Post on 02-Feb-2020
Departamento de Français Cours 18-19 Actualización do 26 de Xuño de 2019 Páxina 1 de 13
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Memoria final do departamento de
FRANCÉS
IES A Xunqueira II.
Pontevedra.
Asdo. A xefatura de departamento.
Dª/D Mª DE LOS Ángeles Rúa Opazo
Departamento de Français Cours 18-19 Actualización do 26 de Xuño de 2019 Páxina 2 de 13
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Índice 1. Modificacións introducidas durante o curso na programación didáctica feita ao principio de curso e as súas
motivacións. ............................................................................................................................................................................ 3
2. Análise dos resultados das avaliacións dos alumnos en relación cos cursos anteriores. ............................................... 3
3. Propostas para a revisión de: ......................................................................................................................................... 6
a. A programación didáctica para o curso seguinte. ...................................................................................................... 6
b. A concreción curricular. .............................................................................................................................................. 6
4. Funcionamento do departamento. ................................................................................................................................ 7
5. Composición do mesmo. ................................................................................................................................................ 7
6. Temas máis importantes tratados nas reunións. ........................................................................................................... 7
7. Informe de actividades complementarias e extraescolares. .......................................................................................... 8
8. Valoración do traballo feito para a integración das TIC na práctica docente, fomento da lectura e desenvolvemento
das competencias clave. ......................................................................................................................................................... 9
9. Libros de texto. ............................................................................................................................................................. 10
10. Memoria programa CUALE
Departamento de Français Cours 18-19 Actualización do 26 de Xuño de 2019 Páxina 3 de 13
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
1. Modificacións introducidas durante o curso na programación didáctica feita ao principio de curso e as súas motivacións.
Durante o curso 2018-19 por motivos diversos, como o aumento do número de alumnos por clase,
pola conflitividade de algún alumnos que impediron a boa marcha do curso, a participación de
boa parte do alumnado nalgunha folga ,excursións e actividades extracurriculares, a
programación non puido cumprirse totalmente( se atendemos a totalidade do libro de texto) no
que se refire a temporalización prevista ao inicio de curso. É certo que os estandares de
aprendizaxe se traballaron todos aínda que algún de maneira máis superficial, quedando sen
traballar en profundidade algún contido sintáctico-discursivo que se poderá retomar no vindeiro
curso por tratarse dunha materia de carácter cíclico
En 1º da ESO o último temas foi traballados parcialmente, facendo unha selección dos contidos
mínimos.
En 2º da ESO non foron vistos os módulo 6 excepto en Francés 1ª lingua onde si foron traballados
tódolos módulos.
En 3º da ESO non foron vistos na súa totalidade os dous últimos módulos.
En 4º da ESO non foron traballados na totalidade os dous útimos módulos.
En 1º de Bacharelato non houbo modificacións á programación inicial.
En 2º de Bacharelato modificouse o programado inicialmente por contar este ano cun grupo de
alumnas que se presentaban a ABAU con Fr1
O método didáctico utilizado este ano resultou ser bastante denso polo que nos vindeiros cursos
tentaremos adecuar os obxectivos ao tempo real que temos na aula, e facer unha selección máis
realista das diferentes tarefas a realizar.
2. Análise dos resultados das avaliacións dos alumnos en relación cos cursos anteriores.
Os criterios de avaliación foron os expostos na programación para cada curso. Os alumnos foron
avaliados a través de probas escritas e orais sen esquecer o traballo diario na clase e na casa que
amosan se o alumnado adquiriu as competencias clave (sobre todo no caso da nosa materia a
CLC) é dicir que cumpre os estándares de aprendizaxe mediante a asimilación de contidos e a
adquisición de destrezas. Os resultados finais da avaliación foron, en xeral, positivos, acadando os
obxectivos mínimos da área a maior parte dos alumnos/as, agás unha minoría, ben por ter
Departamento de Français Cours 18-19 Actualización do 26 de Xuño de 2019 Páxina 4 de 13
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
abandonada a materia ben porque o seu rendemento non foi suficiente. A continuación véxanse
as estatísticas dos resultados por cursos na avaliación ordinaria de xuño:
1º da ESO Curso 17/18: a porcentaxe de aprobados é en 1ª lingua do 61,5% e en 2ª lingua do
67.5%.
Curso 18/19:A porcentaxe de aprobados en 1ª lingua é do 41% e en 2ª lingua do 78%
2º da ESO Curso 17/18: a porcentaxe de aprobados é en 1ª lingua do 100% e en 2º lingua do 77%.
Curso 18/19: A porcentaxe de aprobados en 1ª lingua é do73% e en 2ª lingua o 92%
3º da ESO Curso 17/18: a porcentaxe de aprobados en 1ª lingua é do 89% e a porcentaxe de
aprobados é do 86% en 2ª lingua.
Curso 18/19: A porcentaxe de aprobados en 1ª lingua é do 89% e en 2ª lingua o 87%
4º da ESO Curso 17/18: a porcentaxe de aprobados é do 97% 2ª lingua
Curso 18/19: A porcentaxe de aprobados en 1ª lingua é do 100% e en 2ª lingua do 85%
1º de bacharelato Curso 17/18: a porcentaxe de aprobados en 1º lingua é do 100% e do 89% en
2ª lingua .
Curso 18/19: Neste curso non contamos con grupo en 1ª lingua é en 2ª lingua o 94%
2º de bacharelato Curso 17/18: a porcentaxe de aprobados é do 100% en 2ª lingua
Curso 18/19: A porcentaxe de aprobados en 1ª lingua é do 100% e en 2ª lingua é do 100%
Estes resultados son lixeiramente peores aos acadados no curso pasado sobre todo en 1º Fr1
onde valoramos que o alto número de repetidores no grupo e as dinámicas de grupo puideron
incidir neste resultados.En 2º da ESO Fr1 empeoran lixeiramente xa que no grupo se atopan 2
alumnos marroquís que abandonan os estudos. O nivel académico do alumnado en xeral é peor
en 4º da ESO Fr2 se o comparamos con outros anos, observando que entre eses alumnos que
suspenden a materia teñen unha media de 6 suspensas. O feito de que os grupos de 4ºFR2 foran
máis numerosos incluso que na clase base dificulta que se poida atender de maneira mais
individualizada aos alumnos que o requiren. No resto dos niveis os resultados son bastante similares
mellorando en 3º da ESO lixeiramente e tamén en 1º de bacharelato. No resto dos niveis
mantéñense.
Observamos que en todos os grupos pero sobre todo nos de 1ª lingua o índice de aprobados
mellora nos cursos máis altos.
Departamento de Français Cours 18-19 Actualización do 26 de Xuño de 2019 Páxina 5 de 13
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Contrastamos estes datos entre o curso actual e o pasado pero cremos por tratarse de alumnos
diferentes sería mais proveitoso, aínda que moi difícil de levar a cabo xa que os grupos non son
sempre o mesmo en toda a etapa educativa, facelo na evolución do mesmo grupo por curso xa
que neste caso comparariamos a evolución dos mesmos alumnos e non os resultados dun grupo
con outro co que non ten nada que ver.
A análise feita no departamento é que os resultados empeoran en 1º ciclo polo feito de non
contar con clases de conversa que fai que melloren os resultados por poder dar unha atención
máis personalizada aos alumnos ou ben porque os alumnos non estudan o suficiente ( claramente
no caso de 1º FR1)xa que dende o departamento sempre se intentou corrixir as dinámicas que
non funcionan.
Os resultados empeoran en pero coinciden case exactamente ( so hai 3 puntos de diferenza)
cos resultado que tiñamos o ano pasado deses mesmos alumnos no curso precedente. Deste
xeito podemos concluír que neste nivel o potencial académico e o rendemento dos alumnos de
2º do ano pasado pasado é similar aos de 3º deste ano.
En xeral os alumnos de 4º da ESO e de Bacharelato acadan uns resultados moi satisfactorios
debido ao carácter optativo (fundamentalmente práctico) da materia e a súa boa disposición
cara a aprendizaxe dunha 2ª lingua estranxeira. Neste curso os grupos de 4º da ESO de FR2 foron
moi numerosos polo que non se puideron facer as dinámicas que se programarán por non poder
xestionar un grupos tan grandes por exemplo na aula de informática o en traballo por proxectos
O resultados dos alumnos de 2º de Bac Fr1 nas probas da ABAU é do 50% de aprobados e en Fr2 o
100% de aprobados . O departamento considera que as probas de 2ª lingua estranxeira non son
as máis acordes á materia por ter unha dificultade similar ou as veces algo maior as probas de FR1
No relativo as probas de DELF os resultados dos nosos alumnado é moi satisfactorio, obtendo un
100% de aprobados no nivel A2 e B2 e un 25% no B1. Salientamos a forte motivación do alumnado
por superar estas probas e así obter un título na lingua estranxeira con validez internacional
ADAPTACIÓNS CURRICULARES E PENDENTES No presente curso académico non houbo ningunha
adaptación curricular nas materias impartidas por este departamento, pero si houbo alumnos que
tiñan a materia pendente: Francés 2ª lingua de 1º da ESO ( dos 4 alumnos suspensos aproba 1 en
1ª convocatoria) , e 3 de 3º da ESO coa materia pendente de 2º da ESO dos que aprobou 1
alumnos e un alumno de 4º da ESO coa pendente de 3º que non se presentou. O 75% dos
alumnos coa materia pendente non se presenta as probas
En total de 8 alumnos coa materia pendente houbo 2 aprobados.
Departamento de Français Cours 18-19 Actualización do 26 de Xuño de 2019 Páxina 6 de 13
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
3. Propostas para a revisión de:
a. A programación didáctica para o curso seguinte.
Para o vindeiro curso seguiremos revisando, os puntos seguintes tal e como fora proposto
no plan de mellora:
-Adaptación da metodoloxía á nova lei vixente e as necesidades e demandas da
realidade do noso alumnado.
- Revisión dos procedementos e instrumentos de avaliación e de cualificación, sobre todo
no relativo ao non presentárense a algunha das probas, xeneralmente ás orais.
- Elaboración dunha ficha para a análise periódica do cumprimento da programación,
onde se recollan tamén os resultados por avaliación .
- Elaboración dun plan anual de funcionamento do departamento.
- Inclusión de probas externas ao centro e que poidan servir como exemplo para testar o
nivel dos nosos alumnos (DELF, EOI...)
- Optimización do uso do libros de texto vixentes para o uso no programa CUALE e a
preparación ao DELF .
- As accións de contribución do Departamento ao plan de convivencia. Continuidade do
clube de lectura de BD en francés como contribución ao proxecto lector
- A integración das TIC e E-dixgal na práctica docente.
b. A concreción curricular.
Seguiremos avaliando a inclusión de cambios metodolóxicos pola continuación no noso
centro no Plan E-Dixgal e polo cambio na lei de educación vixente. Cremos, non
obstante, que se debería deseñar e coordinar o perfil competencial por niveis do noso
centro para poder avaliar por competencias dunha maneira máis rigorosa e sinxela
para o profesorado. Cremos que habería que modificar os criterios de cualificación no
tocante a realización ou non de determinadas probas imprescindibles para a
consecución dos mínimos por exemplo que de non facer algunha das probas avaliables,
estas queden pendentes para setembro.
Departamento de Français Cours 18-19 Actualización do 26 de Xuño de 2019 Páxina 7 de 13
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
4. Funcionamento do departamento.
Cúmprese a lexislación vixente cunha reunión obrigatoria mensual do departamento.Este ano
por ter disponibilidade horaria puidose unha reunión quincenal.Normalmente reunímonos unha
vez ben á quincena ben ao mes os mércores ás 12:30 redactando de forma mensual unha acta
que recollía os temas tratados nas devanditas reunións, os acordos, seguimento da
programación e información do tratado na CCP ao longo do mes. O funcionamento do noso
departamento é bo e o entendemento entre os seus membros é a tónica xeral.
5. Composición do mesmo.
O departamento de Francés está composto por dúas profesoras con destino definitivo no centro,
unha terceira con destino provisional e con horario completo de francés e unha 4ª compartida
co departamento de lingua española:
Mª Ángeles Rúa Opazo: Xefa de Departamento
Josefa Delfina Doce Caaveiro
Sabrina Karine Piberne Gouin ( en expectativa de destino)
María Sara Fernández Fernández (profesora de lingua española con francés como materia afín)
6. Temas máis importantes tratados nas reunións.
1.- Criterios a seguir polo departamento cos alumnos que teñen a materia pendente. Preparación
das probas de pendentes para Xaneiro e Maio.
2.- Valoración dos materiais que proporá o departamento en colaboración co plan lector do centro
mediante a mochila viaxeira.Escolla de diferentes materiais para engadir a dita mochila.
3.- Seguimento da programación.
4.-Preparación de exercicios de reforzo e repaso para os alumnos pendentes.
5.- Seguimento dos programas en cada grupo e adaptación dos obxectivos a acadar ó grupo
segundo as características de cada un.
6.- Preparación consensuada das actividades, propostas didácticas e as probas obxectivas
adecuadas a cada nivel por parte dos profesores do mesmo.
7.-Valoración da continuidade dos libros de texto e os seus exercicios de acordo á lexislación
vixente.
Departamento de Français Cours 18-19 Actualización do 26 de Xuño de 2019 Páxina 8 de 13
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
8.-Preparación de actividades TIC para todos alumnos especialmente para os que contan co
programa E-dixgal
9.-Páxinas interesantes en francés en Internet para práctica do idioma.
10.-Plan de mellora do departamento.
11.-Posta en común dos resultados por trimestres acadados en cada grupo en relación con la
programación do departamento.
12.- Preparación e valoración de actividades propsatas para a semana da Francofonía.
13.- Preparación, explotación e avaliación das actividades extracurriculares como as saídas ao
teatro cos alumnos de 3º ESO e a sesión de preparación de crêpes para os alumnos de 2º ESO, e os
de Fr1 de todos os niveis.
15.- Preparación e coordinación para as clases de reforzo para os alumnos que se presentaron ao
DELF A2 e B1
16.- Reflexión e valoración da solicitude de participación no programa CUALE B2 para o vindeiro
ano.
17.- Valoración da participación do departamento en E-DIXGAL para cos grupos de 1ª lingua de 1º e
2º da ESO
18.- Situación dos grupos de 1ª e 2ª lingua tras a publicación das Instruccións para o
desenvolvemento do vindeiro curso.
7. Informe de actividades complementarias e extraescolares.
Ao igual que en anos anteriores cos alumnos de 3º da ESO fomos ver a obra
de teatro “20.000 lieus sous les mers”a cargo da compañía EINA D´ESCOLA
que se celebrou o 28 de novembro de 2018 no teatro principal de Pontevedra.
Outras actividades consideradas como complementarias
foi un ano máis a visita dunha foodtruck de crêpes La
marinière a cargo de Jérémy o 11 de abril no
aparcadoiro do noso centro. Actividade esta última con
motivo o día internacional da Francofonía que se
celebra o 20 de marzo.
Outra actividade complementaria destacable foi o
clube de lectura de banda deseñada en francés, . Debido o gran numero de
alumnos interesados seguiremos o vindeiro curso con novas propostas
Departamento de Français Cours 18-19 Actualización do 26 de Xuño de 2019 Páxina 9 de 13
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
8. Valoración do traballo feito para a integración das TIC na práctica docente, fomento da lectura e desenvolvemento das competencias clave.
Dende o departamento trátase de contribuir ao fomento da lectura xa que nosa programación
está incluído un libros de lectura voluntarios para o 2º ciclo da ESO e o Bacharelato. Tamén se
recomendan outro tipo de lecturas como as Bandas deseñada, libros ou revistas... e boa parte
das clases xiran en torno a comprensión lectora sobre textos do manual ou de outras fontes
sobre temas de actualidade que podan xurdir. Tamén se facilitan artigos de prensa , revistas, ou
textos diversos relacionados coa actualidade que os poidan motivar e interesar pola cultura
francófona. Este ano o departamento contribúe directamente co plan lector a través da
biblioteca do centro con 2 mochilas viaxeiras dirixidas a alumnos de 4º da ESO e 1º de
bacharelato que en principio tiveron moi boa acollida, e estamos valorando ea elaboración
dunha máis dirixida a 3º da ESO. Ademáis púxose en marcha un clube de lectura de banda
deseñada en francés con moi boa acollida por parte do noso alumnado sobre todo de 2º, 3º e
4º da ESO.
Respecto ás TIC é frecuente o uso do ordenador para búsquedas de información, redacción de
traballos e solución de problemas (diccionarios on line, páxinas con exercicios de gramática,
léxico, vídeos musicais, curtametraxes, documentais .....). Este ano en 4º de ESO utilizouse de
maneira habitual e 3º de ESO FR1 de maneira esporádica o edmodo, un entorno de traballo
similar a unha aula virtual con boa acollida por parte do alumnado. É certo que se poderían
utilizar as ferramentas TIC con maior asiduidade, ou mellor con unha participación máis activa do
alumnado, pero por problemas cos espacios dotados de ordenadores, polo gran número de
alumnos por grupos superior en gran medida ó numero de ordenadores , polos horarios nos cursos
de bacharelato por coincidir en horario coa optativa de informática. .... non é posible fácelo
todas as veces que nos gustaría aínda así este ano contar cunha hora do horario en 4º da ESO
permitiunos traballar máis habitualmente con esta ferramenta.
Balance E-dixgal 1ra lingua Francés
En liñas xerais o balance do uso do programa Edixgal en Francés primeira lingua en 1ºESO é
positivo. Os materiais son variados e permiten traballar todas as destrezas. Os contidos son moi
amplos, polo tanto é importante seleccionar cales van ser os mais axeitados para o curso.
Na nosa opinión e segundo esta primeira experiencia, é imprescindible non limitarse ao contido
gramatical dos materiais Edixgal, e saber discernir cando é necesario usar ou non o ordenador,
para controlar que os alumnos fagan os exercicios propostos seguindo a explicación previa e a
lóxica gramatical ou léxica e non de xeito irreflexivo e automático. Por outra banda, parécenos
ineludible tamén que o alumno copie na libreta “física”os contidos gramaticais, o vocabulario ou
as estruturas máis relevantes, coa fin de memorizalas mellor. En 2º da ESO os alumnos amosan
pouco interese pois non consultan os materiais que sube a profesora.
Departamento de Français Cours 18-19 Actualización do 26 de Xuño de 2019 Páxina 10 de 13
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Neste curso 2018-2019 víronse as unidades 1,2,3 e 4, ademais das dúas primeiras leccións da 5.
Seleccionáronse, tal e como se dixo antes, os materiais e contidos máis adaptados ao nivel dos
alumnos e ás esixencias do currículo.
A área de Francés contribuíu a acadar todas as competencias clave. En primeiro lugar a
adquisición en competencia comunicativa, dado que todo o que se fixo na área xirou entorno a
esta competencia, nas súas variantes de oral e escrita.
De igual modo contribuíu ao desenvolvemento da competencia para aprender a aprender, xa
que acrecentou a capacidade lingüística en xeral, relacionada coa representación da realidade,
construción de coñecementos, hipóteses e opinións. A nosa materia facilitou o desenrolo da
competencia social e cidadá xa que foi o vehículo de transmisión cultural e favoreceu o respecto
e interese pola comunicación con falantes doutras comunidades e nacións. Na nosa área
expresar as propias ideas pero respectando as dos demais, a importancia de escoitar ao outro,
directamente en relación con dita competencia. En canto a competencia dixital, esta vese
reforzada na nosa área, tal e coma dixemos anteriormente grazas tamén a E-Dixgal e plataformas
como edmodo. O noso currículo incluíu claramente o achegamento a manifestación culturais e
sociais propias da lingua e países onde se fala, facendo que a competencia artística e cultural
sexa reforzada.
9. Libros de texto.
Os libros de texto empregados foron en todos os do método PARACHUTE para todos os cursos da
ESO salvo 1ª lingua en 1º e 2º da ESO onde se traballou con E-Dixgal. En Bacharelato prescindiuse
de libro de texto e caderno de exercicios, utilizando outro tipo de materiais elaborados polo
departamento ou sacados doutras fontes. O departamento estimou oportuno prescindir dos
“Cahier d´Exercices”por contar con material dabondo para a consecución dos obxectivos
lingüísticos. O profesorado preparou e facilitou aos alumnos todo aquel material complementario
que mellor se adaptase as súas necesidades reais.
Departamento de Français Cours 18-19 Actualización do 26 de Xuño de 2019 Páxina 11 de 13
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
ANEXO I: MEMORIA CUALE A1-B1 (CURSO 2018-2019)
CUALE A1
Segundo a Orde de 12 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de
cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE, nos centros
públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional
da Comunidade Autónoma de Galicia; este centro IES A XUNQUEIRA II de Pontevedra presenta a súa
memoria cos seguintes datos.
Este curso 2018-2019 é a segunda vez que se presenta este centro a este programa e ó principio tivemos
unha solicitude de 17 persoas interesadas, pero por mor das actividades levadas a cabo polo alumnado
fora do horario lectivo, no noso caso, por practicar un deporte e ter adestramento, ou por ter
conservatorio comezaron o curso 15 alumnos (12 alumnas e 1 alumno). Xa no mes de outono por mor á
asistencia o conservatorio de música, dúas alumnas deixaron de asistir ás clases.
Unha alumna asistiu moi poucas veces a clase, outra alumna deixou de asistir no mes de febreiro, isto
significa que ó final a clase quedou formada por 14 alumnos.
En xeral a asistencia ás clases que tiñan lugar pola tarde, como esixido, fora do horario escolar, foi moi
boa, en total tivemos unha asistencia as 115 horas de clase impartidas, descontado as vacacións de
Nadal, Entroido, Semana Santa e excursión dunha semana da maior parte do alumnado asistente, a
participación foi superior a un 95% de todo o alumnado.
O nivel de partida que presentaba o alumnado era medio, tendo en conta que estaban comezando 3º
de ESO e que durante o período de vacacións estivais o alumnado non soe repasar nin poñerse o día
para o comezo do curso escolar, sen contar que as catro destrezas avaliadas, non se teñen en conta
con tanto rigor na ESO.
A valoración pódese dicir que é moi positiva xa que de entre os 13 alumnos que remataron o curso,
superan todos os que se presentaron, as catro competencias esixidas coas notas seguintes:
Apelido Nome C.O C.E P.E. P.O Nota
Media
Barrio López Marcos 25 24,5 18 21 88,5/100
Castro Sarmiento Raquel 19 21 19 20 79/100
Dios Carballo Lucía 23 23,5 22 23 91,5/100
Departamento de Français Cours 18-19 Actualización do 26 de Xuño de 2019 Páxina 12 de 13
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Esperón Castro Lucía 16 22 14,5 6 58,5/100
Fernández Area Antía 21 23 19 11 74/100
González Fontán Lucía 23 25 20 23 91/100
González Rey Mara 19 22 20 20 81/100
González Rey Naira 20 24,5 22 18 84,5/100
Morgade Lorenzo Irene N.P N.P N.P N.P N.P
QuintánsDomínguez Paula 18 19 18 17 72/100
Rodríguez Taboada María 25 25 23 24 97/100
Seoane García Zoe 24 24 21 24 93/100
Villaverde Padín Marta 25 23,5 23 25 96,5/100
Nomenclatura: C.O: Comprensión Oral; C.E: Comprensión Escrita; P.E: Produción Escrita; P.O: Produción
Oral.
Podemos afirmar que os resultados acadados foron moi bos, aínda que se poden mellorar; a alumna
que leva a nota máis baixa, tamén foi a que máis veces tivo que saír media hora antes por mor ao
adestramento deportivo que realiza, pero tamén foi a que menos estudou ou a que menos atención
prestou durante as clases.
Con respecto as notas na aula de referencia, podemos dicir que melloraron no seu rendemento
académico. O feito de ter unha comprensión oral en tódalas clases, de redaccións e de produción oral,
axudoulles no rendemento en xeral.
Tamén hai que sinalar que de estes 14 alumnos, presentáronse 11 ó DELF SCOLAIRE A2, da Alianza
Francesa, e que todos eles superaron as probas con unhas notas semellantes ou incluso algúns casos
superiores ás do A1.
CUALE B1
En canto o grupo de alumnos do B1 que ofertou este centro por primeira vez este curso escolar,
podemos dicir que dende un principio non tivo moito éxito; de 23 alumnos que se matricularon tanto de
4º ESO como iniciación ó B1, como de 1º de Bacharelato así como unha alumna de 2º de Bacharelato,
non houbo unha asistencia unánime en todo o curso.
Departamento de Français Cours 18-19 Actualización do 26 de Xuño de 2019 Páxina 13 de 13
IES A Xunqueira II
Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6
E-36005 Pontevedra
886.15.90.90
ies.xunqueira.2@edu.xunta.gal
886.15.90.98
www.iesaxunqueira2.com
Por mor aos deportes, os adestramentos, a outras actividades extraescolares e mesmo, e sobre todo,
pola dificultade que os propios estudos dentro do centro lle supoñían, o alumnado dende xaneiro foi
abandonando pouco a pouco á asistencia o CUALE, ata que rematamos o curso con 4 alumnos.
Este alumnado que rematou o curso curiosamente son alumnos de 4º ESO e que o curso pasado
obtiveron o A1, certificado polo centro e así como o A2, certificado pola Alianza Francesa.
Destes catro alumnos, presentáronse 3 ó B1, só conseguiu o título do B1 una alumna de 4º de ESO.
Con esta memoria non xuntamos copia das probas realizadas, por orde da Dirección do instituto visto a
gran cantidade de folios, agora ben, as probas quedan no Departamento de francés á disposición da
Consellería para a súa consulta.