Post on 07-Jul-2015
Índice Criterios de Avaliación........................................................................................................... 3
Mínimos esixibles .................................................................................................................. 4
Criterios de cualificación ....................................................................................................... 5
Procedementos e instrumentos de avaliación ....................................................................... 6
Criterios mínimos de avaliación ............................................................................................. 6
Instrumentos de cualificación................................................................................................ 7
Normas de convivencia e obrigas do alumnado .................................................................... 8
Criterios de Avaliación
A capacidade de identificar os avances ao largo da historia nas tecnoloxías da
información e a comunicación e a súa repercusión na evolución estética dos
mensaxes audiovisuais.
A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os
diferentes produtos audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios estéticos.
Capacidade reflexiva e analítica para marcar as diferenzas entre realidade e a súa
imaxe, nas súas diversas formas e medios de representación nos medios
audiovisuais e de comunicación.
Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características
básicas do significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en
movemento.
Analizar e comprender, por parte do alumnado, os diferentes niveis de lectura
dunha mesma imaxe.
Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características de
xénero e diferenciando cos roles sociais máis comúns nas producións
audiovisuais
Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual
Capacidade de utilizar, tanto de maneira individual como en grupo, os elementos
básicos do medio audiovisual para realizar traballos con imaxes fixas e con
imaxes en movemento.
Capacidade para combina a creación visual con elementos sonoros.
Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións
comunicativas e narrativas, ase como coas súas funcións espaciais e temporais
Valorar a capacidade para crear e analizar mensaxes visuais e sonoros avaliando
a estrutura do mensaxe e su eficacia comunicativa.
Capacidade para estruturar un guión a partir da adaptación dunha obra literaria,
dunha idea ou dun acontecemento.
Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo
nos conflitos do seu entorno social ou educativo.
Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a oferta
radiofónica e televisiva, diferenciando as claves e os códigos formais de cada
xénero, ase como os tópicos recorrentes nos programas de éxito.
Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e
creacións audiovisuais.
Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da
información e a comunicación, con especial atención a os medios de
comunicación de libre acceso como internet.
Aproveitamento dos recursos que ofrecen os medios audiovisuais, avaliando os
seus aspectos positivos e negativos.
Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade, diferenciando
os elementos informativos e culturais de aqueles outros relacionados coa
emotividade, a sedución e a fascinación.
Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no
receptor das mensaxes publicitarias.
Volver o indice
Mínimos esixibles
- Sintaxes da linguaxe audiovisual. Coñecemento e uso axeitado da sintaxes e dos
medios audiovisuais na creación de mensaxes.
- Emprego das TIC de xeito informativo e de xeito expresivo.
- Análise das características básicas, significado e sentido na lectura de imaxes tanto
fixas como en movemento.
- Lectura obxectiva e a subxectiva (denotación e connotación) dunha mesma imaxe
ou produción audiovisual.
- O proceso da comunicación publicitaria. Análise publicitaria.
- Colaboración en grupo. Respecto cara ás outras persoas, capacidade de discusión e
crítica e asunción das responsabilidades no traballo que require calquera proxecto
audiovisual.
- Mantemento e limpeza de equipamentos e instalación.
Volver o indice
Criterios de cualificación
Os instrumentos utilizados para avaliar serán, entre outros:
Probas sobre coñecementos teóricos.
Probas teórico-prácticas, tanto individuais como colectivas
Valoración de conceptos, procedementos e actitudes.
A nota de cada traballo individual:
Un 60% do resultado e obxectivos a cumprir coa realización de cada actividade,
o que supoñerá ou non, a asimilación dos contidos conceptuais que precederon
cada actividade.
Un 20% estará referido á súa actitude fronte as propostas, así como a súa
predisposición á experimentación, capacidade crítica cos seus propios
resultados, o seu nivel de esforzo e curiosidade, así como de respecto á materia.
o Por último o 20 % restante referirase á asistencia, entrega puntual dos
traballos, boa presentación dos mesmos, orde e a limpeza dos materiais,
propios e comúns. Tamén teremos en conta o comportamento na aula,
baseándose no respecto e a tolerancia fronte os compañeiros e ao
profesor, tamén valorarase o respecto ó traballo alleo.
o Os traballos non entregados sen causa xustificada terán de nota un cero
o En caso de entregar traballos fora de prazo, sen causa xustificada, terán
unha rebaixa na nota en proporción coa tardanza na entrega.
A nota dos proxectos en grupo:
Será dun 75% como traballo colectivo e nota de aportación persoal ao traballo
conxunto 25%
A suma de ambas definen a nota do alumno polo proxecto en grupo.
Cualificación de las avaliacións parciais:
A avaliación de cada trimestre será nun 75 % o resultado da media aritmética
dos exercicios, exames e demais probas de contido propostas na avaliación.
Nun 25% se valorarán durante o trimestre os instrumentos de cualificación
recollidos no apartado c) do punto 10 desta programación
Cualificación da avaliación final:
A avaliación final será nun 75 % o resultado da media aritmética das notas das
tres avaliacións do curso.
Nun 25% se valorarán durante todo o curso os instrumentos de cualificación
recollidos no apartado c) do punto 10 desta programación.
Volver o indice
Procedementos e instrumentos de avaliación
Seguindo a programación xeral do centro, realizaránse tres avaliacións, unha delas final.
Para a cualificación usarán os seguintes procedementos de avaliación:
Avaliación inicial
Ten lugar ó comezo do curso. Permite coñecer as circunstancias particulares de cada
alumno (coñecementos previos, nivel de desenrolo, estereotipos, intereses…). Os
resultados da avaliación teranse en conta para no desenvolvemento da programación.
Avaliación formativa
Inclúe o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Adaptarase no posible ás necesidades
individuais de cada alumno. Pretende a obtención dos obxectivos propostos para o
curso.
Observación por parte do profesor da actitude participativa do alumno nas actividades
de clase e nos grupos de traballo.
Entre os instrumentos de avaliación sinalamos:
Traballos individuais, nas avaliacións parciais en que se realicen (comentario
dun anuncio, reportaxe fotográfico, podcast, etc.)
Traballos en equipo, en las avaliacións parciales en que se realicen (corto de cine
mudo e documento multimedia)
Exames escritos, con preguntas teóricas e breves exercicios prácticos
relacionados cos contidos impartidos, tanto teóricos como prácticos.
Volver o indice
Criterios mínimos de avaliación
A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os
diferentes produtos audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios estéticos.
Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características
básicas do significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en
movemento.
Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características de
xénero e diferenciando cos roles sociais máis comúns nas producións
audiovisuais
Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual
Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións
comunicativas e narrativas, ase como coas súas funcións espaciais e temporais
Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo
nos conflitos do seu entorno social ou educativo.
Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a oferta
radiofónica e televisiva, diferenciando as claves e os códigos formais de cada
xénero, ase como os tópicos recorrentes nos programas de éxito.
Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e
creacións audiovisuais.
Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da
información e a comunicación, con especial atención a os medios de
comunicación de libre acceso como internet.
Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade, diferenciando
os elementos informativos e culturais de aqueles outros relacionados coa
emotividade, a sedución e a fascinación.
Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no
receptor das mensaxes publicitarias.
Volver o indice
Instrumentos de cualificación
Os instrumentos de avaliación máis adecuados que teremos en conta serán:
a) Resolución de exercicios prácticos. Dependendo da unidade propoñeremos
traballos específicos.
b) Elaboración e seguimento do traballo práctico dos alumnos ó longo do curso. Os
alumnos deberán ter un blog de aula dedicado á recollida e intercambio de información
e traballos da materia, tanto de conceptos teóricos recibidos na clase coma dos traballos
elaborados.
c) Actitude positiva no que se refire ós seguintes aspectos:
Manexa o medio con claridade e corrección.
É ordenado e limpo nas súas producións e no coidado do material.
É metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo.
Sabe traballar individualmente ou en equipo segundo as necesidades concretas
de cada caso e axustándose ás condicións que se lle indican.
Sabe seleccionar, organizar e manexar o material adecuado para o
desenvolvemento dunha actividade.
Segue con atención as actividades da aula e realiza habitualmente as tarefas de
clase, demostrando interese polo traballo.
Formula as dúbidas ou dificultades que se lle presentan e trata de corrixir os
erros propios, amosando afán de superación.
Cumpre as normas de convivencia do centro, respectando o ben común e o
medio que o rodea, e non provoca conflitos no desenvolvemento normal da
clase.
É tolerante, respectuoso, dialogante, sabe escoitar e respecta a quenda de
palabra, coopera cos seus compañeiros e profesores e amosa actitudes solidarias.
Asume responsabilidades e cumpre os compromisos, acabando os traballos nos
prazos asignados e traendo o material necesario para traballar na clase.
d) Entendese por comportamento exemplar:
Respectar as normas de convivencia.
Respectar ós profesores e ós compañeiros.
Presentar os traballos con limpeza e pulcritude.
Entregar os traballos nos prazos sinalados.
Realizar os traballos prácticos axuntándose ás condicións mínimas que se lle
indican.
Coidar o material e mantén a orde e a limpeza no lugar de traballo.
Traballar cumprindo as normas de hixiene e seguridade.
Ser metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo.
Selecciona, organiza e manexa ben o material adecuado para o
desenvolvemento do seu traballo.
Ser capaz de traballar autonomamente, sen necesidade de instrucións concretas
e constantes.
Traballar ben en equipo.
Volver o indice
Normas de convivencia e obrigas do alumnado
Todas as faltas contrarias ás normas de convivencia serán sancionadas de acordo co
establecido no Regulamento de Réxime Interno do Instituto.
Considérase falta leve non levar á clase o material específico esixido para
traballar. Ás tres faltas leves acumuladas darase aviso ós pais do alumno/a e
o/a titor/a mediante un parte de incidencias. A quinta falta de material por
avaliación, significará un segundo parte de incidencias e a sexta falta de
material na avaliación significará o terceiro parte de incidencias que se
propoñerá inmediatamente en coñecemento da xefatura de estudios, posto que a
falta pasa a ser grave e merecer, polo tanto, un parte sancionador. A sanción
correspondente será en cada caso a marcada no Regulamento de Réxime
Interno.
Cada alumno/a deberá coidar a súa mesa de traballo e deixala limpa antes de
finalizar a clase. O negarse a dita limpeza ou o esquecemento reiterado neste
labor será sancionado cun parte de incidencias que será comunicado ao/á
titor/a, aos pais e a xefatura de estudos.
Se un alumno chega a clase cinco minutos ou máis despois de que toque o
timbre, considerarase como atraso. Tres atrasos acumulados terán a condición
de falta leve que da lugar a emisión dun parte de incidencias que se comunicará
ós pais e o/a titora do alumno. A persistencia nestes feitos terán a consideración
de falta contraria ás normas de convivencia.
Volver o indice