Post on 23-Mar-2016
description
1
Seminario Permanente Webs Dinámicas para o IES Chapela. IES Chapela. Av. De Redondela s/n. 36320 Chapela. 986453330. Curso 2007/08
MANUAL DRUPAL PARA PROFESORADO
Proxecto Webs Dinámicas da Consellería de Educación
Drupal é un sistema de xestión de contidos co que manter un espazo web dinámico. Permite o traballo colaborativo de distintos roles de usuarios para que creen, xestionen, publiquen e actualicen contidos.
Crear contidos é tan sinxelo como encher formularios q ue o usuario pode publicar en menús seleccionando as opción de saída.
Drupal é un sistema que en función do usuario autenticado determina o que pode ou non pode facerse na páxina
Nome de usuario: profe1
Contrasinal: ……..
Unha vez iniciada a sesión observamos como varía a páxina. O que se ve en ambos casos é o menú Navegación, na primeira imaxe do usuario admin (pode administrar a páxina), na segunda o menú Navegación para o usuario profe1 (sen permisos de administración).
Tódolos usuarios (os xa existentes e os novos aos que dé de alta o centro), van asignados a ROLES que os que determinan O QUE OS USUARIOS PODEN FACER OU NON NA PÁXINA.
2
Seminario Permanente Webs Dinámicas para o IES Chapela. IES Chapela. Av. De Redondela s/n. 36320 Chapela. 986453330. Curso 2007/08
Os roles existentes son: Administrador, Alumnado, País e Profe (tamén podemos engadir o usuario anónimo, os que non teñen contrasinal).
Así como temos creados uns roles, temos tamén UNS USUARIOS ASIGNADOS A ESES ROLES.
O profesorado que desexe participar no Proxecto para publicar contidos educativos ou imaxes debe comunicar ao Coordinador do Seminario Permanente ANTES DO ......... os seguintes datos:
1. ‐Nome e apelidos. Departamento/Seminario
2. ‐Correo electrónico corporativo
3. ‐Nome de usuario e contrasinal inicial (logo poderana modificar, premendo no apartado A miña conta do menú Navegación)
4. ‐O rol ao que estará asignado denomínase "profe".
Introducindo contidos na páxina
Para crear contido, debemos ir ao noso menú de Navegación e premer en Crear contido. Dependendo do noso rol podemos ter máis ou menos posibilidades de creación de tipos de contidos. O más normal é escoller o contido tipo páxina. Na imaxe recóllense tódolos tipos de contidos disponibles para o rol de profe
Tendo seleccionado o tipo de contido páxina aparece unha xanela que contén o formulario onde temos que escribir:
‐ O Título do contido
3
Seminario Permanente Webs Dinámicas para o IES Chapela. IES Chapela. Av. De Redondela s/n. 36320 Chapela. 986453330. Curso 2007/08
‐ Seleccionar o menú (tamén chamado en Drupal categoría), no que vai a estar publicado. ‐ Mediante o editor de texto, escribir o que queiramos.
Na imaxe seguinte tedes a vista “normal” da caixa de texto (o nome técnico en Drupal é módulo TinyMCE coa opción de inxerir imaxes co módulo IMCE).
Existe outra vista, unha vez que seleccionamos disable rich‐text, que permite subir imaxes co módulo Image Assist. Deixemos esta vista para outra ocasión, xa que precisa ter nocións de linguaxe html.
4
Seminario Permanente Webs Dinámicas para o IES Chapela. IES Chapela. Av. De Redondela s/n. 36320 Chapela. 986453330. Curso 2007/08
Nas opcións de comentarios podemos permitir que os usuarios fagan comentarios aos nosos escritos. Os comentarios poden ser con ou sen aprobación, segundo sexan os permisos do rol. É un tema algo máis complicado; excede este titorial de “primeiros pasos en Drupal”: deixámolo para outra ocasión e seleccionamos “Desactivado”. Pero que conste que a administración de comentarios é unha ferramenta moi útil e pedagóxica, ademais de que fomenta o traballo colaborativo e o intercambio de experiencias.
Como inserir adxuntos nos documentos
Podemos achegar ficheiros (pdf, doc,…) ao noso contido. Teremos que telo creado e dirixirnos á opción de Ficheiros adxuntos. Temos logo que seleccionar o arquivo que queremos que apareza no noso envío (Examinar) e unha vez seleccionado darller a Adxuntar.
Observamos o proceso “Uploading file”
Unha vez feito isto teremos unha pantalla similar á seguinte:
Onde vemos (no exemplo enmarcado en laranxa) a ruta do arquivo ou dirección do enlace. Esta ruta A PODEMOS ENLAZAR A UNHA PALABRA OU FRASE DO NOSO TEXTO, utilizando a ferramenta Inserir enlace.
Polo tanto, imos ao texto que estamos escribindo e procedemos segundo vese na imaxe:
5
Seminario Permanente Webs Dinámicas para o IES Chapela. IES Chapela. Av. De Redondela s/n. 36320 Chapela. 986453330. Curso 2007/08
Aparece entón unha pantalla como a que segue na que poñemos a dirección anteriormente copiada do arquivo subido. Podemo elixir na opción Destino se queremos que o arquivo se abra en páxina aparte o una mesma páxina. Para rematar lle damos ao botón Inserir
1.‐Seleccionamos a dirección do arquivo. Premo co botón dereito e selecciono “Copiar”.
2.‐ Seleccionamos a palabra ou frase do texto
3.‐Premo co botón dereito do rato enriba da frase ou palabra seleccionada e aparece a seguinte pantalla:
6
Seminario Permanente Webs Dinámicas para o IES Chapela. IES Chapela. Av. De Redondela s/n. 36320 Chapela. 986453330. Curso 2007/08
4.‐ Poñemos a dirección anteriormente copiada do arquivo subido (Ctrl+V)
O enlace soamente estará operativo unha vez lle demos ao botón Enviar, é dicir, non é activo a na vista previa.
Como inserir imaxes co módulo IMCE
Imos a explicar unha das formas que temos de subir imaxes á páxina e ilustrar os nosos textos. A forma máis sinxela é mediante o múdulo IMCE que no editor de texto aparece representado por medio da icona da árbore.
Temos entonces unha xanela para premer na icona que se destaca na imaxen seguinte para elixir unha imaxe que teñamos no noso equipo.
7
Seminario Permanente Webs Dinámicas para o IES Chapela. IES Chapela. Av. De Redondela s/n. 36320 Chapela. 986453330. Curso 2007/08
Na seguinte xanela que teremos podemos ou ben elixir unha imaxe xa subida ou ben subir unha nova. Isto último require que seleccionemos a imaxe no noso equipo (Examinar) e a subamos Upload file. Feito isto teremos a imaxe subida no noso espazo Drupal. Teremos que darle a add para inserila no noso documento.
Xa coa dirección da imaxe posta podemos, premendo na pestana Aspecto, defini‐las propiedades da imaxe. Esta operación pódese facer en calquera momento situándonos sobre a imaxe e co botón dereito do rato elixir Propiedades da imaxe.
8
Seminario Permanente Webs Dinámicas para o IES Chapela. IES Chapela. Av. De Redondela s/n. 36320 Chapela. 986453330. Curso 2007/08
9
Seminario Permanente Webs Dinámicas para o IES Chapela. IES Chapela. Av. De Redondela s/n. 36320 Chapela. 986453330. Curso 2007/08
Como editar os nosos artigos
Se queremos editar o noso artigo para realizar cambios procedemos como segue:
1. ‐En primeiro lugar autenticámonos no sistema
2. ‐Buscamos noso post, o que queremos modificar.
3. ‐Pulsamos na barra de título
Na ventá que aparece podemos observar a pestana de Editar
Pulsamos nesta pestana e aparece a ventá de edición, a mesma que completamos cando creamos o contido. Realizamos os cambios pertinentes e finalmente pulsamos en Enviar.