Post on 22-Jun-2020
MUSEO LISTE – ETNOGRÁFICO DE VIGO
PROGRAMACIÓN 2º TRIMESTRE
ABRIL/MAIO/XUÑO
2019
Salas temáticas:
Simboloxía dos oficios
Os tecidos
O peche
A madeira escavada
A luz
A arte de curar
A materialidade da fe
O centeo
EXPOSICIÓN
PERMANENTE
A rotulación dos contidos
permite a realización de
percorridos autónomos.
VISITAS GUIADAS:
Para grupos previa solicitude.
Para o público en xeral, os
percorridos guiados realizaranse
os sábados ás 11:30 h.
A MESA FARTA
Máis de corenta obxectos relacionados coa
alimentación terán acollida nesta exposición.
Contidos expositivos:
- Enxoval doméstico: cociña popular e
cociña distinguida.
- Pezas relacionadas co cultivo,
produción e comercio de alimentos.
- Obxectos de almacenaxe, transporte e
conservación.
- Singularidades e consideracións arredor
da alimentación.
- Protagonistas da nosa dieta. Alimentos
básicos.
Lugar: Sala de Exposicións Temporais.
Datas: a partir do 18 de maio (data de
inauguración prevista).
EXPOSICIÓNS
TEMPORAIS
Entrada gratuíta
A ter en conta: O museo alberga na súa exposición permanente, grande número de pezas referidas a esta temática. O visitante, se o desexa, poderá complementar a visita cun percorrido por estas salas para as que serán de aplicación as tarifas habituais de entrada ao museo.
OS MAIOS HUMANOS: MAIOS, MAIAS E CANTIGAS Festa de benvida á primavera que este ano estará dedicada aos
“maios humanos”, tipo xa desaparecido practicamente en
Galicia pero emparentado con tradicións semellantes aínda
vixentes noutros países.
Contará con:
- Parte teórica: achegamento ás orixes, evolución e
persistencia desta celebración.
- Parte práctica: obradoiro de montaxe dun maio,
elaboración de coroas e outros adobíos.
- Representación: os participantes realizarán danzas arredor
do maio con percusión e cantigas tradicionais.
- Lugar: xardín circundante ao Museo.
- Datas: 30 de abril, 2, 3 e 4 de maio.
- Duración: 1 hora.
- Dirixido a: grupos de Educación Infantil e Primaria
previa solicitude.
ACTIVIDADES CÍCLICAS
1 euro por participante
O sábado, 4 de maio, ás 12:30 h da mañá celebraremos o “Maio en familia” para todos os visitantes que desexen participar sen necesidade de solicitude previa.
O
Importante: Ao tratarse dunha
actividade ao aire libre, realizarase sempre que
as condicións meteorolóxicas o
permitan.
MAXIA E MENCIÑA NAS ÁRBORES
As árbores amais de provernos de materiais para a fabricación,
atesouran outras cualidades vencelladas coa curación e a
maxia.
Dirixido a: todos os públicos
A MADEIRA
A importancia e versatilidade da madeira obrigan a coñecer
aspectos relevantes como tipos e usos.
Dirixido a: grupos de E. Infantil e Primaria.
ENCAIXANDO ANACOS
Forma lúdica de achegarse ao Museo cos quebracabezas cuxas
pezas atoparemos ao longo da visita.
Dirixido a: grupos de E. Infantil.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Pensadas para ser incluídas nos
percorridos guiados para grupos. Previa
solicitude.
ONDE ESTÁN AS CHAVES?
Conxugamos coñecemento e diversión para descubrir os
aspectos e pezas máis destacables do Museo. A actividade porá
en xogo capacidades dedutivas, memoria e habilidades a través de
probas encadeadas co fin de acadar o obxectivo final.
Lugar: salas do Museo.
Datas: durante todo o ano.
Dirixido a: grupos de Educación Primaria previa solicitude.
Duración: 90 minutos.
UN CADÁVER NO ARMARIO
A modo de “escape room” e partindo dun relato, resolveremos o
misterio do asasinato de Bieito Pichel. Diversas probas levarannos
ao cadáver que, segundo as últimas noticias, atópase no Museo.
Lugar: Salas do Museo.
Datas: durante todo o ano.
Dirixido a: grupos, a partir de 13 anos.
Duración: 90 minutos.
ACTIVIDADES ESPECIAIS
1 euro por participante
INSTRUMENTOS HUMILDES
Obradoiro teórico - práctico no que se aborda:
- Clasificación e breve historia dos instrumentos.
- Variedade nos modos de tocar.
- Variedade nos ritmos (alalá, muiñeira, alborada, …)
- Distintos momentos de uso (festas, foliadas, comparsas…)
- Mostras do cancioneiro popular (coplas, nanas…)
- Achegamento aos instrumentos doutras culturas.
O discurso do monitor leva a agrupar os instrumentos en:
- Obxectos construídos co fin de tocar.
- Obxectos de uso cotiá utilizados como instrumentos.
- Xoguetes sonoros ou que imitaban instrumentos.
Lugar: Salas do Museo ou xardín circundante.
Datas: todo o ano.
Duración: 60 minutos.
Dirixido a: grupos de todas as idades previa solicitude (máximo 50)
Soporte didáctico: instrumentos e monitor guía.
Monitor: Erica Iglesias Neira.
TALLERES
DE
COÑECEMENTO
Prezo do taller:
40 euros/grupo
HIXIENE E COSMÉTICA
Ao longo da historia, os hábitos hixiénicos foron mudando e, con
eles, os produtos e obxectos utilizados. Unida á hixiene, e
desenvolvéndose ao seu carón, foi mudando e sofisticándose a
cosmética, converténdose ambas en potentes industrias.
O obradoiro teórico - práctico constará de dous bloques:
- Bloque introdutorio: aspectos máis relevantes das mudanzas
producidas en hábitos hixiénicos e cosméticos co repaso polas pezas
que o Museo agocha e que serán exhibidas para o obradoiro.
- Bloque práctico: elaboración dun produto hixiénico ou
cosmético baseado nas técnicas tradicionais.
Lugar: Sala Didáctica do Museo.
Datas: 2º trimestre do ano.
Duración: 60 minutos.
Dirixido a: grupos de todas as idades previa solicitude (máximo 50)
Soporte didáctico: pezas en exhibición, proxección de audiovisual,
diversos materiais e monitor-guía.
TALLERES
DE
COÑECEMENTO
1 euro por participante
Co gallo do Día das Letras Galegas e do Día Internacional dos
Museos, celebraremos as “Xornadas de portas abertas” , con
visitas especiais guiadas e realización de actividades:
Día da Letras Galegas: dedicado a Antón Fraguas.
Entre a programación especial :
- “Apañando verbas perdidas”: recollida de vocábulos en desuso.
- Actividades para nenos: murais sobre a figura do homenaxeado.
- Entrega de premios dos nosos VII Concurso de Relatos para
nenos/as de E.P e E.S.O e do VI Concurso Fotográfico.
Día Internacional dos Museos
Prográmanse actividades acordes co lema deste ano “Os
museos como eixes culturais: o futuro da tradición”.
- “De tal pau, tal racha”: celebramos os 20 anos de vida do
noso Museo proxectando unha mirada sobre o Museo Olimpio
Liste de Oseira, cunha escolma de pezas que evidencien a débeda
etnográfica que mantemos como herdeiros deste primeiro
museo etnográfico de Galicia.
PROGRAMACIÓN
ESPECIAL DÍA DAS
LETRAS GALEGAS E DÍA
INTERNACIONAL DOS
MUSEOS
(17 E 18 DE MAIO)
O Museo celebra este ano o seu vixésimo aniversario. Por este
motivo terán lugar diversos eventos que commemoran esta data.
Cabe destacar a exhibición temporal de pezas procedentes de
Oseira que acolleremos ao longo do ano en diversas salas.
Prestaremos especial atención a coleccións emblemáticas de
grande relevancia ou pezas senlleiras que alberga o museo
ourensán.
OUTRAS NOVAS:
PROGRAMACIÓN
ESPECIAL 20
ANIVERSARIO
(1999-2019)
Colección pedras litográficas. Museo Olimpio Liste de Oseira (Ourense)
No segundo trimestre as Xornadas atenderán a dous aspectos.
Por unha banda, temática relacionada coa nova exposición
temporal “A mesa farta”.
Así mesmo e dentro do proxecto “Sororidade” terá lugar
unha mesa redonda na que artistas participantes e público
en xeral ofrecerán as súas reflexións sobre este eido.
As datas, horarios e poñentes serán convenientemente
difundidos a través da prensa e da nosa páxina web.
XORNADAS
PARA A
COMUNICACIÓN
ENTRADA LIBRE
VI CONCURSO FOTOGRÁFICO
Convocado polo Museo Liste con motivo da celebración
do Día Internacional dos Museos.
O tema proposto este ano é “O peche”. As portas, as
chaves, as pechaduras, os cadeados, as miras, ... Os
elementos relacionados co peche son de grande interese
etnográfico. É por iso que o Museo recompila pezas e
información sobre estes obxectos.
VII CONCURSO DE RELATOS PARA
NENAS/OS
Promovido polo Museo Liste para conmemorar o Día
das Letras Galegas. Este ano, os relatos presentados
baixo o lema: “Eu quixera ser …”, deberán, a xeito de
conto, versar sobre os desexos de nenos/as e mozos/as
de cara ao futuro.
CONVOCATORIAS
CONCURSOS
As bases íntegras destas convocatorias figuran publicadas na
nosa páxina web (www.museoliste.org)
“Viaxe a ningures” de Eduardo Armada Rodríguez. 3º Premio V Concurso de Fotografía 2018
SORORIDADE
Sororidade define a irmandade entre mulleres. O concepto abrangue
moitas formas, todas encamiñadas ao apoio mutuo entre elas.
Dende esta premisa, o museo quere contribuír a crear espazos
de concienciación nos que abondar na necesidade dunha
educación en igualdade. Supón un proxecto para traballar cos
Centros de Ensino e Asociacións na realización de accións
conxuntas que conduzan á reflexión.
A partir de febreiro de 2019, o Museo acolle distintas
creacións e producións artísticas que reflictan ou evidencian a
inxustiza que xera a desigualdade dunha socialización no
patriarcado. O museo quere así ser un espazo de
convivencia á vez que de compromiso social a través de
obras que inviten á reflexión.
NOVOS PROXECTOS
SORORIDADE
Se sodes un grupo e estades interesados en
participar, non dubidedes en
contactar co Museo
“Ecos. Sobre os silencios a gritos” de Alexandra R. Rey
CO TEU CAN
En decembro de 2017, o Museo inicia unha política tendente á
normalización da presenza dos cans en espazos públicos
autorizando a entrada de visitantes acompañados dos seus cans.
O obxectivo foi permitir o acceso ao Museo a un amplo
número de persoas que acoden todos os días aos xardíns que
circundan o Liste e que, sorprendentemente, nunca estiveran
dentro. Así o can deixaba de ser unha escusa para coñecernos,
pasando a ser unha oportunidade.
Nun principio optouse por un formato de visita guiado,
limitado a uns días concretos e con inscrición previa. Ante a
gran acollida da proposta, evidenciouse a necesidade de
transformala, de xeito que se establece con carácter permanente
e de forma libre o acceso con cans os mércores pola tarde.
Datas e horario: mércores, de 17:00 a 19:00 h.
CO TEU CAN
Os mércores pola tarde no horario e coas tarifas habituais de entrada ao
Museo. Aforo limitado a un máximo de 7 cans de
xeito simultáneo.
O CESTEIRO
Demostracións de cestería tradicional en institucións que así o
soliciten (atenderanse 10 solicitudes por rigoroso orde de
reserva).
O artesán cesteiro Rubén Berto Covelo desprazarase ata o
centro onde impartirá unha clase teórico-práctica.
Propóñense dous enfoques distintos atendendo ás diferentes
franxas de idade:
- “Presente, pasado e futuro da cestería” (E.S.O.,
Bacharelato e adultos).
- “Xogando coa cestería” (Educación Infantil e Primaria).
Datas: 2º trimestre do ano.
Duración: 90 minutos (duración aproximada).
Dirixido a: institucións de Vigo e da súa área de influencia,
previa solicitude.
Soporte didáctico: materiais relacionados coa cestería.
Monitor: Rubén Berto Covelo.
Información e reserva: 986244698
O MUSEO VIAXA
DEMOSTRACIÓNS NÓMADAS
Actividade gratuíta
INFORMACIÓN XERAL
HORARIO MUSEO LISTE VIGO
DE MARTES A SÁBADO : de 10:00 h. a 14:00 h
MÉRCORES: de 10:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 19:00 h.
PREZOS DE ENTRADA AO MUSEO LISTE
Xeral: 2 €
Reducido: 1€ menores de 12 anos, 3ª idade, parados, estudantes e integrantes de grupos de máis de 10 persoas.
Gratuíto: menores de 6 anos; Centros de Ensino (do Concello de Vigo) e Asociacións da 3ª Idade (do Concello de
Vigo); exposicións temporais e actividades que así o indiquen.
CONTACTO
Tfno. 986-244698
Rúa Pastora, nº 22, Vigo
recepcion@museoliste.org
visitas@museoliste.org
www.museoliste.org