Post on 31-Dec-2021
LECTURA DE IMAXES -o comic.doc curso 2001/02 Educación Plástica e Visual 1
O CÓMIC
1. A VIÑETA. É a unidade que define a linguaxe do cómic. Nelainterveñen: a imaxe, os signos gráfico-plásticos e otexto. Nas linguaxes secuenciadas máis antigas, comoos aleluias, todas as viñetas tiñan a mesma forma emedida. pero actualmente poden ser de distintasformas, o seu tamaño condiciona o espacio querepresenta e o tempo que se prec¡sa para lela
2. MONTAXE. As viñetas teñen que ordenarse e distribuírse nasuperficie dispoñible para a comunicación damensaxe. O obxectivo principal da montaxe éencadear a secuencia. A extensión da montaxe pode ser:
2.1. A tira. É a montaxe máis elemental,está constituida por dúas oumáis viñetas seguidas, endirección horizontal ouvertical.
2.2. A páxina. 2.3. O libro. Cando se compón unha páxina ou un librodebemos ter en conta que na cultura occidental,a orde de lectura é de esquerda a dereita e dearriba a abaixo. O lector debe identificar oitinerario de lectura das viñetas.
LECTURA DE IMAXES -o comic.doc curso 2001/02 Educación Plástica e Visual 2
SIGNOS PROPIOS DO CÓMIC Na linguaxe do cómic están establecidos uns signos convencionais que todo o mundo coñece e interpreta do mesmo xeito. Deles destacamos: 1. Os códigos xestuais.
Os debuxantes intensifican ó máximo a expresividade e xestualidade do corpo e a cara para indicar os sentimentos e os estados de ánimo dos personaxes.
2. Liñas cinéticas. Representan a estela do movemento dos personaxes e obxectos cando se desprazan. Non teñen ningunha semellanza icónica coa realidade, pero resultan moi efectivas para suxerir a acción.
3. Elementos fonéticos. que á súa su vez clasifícanse en :
1. Bocadillos: Son propios do cómic e a fotonovela. Úsanse para integrar os diálogos ou pensamentos na viñeta. A forma do bocadillo e da súa cola reforzan o significado das palabras ou das condicións na que se din.
2. Onomatopeas. Son as representacións dos ruídos con signos esaxerados da escritura
fonética.
LECTURA DE IMAXES -o comic.doc curso 2001/02 Educación Plástica e Visual 3
4. Función emocional do marco da viñeta. A forma e o tratamento dos marcos suscitan emocións ou reaccións no lector ante a historia, involucrandoo emocionalmente na narración.
5. A Grafía dos textos denota matices de entoación. O tipo de grafía revela matices emocionais, de entonación, asi como de volume na dicción
LECTURA DE IMAXES -o comic.doc curso 2001/02 Educación Plástica e Visual 4
Aquí tes unha demostración do efecto dunha serie de xestos (acenos) coñecidos que dansignificado a unha serie paralela de enunciados. Trátase de servirse das expresións faciais ámaneira dun vocabulario.