O GóTico Slide

Post on 27-Jun-2015

903 views 4 download

Transcript of O GóTico Slide

O gótico

Europa no século XIII

CARACTERÍSTICAS ARQUITECTURA

Novos clientes: monarquías, arcebispos e primeiros burgueses.

Situadas no marco urbano.

Aparición de construcións civís ( pazos, concellos, e lonxas ) en paralelo ós edificios relixiosos ( catedrais ).

Tendencia ó desequilibrio, preferencia pola verticalidade, ao exceso decorativo.

A importancia da luz na teoloxía medieval.

Contribución dos monxes do Cister:A difusion dos seus elementos arquitectónicos claves (arco apuntado, bóveda de cruzaría, elevación dos piares)

A CATEDRAL GÓTICA.

ESTRUCTURA:

Planta basilical de grandes dimensións. O cruceiro tende a desprazarse cara ó centro, segundo sobresaia ou non da planta, falaremos de p. basilical tipo cruz latina ou de tipo salón.

Cuberta con bóvedas nervadas. A máis común a bóveda de cruzaría que evolucionan dende cruzaría simple a estrelada.

Muro desmaterializado que perde a súa función de sostén, e pasa a ser unha sucesión continúa de vanos cubertos con vidreiras de cores.

ELEMENTOS CONSTRUCTIVOS:

Arco apuntado en substitución do arco de medio punto, que traslada os empuxes ós contrafortes, a través dos arcobotantes.

A bóveda é de cruzaria, en substitución da bóveda de canón. O piar de baquetóns: gótico leva dosadas pequenas columnas compartindo un

capitel único e un ábaco,

Alzado catedral gótica

Gótico: Elementos estilísticos

A CATEDRAL GÓTICA.

FACHADAS:

As fachadas, coas súas portadas, reciben a mesma atención ornamental a base de relevos, trazarías, rosetóns…pero sobre todo destaca sempre a fachada do Oeste, que tende a reproducir un modelo de estrutura en H ( agás no gótico italiano).Dita fachada occidental,ten unha parte central ( en forma de cuadrilátero dividido en tres tramos ), e dúas partes laterais, que se corresponden con dúas torres cadradas de maior altitude que o rectángulo central.

As dúas fachadas laterais ( do cruceiro ), acostuman ter na súa parte superior un enorme rosetón.

Os labirintos das Catedrais

Notre-Dame Chartres, 1210-1215

Esta catedral construída a a finais do século XII ( 1194-1220 ),levántase no momento de auxe e plenitude do gótico francés.

O espazo interior está inundado por unha apoteose de luz natural pero irreal. O espazo exterior caracterízase por un claro sentido ascensional ( rómpese o equilibrio entre os elementos horizontais e verticais ). Entre as súas tres fachadas destaca sobre todo a oeste na que a integración entre a arquitectura, as vidreiras e os relevos é completa.

CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES

Notre-Dame Chartres, 1210-1215

Notre-Dame Chartres, 1210-1215

Catedral de Notre Dame de París ( 1163 )

Catedral de Notre Dame de París ( 1163 )

Catedral de Notre Dame de París ( 1163 )

Catedral de Notre Dame de París ( 1163 )

Catedral de Notre Dame de París ( 1163 )

Catedrais de Reims, Catedral de Amiens

Catedral de Reims, s. XIII Cateral de Amiens, s. XIII

A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN E

VISITACIÓN ( 1/2 DO SÉCULO XIII )

A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN E

VISITACIÓN ( 1/2 DO SÉCULO XIII )

Notre Dame de Reims

A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN E

VISITACIÓN ( 1/2 DO SÉCULO XIII )

Sainte-Chapelle, 1246-1248

GÓTICO EN INGLATERRA ,ALEMAÑA,E ITALIA

A Arquitectura gótica inglesa posúe uns trazos peculiares: planta basilical con dobre transepto e tres naves, cabeceira plana, fachadas telón, tendencia a dilatar a anchura……..Destaca a catedral de Canterburi.

O estilo gótico alemán ten un desenvolvemento tardío, pola pervivencia do estilo románico e as tensións do emperador co papado..O gótico alemán tenderá a unha grande verticalidade. Destaca: a catedral de Colonia.

Na península itálica o estilo gótico ten un desenvolvemento escaso, por ser moi alleo ós esquemas constructivos mediterráneos e á tradición romana….é considerada unha arte de bárbaros. No gótico italiano vai predominar o sentido horizontal, os arcos de medio punto, o muro, a ausencia de arbotantes e vidreiras. Destacan as construccións civís de palacios e signorías ( concellos ), e algunhas catedrais como as de Siena, Milán ou Florencia.

Gótico Inglaterra

Catedral de Lincoln Catedral de Wells, s. XIII

Gótico Inglaterra

Abadía de Gloucester

Mediados do s. XIV

Bóveda de abanico

Perpendicular Style

GÓTICO EN INGLATERRA

Catedral de Canterbury

GÓTICO EN INGLATERRA

Catedral de Canterbury

Gótico alemá: Catedral de

Colonia, s.XIII, segunda metade

GÓTICO EN ALEMAÑA

Catedral de Colonia

GÓTICO EN ALEMAÑA

Catedral de Colonia

GÓTICO EN ITALIA

Catedral de Siena

GÓTICO EN ITALIA

Catedral de Siena

Gótico italiano: Palazzo Público de Siena, finais do s. XIII

Catedral de Colonia: bóveda

Gótico italiano: pazo ducal de Venecia, s. XIV-XV

GÓTICO EN ITALIA

Catedral de Milan

GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA

O gótico na península ten claras influencias francesas. A penetración deste novo estilo débese inicialmente ós mosteiros que constrúen os monxes da orde do Císter nas áreas de repoboación, nos que se empregan os arcos apuntados e as bóvedas de crucería e téndese a austeridade e a verticalidade.

As catedrais góticas levántanse sobre todo nas cidades de recente incorporación ós reinos cristiáns do norte, que carece dunha igrexa de estilo románico acorde coas súas necesidades.

GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA

Na Coroa de Aragón :

Constrúense as grandes catedrais e edificios civís góticos dos séculos XIV e XV con claras influencias do gótico mediterráneo. .Entre as construccións relixiosas destacan: Catedral e Igrexa de Santa María del Mar en Barcelona, catedral de Xirona e catedral de Palma. Entre os edificios civís destacan: concellos, palacios, lonxas etc.

GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA

Catedral e Igrexa de Santa María del Mar en Barcelona

GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA

Catedral de Palma

Catedral de Palma de Mallorca

Catedral de Palma de Mallorca

GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA

Catedral de Xirona

GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA

Na coroa de Castela:

As grandes catedrais levántanse sobre todo ó longo do século XIII e están en relación coas rutas do mercado da lá. Destacan a catedral de Burgos (de forte influencia francesa), Toledo (influencia do Islam), León, Sevilla (S.XV) etc.

GÓTICO NA

PENÍNSULA IBERICA

Catedral de Burgos

GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICA

Catedral de Burgos

GÓTICO NA PENÍNSULA

IBERICA

Catedral de Toledo

Catedral de Burgos: Fachada principal

GÓTICO NA PENÍNSULA IBERICACatedral de Toledo

Planta catedrais de Burgos, León e Toledo

A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)

Os mestres da obra son: Enrique e Xoán Pérez.

Esta catedral ten unha forte influencia do gótico francés ( o propio mestre Enrique mostra unha clara influencia francesa ).

Estructura: planta basilical de cruz latina. Resalta a súa macrocabeceira. O deseño da planta garda un grande parecido coa catedral de Reims.

O espacio interior ven determinado por bóvedas ( similares as de Amiens ), e polo espectacular sistema de organizar o muro totalmente desmaterializado a base de abrir vanos. As vidreiras que cobren os vanos dan o espacio interior unha gran luminosidade e un variado colorido de maior riqueza cromática que as catedrais francesas.

O espacio exterior mostra un sentido menos vertical que as catedrais francesas .As fachadas con portadas abucinadas e conxuntos escultóricos son similares aos franceses.Destacan os relevos da súa fachada oeste. O parteluz da porta central dedícase á Virxe Branca ( dotada de grande naturalismo e flexibilidade nos panos, sorriso e comunicación co

neno.)

A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)

A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)

A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)

A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)

A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)Interior

A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)Planta

ESCULTURA CARACTERÍSTICAS

Tendencia a romper coas claves do relevo románico ( lei de adaptación ó marco, hieratismo, frontalidade, iconografía apocalíptica).

Naturalismo das figuras, aunque ainda idealizado. Comunicabilidade e individualidade de rasgos e

expressións de sentimentos. Realismo no canon anatómico e no volume dos panos. Temática: Xuizo Final ( a mesma do románico ), escenas

marianas, iconografías en referencia á vida de santos etc.

Fantásticas gárgolas nos aleiros Aparición da escultura exenta.

A CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES: PÓRTICO REAL

Os relevos do pórtico ( Cristo, tretamorfos, profetas, reis, raíñas do antiguo Testamento ) mostran claros trazos pregóticos: a claridade da composición, a tendencia ó vulto redondo, a serenidade da figura de Deus, o emprego de estatuas columna,.a busca dun canon máis estilizado etc. Pero manteñen certos trazos románicos, e sobre todo a adaptación do relevo ó marco arquitectónico.

O Pórtico real de Chartres está considerado como o inicio da arte figurativa gótica, pola súa clara tendencia a romper co hieratismo e o frontalismo románicos e a introducción dos novos trazos estéticos da elegancia anatómica e o naturalismo expresivo.

CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES: PÓRTICO REAL

CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES: PÓRTICO REAL

CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES: PÓRTICO REAL

CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES: PÓRTICO REAL

CATEDRAL DE NOTRE DAME DE CHARTRES: PÓRTICO REAL

A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN E VISITACIÓN ( 1/2 DO SÉCULO XIII )

Ë a reconstrucción dunha igrexa destruida por un incendio en 1210. Dita catedral era o lugar elexido para coroar ós reis francesesc

A súa estructura consta de planta basilical, tipo cruz latina, con tres naves lonxitudinais e tres transversais.

Destaca a fachada oeste ( constrúese a partir de 1255 ), na que xa se emprega toda a variada linguaxe decorativa gótica : pináculos, tracerías, rosetóns etc .Nesta fachada ó ser sustituidos os tímpanos por rosetóns, os relevos trasládanse ás xambas, ós gabletes, e ó reverso da fachada.

As figuras dos relevos mostran trazos plenamente góticos ( rostros ambles e sorrintes) e forman composicións de temática claramente novidosa. A temática global é a vida da Virxe ( escenas marianas ).

A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN E VISITACIÓN ( 1/2 DO SÉCULO XIII )(Continuación)

Especial relevancia teñen a decoración das xambas do lado dereito da porta central nas que se ubican os relevos que fan referencia ós temas da Anunciación do Arcanxo San Gabriel a María, e da Visitación de María a súa prima Isabel. : No grupo de relevos da Anunciación destaca a figura do Anxo do sorriso ( de certa similitude coa escultura grega arcaica ). E asi mesmo no grupo de relevos da Visitación destacan as figuras de María e Isabel que sorprenden: polas súas actitudes clásicas, o pregado flexible e naturalista dos panos, o realismo dos xestos,a naturalidade dos movementos, e o equilibrio do conxunto.

A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN e VISITACION

A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: ANUNCIACIÓN

A CATEDRAL DE REIMS. PORTADA OCCIDENTAL: VISITACIÓN

A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)

A CATEDRAL DE LEÓN ( ½ s. XIII)

PINTURA:

• Tendencia a rexeitar as estilizacións e alegorias do románico a favor do realismo.

• Naturalismo nas representacións

• Recurso ós fondos paisaxísticos.

• Atención á cor e á luz.

• Aparición de pintura sobre táboa con técnica de óleo ou temple.

• Estudio máis profundo das perspectivas.

• Temáticas de lirismo sentimental e melancólico.

• Recurso ó ouro para resaltar efectos de riqueza.

CARACTERÍSTICAS PINTURA

Gótico italiano, s. XIII

Madonna Rucellai, Duccio di Buoninsegna, Uffici. Florencia, 1285

Crucifixo, Cimabue. Igrexa de Santo Domingo de Arezzo. C. 1265-1268

Simone Martini A anunciación, (1333)

Temple sobre táboa. Uffizi, Florencia

EEscola de Siena, representa a estética italiana na idade media,

coincide no tempo co éxito do chamado gótico internacional

francés.

A PINTURA Ó FINAL DA IDADE MEDIA. GIOTTO. VAN EYCK.

• GIOTTO (1266-1337):

• É o verdadeiro iniciador da pintura moderna, o pintor capaz de crear a ilusión de profundidade sobre unha superficie plana. A pintura de Giotto rompe cos convencionalismos góticos e marca un estilo propio, no que vai resaltar a preocupación por dar unha apariencia de existencia real ás cousas que capta coa mirada e por lograr representar os distintos estados de ánimo.

• O estilo de Giotto vai estar caracterizado pola:– Intuición do sentido da profundidade, ainda que recorra ós fondos de telón de

escenario teatral.

– Valoración da paisaxe e do espacio, a pesar de reducilos a pequenas montañas e algunhas árbores.

– Tendencia ás figuras monumentais ( precedente de Masaccio e Miguel Anxo )

– Insistencia en espertar no espectador a sensación de volume.

– Introducción de animais nas composicions

– Preocupación pola luz e o movemento das figuras

Morte de San Francisco, fresco. Giotto. Igrexa de Santa Croce. Florencia. 1315-1320

A PINTURA Ó FINAL DA IDADE MEDIA. GIOTTO. VAN EYCK.

• Entre as consecuencias da obra innovadora de Giotto podemos resaltar:

– Creación dunha escola pictórica florentina

– Superación da influencia bizantina na pintura

– Aparición do concepto de artista innovador que supera o modelo de mestre artesán anónimo

– Preferencia polos valores de forza e novidade do artista fronte ó valor da perfección técnica do artesán

– Necesidade de partir sempre dun proxecto previo mental da obra de arte a crear.

A PINTURA Ó FINAL DA IDADE MEDIA. GIOTTO. Frescos da Capela dos Scrovegni

• Os 38 frescos pintados por Giotto nesta capela foron un encargo do banqueiro Enrico Scrovegni para decorar a capela adxunta ó seu pazo de Padua

• A técnica empregada é a de pintura ó fresco, con retoque de temple. Giotto creou un novo sistema de ligar as cores, usando como base para mesturar un zume de figos verdes, de xemas de arbustos,… e obtendo así unhas cores maís vivas e claras.

• As escenas recollen temáticas da vida da virxe María, da vida de Cristo, da vida dos pais da virxe e incluso do xuizo final

Fuxida de Exipto. Fresco, Giotto. Capela Scrovegni, Padua, 1303

A PINTURA Ó FINAL DA IDADE MEDIA. GIOTTO. Frescos da Capela dos Scrovegni

Escea de “O Pranto ante Cristo morto”( 1303-1305 ).

• Composición: está centrada no corpo de Cristo e as tres figuras principáis ( súa nai abrazándoo, a Magdalena chorando aos seus pés, e S.Xoán xesticulante.) e reforzada no plano terrestre pola presencia das santas mulleres, Xosé de Arimatea, Nicodemo, e no plano celeste por un grupo de anxos..

• A nivel técnico cabe destacar na composición: a ubicación do corpo de Cristo descentrado, o escalonamiento das figuras ( buscando dar sensación de profundidade espacial ), o tamaño real das figuras rompendo coa perspectiva xerárquica, a colocación de figuras de costas para conseguir impresión de volumen.etc.

• Para acentuar o dramatismo da escena, Giotto oculta os corpos coas roupas e concentra os xestos expresivos nos rostros, ubicando as figuras de perfil e dotándoas de nariz recto, ollos rasgados e boca entreaberta.

• Simboloxía: A árbore espida da escueta paisaxe do marco, ven simbolizar a árbore morta da que brotarán as novas follas, en paralelismo co corpo morto de Cristo que coa súa resurreción fará posible a redención dos pecados e nova vida.

• Conclusión: Nestes frescos Giotto logra a súa obra mestra, e rompe totalmente cos convencionalismos da pintura gótica, para abrir un novo camiño na composición da pintura, que acabará por desembocar no espectacular auxe da pintura renacentista.

Pranto ante Cristo morto

JAN VAN EYCK (1390-1441 ).

• É o máis destacado representante da pintura flamenca de final da Idade Media. Vai gozar de grande prestixio nas cidades de Flandes, e a súa fama chega incluso ás ricas cidades da península de IItalia.

• Á inversa de Giotto, Jan Van Eyck, non se sente un innovador, non se considera así mesmo como un artista, el pinta procurando o máximo de perfección técnica, como todo mestre artesán aspira a lograr unha obra mestra, pero non a revolucionar a forma de crear.

• A pintura de J. V. Eyck, como a dos restantes pintores flamencos primitivos, vai caracterizárse por: A minuciosidade dos detalles, a tendencia ó realismo absoluto, o preciosismo nas composicións e nos propios obxetos incorporados á obra ,manexo moi efectivo da luz, temáticas moi variadas ( retratos, paisaxes,escenas cotiás etc ),e así mesmo mostra máis interese por plasmar a apariencia de realidade das cousas que por a perspectiva ou a expresividade.

• Alcanza unha grande destreza no uso da técnica do óleo ( usa aceite de liñaza para aglutinar as cores e varnices para acelerar o secado.

• Recorre á tecnica da veladura ( superposición de capas de pintura que se transparentan )para corrixir os posibles erros e darlle unha maior gama de brillos ás cores.

• Destacan da súa creación: a Virxe do Canciller Rolin, o matrimonio Arnolfini, e o Políptico do Año Místico.

A VIRXE DO CANCILLER ROLIN ( 1434-1435 )

• O cadro representa á Virxe co donante ( o Canciller Rolin ), no interior dun salón, que semella

unha igrexa románica con galería de arcos de medio punto aberto ó exterior

• A Virxe está sentada sobre un luxoso coxín situado nun sitial de madeira, sostendo no seu colo ó

neno Xesús espido, protexida cun grande manto vermello mentres está a ser coroada por un

anxo.

• O canciller aparece axeonllado nun reclinatorio orando

• Tecnicamente debe resaltarse a composición, pois logra unha mestura de realismo da paisaxe e

marco arquitectónico coa solemnidade das figuras relixiosas

• O retrato está realizado sobre unha táboa coa técnica pictórica do óleo e traballado cunha grande

meticulosidade no debuxo das formas, e nas pinceladas de cor.

• A función é votiva ( cumprir un voto ou promesa ), e ademais serviría para ensalzar o prestixio do

canciller.

• Simboloxía : a piedade , e o poder do canciller Rolin.

• Conclusión: Apreciamos elementos certamente relacionados coa pintura gótica como son: certa

incomunicación entre as figuras e a preocupación polos mínimos detalles, e o mesmo tempo xa

se manifestan con claridade aspectos que anticipan os rasgos característicos da pintura de estilo

renacentista como a incorporación das paisaxes, o manexo da luz e a importancia do retrato.

• .

A virxe do canciller Rolin. Jan Van Eyck. Museo do Louvre. París, Óleo sobre táboa

Matrimonio Arnolfini ( 1434 ).• Este retrato recolle o acto da celebración do matrimonio de Arnolfini,un gran banqueiro

italiano residente en Flandes ( Xoán e Xoana Cenani )

• Composición: está enlazada polas curvas xeradas polos brazos da lámpada en relación harmónica coas dúas mans unidas.

• Tecnicamente é un retrato sobre táboa. Destaca a rica gama cromática coa que crea amplas superficies de vivas cores con gradacións sutís de ton e cor que crean ilusión da luz do sol.

• A impresión de espacio e volume lógraas a través da gradación da luz lateral da ventá aberta.

• O cadro está deseñado para actuar simbolicamente en varios planos : como retrato de dous importantes membros da sociedade burguesa, como documento confirmatorio da celebración dun contrato de matrimonio e como sumario das obrigas que implicaba un enlace matrimonial no século XV.

• Entre os múltiples elementos simbólicos que V.Eyck incorpora ó retrato para reafirmar o carácter legal sacro e obrigacional de matrimonio podemos resaltar as seguintes:o espello ( símbolo da pureza da muller ), a lámpada, o rosario (símbolo de devoción que o noivo debía entregar a súa futura esposa ), as laranxas, o can ( símbolo da fidelidade e do amor terreal ), o vestido verde ( símbolo da fretilidade , a cama ( onde se nace e se morre) , a sinatura de V. Eyck, sinalando coa súa presenza ccmo testemuña da legalidade do contrato matrimonial.

MATRIMONIO ARNOLFINI ( 1434 ).

MATRIMONIO ARNOLFINI

POLÍPTICO DA ADORACIÓN DO AÑO MÍSTICO• A obra foi comenzada por Hubert V. Eyck, e o morrer éste en 1426 foi continuada polo seu irmán Jan que

realizaría a maior e máis importante parte do retablo. Rematouna en 1432 sendo entronizada na catedral de s. Bavón de Gante.

• Está formada por doce tablas de madeira, correspondendo oito ás portas que pechan o retablo, estando pintadas por ambos lados.

• O políptico aberto está formado por doce tablas superpostas endous niveis: o nivel inferior está ocupado por unha escea central de desenvolvemento horizontal, e catro laterais, que teñen en común a liña do horizonte, ao fondo da paisaxe, e parecen estar inmersas na mesma atmósfera e no mesmo lugar

• No retablo pechado as catro táboas inferiores corresponden de esquerda a dereita: Joos Vyd, que é o que encarga a pintura, S.Xoán Bautista, S.Xoán Evanxelista e Elisabeth Borluut,esposa de Vyd. Os donantes en actitude orante son verdadeiros retratos.

• O políptico abero presenta os seguintes temas: no nivel inferior de esquerda a dereita, se suceden as escenas da procesión dos xuices íntegros, a procesión dos cabaleiros de Cristo, a Adoración do Año Místico, a procesión dos eremitas e “ a procesión dos peregrinos”.

• No nivel superior, a escena central corresponde a un tema de tradición bizantina: o Pantocrator acompañado pola Virxe á súa dereita e S. Xoán Bautista a súa esquerda. A un lado e outro delas aparecen os anxos, músicos etc. Nas estreitas táboas laterais se representan respectivamente, a Adán e eva expidos, expulsados do paraiso.

• O tema fundamental do retablo é indudablemente o da Redención.

• O tema iconográfico da táboa central é a Adoración do año Místico como se relata no libro do APOCALIPSE.

• Aspecto formal e técnico: destaca polas súas dimensións , pola complexa estructura, o detalle das roupas e dos rostros etc.Utiliza a técnica do óleo, coñecida, pero apenas utilizada ata o momento ( permite retoca lo pintado ou engadir un deatlle tras outro.

• Análise plástico: A composición organízase en torno a un eixe vertical que recorre toda a táboa e que está constituida pola fonte, o altar e o Espíritu Santo.

Políptico da Catedral de Gante. Hubert e Jan Van Eyck. 1432. Óleo sobre táboa.

Pechado mide 350 cm x 320 e aberto 350 x461 cm. Localizado na capelade Jodocus Vijd. Catedral de San Bavón, Gante

Descendemento de Cristo e Quinta angustia de Maria,Roger Van Der Weyden (1437). Óleo sobre táboa.

Museo do Prado, Madrid

O xardín das delicias, O Bosco. (1500-1510). Óleo sobre táboa