Post on 25-May-2020
INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO
Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos.
Curso Académico: Curso 2015-2016
2 de 12
■ Datos da universidade e do título obxecto do seguimento ■ Cumprimento do proxecto establecido ■ Plan de Melloras
■ Abertas curso 2015-2016 ■ Criterios anteriores curso 2014/2015
3 de 12
A) DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO
Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos.
Mencións/Especialidades
Universidade responsable administrativa
Universidade de Santiago de Compostela
En caso de títulos interuniversitarios, universidade/s participante/s
Centro responsable Facultade de Filoloxía
Centro/s onde se imparte Facultade de Filoloxía/Facultade de Xeografía e Historia
Rama de coñecemento Artes e Humanidades
Número de créditos 60 ECTS
Profesión regulada Non
Modalidade de impartición Presencial
Curso de implantación 2009-2010
Data acreditación ex ante (verificación) 06/07/2009
Data renovación acreditación 23/10/2015
Curso académico obxecto de seguimento
2015-2016
4 de 12
CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO
Criterios Nº Evidencia / Indicador Onde se atopa
1 E3 Análise do perfil real de ingreso/egreso e_pdf
1,6 E4
Guías docentes das materias (competencias, actividades formativas, metodoloxías docentes, sistemas de avaliación, resultados de aprendizaxe)
http://www.usc.es/gl/centr
os/filoloxia/titulacions.ht
ml?plan=13222&estudio=
13223&codEstudio=1281
5&valor=9
1,3 E5
Actas do último curso da Comisión Académica/Comisión de Titulación/Comisión de Garantía de Calidade
actas_pdf
1,7 I1 Evolución do número de estudantes de novo ingreso por curso académico
4311760_P.Ind_2015-2016
5040_INF.03_2015-2016
4311760_INF.16_2015-2016
--
1 I2
Evolución dos indicadores de mobilidade (Número e porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade sobre o total de estudantes matriculados)
4311760_P.Ind_2015-2016
5040_INF.03_2015-2016
2 E6 Páxina web da universidade/centro/título (debe estar incluída como mínimo a información referida no apartado 1B)
http://www.usc.es/
http://www.usc.es/gl/centr
os/filoloxia
http://www.usc.es/gl/centr
os/filoloxia/titulacions.ht
ml?plan=13222&estudio=
13223&codEstudio=1281
5&valor=9
3 E7 Documentación do SGC (política e obxectivos de calidade, manual e procedementos)
http://www.usc.es/gl/centr
os/filoloxia
3 E8 Evidencias da implantación dos procedementos do SGC
http://www.usc.es/gl/centr
os/filoloxia
3 E9 Plans de mellora derivados da implantación do SGC
http://www.usc.es/gl/centr
os/filoloxia
3,7 E10 Análise das enquisas de satisfacción (%participación, resultados, evolución,…)
e_pdf
3,7 I3 Resultados das enquisas de satisfacción de todos os grupos de interese do título
4311760_P.Ind_2015-2016
4311760_INF.04_2015-2016
5040_INF.05_2015-2016
5 de 12
4311760_INF.06_2015-2016
4311760_INF.07_2015-2016
4311760_INF.08_2015-2016
4311760_INF.09_2015-2016
5040_INF.10_2015-2016
5040_INF.11_2015-2016
4311760_INF.13_2015-2016
4311760_INF.14_2015-2016
5040_INF.21_2015-2016
3,7 I4 Resultados dos indicadores que integran o SGC
4311760_P.Ind_2015-2016
4 E11
Plan de Ordenación Docente: información sobre o profesorado (número, experiencia docente e investigadora, categoría, materias que imparte, área, etc)
4311760_E11_2015-2016
4 E12 Información sobre o persoal de apoio por Centro (número e cargo/posto desempeñado)
5040_E12_2015-2016
4 E13 Análise das enquisas de avaliación da docencia (% participación, resultados, evolución, … )
e_pdf
4 I5
Porcentaxe de participación do profesorado do título en plans de formación da universidade e en actividades formativas específicas
5040_I5_I6_2015-2016
4 I6
Porcentaxe de participación do PAS do centro en plans de formación da universidade e en actividades formativas específicas
5040_I5_I6_2015-2016
4 I7 Resultados das enquisas de avaliación da docencia (%participación, resultados, evolución,… )
4311760_INF.13_2015-2016
4311760_INF.14_2015-2016
4 I8 Porcentaxe de profesorado do título avaliado polo programa DOCENTIA ou similares
--
4 I9
Evolución dos indicadores de mobilidade (número e porcentaxe de profesores que participan en programas de mobilidade sobre o total de profesorado do título)
5040_I9_2015-2016
5 E14 Información sobre os recursos materiais directamente relacionados co título
http://www.usc.es/gl/centr
os/filoloxia
5 E15 Información sobre servizos de orientación académica e programas de
http://www.usc.es/gl/centr
os/filoloxia
6 de 12
acollida
5 E16 Listaxe dos centros/entidades para a realización de prácticas externas curriculares ou extracurriculares
5 I10 Distribución alumnado por centros de prácticas
6 E17 Listaxe de traballos fin de grao/máster do último curso académico (título, titor e cualificación)
e17_pdf
6 E18 Informes das cualificacións de cada unha das materias do título
4311760_INF.15_2015-2016
7 E19 Análise dos resultados do título (incluídos indicadores inserción laboral e SIIU)
e_pdf
6,7 I11
Indicadores de resultados: - Taxa de graduación - Taxa de abandono - Taxa de eficiencia - Taxa de rendemento - Taxa de éxito - Taxa de avaliación
4311760_P.Ind_2015-2016
4311760_INF.17_2015-2016
4311760_INF.18_2015-2016
4311760_INF.19_2015-2016
7 I12 Relación da oferta/demanda das prazas de novo ingreso
4311760_P.Ind_2015-2016
--
7 I13 Resultados de inserción laboral 4311760_EIL-SIIU_2015-2016
7 de 12
ACCIÓNS DE MELLORA
Código AM-1
Orixe Informe de Seguimento
Ámbito de
aplicación Organización e Desenvolvemento
Análise causa O Máster gañaría atractivo para o alumnado si se ofertaran
prácticas.
Definición/
descrición proposta
Implantación dun programa de prácticas dirixido a entrar en
contacto co mundo profesional fóra da universidade, tanto a nivel
institucional como empresarial.
Datas Inicio: xaneiro do 2016 / Finalización: setembro de 2017
Estado/Eficacia Estado: Activa
Responsables Israel Sanmartín Barros
Tarefa1 AM-1.1
Descrición tarefa
A tarefa inicial sería entrar en contacto coas institucións e
empresas que estarían dispostas a recibir ao alumnado en
prácticas e firmar convenios.
Data prevista de
finalización Setembro de 2017
Responsable Coordinador do Máster (Israel Sanmartín Barros)
Estado En execución
Tarefa2 AM-1.2
Descrición tarefa Oferta de prácticas para o curso 2017-18
Data prevista de
finalización Setembro de 2017
Responsable Coordinador do Máster (Israel Sanmartín Barros)
Estado En execución
8 de 12
Código AM-2
Orixe Informe de Seguimento
Ámbito de
aplicación
Acción de mellora correspondente ao Criterio 2. Información e
transparencia
Análise causa Se detecta unha falta de visibilidade na difusión informativa do
Máster de Estudos Medievais
Definición/
descrición proposta Mellora de publicidade e difusión do Máster
Datas Inicio: xaneiro 2017 / Finalización: setembro 2017
Estado/Eficacia En execución
Responsables Coordinador do Máster (Israel Sanmartín Barros)
Tarefa1 AM-2.1
Descrición tarefa
Se deseñará un “Roll up” para a publicidade do Máster nas
Facultades de Filoloxía (Hall) e Xeografía e Historia (Claustro).
Data prevista de
finalización Setembro 2017
Responsable Israel Sanmartín Barros
Estado En execución
Tarefa2 AM-2.2
Descrición tarefa
Difusión do Máster a partir de carteis e folletos, que serán
distribuidos nas facultades de humanidades da USC (tanto en
xunio/xullo como en setembro).
Data prevista de
finalización Setembro 2017
9 de 12
Responsable Israel Sanmartín Barros
Estado En execución
Tarefa3 AM-2.3
Descrición tarefa
Actualización e melloras da información da páxina web do
Máster (http://www.usc.es/filrom/teaching/master/) e difusión da
mesma por diferentes listas de distribución en redes sociales.
Data prevista de
finalización Setembro 2017
Responsable Israel Sanmartín Barros
Estado En execución
ACCIÓNS DE MELLORA
Código AM-3
Orixe Informe de Seguimento
Ámbito de
aplicación Criterio 3. Sistema de garantía de calidade
Análise causa Pouca participación nas enquisas de avaliación
Definición/
descrición proposta
Fomento da participación das enquisas tanto por parte dos
docentes como do alumnado. O obxectivo é ter uns resultados
de avaliación con máis datos.
Datas Inicio: xaneiro 2017 / Finalización: xullo 2017
Estado/Eficacia En execución
Responsables Coordinador do Máster (Israel Sanmartín Barros)
Tarefa1 AM-3.1
Descrición tarefa Mellorar a participación do alumnado a través de mandarles recordatorios por correo electrónico
10 de 12
Data prevista de
finalización Xullo 2017
Responsable Israel Sanmartín Barros
Estado En execución
Tarefa2 AM-3.2
Descrición tarefa
Mellorar a participación do profesorado a través de recordatorios por correo electrónico.
Data prevista de
finalización Xullo 2017
Responsable Israel Sanmartín Barros
Estado En execución
Criterios curso 2014/2015
ACCIÓNS DE MELLORA
Código AM-1 (2014-15)
Orixe Informe de Seguimento
Ámbito de
aplicación
Acción de mellora correspondente ao CRITERIO 7 Indicadores
de satisfacción e rendimento do informe de seguimento do curso
2014/15
Análise causa
Tendo en conta a importancia dos valores de inserción laboral
dos egresados do título e o feito de que sexan adecuados ao seu
contexto socio-económico e profesional, faise necesario mellorar
a información do estudantado en relación coas diferentes
posibilidades laborais ou de continuación no campo da
investigación que poden ter no futuro
11 de 12
Definición/
descrición proposta
Organización de xornadas informativas sobre inserción laboral e
futuro investigador coa colaboración de institucións, empresas e
profesionais de distintos ámbitos.
Datas Inicio: xaneiro 2016 / Finalización: Xullo de 2016.
Estado/Eficacia
Celebráronse tres xornadas, tal e como se recolle no
Autoinforme (i) Actividade de orientación laboral realizada o 11
de marzo de 2016; (ii) Xornada informativa do programa
Eurodesk o día 30 de marzo de 2016; (iii) Mesa redonda sobre
saídas profesionais realizada o 10 de maio de 2016
Responsables José Miguel Andrade Cernadas, Coordinador do Mestrado
Tarefa1
Descrición tarefa
Data prevista de
finalización
Responsable
Estado
ACCIÓNS DE MELLORA
Código AM-2 (2014-15)
Orixe Informe de Seguimento
Ámbito de
aplicación
Acción de mellora correspondente ao CRITERIO 7 Indicadores
de satisfacción e rendimento do informe de seguimento do curso
2014/15.
Análise causa
Baixada nos indicadores de satisfacción coa docencia recibida
dos estudantes do Mestrado. O indicador segue a ser bo, pero
convén traballar para corrixir este descenso
12 de 12
Definición/
descrición proposta
Intensificar o contacto co estudantado e tratar de limar os
defectos de coordinación que, puntualmente, poden estar detrás
desta baixada nos indicadores de satisfacción
Datas Inicio: xaneiro 2016 / Finalización: Xullo de 2016.
Estado/Eficacia
Celebráronse tres xornadas, tal e como se recolle no
Autoinforme (i) Actividade de orientación laboral realizada o 11
de marzo de 2016; (ii) Xornada informativa do programa
Eurodesk o día 30 de marzo de 2016; (iii) Mesa redonda sobre
saídas profesionais realizada o 10 de maio de 2016
Responsables José Miguel Andrade Cernadas, Coordinador do Mestrado
Tarefa1
Descrición tarefa
Data prevista de
finalización
Responsable
Estado
1
Informe anual de seguimento curso 2015-2016
Máster en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos.
O Máster en Estudos Medievais Europeos. Imaxes, Textos e Contextos é unha oferta única no
Sistema Universitario Galego e ten como finalidade presentar unha visión pluridisciplinar da Idade
Media europea a través das súas manifestacións estéticas, literarias, históricas e sociais. A cidade de
Santiago, meta do coñecido Camiño e lugar declarado pola UNESCO “Patrimonio da Humanidade”,
conta cunhas condicións inmellorables para ofertar este Máster de investigación pluridisciplinar no
ámbito dos estudos medievais, que se caracteriza por unha completa organización curricular que
interrelaciona Filoloxía, Historia da Arte e Historia dun xeito comparado, transversal e propiciador
dun espazo común de actuación.
O proxecto xurdiu dun programa de Terceiro Ciclo que, desde a súa implantación no curso
2005-2006, acadara a Mención de Calidade do MEC (MCD 2005-00241, BOE 14 xullo de 2005) e a
mantivera ininterrompidamente tras superar unha auditoría (BOE, 30 de agosto de 2006) e dous
seguimentos (2007 e 2008). Reconvertido en Máster oficial adaptado ás normativas emanadas do RD
1393/2007, o título foi verificado pola Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación
(ID Verifica 1485/2009 – ID MEC 4311760) e conta co informe favorable de renovación da
acreditación da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) (03/06/2015).
Un bo indicador da xustificación do título está non só na cantidade de alumnos matriculados,
senón tamén na diversidade das titulacións de procedencia dos alumnos matriculados cada curso, na
elevada nota media de entrada que posúen todos eles e, por suposto, no ingreso cada curso no Máster
de estudantes procedentes de Universidades distintas da USC, tanto españolas como estranxeiras
(temos unha acción de mellora para reforzar estas cuestións, a Acción de Mellora 2 e 3).
Tamén queremos facer constar que a petición do Ministerio cambiamos o código ISCED
(International Standard Classification of Education) do Máster conforme á nova clasificación
(ISCED)-2013. Agora o Máster ten o código “0229 humanidades”.
Análises e reflexións
Criterio 1. Organización e desenvolvemento
O Máster consta dun total de 60 ECTS, distribuídos en 2 semestres. No primeiro, o alumno
cursa as 5 materias obrigatorias (30 ECTS), mentres que o segundo está destinado aos 18 ECTS de 3
materias optativas e á elaboración do TFM (12 ECTS). As materias obrigatorias pretenden cubrir
cuestións xerais e básicas relativas a metodoloxía, historia, arte, lingua e literatura en latín ou en
linguas vernáculas no Medievo. Nas 7 materias optativas que se ofertan búscase atender, con enfoques
interdisciplinares e transversais, aspectos fundamentais na Idade Media: escritura, relixiosidade,
feudalismo, herdanza clásica, mitos, viaxes e peregrinacións, ou territorio e poder. Todas as materias
optativas teñen unha boa acollida entre os estudantes e a súa escolla está ás veces máis condicionada
polo calendario de impartición que polo interese que espertan.
A aplicación das distintas normativas (de permanencia, sistemas de transferencia e
recoñecemento de créditos, así como outras relacionadas coa avaliación ou cos Traballos Fin de
Máster) desenvólvese segundo o establecido nelas, tendo en conta as competencias previamente
2
adquiridas polo estudante e as competencias a adquirir no título. Tanto as normas xerais da USC
(http://www.usc.es/gl/normativa/estudantes/index.html), como as particulares da Facultade de
Filoloxía (http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/guiacentros/normativa.html), á que está adscrito o
Máster, son aplicadas de forma axeitada dende a implantación do título e teñen un impacto positivo
nos resultados do mesmo. A normativa de TFM da USC (que se complementa coa específica do título:
http://www.usc.es/filrom/teaching/master/traballo-de-fin-de-master/) foi recentemente modificada e
substituída por un novo regulamento, aprobado polo Consello de Goberno o pasado 10 de marzo de
2016 (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/normativa/xestionacademica/Pto_15.-
Regulamento_de_matrxculax_elaboracixn_e_defensa_TFG_e_TFMok.pdf).
Dado que unha das tarefas fundamentais do Máster é que a adquisición de competencias xerais
e específicas recollidas na Memoria de verificación se faga tendo moi en conta o carácter
multidisciplinar e interdisciplinar do título, a Comisión Académica -coa colaboración dos
coordinadores de cada materia- vela especialmente para que na organización dos contidos e na
planificación do sistema de avaliación das distintas materias se recollan aspectos transversais de
maneira homoxénea que respondan ás competencias previstas, e tamén para que cada materia
contribúa á adquisición desas competencias, esixindo ao alumnado un esforzo equilibrado de acordo
coa carga equivalente aos 6 créditos de todas as materias. Nese senso, no caso das materias que
contemplan como parte da avaliación a realización dun traballo monográfico estableceuse a
recomendación explícita de realización dun único traballo por materia e establecéronse uns criterios
xerais básicos comúns para a súa elaboración.
As guías docentes coa descrición detallada de todos os aspectos (obxectivos-competencias,
contidos, bibliografía, metodoloxía docente, sistema de avaliación, desenvolvemento de actividades)
son publicadas con tempo suficiente a finais do curso anterior, para que o alumno poida ter toda a
información con antelación ao momento da matrícula. Nesas guías trata de recollerse a
homoxeneidade, o equilibrio e o carácter interdisciplinar resultado da necesaria coordinación.
Seguindo estas pautas, nos Traballos Fin de Máster búscase tamén que o resultado das investigacións
teñan sempre presente o enfoque interdisciplinar. As indicacións facilitadas aos estudantes sobre a
realización do TFM insisten neses parámetros (http://www.usc.es/filrom/teaching/master/traballo-de-
fin-de-master/).
Noutro sentido, cómpre subliñar que, a pesar de que as prácticas externas non forman parte do
programa formativo obrigatorio do Máster, en diferentes materias realízanse actividades prácticas
externas en visitas a arquivos, bibliotecas, museos ou monumentos. Esas actividades resultan
altamente satisfactorias para os estudantes e contribúen a unha mellor adquisición de varias das
competencias definidas para o Máster. Neste eido, temos que engadir que propoñemos para o curso
2017/2018 a incorporación dun programa de prácticas (ver Acción de Mellora 1)
E3 Análise do perfil real de ingreso/egreso
___________________________________________________________________________
Segundo se recolle na Memoria do título, este Máster está primordialmente orientado a
estudantes que procedan das titulacións de Historia, Historia da Arte e Filoloxía. De todos os
xeitos, tanto a súa estrutura curricular como o feito de que sexa unha oferta única no SUG
pode permitir que nel se matriculen graduados doutras titulacións do campo das Humanidades
3
ou das Ciencias Sociais que desexen completar a súa formación investigadora no ámbito dos
estudos medievais, sempre que esas titulacións estean organizadas nun sistema que acredite
ter cursado un mínimo de 240 créditos ou que o alumno os adquira mediante estudos
complementarios no ámbito das Humanidades ou das Ciencias Sociais. A Comisión
Académica do Máster estudou tamén a posibilidade de ampliar a admisión de estudantes aos
procedentes de calquera das ramas do saber, pero a proposta quedou adiada pois suporía
probablemente a necesidade dunha nova verificación do título.
O perfil de ingreso recomendado vese confirmado polo ingreso real. A maioría do
alumnado procede das titulacións definidas como primordiais (Filoloxía, Historia da Arte e
Historia), pero tamén se matriculan algúns alumnos procedentes doutras titulacións de
Humanidades ou de Ciencias Sociais: 1 alumno de Xornalismo no curso 2010-2011, 1 alumno
de Socioloxía no 2011-2012, 1 alumno de Musicoloxía no 2013-2014, 1 alumno de Filosofía
no 2014-2015 e unha alumna de Restauración no curso 2015-2016. En concreto, para o curso
2015-2016, as áreas de procedencia dos estudantes matriculados son: Estudos Clásicos,
Historia, Historia da Arte, Filoloxía e Restauración
No curso 2015-2016 foron cubertas 23 prazas dun total de 28 ofertadas. Este dato sitúa
o Máster por riba do número esixido pola Administración galega (Decreto 222/2011) e supón
unha continuidade co acontecido nos últimos cursos (26 alumnos/as en 2013-2014 e 34 no
ano 2014-2015). Cómpre destacar a porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre os
matriculados, que chega ata a cifra de 4,35% (fronte a 3,85% no curso 2013-2014 e 5,88% no
2014-2015); en concreto, dos 23 alumnos matriculados no curso 2015-16, 1 procede do
Brasil, 2 de Asturias, 1 das Illas Baleares, 1 de Madrid, 1 do País Vasco e os 17 restantes
repártense entre as catro provincias galegas. O 69,57% son egresados da USC, mentres que o
alumnado de fóra de Galicia alcanza o 21,74%, que representa a porcentaxe mais elevada
dende a implantación do Máster.
2010-11 2011-12 2012-13 2013-14 2014-15 2015-16
Total (%) 7,69 8,70 14,29 15,38 11,76 21,74
4
A nota media de corte de entrada do alumnado no curso 2015-2016 foi de 7,41.
Concretamente, a porcentaxe de estudantes de inicio de estudos que accederon á titulación
con puntuación igual ou superior a seis foi de 84,62%, o que demostra que estamos ante un
perfil de alumnado esforzado e interesado.
O grao de interese e de adquisición das competencias é altamente satisfactorio, como
se comproba nos resultados das cualificacións das distintas materias das enquisas de
satisfacción realizadas a alumnos e profesores. No tocante ás cualificacións, a taxa de éxito na
convocatoria ordinaria do curso 2015/2016 foi do 100% (superando o 98,45% do curso
anterior). Os TFM defendidos foron 11 (un lixeiro descenso con respecto aos números do ano
pasado). Un acadou “Matrícula de Honra” (10,00); seis recibiron “Sobresaliente” (2 con
10,00, 2 con 9,50, e 2 con 9,00); e catro acadaron “Notable” (2 con 8,50, 1 con 8 e 1 con 7,5).
Aínda que non temos datos comparativos con outros cursos da satisfacción dos
egresados, estes primeiros indicadores mostran un bo grao de satisfacción xeral (3,60/5 fronte
ao ano pasado 3,35/5) e o feito de que a maior parte dos alumnos que rematan o Máster entren
no Programa de Doutoramento en Estudos Medievais (máis ocasionalmente, noutros
programas) indica que se van acadando os obxectivos esenciais do Máster. De feito, neste
momento os estudantes matriculados no PD en Estudos Medievais son 57, e a maioría deles
proveñen deste Máster (ou do extinto programa de Terceiro Ciclo que deu lugar a el).
Neste sentido, propoñemos dúas Accións de mellora (AM-2 e AM) relativas a
mellorala información pública do Máster.
5
Criterio 3. Sistema de Garantía de Calidade
O Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) da Facultade de Filoloxía conta cos
procedementos necesarios para a mellora continua dos seus títulos. O SGIC da Facultade de Filoloxía
foi aprobado na segunda convocatoria da ACSUG (26/04/2010). O SGIC da Facultade de Filoloxía
recolle unha estrutura organizativa que axuda a xestionar de maneira eficaz toda a complexidade de
titulacións que ofrece (un total de 11). A principal novidade que introduce son as comisións de cada un
dos títulos, agrupadas nun nivel xerárquico superior polas Comisións de Títulos de Grao/Máster, que,
a súa vez, se integran na Comisión de Calidade do Centro, na que están representadas todas as
titulacións. Estas comisións están compostas por profesorado e estudantado implicado na
docencia/discencia do título, de xeito que poden levar a cabo un seguimento máis próximo e
particularizado do desenvolvemento e mellora do grao/máster en cuestión; ademais, a presenza da
Decana como presidenta de cada unha destas comisións favorece que o fluxo de información recibida
das instancias superiores sexa coherente e homoxénea. A composición de todas as comisións
mencionadas é accesible a través da web:
http://www.usc.gal/gl/centros/filoloxia/guiacentros/calidade.html.
No caso concreto do Máster en Estudos Medievais: Imaxes, Textos, Contextos, o seu
Regulamento de réxime interno, aprobado polo Consello de Goberno da USC o 07/11/2011
(http://www.usc.es/filrom/wp-content/uploads/2014/10/rexInt.pdf) recolle tanto o funcionamento e
competencias da Comisión Académica como a súa composición, que garante a presenza dos Decanos
das dúas Facultades implicadas na súa impartición, así como de docentes das distintas áreas
encargadas da docencia e de representantes do estudantado
(http://www.usc.es/filrom/teaching/master/comision-academica-do-master/). Nalgunha ocasión
planteouse a conveniencia de crear, para este Máster, unha Comisión de Calidade intercentros, pero
non se considerou necesario, nin sequera oportuno (suporía complicar a estrutura de xestión do título),
porque a presenza obrigada dos dous decanos e de profesorado dos dous Centros na Comisión
Académica (na que se procura tamén que os representantes do alumnado sexan cada un dun Centro)
permite xestionar perfectamente o control de calidade e traslada os resultados á Comisión de Calidade
da Facultade de Filoloxía, como centro responsable do Máster.
A recollida de información realízase, de forma continua, principalmente a través da Área de
Calidade e Mellora dos Procedementos (ACMP) da USC, que facilita anualmente informes de
resultados recollidos no SGIC, para o seu tratamento por todas as comisións implicadas no
desenvolvemento e mellora das titulacións do Centro. Estes indicadores e informes inclúen os
resultados do título, o grao de satisfacción dos grupos de interese, os procedementos e resultados da
avaliación da calidade do ensino e o profesorado, así como os informes de queixas e suxestións. Desde
as propias Facultades implicadas neste Máster compleméntase a información recibida desde a ACMP,
especialmente no que atinxe á satisfacción dos grupos de interese, con algúns aspectos dos títulos que
se consideran de especial relevancia, se ben polo momento os esforzos están máis centrados nas
titulacións de Grao que nas de Máster, que deberán ser obxecto de novas accións nos próximos anos.
No ano 2013 a USC puxo en marcha a implantación nos Centros dunha aplicación
informática, denominada AASX (Aplicación de Axuda aos Sistemas de Xestión), que ten como
6
finalidade xestionar de forma máis eficaz os sistemas de calidade. A través da AASX, a ACMP
proporciona anualmente datos de indicadores para que as comisións de cada un dos títulos de grao e
máster leven a cabo as súas reflexións a partir dos datos fornecidos, fagan o seguimento do título e
propoñan as melloras pertinentes. A Facultade de Filoloxía non só utilizou esta aplicación para a
elaboración dos informes de seguimento, senón que, progresivamente, está ampliando o seu uso para a
convocatoria de reunións da Comisión de Calidade do Centro, da Comisión de Títulos de Grao e da
Comisión de Títulos de Máster.
Ao mesmo tempo levouse a cabo unha revisión do sistema marco dos SGIC despois da
experiencia de anos anteriores (o de 2015 está en
http://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/filoloxia/guiacentros/arquivos/CALIDAD
E/SGIC_simplificado_Filoloxia_Febreiro_2015.pdf), cos seguintes obxectivos: a) Revisar os procesos,
actualizalos e simplificalos; b) Facer máis explícita a relación entre o seguimento dos títulos e o
sistema de calidade dos centros; c) Facer máis explícita a relación de evidencias requiridas
especificamente polo SGIC diferenciándoas das derivadas dos procesos de xestión incluídos no
Sistema; d) Reducir o número de indicadores; e) Integrar nun documento simplificado o contido do
manual do SGIC do centro, de forma que sexa doado manexalo, utilizalo e actualizalo. Así, a
Facultade de Filoloxía puxo en marcha no curso 2013-2014 o Manual Simplificado do SGIC, que
permite unha xestión máis áxil e eficaz de todos os procesos de control da calidade (véxase
http://www.usc.gal/gl/centros/filoloxia/outra_informacion/calidade/index.html).
A análise dos resultados do título e a toma de decisións para a mellora lévanse a cabo de modo
sistemático, segundo o que se defende no Manual do SGIC, pola Comisión Académica do Máster, que
anualmente analiza os devanditos resultados e elabora un informe de seguimento e propostas de
accións de mellora. Tanto estes informes de seguimento como os plans de melloras son sometidos á
Comisión Académica do Máster e á Comisión de Calidade do Centro, que os revisa e, no seu caso,
realiza suxestións. Finalmente, son aprobados pola Xunta de Facultade e, a continuación, elevados á
Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG). No seguimento anual analízanse,
ademais do desenvolvemento e os resultados do título, a execución e eficacia das accións de mellora
propostas no exercicio anterior e as eventuais recomendacións derivadas dos procesos de avaliación
externos (verificación, seguimento, (renovación da) acreditación).
Tamén se elaboran anualmente as Memorias de Calidade, que son aprobadas na Xunta de
Facultade. Nelas recóllese o plan de melloras da Facultade, con indicación dos responsables das
diferentes accións e tarefas e do período de execución das mesmas. As memorias son públicas e
accesibles en http://www.usc.es/fac_filoloxia/sgic.html. Os Informes de Seguimento dos distintos
títulos [http://www.usc.gal/gl/centros/filoloxia/guiacentros/calidade.html]; tamén son públicos na
páxina web do Centro, o que permite que todos os grupos de interese poidan acceder a esta
documentación e contribuír á reflexión.
Evidencia E10 (análise das enquisas de satisfacción)
___________________________________________________________________________
Polo que se refire ás enquisas de satisfacción, produciuse unha importante caída na
participación como consecuencia do cambio de enquisas en papel a electrónicas a partir do
curso 2011-2012. O Centro intenta paliar este problema e contribuír a un incremento na
7
participación a través de anuncios coa información sobre o proceso de avaliación en marcha e
as datas en que se poden cubrir as enquisas: na pantalla informativa do hall, con letreiros en
lugares visibles e tamén a través da lista de distribución de correo electrónico do profesorado,
onde se anima a todo o PDI a que lembre nas clases a importancia de participar.
En calquera caso, e aínda que a porcentaxe concreta de participación resulta moi
pouco significativa (3 cuestionarios cubertos no curso 2014-2015, e 4 no 2015-2016), os
resultados do curso 2015-2016 ofrecen unha valoración media da enquisa de satisfacción dos
egresados coa titulación de 3,60/5, que supón unha mellora con respecto ao curso anterior
(3,35/5). Con respecto á satisfacción cos servizos en xeral, a valoración pasou de 2,08/5 no
curso 2014-2015 a 3,36/5 no curso 2015-2016. O grao en que a formación recibida na
titulación cumpriu as expectativas creadas antes de comezala foi puntuado con un 3,75/5 no
ano 2015/2016 (3,33/5 no curso 2014/2015). Así, tamén o grao de satisfacción global co
profesorado da titulación foi de 3,75/5 no ano 2015/2016 (4/5 no ano 2014/2015).
O desglose dos datos mostra como as diferentes enquisas de satisfacción coa titulación
e o Centro están vinculadas, por unha banda, co grao de satisfacción coa formación recibida
na titulación. De tal xeito, para o curso 2015/2016 o alumnado considerou que a súa
formación teórica alcanzou un 4,33/5 (media global 3,11/5) fronte aos cursos 2013/2014 que
tiña un 3,75/5 (media global 3,21/5) e 2014/2015 (ambos indicadores por encima da media
global), mentres que a formación práctica (téñase presente que de momento non se ofertan
prácticas en empresas) foi considerada, para o ano 2015/16, cunha valoración dun 2,67/5
(media global 2,82/5) no ano 2013/2014 e cun 2,50/5 (media global 2,85) no curso
2014/2015. Ademais, no curso 2015/2016 o alumnado valorou a capacidade para a
aprendizaxe autónoma en 4,25 (4,33/5 no ano 14/15) e a capacidade para alcanzar un
pensamento crítico foi valorada cunha nota de 3,50/5 no ano 2015/2016 e cun 4,33/5 no
2014/2015. Nas mesmas enquisas relativas ao título do Máster, a capacidade de transmitir
información, ideas, problemas e solucións dentro do ámbito de estudo foi valorado cun 3,75/5
no ano 2015/2016 (4,0/5 no curso 2014/2015). Dentro do mesmo ámbito formativo, a
capacidade de comunicación oral/escrita alcanza o valor de 4,25/5 no curso 2015-20/16
(4,33/5 no curso 2013/2014). Hai que recalcar que todos estes índices están por riba da media
global, polo que, analizados os datos no seu conxunto, a valoración é favorable; as oscilacións
detectadas de ano en ano dependen de factores tan diversos como o grao de participación, o
nivel e características do alumnado, problemas puntuais e/ou imprevistos na organización
docente, etc. A Comisión Académica procura afrontar calquera incidencia que se presenta e
darlle solución da maneira máis rápida e eficaz posible.
Por outra banda, a información e apoio recibidos nas actividades de acollida e
presentación realizadas polo Centro e a propia titulación mellora dun 3/5 no ano2014/2015 ata
un 4/5 no curso 2015/2016, o que fala moi ben das diferentes melloras acometidas neste
sentido polo Centro. No mesmo eido, a satisfacción coas infraestruturas e os materiais
dispoñibles no Centro pasaron dun 3,33/5 no ano 2014-2015 ata un 3,75/5 no ano 2015-2016.
Tamén a biblioteca foi moi ben considerada polo alumnado; concretamente, pasou dun 4/5 no
ano 2014-2015 a un 4,25/5 no curso 2015-2016. Por último, a información na propia
Facultade ou Título (web propia, presentacións,…) foi valorada cun 3,67/5 no ano 2014-2015
8
e cun 4/5 no curso 2015-2016, o que reflite a satisfacción coas melloras que se levaron a cabo
na Facultade.
A análise evolutiva dos datos amosa a tendencia xeral a un aumento progresivo no
grao de satisfacción do estudantado deste Máster coa titulación, co Centro, cos distintos
servizos e, en xeral, coa información recibida; cómpre, non obstante, destacar que, para os
cursos 2013-2014 e 2014-2015 (non dispoñemos do detalle preciso para o curso 2015-2016) o
grao de satisfacción coa información recibida –polos diversos medios- e os recursos
dispoñibles na titulación e no Centro (3,67 no curso 2013-2014, 4 no 2014-2015) é moi
superior á media global, mentres que o relativo á información e xestión da propia institución
(UXA, OIU...) non só é bastante máis baixa senón que queda por debaixo das respectivas
medias.
Criterio 4. Recursos humanos
Dado o seu carácter multidisciplinar, o Máster conta coa participación dun grande e variado
número de Persoal Docente e Investigador: 38 profesores de 10 áreas de coñecemento distintas no
curso 2015-2016. Trátase dun PDI altamente experimentado e cualificado no campo dos estudos
medievais, avalado polo elevado número de quinquenios e sexenios obtidos, así como de proxectos de
investigación acadados en convocatorias competitivas. Os membros do corpo de Catedráticos de
Universidade son un total de 8 (23,53%); do de Profesores Titulares de Universidade, 18 ( 52,94%);
do Profesorado Contratado Doutor, 5 (14,71%); a maiores, un Profesor Contratado Interino (doutor),
unha contratada posdoutoral da Xunta de Galicia e un Profesor Axudante Doutor.
A porcentaxe de PDI con sexenios sobre o PDI total con docencia no título foi de 93,55, que
corresponde ao dato máis alto dende a implantación do Máster.
2010-2011 2011-2012 2012-2013 2013-2014 2014-2015 2015-2016
Total (%) 84,62 83,78 84,62 85,29 81,82 93,55
9
Por outra banda, a porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total é de100%, e a relación PDI
funcionario sobre o PDI total dun 78,79%. Outros indicadores fan referencia ao número de estudantes
matriculados no título dividido polo número de profesores a tempo completo que imparten a docencia
(0,70); e o número de estudantes matriculados en materias con grupos expositivos dividido entre
número de grupos expositivos das mesmas materias (10,08).
Os datos básicos do profesorado constan nas guías docentes das materias, e os datos máis
completos están dispoñibles nas páxinas web tanto da Facultade de Filoloxía
(http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/profesorado_titulacion.html?plan=13223), como da Facultade
de Xeografía e Historia (http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/index.html), así como na páxina web
propia do Máster (http://www.usc.es/filrom/teaching/master/profesores/).
A USC conta cun programa específico de formación e innovación docente (PFID) que oferta
diferentes cursos de formación repartidos entre os dous cuadrimestres do curso académico
(http://www.usc.es/gl/servizos/pfid/index.html), con oferta relacionada coas TIC aplicadas á docencia,
estratexias de ensino-aprendizaxe, avaliación, e titoría e orientación. Unha grande parte do
profesorado do título realizou cursos de formación, sobre todo dentro do "Programa de formación e
innovación docente" da USC (http://www.usc.es/gl/servizos/pfid/), e asistiu principalmente a cursos
relacionados coa plataforma Moodle e a súa nova versión, xa que todas as materias do Máster fan uso
do Campus Virtual da USC.
Ademais da Programación Xeral de Formación proposta polo PFID, existe a posibilidade de
propoñer actividades de formación realizadas e financiadas polos centros docentes ou departamentos.
As Facultades de Filoloxía e Xeografía e Historia participaron nos últimos anos en varias ocasións
neste Plan de Formación a Demanda, malia os limitados recursos orzamentarios dos que dispoñen
(cursos sobre “Pizarras electrónicas, sistemas de videoconferencia e aula virtual”, “Melloras na xestión
10
das aulas virtuais en Moodle 2.5", "Obradoiro de emprego de redes sociais para a docencia en galego:
Facebook e Twitter”, Curso "A didáctica de filoloxías a través das TIC).
O nivel de satisfacción do PDI co programa nos últimos catro cursos no conxunto da USC é
moi elevado (entre 4,33 e 4,47 sobre 5). O Máster de Estudos Medievais presenta unha valoración
media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida dun 4,10, que o sitúa
practicamente na media sinalada.
No curso 2015-2016, o profesorado do Máster participou en varias accións de mobilidade.
Ademais, a súa estreita vinculación coa Rede de Estudos Medieviais Interdisciplinares, financiada pola
Xunta de Galicia (R2014-012) permitiu tanto ao profesorado como ao alumnado participar
activamente en eventos e actividades formativas de enorme interese, como se pode ver detallado en
http://www.usc.es/estmedin/actividades_formativas/. Nesa mesma páxina dáse conta da presenza dun
importante número de profesores e investigadores visitantes de enorme prestixio, e da celebración de
varios cursos, seminarios, coloquios e congresos centrados nos estudos medievais, así como da
existencia dunha serie de recursos electrónicos, parte deles creados por docentes do Máster.
En relación á incorporación de persoal investigador en formación, o Máster incorporou este
ano unha investigadora postdoutoral contratada da Xunta de Galicia ao seu cadro de docentes
(Mercedes López-Mayán).
Todo o Persoal de Administración e Servizos (en Decanatos, Departamentos, Conserxerías e
Bibliotecas) dos dous centros nos que se imparte o Máster colabora directamente co desenvolvemento
do título. Pola súa parte, os servizos de matrícula e xestión do alumnado están na USC centralizados
en Unidades de Xestión Académica independentes dos centros. Trátase de persoal tamén altamente
cualificado, que colabora eficazmente co Máster nas tarefas correspondentes e que participa
activamente en programas de formación, tal como pode comprobarse nos datos xerais que ofrece a
USC: (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrcalidade/descargas/grao2012/2012-10-
30_Satisfacion_Formacion_PDI_PAS.pdf).
Evidencia E13 (análise das enquisas de avaliación da docencia)
___________________________________________________________________________
O procedemento de avaliación das materias do Máster responde ao establecido na
Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de
cualificacións
(http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/normativa/descargas/resavarenacaestrevc
ua11.pdf), aprobada polo Consello de Goberno da USC o 15 de xuño de 2011 e publicada no
DOG do 21 de xullo de 2011. Esta normativa estipula que os departamentos teñen a obriga de
garantir para cada materia unha programación ou guía docente, que deberá especificar: a)
Profesorado encargado da docencia, con indicación -de ser varios- do coordinador da materia;
b) Descritores da materia no plan de estudos; c) Número de créditos expositivos, interactivos,
de laboratorio etc.; d) Obxectivos da materia; e) Programa da parte teórica e práctica; f)
Desenvolvemento do temario (con indicación, de ser posible, do tempo previsto para cada
tema) especificando a docencia non presencial; g) Criterios e sistemas de avaliación (tipo e
11
número de probas, traballos que se presentarán coas posibles datas de entrega, de ser o caso,
controis periódicos, etc.); h) Bibliografía recomendada actualizada (para o Máster:
http://www.usc.gal/gl/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223&codEst
udio=12815&valor=9). O sistema de reclamacións está establecido no proceso PX-04
“Xestión de reclamacións e queixas” do MMPP
(http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/calidade/descargas/SGIC/4._Ma
nual_de_procesos_e_procedementos.pdf), que especifica claramente o procedemento a seguir
para a presentación de queixas (pode ser a través da páxina web da USC ou por escrito en
calquera dos rexistros da Universidade) e a resolución das mesmas. A Facultade de Filoloxía,
como centro ao que está adscrito o Máster, recolle queixas no seu rexistro e segue o
procedemento establecido no SGIC.
Polo que respecta ás enquisas de avaliación da docencia, no curso 2015-2016 a
satisfacción global do alumnado coa docencia recibida acadou unha valoración de 4,05 sobre
5,00 (superior a 3,93, media da USC), e a satisfacción global do profesorado coa docencia
impartida tivo unha valoración de 4,10 sobre 5,00 (leva situada por riba do 4 dende o curso
2013-2014). O primeiro dato supón unha escalada constante na satisfacción do alumnado coa
docencia recibida (no curso académico 2011/2012 a valoración global foi de 3,76; no 2012-
2013 de 4; no 2013-2014 de 4,20 e no 2014-2015 de 3,93).
Para este mesmo curso 2015-2016 (no que baixou sensiblemente a participación con
respecto ao curso anterior: dun 80,65% a un 45%), dos 14 indicadores analizados, 8 superan a
nota de 4/5; 3 están entre 3,90 e 4 e os restantes son datos que superan o 3,7, co que estamos
ante unhas valoracións que superan amplamente o notable. Os ítems que superan o 4 son:
“Explica a programación da materia e os criterios de avaliación ao comezo da súa actividade
docente”, “Cumpre co programa e o plan de traballo previsto”, “O material de apoio
(bibliografía, textos, exercicios, manuais de prácticas,...) resúltame útil para a preparación da
materia”, “Os recursos didácticos empregados reforzan a comprensión da materia”, “Resolve
as dúbidas que se lle formulan”, “Considero que hai coordinación entre os/as distintos/as
profesores/as da materia”, “Ten unha actitude receptiva que facilita a comunicación cos/coas
estudantes” e “A axuda recibida nas titorías foime de utilidade”. En relación ao curso
2014/2015, soben todos os indicadores de tódolos ítems, excepto o de “Globalmente estou
satisfeito/a co/coa profesor/a da materia”, que se mantén en 3,94. Nestes resultados tiveron
unha importante incidencia a Acción de Mellora (AM-02) incluída no IS do 2014-2015.
En relación á satisfacción do profesorado (recordamos que foi valorado con 4,10/5)
non hai alteracións significativas no nivel de participación (42,86% no curso 2014-2015;
42,42% no 2015-2016), 8 dos 10 ítems superan o 4. Tan só non acadan o 4 dous indicadores,
que son: “O nivel co que chega o alumnado” e “As/os estudantes participan crítica e
activamente no desenvolvemento das clases”. Este último indicador baixou unhas décimas
dende o ano pasado, nunha tendencia xeneralizada de subida ou de mantemento sempre en
índices por encima do 4.
No relativo ao grao de satisfacción en cada unha das materias, estes foron os
resultados para o curso 2015-2016:
12
Materia Media
A Escritura e o Escrito na Idade Media 4,89
O Mundo Clásico na Idade Media 4,62
Arte Medieval Europea 4,55
A Igrexa e a Espiritualidade Medieval 4,48
Feudalismo, Territorio e Poder 4,33
Fundamentos Metodolóxicos e Novas Tecnoloxías 4,27
Mitos e Figuras no Imaxinario Medieval 4,09
Viaxes e Peregrinacións na Idade Media 3,98
Literatura Medieval en Linguas Vernáculas 3,83
A Europa Medieval. Perspectiva Histórico-Social 3,46
Sociedade Medieval e Cultura Cortés 3,41
Cultura Escrita en Latín na Idade Media 3,34
Os valores das materias permanecen en niveis moi similares aos do ano anterior (con
subidas e baixadas pouco significativas). Así, en relación ao ano 2014-2015 soben: “A
Escritura e o Escrito na Idade Media”, “A Igrexa e a Espiritualidade Medieval”, “Arte
Medieval Europea”, “Feudalismo, Territorio e Poder”, “Fundamentos Metodolóxicos e Novas
Tecnoloxías” e “O Mundo Clásico na Idade Media”; as demais baixan lixeiramente. Hai que
considerar que dúas das materias que aumenteron a súa puntuación (“Fundamentos” e
“Arte”) son materias obrigatorias nas que os respectivos coordinadores, e toda a Comisión
Académica, reflexionaron detidamente sobre as modificacións que conviña introducir, de
xeito particular nos contidos e modo de impartición de “Fundamentos”. En calquera caso,
todas as valoracións están por riba ou rozando o notable; a media é de 4,05, que está tanto por
encima da media da Universidade en Artes e Humanidades (3,98) como da Universidade en
Xeral (3,93). A Comisión Académica adoita reflexionar sobre o resultado das enquisas,
tentando dilucidar os motivos que poden producir pequenos e puntuais descensos na
valoración dalgunha materia e, en función das conclusións ás que chega en cada caso, propón
para o curso seguinte os cambios que estima procedentes sexa na distribución dos contidos, na
metodoloxía de impartición ou na distribución e asignación da docencia aos distintos
profesores (nalgún caso concreto, mesmo introducindo novas áreas de coñecemento).
13
Criterio 7. Indicadores de satisfacción e rendemento
A porcentaxe de estudantes que finalizan os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou
nun ano académico máis en relación á súa entrada é do 88%. Reforzando este dato, a duración media
(en anos) que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos é de 1,45
anos.
Ademais, a porcentaxe entre o número total de créditos do plan de estudos nos que deberon
matricularse ao longo dos seus estudos o conxunto de graduados dun determinado ano académico e o
número total de créditos nos que realmente se matricularon, tivo unha eficiencia nos titulados do
97,35%. Nese sentido, a porcentaxe entre os estudantes de novo ingreso que deberon obter o título o
ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior foi do 8%.
En relación ao grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación, a valoración media foi
de 3,60/5. En relación ao profesorado e a súa satisfacción coa docencia impartida, a valoración media
da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida foi de 4,10/5. En canto á taxa de
resposta na enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida, a porcentaxe de resposta na
enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida foi dun 45%.
Outras taxas interesantes foron a taxa de éxito dos egresados, na que a relación porcentual
entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e
o número total de créditos aos que se presentou foi do 100%. E, naturalmente, a taxa de eficiencia
(rendemento dos egresados); a relación porcentual entre o número total de créditos que superou un
estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou foi
de 92,44%.
Evidencia E19 (resultados do título)
_________________________________________________________________________
Os datos recollidos na táboa incluída máis abaixo amosan uns resultados claramente
positivos e estables ao longo dos cursos, e superan mesmo as previsións optimistas recollidas
na Memoria verificada. Incluso as pequenas desviacións respecto ao máximo posible na
maioría dos indicadores (rendemento, avaliación, graduación, eficiencia, abandono) poden ser
xustificadas polo feito de que algúns dos alumnos matriculados no Máster están xa
traballando e planifican a realización dos seus estudos en máis dun curso académico (algúns
acolléndose á matrícula a tempo parcial), deixando, por exemplo, a defensa do TFM para a
oportunidade de febreiro ou de xullo.
No curso 2015-2016 convén, non obstante, comentar algúns cambios dos indicadores
fronte aos dos curso 2014-2015. A taxa de éxito baixou, retornando a números de anos
anteriores, por debaixo do 100% de efectividade. A taxa de rendemento, a relación entre
créditos matriculados e créditos superados, tamén baixou, seguramente polas matrículas que
se deron de baixa (houbo algúns alumnos que abandonaron o Máster ao pouco de empezalo
porque lle sairon outras posibilidades académicas). Pola contra, a taxa de avaliación, isto é, a
14
relación entre créditos matriculados e créditos presentados, creceu fronte aos indicadores do
curso anterior, se ben seguen a estar algo distantes dos niveis dos cursos 2011-2012 e 2012-
2013. A causa pode estar en estudantes que teñen optado por unha traxectoria académica
moito máis lenta ca do resto de alumnos, debido ás súas condicións laborais e por terse
acollido a matrícula a tempo parcial. Xa se comentou anteriormente o alto grao de satisfacción
global de alumnado e profesorado co desenvolvemento das actividades docentes do Máster. A
porcentaxe entre o número de créditos ordinarios presentados e o número de créditos
ordinarios matriculados (excluídos adaptados, recoñecidos ou validados) foi de 64,24%.
2010-11 2011-12 2012-13 2013-14 2014-15 2015-16
Taxa de rendemento 85,2 98,6 96,9 84,1 87,32 60
Taxa éxito 100 100 100 98,5 100 93,4
Taxa avaliación 85,2 98,6 96,9 85,4 87,32 90,91
Taxa de graduación 90,0 95,5 94,1 91,7 78,26 88
Duración media dos estudos 1,2 1,1 1,1 1,1 1,14 1,45
Eficiencia dos titulados 96,2 99,1 98,4 95,8 97,35 92,44
Taxa de abandono 0 10,0 0 0 0 8
Satisf. studantado coa docencia recibida 5,4 (/7) 3,8 (/5) 4,0 (/5) 4,2 (/5) 3,93 (/5) 4,05/5
Satis. profesorado docencia impartida 4,3 (/5) 4,4 (/5) 4,3 (/5) 4,34 (/5) 4,20/5
En canto aos resultados de inserción laboral, dos egresados no curso 2009-2010, é
dicir, 6 año(s) despois de egresar (23 de marzo de 2016) a taxa de afiliación á Seguridade
Social é do 50% e os Autónomos representan o 26%. Nesas cifras, hai contratados
indefinidos (60%) e temporais (40%). En canto á cotización, foi un 57,1 como universitario e
o 42,9% como “manual”. Estes números supoñen un grande avance con respecto a cursos
anteirores, nos que as taxas de afiliación foron do35,7% no primeiro ano, 50% (segundo ano),
64,3 (terceiro ano), 71,4 (cuarto ano) e 28,6 (quinto ano). Estes datos están tomados do
seguimento temporal dos primeiros egresados no Máster no curso 2009-2010 ata o ano 2016.