Post on 11-Jul-2015
Os minerais
Lola Cañizo tema5: Minerais 13/14
Os minerais son sólidos formados pola combinación química dos elementos que hai na codia terrestre.
Características:• Ser natural.• Ter orixe inorgánica.• Ter composición química
homoxénea. Lola Cañizo Minerais 13/14
Exercicio 1.
Mineral é un sólido natural formado pola combinación química de varios elementos, de orixe exclusivamente inorgánica, que presenta a mesma composición química en todas as partes (homoxénea).
Composición dos minerais• Só intervén un tipo de substancia.• Todos os exemplares dun mesmo mineral
teñen as mesmas propiedades.• É frecuente que teñan impurezas, poden
modificar algunhas das súas propiedades: dicimos que ten variedades.
• O cuarzo é un mineral de moitas variedades.
Lola Cañizo Minerais 13/14
Clasificación dos minerais• Silicatos:
Conteñen principalmente silicio e osíxeno na súa composición.Os máis importantes: Cuarzo, feldespatos, micas, minerais de arxila, olivino.
• Non silicatos:Non conteñen silicio na súa composición.Os máis importantes son: Elementos nativos ( ouro, prata, cobre e xofre), óxidos (olixisto, magnetita), sulfuros (blenda, galena, cinabrio), carbonatos (magnesita, calcita), haluros (halita, fluorita).
Lola Cañizo Minerais 13/14
Orixe dos minerais
• Nunha masa de rocha fundida situada no interior da codia.• Nas rochas sólidas sometidas a altas
presións e temperaturas dentro da codia.• Debido á cristalización de
substancias disoltas na auga.
Lola Cañizo Minerais 13/14
Propiedades dos minerais• Cor: Tipo de luz que reflicte cando é iluminado con luz
branca.
• Brillo: Forma en que reflicte a luz. Metálico: similar a un metal; vítreo: a un vidro; graxo: a unha superficie engraxada; mate: sen brillo.
• Dureza: É a resistencia a ser raiado.
• Cor da raia: É a cor do povo que se produce ao raiar ao mineral.
• Exfoliación: Dividirse en láminas paralelas ás caras.
• http://www.e-vocacion.es/files/html/238095/recursos/libro_alumno/Recursos/238095_P080_1/visor.html
Lola Cañizo Minerais 13/14
Escala de MohsProposta por Friedrich Mohs en 1825, está formada por dez minerais. Cada mineral raia a todos os que teñen un número igual ou inferior a él, e é raiado polos que teñen un nº igual o maior co seu.
Lola Cañizo Minerais 13/14
Lola Cañizo Minerais 13/14
•Obtención de metais: o chumbo da galena; cinc da blenda; mercurio do cinabrio…•Industrias cerámicas: minerais da arxila para fabricar cerámicas, louzas, azulexos…•Elaboración de materiais: o xeso para escaiola; calcita para cemento; cuarzo para o vidro…•Xoiaría: ouro, prata, platino, diamante, rubí…
Importancia dos minerais
Lola Cañizo Minerais 13/14
Obtención dos minerais•Explotacións a ceo aberto: Cando o mineral está a pouca profundidade. Poden ser canteiras se son superficiais e cortas se son máis profundas.
•Minas: Cando o xacemento está a máis profundidade. Teñen túneis, galerías horizontais e pozos verticais.
http://cmaps.cmappers.net/rid=1L9VXT72F-1ZM78K9-1CRC/UTILIDAD%20Y%20OBTENCION%20DE%20MINERALES.cmap
Lola Cañizo Minerais 13/14
Impactos ambientaisPara evitar os impactos ambientais, a lei obriga as empresas a realizar:•Un estudio de impacto ambiental: efectos sobre o aire, o terreo, as augas, os seres vivos, as persoas, as propiedades.•Realizar un proxecto de explotación: como se van realizar a escavación, os movementos de terras, a extracción do mineral… e medidas correctoras do impacto.
Lola Cañizo Minerais 13/14
Explotación mineira
Impacto ambiental• Impacto visual• Impacto negativo en flora e
fauna• Contaminación de augas
subterráneas e superficiais• Ruído• Pó e emisións á atmosfera• Materiais de refugo• Manexo de produtos
químicos, hidrocarburos e explosivos
• Impacto social e económico
Medidas de prevención, atenuación e corrección do impacto
• Redución ao mínimo da deterioración ambiental
• Manexo de riscos• Evacuación e depuración de
líquidos contaminantes• Mobilización de terras para
devolverlle á paisaxe o aspecto anterior
• Reforestación