desenvolvido capacidades e actitudes para continuar con éxito os seus estudos”.
11
PROBAS DE AVALIACIÓN EXTERNA
Hai tres tipo de probas externas no ensino obrigatorio portugués, dúas no ensino básico e unha no
secundario.
PROVAS DE AFERIÇÃO
Realízanse no 2º, 5º e 8º ano de escolaridade. Os seus resultados non afectan á cualificación da
disciplina examinada, buscan comprobar o grao de desenvolvemento do currículo. Debe realizalas
todo o alumnado, excepto aqueles que o director do centro decida excluír (con ACS, por exemplo).
As disciplinas examinadas en cada nivel son:
En 2º: portugués, matemática, estudo do meio, educação artística e educação física.
En 5º e 8º: portugués ou matemática e outra materia que vai rotando cada ano.
Tamén pode haber provas de aferição noutras materias a unha mostra do alumnado.
Despois da realización destas probas, a escola recibe informes de resultados a nivel de centro, de
grupo (REPA) e de alumnado (RIPA), mais estes resultados non son públicos.
PROVAS FINAIS DO ENSINO BÁSICO
Realízanse no 9º ano de escolaridade, en portugués e matemática, e inflúen na cualificación final da
disciplina avaliada (70 % a cualificación interna e 30 % a da proba externa). Deben realizalas todo o
alumnado do 9º ano, excepto o que teña ACS.
EXAMES FINAIS DO SECUNDARIO
(Diário da República, portaria nº 226-A/2018)
Os exames finais do secundario engloban catro disciplinas:
Portugués.
Unha disciplina específica trienal (para os de ciencias será matemática).
Dúas disciplinas bienais, onde poden escoller varias combinacións.
As probas de portugués e da específica son ao terminar o 12º, mentres que das bienais poden
examinarse xa ao terminar o 11º e repetir a proba no 12º se queren subir nota ou se suspenderon
en 11º.
Estes exames finais tamén afectan á nota final da disciplina, das mesma maneira que as probas
finais do ensino básico (é dicir, 70 % a cualificación interna e 30 % a da proba externa).
Enlace ao IAVE (Instituto de Avaliação Educativa) : http://iave.pt/
En concreto, á parte de provas de aferição, provas finais e exames nacionais, aquí:
http://iave.pt/index.php/avaliacao-de-alunos/arquivo-de-provas-exames
Aquí pódese visionar unha reportaxe do Jornal de Notícias sobre os excelentes resultados nas
Provas Nacionais da Escola Secundária Clara de Resende.
12
a)7.ÓRGANOS DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN
CONSELLO XERAL
Formado por 7 membros do profesorado, 3 funcionários (persoal non docente), 2 membros do
alumnado, 4 nais/pais/titores, 3 representantes do goberno municipal e 3 representantes da
comunidade local.
DIRECCIÓN
Formada por:
directora,
subdiretora,
tres adxuntos á dirección, un para o primeiro ciclo, outro para o ensino básico e outra para o
ensino secundario.
dous asesores, un para o ensino básico e outro para o secundario.
A dirección das escolas é elixida cada catro anos polo consello xeral, despois de presentar un
proxecto de dirección.
CONSELLO PEDAGÓXICO
Formado por 15 membros, entre os que están os xefes de departamento e os coordinadores de
orientación e supervisión pedagóxica.
CONSELLO ADMINISTRATIVO
Toma as decisións administrativas e financeiras da escola. Está formado pola directora, a
subdirectora e o xefe e servizos de administración.
a)8. SITUACIÓN LABORAL DO PROFESORADO
Case a metade do profesorado de Portugal, maioritariamente mulleres, ten 50 ou máis anos. Aínda
así, só o 0,02% está no degrao máis alto da carreira profesional, e hai que ter en conta que, en
Portugal, a diferenza de remuneración entre o inicio e o final da carreira é moi significativa.
A carreira do profesorado divídese en 10 escalóns, cada un deles equivalente a 4 anos. Mais, como
non se están a cumprir, o profesorado do terceiro escalón, por exemplo, ten de media 22,6 anos de
servizo, e máis de 48 anos de idade.
O conxelamento prolongado das carreiras e a non recuperación da totalidade do tempo de servizo
son as razóns desta situación, e a contaxe integral do tempo de servizo é unha das grandes
reivindicacións sindicais.
Na última década houbo un descenso de 30 mil profesores, en todos os niveis e ciclos de educación.
13
Debido ao envellecemento do profesorado, calcúlase que máis da metade (57,8%) poderá xubilarse
até 2030. Hai moi poucos docentes xoves e tampouco hai grande interese nos cursos da área de
formación de profesorado.
Xa con respecto á situación laboral, a carga horaria do profesorado é moi elevada. Aínda que o
cómputo semanal de horas é de 35 horas, sumando as lectivas (que poden ser 22 períodos de 50
minutos), as de permanencia e as de traballo individual, é moi común que acabe sendo superior ao
establecido, sobre todo polas distintas reunións de coordinación. Este feito está levando, neste
momento, a que haxa profesorado que non asiste a reunións por sobrepasar esas horas de
permanencia.
O GASTO EN EDUCACIÓN
Aínda que desde o 2012 o gasto en educación está a crecer, o montante total é de 700 millóns
menos que no 2009 (Relatorio Estado da Educação 2018, do Conselho Nacional de Educação). O
ensino profesional tivo en 2018 o gasto máis baixo da década. Tamén a acción social escolar baixou
6 millóns nun ano.
B. A ESCOLA SECUNDÁRIA CLARA DE RESENDE
b)1.CONTEXTO SOCIOECONÓMICO
A escola á que asistimos, Escola Básica e Secundária Clara de Resende, é en realidade un
agrupamento de dous centros educativos. Un de primaria, a Escola João de Deus, na rúa do Pedro
Hispano, e outro de Secundaria, a poucos metros do primeiro, na rúa Primeiro de Janeiro, mesmo
fronte ao Estádio do Bessa. O centro atópase en pleno centro urbano do Porto, moi próximo á
Avenida Boavista, ben comunicado tanto por metro como por bus urbano.
14
A escola á que nos vimos referindo, creouse no ano 1949 formando parte dunha rede de centros
que procuraban achegar a formación técnica ás mozas. Antes de ocupar o emprazamento actual,
abriu as súas portas na rúa das Taibas e na Aires Gouveia, e só desde 1960, en Bessa. En 1978,
recibiu o nome de Escola Clara de Resende, en memoria de Clara Wilson de Resende (1855-1933)
coñecida pintora portuense. O edificio actual está considerado unha obra de referencia dentro do
programa arquitectónico da cidade. Co paso do tempo e as novas necesidades que foron xurdindo,
o inmoble primitivo foi ampliándose con sucesivos anexos que respectaron e salvagardaron a
identidade do proxecto inicial. En 2012, a Câmara Municipal do Porto, en colaboración Secção
Regional Norte da Ordem dos Arquitetos, decidiu concederlle ao conxunto o Prémio João de
Almada.
En xeral son pavillóns brancos, longos e amplos, de dúas ou tres alturas con grandes ventás que
permiten ver o exterior, superficies de xogo e arboradas fundamentalmente. O barrio no que se
localiza o centro, Bessa, é un barrio residencial e comercial que se caracteriza polos bos accesos e
polo conxunto de edificios modernos, en xeral de moitos pisos, que bordean amplas avenidas con
zonas axardinadas.
Se nos centramos agora nos datos de matrícula, podemos anotar que a Escola João de Deus ten un
total de 200 estudantes matriculados aos que cómpre sumar case 1400 na Escola Básica e
Secundária Clara de Resende. Distribuídos, neste último centro, como segue:
En xeral, os estudantes proceden de familias de clase media-alta. Os proxenitores posúen, por regra
xeral, unha formación superior e dedícanse a profesións liberais ben retribuídas. Fronte a estes,
contabilízanse no centro un total de 229 estudantes que reciben algún tipo de axuda económica
que pode ir desde bolsas para material escolar até axudas económicas para comer na cantina do
centro e para a reprografía. Segundo datos facilitados pola dirección, no presente curso, a seguinte
táboa recolle a porcentaxe de estudantes que recibe algún tipo de axuda económica. Aqueles que
figuran no apartado Escala A serían os que receben máis axuda e os que figuran en Escala B os que
receben, menos.
Nº de
estudantes
Escala A Escala B Escala C
2º Ciclo 312 28 20 ---
3º Ciclo 551 43 29 3
Secundário 534 56 45 5
Totais 1357 127 94 8
A inmensa maioría dos estudantes son portugueses pero hai un pequeno grupo que proceden de
Brasil. Os estudantes doutras nacionalidades son moi poucos, no curso actual hai matriculados
algunhas mozas e mozos de Vietnam, de San Tomé e Príncipe e mesmo algún galego. Nesta escola
existe unha Equipa de Inclusão que procura a plena adaptación destas mozas e mozos.
Inda que o esperable sería que os estudantes residisen preto do centro, na Escola Clara de Resende
hai un número significativos de estudantes que se desprazan para acudir a clase, algúns veñen de
15
lugares tan afastados como Vila do Conde ou Gaia. Sucede isto especialmente nos últimos anos, 11º
e 12º, pois a matrícula baixa nestes cursos. É o momento en que moitas familias deciden trasladar a
matrícula a centros privados que lles proporcionan unha nota máis alta que a escola pública o que
facilitará o ingreso na carreira universitaria que desexan cursar os mozos. As prazas que estes
estudantes deixan son ocupadas por alumnas e alumnos moi motivados e ben preparados que se
trasladan desde outros barrios pois a Escola Clara de Resende está moi ben considerada e obtén
uns excelentes resultados académicos. Baste sinalar que o ano pasado lograron o mellor
puntuación no ránking dos Exames Nacionais que se celebran con periodicidade anual.
Antes de pechar o apartado relacionado co estudantado, quixeramos facer constar que no centro
cursan actualmente os seus estudos un total de 10 alumnos con necesidades educativas especiais.
Forman parte dun Currículo Educativo Individual (CEI) a cargo dun total de catro profesoras,
dirixidas por Isabel Fonseca, todas elas son especialistas e levan anos traballando con rapaces con
problemas serios de aprendizaxe. Na actualidade teñen dous estudantes con síndrome de Down, un
con autismo e o resto con problemas de aprendizaxe que van de moderados a severos. No ensino
básico compartiron as aulas cos seus compañeiros pero a medida que van pasando os cursos
traballan en grupos separados.
Atenden á comunidade estudantil un total de 167 docentes, dos que máis da metade, non teñen
destino definitivo no centro. Forman parte do claustro por períodos que van de un a catro anos.
Esta circunstancia provoca unha inestabilidade educativa e dificulta o proxecto educativo da escola.
Unha escola que ofrece toda a variante educativa do sistema, sacando a especialidade de Artes que
perderon hai anos. Os estudantes, dependendo do ano académico están divididos en clases que
teñen, como máximo, os 28 alumnos que marca a lei. Nos dous últimos cursos os grupos son
sensiblemente menores.
A seguinte táboa pretende reflectir as unidades que existen en cada un dos oito cursos académicos
que se imparten no centro.
Curso 5º 6º 7º 8º 9º 10º 11º 12º
Número de
unidades
6 6 7 7 6 7 7 7
b)2. HORARIO, GARDAS E CONTROL
O horario escolar é de 8:10 a 18:15. Dividido en dous grandes bloques, mañá e tarde. Este último
comeza ás 13:25 e remata ás 18:15. Son 10 sesións de 50 minutos cada unha, divididas en catro
quendas con intervalos de 15 minutos entre eles e un intervalo de 10 minutos entre cada sesións.
Os horarios de cada grupo de clase son, naturalmente, diferentes e, a diferenza do que sucede en
Galicia, cada grupo dispón dalgunha mañá libre. Acoden, como máximo, dúas tardes á semana ao
centro.
16
MAÑÁ TARDE
1º quenda: 8:10 -9:00
9:10-10:00
3º quenda: 13:20-14:10
14:20-15:10
2º quenda: 10:15-11:05
11:15-12:05
12:15-13:05
4ºquenda: 15:25-16:15
16:25-17:15
17:25-18:15
HORARIOS DO PROFESORADO
A xornada semanal consta de 25 horas de permanencia no centro, das cales 22 son lectivas e 3 de
compoñente non lectiva.
Os titores (diretores de turma) teñen unha redución de 2 horas lectivas e 2 de compoñente non
lectiva. Ademais hai unha redución de 2 horas lectivas a partir dos 50 anos e 2 horas máis cada 5
anos ata un máximo de 14 horas lectivas.
Tamén é interesante o desconto de 2 horas lectivas para profesores cando teñen máis de 50 anos,
engadíndolles dúas horas cada cinco anos.
O horario do profesorado esta condicionado pola distribución das clases dos alumnos e mesmo
poden non ter que asistir á escola nalgun dos días de semana.
7º B Segunda Terça Quarta Quinta Sexta
1 8:10
9:00
2 9:10
LPO 21
CFQ 29
3 10:15 HST 21
11:05
4 11:15
CNA 29
EF *G2
5 12:15
13:05
6 13:20
ING 29
GGF
29
MAT 29
MAT 29
7 14:20
15:10
TIC
OF
TIC.
ET
GGF 29
LPO
29 8 15:25
ING
29
HST
29
EV ev1
9 16:25
17:15 CFQ T1
*LQ.
ING 27
EF *G1 FRA 29
CNA T2 *LB 1 17:25
FRA
15
LPO
29
C&D
21
EMR
29. 18:15
17
Exemplo de horario de 7º ano [Disciplinas: Cidadanía e desenvolvemento, Matemática, Lingua Portuguesa, Inglés, História,
Geografía, F&Q, CCNN, TIC, Educação Visual, Oficina Fotografia, Ed. Física, Religião e Moral]
A atribución do cargo de Director de Turma (profesor titor) debera estar asociada ao perfil dos
docentes, nomeadamente a súa competencia pedagoxica e á capacidade de relacionamento. O
Director de Turma e, preferentemente, un profesor profesionalizado, designado polo Director.
Entre as súas funcións:
Coordinar, en colaboración co profesorado da clase, o desenvolvemento do proceso de
ensino-aprendizaxe e o proceso de avaliación dos alumnos.
Mediar nos problemas e os conflitos de natureza pedagoxica e/ou disciplinar.
Reunirse cos pais e nais, polo menos unha vez por avaliación
En canto ao alumnado da Agrupación de Escolas Clara de Resende están repartidos en 3 ciclos:
O 1º ciclo atópase designado como escola básica do 1º ciclo João de Deus, noutro edificio
próximo.
2º, 3º e ciclo secundario na Escola Clara de Resende, cun total de 1421 alumnos, cada clase
contara cun máximo de 28 alumnos por clase:
2º ciclo 6 clases de 5º
7 clases de 6º
160 alumnos
197 alumnos
3º ciclo 7 clases de 7 º
6 clases de 8º
7 clases de 9º
189 alumnos
166 alumnos
193 alumnos
Secundario 7 clases de 10º
7 clases de 11º
7 clases de 12º
192 alumnos
169 alumnos
155 alumnos
O horario escolar dos alumnos e alumnas non fica constrinxido á mesma distribución para todas as
clases. As súas horas de permanência no centro veñen determinadas polas materias en que están
inscritos. É así que poden ter libres mañás ou tardes. Tamén hai que ter en conta que os cursos de
preparación da Proba Nacional terán máis clases de mañá en canto que os restantes teñen máis
clases pola tarde.
GARDAS
No que respecta ás orientacións legais, está estabelecido un plan de acompañamento dos alumnos
dos ensinos basico e secundarío, durante o seu horarío lectivo, ante a ausencia imprevista do
profesor titular de clase/disciplina.
Na práctica diaria é observável que, na ausencia dos profesores, ás veces os alumnos abandonan a
escola ou quedan nalgunha das dependencias (cafetaría, espazos nos corredores, biblioteca,...) ou
mesmo marchan para súas casas se a ausencia for na última hora de seus horarios. Cando
permanecen na escola, estarán baixo a supervisión dos conserxes para que non haxa barullo ou
18
para atenderen ás súas tarefas. Profesores que saben con antecedencia que non comparecen
poden mudar cun compañeiro naquel horario, para que o alumno non perda horas de clase.
PORTARÍA: CONTROL DE ACCESO E SEGURIDADE (ENTRADAS E SAÍDAS)
1- A entrada e saída do recinto escolar faise polo portón da Rúa O Primeiro de Xaneiro. A
utilización dos outros accesos esta reservada a profesores, persoal non docente, fornecedores e
veiculos de emerxencia.
2- O control da entrada e
saída dos Alumnos e feito
mediante a
apresentación do carné
de identificación do
Alumno emitido pola
escola ou do carné
electrónico da escola.
3- O acceso as
instalacións escolares de
calquera elemento
estraño a comunidade
escolar esta condicionado
ao control e rexistro da
súa identificación polo
conserxe en servizo na
portaría que ten como función velar pola orde e seguridade da comunidade escolar.
4- Todos os elementos estraños a comunidade escolar deberao ser portadores dun carné de
visitante comprobante da lexitimidade da súa presenza nas instalacións escolares.
b)3.BIBLIOTECA
A Biblioteca Escolar e unha unidade especializada de complemento curricular que facilita a
comunidade escolar os instrumentos documentados que poidan servir de información e apoio á
actividades pedagoxiicas curriculares e extracurriculares. O Equipo da Biblioteca está constituído
por profesores, preferencialmente especializados, e polo Coordinador da Biblioteca Escolar, que
asegura o seu funcionamento.
O profesor bibliotecarío ten 35 horas lectivas (25h+10h de preparación de traballo de biblioteca),
ten que ter unha formacao especifica e ten acceso a biblioteca atraves dun concurso externo
especifico.
19
O profesor bibliotecarío imparte docencia nun só grupo. Recibe a axuda doutros profesores. A
biblioteca e avaliada todos os anos. A biblioteca pertence a REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
(RBE).
Biblioteca da escola Clara de Resende
b)4. PERSOAL NON DOCENTE
A escola ten 27 funcionarios, que se encargan das
labores de limpeza, vixilancia de corredores,
cafetería, papelería,...
Ademais hai 4 traballadores de secretaría (por
número de alumnado, debería ter 7). Dentro das
funcións do persoal de secretaría está:
tesourería,
a xestión do SASE (Serviço de Apoio Social
Escolar, para alumnado con dificultades de acceso á
escola, o que supón o 15-20 % do alumnado actual),
contratos e faltas do persoal,
certificacións,
correo,
consulta de lexislación…
O xefe do servizo de administración forma parte do
Consello Administrativo.
As "contínuas" exercen labores de vixilancia, control e gardas.
20
b)5. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E NECESIDADES EDUCATIVAS
A atención ao alumnado con NEAE vén determinada polo RTP (Relatório Técnico-pedagógico), onde
se identifican as necesidades educativas e as medidas que se van adoptar. Este RTP está aprobado
pola EMAI (Equipa Multidisciplinar de Apoio à Inclusão, que se reúne periodicamente para valorar
ditos informes) e debe contar coa aprobación dos pais/titores.
O RTP pode conter tres tipos de medidas:
Medidas universais, dispoñibles para todo o alumnado, serían os apoios individuais ou en
pequeno grupo.
Medidas selectivas con currículo adaptado.
Medidas adicionais, se as anteriores non funcionan, como as adaptacións curriculares
significativas.
Na escola teñen 3 profesores de educación especial.
O alumnado de educación especial vai co seu grupo de referencia a educación física e educación
visual. Ademais, cursan matemática funcional, portugués funcional e actividades da vida diaria.
Só poden estar neste programa ata os 18 anos, despois debe ir a un centro de educación especial.
Como apuntamentos característicos podemos citar:
Existe a figura do/a PSICÓLOGO/A - ORIENTADOR.
Ten unhas funcións semellantes ao desenvolvido polos nosos departamentos de
orientación: atención vocacional, resolución de diferentes casuísticas (problemas persoais
do alumnado, conflitos, problemas de convivencia), diagnose e propostas de actuación…
Existe unha ”equipa de inclussão” dirixida polo psicólogo e formada por diversos
profesores/as.
O psicólogo non asiste ás reunións de avaliación.
Cando se produce un problema disciplinario, o psicólogo é chamado para mediar,
aconsellar, propor medidas… segundo o regulamento. O alumno/a implicado vai falar co
psicólogo.
Na Escola celebran unhas sesións chamadas “Orienta-te aqui”, na que o alumnado de
secundário orienta ao alumnado de 9º antes da súas eleccións de materias para o próximo
curso.
Existen apoios en aula, “aulas coadjuvadas”, en determinadas necesidades, mais non son
frecuentes.
O profesorado realiza tarefas de apoio e reforzo (en horas determinadas para esa función
no seu horario) con alumnos/as que nesa hora non teñen clase.
Existe un Servizo de NEAE, que conta cunha coordinadora, Isabel Fonseca.
21
Este servizo dirixe a atención educativa das necesidade máis importantes.
Este alumnado recibe atención e docencia diferenciada, en espazos separados dos grupos
convencionais, aínda que nalgunhas materias participan da actividade co grupo.
O alumnado con outro tipo de NNEE (trastornos do espectro autista, TDH…) recibe atención
diferenciada pero xeralmente permanecen co seu grupo de referencia.
O marco legal de referencia neste aspecto remítenos ao recente Decreto-Lei 54/2018 sobre
inclusión educativa.
b)6. CONVIVENCIA E MEDIACIÓN
1. Nesta escola non teñen o sistema de triaxe que sería o máis equivalente ás nosas aulas de
convivencia.
2. A lexislación prevé as aulas de triaxe para este fin, pero as escolas son as encargadas de poñelas
en funcionamento segundo os recursos cos que conten.
3. Nesta escola, os problemas graves de convivencia son atendidos pola dirección.
4. Hai bastante problemática coas familias, pois moitas queren intervir directamente en asuntos do
profesorado
5. A escola conta con aulas con bastante alumnado e pouco espazo, o que provoca certos
problemas de convivencia e de disciplina na aula.
6. O alumnado leva o móbil e úsao. A metodoloxía tende a basearse na clase maxistral, polo que é
un clásico a mochila enriba da mesa e o alumnado co whatsapp on line. Algúns levan auriculares e
escoitan música no canto de atender ás profesoras.
7. As aulas maxistrais provocan pasividade e desmotivación.
8. Hai pouco hábito de escoitar atentamente as indicacións das actividades. Normalmente un bo
grupo de alumnos non saben o que hai que facer despois de terselle explicado.
9. Non hai traballo de reflexión sobre como se aprende ou sobre convivencia.
10.En gran medida, a única meta que se traballa é a académica dos exames e testes.
11. O profesorado quéixase de que co alumnado que dá problemas non se fai nada proveitoso,
volven á aula igual que marcharon.
12. Fálase moito coas familias, pero non se nota na convivencia do día a día.
13. Os directores de turma están desbordados, os profesores derívanlle a eles os problemas pero
non hai ferramentas para traballalos.
22
16. Non existen experiencias mediadoras ou programas que axuden a mellorar o ambiente de
convivencia no centro.
b)7. AS ENSINANZAS DE LINGUAS ESTRANXEIRAS
1. Nesta escola ofertan inglés, francés, español e alemán.
2. O normal é que nos cursos de infantil e primeiros anos de primaria se centren moito na
adquisición do inglés, non valoran nin entenden o concepto que se instalou no sistema español de
ensino de seccións bilingües.
3. Débese ter en conta que os medios de comunicación tenden a usar as versións orixinais
lendadas, polo que a poboación adquire de xeito informal máis destrezas en lectura comprensiva
en portugués e ten unha relación máis normalizada coa escoita das linguas estranxeiras,
entendendo a importancia dapronuncia.
4. O habitual é que en secundaria se oferte só español e francés, segundo a escola adoita ter máis
demanda unha desas opcións. Antigamente ofertábase de xeito normalizado alemán, cuestión que
agora tratan de potenciar porque son os mesmos RRHH. Neste caso a profesora de francés ten nivel
alto de alemán e lecciona esta lingua a grupos de alumnado que a teñen como optativa, isto xera
que as ratios sexan menores que a lingua estranxeira obrigatoria.
5. As horas de cada lingua varían, ao principio son 2h/semanal e nos cursos altos pódena coller de
xeito máis específico e son 3h/semanais. No caso de español, os alumnos dos cursos superiores
tiñan un desdobre unha desas horas para traballar a oralidade dun xeito máis individualizado.
6. O profesorado manifesta o mesmo problema que temos en Galiza, a ratio. É elevado (o habitual é
máis de 25 alumnos por aula).
7. A metodoloxía é a mesma que noutros países. Linguas estranxeiras métodos comunicativos. Ten
moito peso a oralidade.
8. Os manuais veñen adaptados ao sistema portugués de avaliacións externas, polo que ás veces
isto supón unha barreira. Non se axeitan ao método comunicativo, céntranse máis na gramática
polo que o profesorado ten que reprogramar atendendo ás necesidades do alumnado.
9. A recepción e predisposición por parte do alumnado é, en xeral, moi boa; hai esforzo en falar a
lingua de estudo e tende a haber máis orde nestas disciplinas mesmo que en portugués, aínda que
tamén dependendo do profesorado e dogrupo.
10. O máis parecido aos centros plurilingües da Xunta, son as escolas internacionais, pero están
destinadas a fillos de cidadáns desoutros países.
23
11. Nótanse diferenzas entre as linguas románicas e xermánicas. Hai máis intensidade e esforzo nas
xermánicas. Nas románicas van máis rápido pero
mesturan moito máis. Valorar positivamente que non se avergoñan en cometer erros, o que lles
axuda moito a correxilos.
12. O caso do alemán é un pouco diferente aos outros, é unha lingua optativa cunha ratio menor.
As clases son moi dirixidas para machacar os contidos que interesan. O alumnado ten que traballar
na casa para poder seguir as clases, o perfil do alumnado é bo; son traballadores e están
interesados por aprender a lingua.
13. Francés sempre é segunda lingua, o inglés sempre é obrigatorio.
14. Todo o alumnado que vén doutros países ten apoios para adaptarse co portugués ou co sistema
de ensino, tamén para a aprendizaxe das linguas estranxeiras.
15. Hai alumnado con apoios de distinto tipo, os que ván ás clases poden ter adaptacións
curriculares segundo valore o profesorado, tamén profesorado de apoio na aula ou saír con
profesorado a aulas de apoios individualizados.
16. Os principais problemas do español son a fonética e as estruturas gramaticais próximas, do tipo
infinitivo conxugado.
Porto, Novembro-Decembro de 2019