Post on 19-Aug-2021
Queridas familias, espero que os atopedes ben de saúde,
Continuamos traballando dentro da estación primaveral pero neste momento
tócanos falar das,
FLORES
Un bo xeito de motivar aos nen@s pode ser através da música clásica, Vivaldi
é o compositor ideal para deleitarnos co seu marabilloso espertar primaveral.
https://www.youtube.com/watch/?v=l4Ad6pZ8vEQ
MOVEMENTO
Despois de escoitar, ver as imaxes, comentalas e mesmo bailar libremente coa
música pola casa.Pódese levar a cabo outro tipo de traballo:
• Exercitamos os dedos da man converténdoos en pétalos de flor cada
nen@ escolle a súa flor preferida e di o por qué.Co puño pechado imos
abrindo cada dedo, ata que desperta a flor por completo e logo chega
o vento ( deben soprar nela ) entón, a boneca xirará cos dedos
extendidos máis, cando o vento cese, volven un por un os dedos a
pechar.Esto farémolo cunha soa mán, logo coa outra e o final
podemos facer o exercicio coas dúas mans.
• Estaría ben, unha actividade grupal onde todos os membros da familia
de pé formasen un corro e convertéranse nunha flor que abre e pecha
segundo escoiten unha palabra, por exemplo:
(SOL apertura do corro, AUGA movemento de cada pétalo no seu sitio, LÚA
pechamos o corro) se pode facer tamén sentados ou mesmo tumbados.
Lembramos as partes dunha flor:
EXPERIMENTO: nun vaso con auga, verter colorante (vermello,azul…), poñer
un tallo no interior, deixalo algúns días e observar o que ocorre.Deste xeito terán
máis claro como sube o alimento .
BITS DE INTELIXENCIA, para recoñecer e aprender os nomes das flores máis
comúns:
https://www.youtube.com/watch?v=6zVnEHsTM2o
CONTO: Cabe incentivar a educación en valores, neste caso a importancia da
amizade.”UNA FLOR CON SUERTE”
https://www.youtube.com/watch?v=zQmluqSjAUA
En Galicia acontece neste tempo unha festa lúdica chamada:
OS MAIOS, nela, celébrase a chegada do bo tempo así como a aparición das
flores e froitos no mudo vexetal galego.
https://www.youtube.com/watch?v=EFA_M5WXcoA
Nestes días moitos/as de nós estariamos na procura de fiúncho, flores, musgo,
carrabouxos… para preparar o noso maio.Pero por mor da pandemia non vai
poder ser coma sempre pero, aquí deixo ideas que os poden servir para facer
de xeito sinxelo un maio na casa con material de refugallo..
https://youtu.be/n8MsG4lP4K4
https://youtu.be/bEq9jTSO2Bw
MODELAR: formigas, caracois, xoaniñas con plastilina, colocalas en fila e
sinalar cal vai de primeira, segunda, terceira… última.
Por último imos falar dun bichiño que as veces nos asusta pero que é moi
importante para a conservación da natureza,
A ABELLA
VIDEO EDUCATIVO SOBRE AS ABELLAS
https://www.youtube.com/watch?v=fB76tEKsc_U
A serie por capítulos de “La abeja Malla” son moi aconsellables, para entender
dun xeito moi lúdico e dinámico o seu mundo e tamén o dos demáis habitantes
do campo.
https://www.youtube.com/watch?v=4aiLiZOLPmQ
XOGO: localización espacial, ¿Dónde está la abeja?:
https://www.youtube.com/watch?v=k2jTx0jAeTU
RELAXACIÓN :Respiramos como a abella e cantamos en familia un mantra.
https://www.youtube.com/watch?v=UHKEmTdVOQM
https://www.youtube.com/watch?v=-1ihy3IH-Uo
INGLÉS:
• What do you see?Song
https://www.youtube.com/watch?v=bn8QLdWJYl8
• Bug’nRoll
https://www.youtube.com/watch?v=oybEMWW23uU
• Bee Story
https://www.youtube.com/watch?v=wOhU_anE_UY
Manualidades
• NÚMERO UN FACEMOS BOLIÑAS (PAPEL SEDA, PLASTILINA OU
PAPEL ALBAL)
• NÚMERO DOUS (RACHAMOS TIRAS DE REVISTA ONDE APAREZA A
COR VERDE , EN ANAQUIÑOS E PEGAMOS)
• NÚMERO TRES ( PINTAMOS DE CORES)
• OBSERVA,RECORTA AS TIRAS E VOLVE A PEGAR
TRIÁNGULO
• UNE COA SÚA INICIAL
UTILIZA DÚAS CORES ( VERDE,AMARELO) E FAI UNHA SERIE ATA
CHEGAR Á COLMENA
XOGO: Leva coas pinzas, como fan as abellas o polen das flores ás celdas da
colmena:
• Pódese complicar o xogo poñendo un número dentro da celda e o nen@
ten que encher o oco con tantos grans como indica o número.