Post on 04-Jul-2020
2
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
INTRODUCIÓNOs residuos urbanos constitúen unha das principais
ameazas medioambientais ás que debemos facer
fronte. Todos, sen excepción, producimos refugallos e,
ademais, facémolo a diario, sen ser conscientes do dano
que estamos a ocasionar ao planeta no que vivimos. Non
podemos permitir que o lixo perxudique a nosa contorna
e que acabe afectando á nosa saúde, ao noso benestar
e á nosa economía. É hora de actuar.
Conseguiremos minimizar este problema se
todos aportamos algo. Trátase de asumir a nosa
responsabilidade e levar á práctica pequenos xestos,
hábitos e comportamentos cos que contribuír a unha
xestión sostible do lixo.
3
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
Para que os cidadáns poidamos interioriorizar a
estratexia dos tres erres (Redución, Reutilización
e Reciclaxe), as accións de educación ambiental
resultan esenciais. Así, a pretensión desta guía non é
outra que a de proporcionar información básica sobre
a correcta xestión dos residuos domiciliarios a fin de
que sexa trasladada á comunidade educativa con
suficientes garantías.
INTRODUCIÓN
4
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
Ademais dos beneficios ambientais, a redución
da produción de refugallos e a correcta
clasificación dos mesmos en orixe trae consigo
importantes vantaxes económicas, xa que os concellos
consiguen diminuír o importe da factura que deben
pagar a Sogama, ao tempo que reciben máis ingresos
por parte dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX).
INTRODUCIÓN
5
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
Reducir, Reutilizar e Reciclar ou,
o que é o mesmo, a estratexia comunitaria dos tres
erres, constitúe o soporte de todo sistema de xestión
de residuos, con independencia do tratamento finalista
polo que se teña optado. No caso de Sogama, esta
Sociedade engade un cuarto R, o da Recuperación
enerxética da fracción non reciclable, que transforma en
electricidade. Así, logra poñer en valor, desde o máximo
respecto ao medio ambiente e á saúde pública, aquela
parte dos residuos que, doutro xeito, acabarían nun
vertedoiro, última opción na xestión xerarquizada que
promulga a Unión Europea.
OS TRES ERRES
6
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
Non é máis que producir menos residuos. O lixo que
acumulamos nas nosas casas ao final do día ten que ser
tratado correctamente a fin de evitar o seu negativo impacto
sobre a contorna. Se logramos diminuír a cantidade de
desperdicios xerados, axudaremos a protexer o medio
ambiente e a aforrar cartos. Porque a súa recollida e axeitado
tratamento constitúen servizos esenciais que, ao igual que
a auga, a luz, etc, debemos pagar. Cantos menos refugallos
xeremos, menos refugallos a tratar.
CLAVES PARA REDUCIRConsumir de forma responsable. O mellor é elaborar unha
lista do que realmente se necesite.
Evitar a adquisición de produtos sobreenvasados e
sobreempaquetados.
Dar preferencia aos envases grandes e de tamaño familiar, e
rexeitar os envoltorios individuais.
Evitar os artigos de usar e tirar.
Na medida do posible, prescindir das bolsas plásticas.
Recorda que o mellor residuo é o que non se produce.
REDUCIR
7
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
Consumir con racionalidade e diminuír a cantidade de comida que acaba
no lixo. No mundo desperdíciase cada ano un terzo dos alimentos que se
producen, cantidade coa que se podería nutrir a 2.000 millóns de persoas.
A campaña de Sogama “Comer si, tirar non”, proporciónache as claves
para colaborar na diminución do desperdicio alimentario:
•Revisa a despensa e a neveira para consumir
antes os produtos máis antigos.
•Compra só a comida que necesites.
•Axusta as racións ao número de comensais.
•Diferencia entre data de caducidade e data de consumo
preferente (a primeira indica o momento a partir do cal un
produto non se pode consumir por razóns de saúde e a
segunda o momento a partir do cal un produto pode perder
propiedades, pero continúa a ser apto para o consumo).
•Aproveita as sobras para elaborar novos menús.
MENOS DESPERDICIO ALIMENTARIO
8
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
Significa alongar a vida útil dos produtos antes de que
acaben sendo convertidos en residuos.
CLAVES PARA REUTILIZARUsar o papel polas dúas caras e optar polo papel reciclado.
Utilizar pratos e vasos de louza, cerámica e cristal e rexeitar
a súa versión en plástico.
Dar preferencia aos panos de mesa e panos de man de tea
en lugar de panos de mesa e panos de man de papel.
Os botes de vidro pódense utilizar de novo para envasar
distintos produtos e gardar determinados utensilios. Tamén
se poden empregar como elementos decorativos.
As latas de bebidas pódense converter en lapiceiros e
pequenas macetas para plantas. Coas argolas ata se
poden fabricar pulseiras.
REUTILIZAR
9
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
Consiste en clasificar axeitamente os residuos en orixe e
depositar cada tipoloxía no contedor correspondente a
fin de propiciar o seu posterior reciclado.
Á hora de separar, os envases pódennos dar pistas. A
través deste símbolo , coñecido como Punto Verde,
indícase que o fabricante que puxo un determinado
envase no mercado pagou unha cantidade de diñeiro
para facer posible a súa reciclaxe. Deste xeito teremos
a certeza de que ese envase, unha vez esgotada a súa
vida útil, poderá ser depositado no contedor de recollida
selectiva correspondente.
SEPARAR PARA RECICLAR
10
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
ContedorAmarelodestinado a acoller envases de
plástico, latas e briks, ou, o que é
o mesmo, a denominada
“bolsa amarela”.
Botellas de plástico que contiveran líquidos (aceites
vexetais, refrescos, augas minerais, leite).
Botes de plástico groso que contiveran produtos de
aseo ou limpeza (xel de baño, xampú, lavalouza,
suavizante, etc).
Latas de bebidas e de conservas.
Briks de leite, viño ou zumes de froitas.
Bandexas de porexpán ou cortiza blanca.
Redes de envoltorios de froitas ou verduras.
Plásticos filme: bolsas finas, plástico para envolver.
Envases mixtos distintos aos briks tales como bolsas de
aperitivos, envases de bolería industrial...
SEPARAR PARA RECICLAR
11
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
Non se debe depositar nestes recipientes residuos de plástico
que non sexan envases (por exemplo, xoguetes, cepillos
de dentes, rotuladores, películas de vídeo, carretes de
fotos, cables eléctricos, enchufes, etc) e, por suposto,
non introducir neste contedor cueiros, restos de alimentos,
papel, vidro, pilas, etc.
Recorda que o plástico elabórase cun dos recursos
naturais máis valiosos e non renovables da terra: o petróleo.
“Cada hora os españois tiramos ao lixo miles de botellas
de plástico coas que se podería cubrir toda a superficie da
península ao cabo dun ano”.
Ten en conta que:Para unha manipulación máis hixiénica e unha mellor
reciclaxe, aconséllase que os envases estean baleiros
antes de depositalos no contedor amarelo.
Non se deben introducir uns envases dentro doutros, xa
que isto dificulta o labor das plantas de clasificación.
É conveniente pregar todos os envases que o permitan, xa
que deste xeito ocuparán menos espazo, tanto no fogar
como no contedor.
SEPARAR PARA RECICLAR
12
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
ContedorAzul no que debemos depositar
envases de papel e cartón.
Xornais e revistas.
Cadernos (sen argolas, grampas nin arames).
Papel de envolver, de embalar.
Caixas de cartón.
Cartóns de ovos.
Acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou
cartón).
Libros.
Non se debe depositar papeis de calco, briks de leite, zume e
viño, así como papel ou cartón sucios de graxa.
Recorda que “cada ano tiramos ao caldeiro do lixo uns
3 millóns de quilos de papel e cartón. Con eles poderíase
levantar un muro dunha punta a outra do país”.
SEPARAR PARA RECICLAR
13
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
IglúVerdedestinado á recollida de botellas,
frascos e tarros de vidro.
Non se deben depositar tapas, tapóns e cortizas, así como
vidros especiais (parabrisas, pantallas de televisión e
ordenador, lámpadas, espellos, etc.).
Recorda “cada semana tiramos ao lixo entre 20 e 25
toneladas de envases de vidro. Con eles poderías encher
un rañacaeos desde o sótano ata o último piso”.
SEPARAR PARA RECICLAR
14
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
Minicontedorde pilas:
Recorda que é necesario dar preferencia ao uso de pilas
recargables ou “verdes”, que non conteñen metais tales
como mercurio e cadmio. Aínda que, en principio, poden
resultar máis caras, a longo prazo saen máis económicas
(recárganse miles de veces) e son máis ecolóxicas.
pódese atopar en centros
escolares, concellos, asociacións,
establecementos comerciais, etc.
As pilas botón, utilizadas
especialmente en audífonos,
calculadoras e algúns reloxos, son máis contaminantes. Unha
soa pila de botón pode chegar a contaminar ata 600.000 litros
de auga, e unha alcalina, 167.000 litros.
SEPARAR PARA RECICLAR
15
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
ContedorXenéricoNeste debemos depositar
a fracción resto (cueiros,
compresas, panos de mesa de
papel, etc).
Recorda que naqueles lugares nos que sexa factible, a
compostaxe doméstica pode representar unha magnífica opción
para reducir a produción de residuos e contribuír á reciclaxe da
materia orgánica, incorporándoa de novo ao solo en forma de
fertilizante natural co que mellorar a súa estrutura.
SEPARAR PARA RECICLAR
16
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
As persoas que habitan en vivendas unifamiliares
que dispoñan de horta ou xardín, poden facerse cun
composteiro, ou ben fabricalo artesanalmente, para
depositar no mesmo a materia orgánica e elaborar
compost, un abono natural con excelentes propiedades
para o solo. Con esta práctica, diminuirán a cantidade de
lixo destinado ao contedor xenérico.
Toda a información en www.compostaconsogama.gal
SEPARAR PARA RECICLAR
17
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
XOGOS INTERACTIVOS DE SOGAMA PARA REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLARTamén podemos aprender a xestionar os residuos urbanos
de forma sostible a través do xogo. Sogama pón a
disposición dos interesados os seguintes:
http://www.sogama.gal/gl/info/xogos-escolares
Xogo de Asociar (3 a 6 anos): Recolle!
Xogo de Secuencias (6 a 12 anos): Corre e percorre
Xogo de Toma de Decisións (12 a 16 anos): Únete, ti decides
Compostaxe doméstica: Experiencia Stop Motion
Nesta casa non se tira nada!
Separar para reciclar
18
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
CADERNO VERDE:ESPÍRITU, COBERTURA Y OBJETIVOS
Caderno Verde é a plataforma educativa de
Sogama por excelencia na que se aborda a
xestión sostible dos residuos urbanos dunha
forma transversal, estando presente nas
distintas disciplinas obxecto de estudo en
Educación Primaria.
A través de ecocontos, fichas didácticas e
distintas actividades, os escolares fórmanse
nas boas prácticas ambientais vinculadas
á estratexia dos tres erres (Redución,
Reutilización e Reciclaxe).
www.cadernoverde.gal
19
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMAEsquema de funcionamento dunha planta de transferencia tipo
FASE IO camión de recollida domiciliaria accede ao recinto e, despois de ser pesado, sube ata unha plataforma superior.
FASE IIIUn sinxelo émbolo introduce os RU nun contedor, sen empacamento nin apertura de bolsas ou cualquera outra manipulación.
FASE IIUnha vez situado en posición, realiza a descarga sobre a moega.
FASE IVFinalizada a descarga, a instalación queda pechada esperando a chegada do seguinte camión de recollida.
19
20
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
O maior uso do tren para o transporte dos residuos
urbanos no modelo Sogama constitúe unha das
mostras máis evidentes da firme aposta que esta
empresa pública fixo pola mobilidade sostible. En
pouco máis de tres anos, o transporte de refugallos
por ferrocarril pasou do 25% en 2016 ao 55% en 2019.
A previsión é que, durante o próximo decenio, o maior
uso do ferrocarril permita aforrar a emisión de 2.230
toneladas de CO2 e preto de 800.000 litros de gasoil
cada ano.
Ademais do beneficio ambiental, o tren trae consigo
outras vantaxes tales como unha maior eficiencia,
maior sincronización nos horarios, menor sinistralidade
e, por suposto, menores molestias cidadás.
O TREN COMO MEDIO DE TRANSPORTE PREFERENTE
21
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA
21
Emprazado no municipio de Cerceda, na provincia da Coruña,
no mesmo centralízase o tratamento dos residuos urbanos
producidos polos 295 concellos adscritos ao modelo de
xestión impulsado por esta empresa pública, que se sustenta
sobre a aplicación prioritaria da estratexia dos tres erres
(Redución, Reutilización e Reciclaxe) e a Recuperación
Enerxética da parte non reciclable.
Nesta infraestrutura industrial procésanse as dúas
fraccións de residuos que se atopan baixo a competencia
de Sogama: bolsa amarela e bolsa negra.
Con capacidade para tratar 1.000.000
de toneladas de residuos anuais, este
complexo está conformado por unha serie
de plantas, cada unha delas cun cometido
específico, que encadean de forma
secuenciada e harmoniosa todas as fases
polas que circula o residuo para a súa
posta en valor.
22
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA:INSTALACIÓNS
22
(1)PLANTA DE CLASIFICACIÓN DE ENVASES LIXEIROS (PCLAS)
Recibe os mateirais que conforman a bolsa amarela, isto é, envases de plástico, latas e bricks, para ser separados de forma automática por tipoloxías. Tralo seu prensado e embalado independente, remítense aos centros recicladores para a súa transformación en novos produtos.
(2 e 4)PLANTA DE RECICLAXE, TRATAMENTO E ELABORACIÓN DE COMBUSTIBLE (PRTE) e PLANTA DE CLASIFICACIÓN DE MATERIAIS (PCM)
Ambas as dúas instalacións participan no tratamento da bolsa negra, seleccionando por tamaños e tipoloxías, os materiais susceptibles de ser reciclados (Polietileno de Alta Densidade, Polietileno de Baixa Densidade, PET, Polipropileno, Poliestireno, Plástico Mixto, Papel/Cartón, Briks, Vidro, ...) e transformando nun combustible derivado de residuos (CDR) a parte non reciclable.A nova Planta de Clasificación de Materiais, enmarcada na industria 4.0, comezou a operar en novembro de 2018 e incorpora os últimos avances tecnolóxicos existentes no ámbito da automatización, as comunicacións e os sistemas de información.
(3)PLANTA DE COXERACIÓN (PCOG)
Participa no proceso subministrando a calor necesaria para a fase de secado da fracción fina non reciclable.
(6)PLANTA TERMOELÉCTRICA
Aliméntase co CDR producido na fase anterior e na mesma prodúcese a electricidade equivalente ao consumo do 12% dos fogares galegos.
23
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA:INSTALACIÓNS
23
O Complexo Medioambiental está dotado de importantes medidas de control e de protección ambiental, tanto a nivel de emisións como de depuración de augas, que garanten o rigoroso cumprimento da esixente normativa aplicable.
A actividade industrial desenvolvida no mesmo lévase a cabo coas tecnoloxías más innovadoras que permiten compatibilizar a operativa desta infraestrutura coa protección da contorna e a saúde pública.
24
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
A súa función é recoller os residuos perigosos xerados no
fogar (fluorescentes, vernices, envases de insecticidas e
fitosanitarios, aceites vexetais usados, …); voluminosos
(mobles, colchóns, …), residuos de liña branca (lavadoras,
frigoríficos, …) e de liña marrón (televisores, equipos de
música, ordenadores), así como restos de pequenas obras
en domicilios.
Os puntos limpos son recintos pechados que contan con
contedores específicos para cada tipo de material.
Recorda que “cada residuo destínase ao seu
correspondente reciclador, onde recibe un axeitado
tratamento conforme as súas características e grao de
toxicidade”.
PUNTOS LIMPOS
25
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMAPLANTA DE COMPOSTAXE INDUSTRIAL DE AREOSA
Con capacidade para 15.000 toneladas anuais,
procesará a materia orgánica procedente da recollida
selectiva dos concellos máis próximos, prevendo
obter cada ano entre 3.000 e 4.000 toneladas de
compost de alta calidade apto para o seu uso na
agricultura e xardinería.
26
GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS
NO MODELO SOGAMA
Coa reciclaxe de 1 quilo de latas de aceiro, afórrase a enerxía suficiente para manter acendida unha lámpada de 60 W durante dous días, mentres que tirar unha lata de aluminio equivalería a desperdiciar a enerxía de media lata de gasolina.
A enerxía que se aforra reciclando unha soa lata de aluminio pode facer funcionar un televisor durante tres horas.
Coa reciclaxe de 2 toneladas de briks afórrase o equivalente a unha tonelada de petróleo.
Non existe límite ao número de veces que se pode fundir e reutilizar o aluminio. A lata que estás bebendo hoxe pode ser parte doutro envase de hai 20 anos. E se a reciclas, poida que alguén beba dela dentro doutros vinte.
Na contorna natural, unha lata férrica de refresco tarda 8 anos en degradarse, e 100 anos se é de aluminio. Unha botella de plástico seguirá intacta 10 anos despois e, se non lle dá a luz, permanecerá inalterable durante séculos.
As bolsas plásticas non biodegradables tardan 4 séculos en descompoñerse.
Cunha tonelada de papel recuperado evitamos a tala dunhas 24 árbores adultas, así como o consumo de 24 metros cúbicos de auga e 4.100 Kw de electricidade.
O papel variado (que inclúe caixas de ovos, de zapatos, de cereais, de galletas, papel de regalo, sobres, propaganda, tubos de papel hixiénico, …) non se pode reciclar para converterse en papel de escribir de gran calidade, pero pódese transformar en cartolina (como a utilizada na caixas de cereais) e en papel para impermeabilizar tellados.
De cada 1.000 quilos de cartón que se recollen, obtéñense 850 quilos de cartón reciclado.
Reciclar unha soa botella de vidro pode aforrar enerxía suficiente para ter acendida unha lámpada de 100 W durante catro horas ou un televisor durante tres horas.
A partir da fracción non reciclable do lixo, Sogama produce electricidade para abastecer ao 12% dos fogares galegos.
SABÍAS QUE...
PARA MÁIS INFORMACIÓNwww.sogama.gal