Post on 07-Oct-2018
FILOSOFIA 1º BACHARELATO
Estándares prioritarios: no presente curso, 2017-18 podemos establecer
como estándares mínimos, e, polo tanto, de tratamento prioritario os
relacionados cos bloque 1, 2 5 e 6. Neste último bloque, dada a súa extensión,
estableceremos como mínimos os contidos relacionados con ética, estética e
política (aparecen en negrita). Entendemos tamén a necesidade de agrupar
os contidos relacionados coa historia da filosofía do seguinte xeito: Filosofía
antiga, medieval e Renacemento ao longo do primeiro trimestre, Moderna no
2º e Contemporánea no 3º, unindo o repaso á historia ao comentario de textos
e a materia correspondente a cada bloque.
O tratamento destes períodos históricos será temático, é dicir, abordaremos
os temas relacionados co cada bloque facendo unha referencia ao seu
tratamento histórico, autores que aparecen nos estándares, ideas xerais, etc.
Non se trata, claro está, de engadir unha historia da filosofía á materia de
Filosofía de 1º
Sobre a temporalización: Consideramos que o desenvolvemento dos contidos e
estándares relativos á lóxica deben ser tratados na 2ª Avaliación, despois de ter
tratadas as cuestións de ciencia, pois son cuestións moi relacionadas e, por outra
banda o alumnado necesita tempo para conseguilas. Se son tratadas na 3ª
Avaliación, xa coa premura do fin de curso non poderían ser rematadas
conseguindo un mínimo de seguimento polo alumnado, feito para o que xa
contamos coa experiencia de cursos pasados. Por outra banda cómpre experiencia,
que non todos os grupos responden do mesmo xeito. Se o noso obxectivo é tratar
os estándares que establece a lei para os diferentes bloques a fin de que o
alumnado adquira as competencias establecidas, debemos empregar distintos
tempos : necesitaremos posiblemente máis para desenvolver estándares relativos
á investigación, tratamento de textos e argumentación que para outros como
definir terminoloxía, etc.A tarefa parece, de calquera xeito, interminable para o
tempo dun curso. académico.
Sobre os indicadores de logro: establecemos un nivel mínimo de logro para a
superación da materia que será medido a través de diferentes instrumentos. Para
isto estableceremos rúbricas para os diferentes traballos tanto individuais como
de grupo cono logo se detalla. Tamén se establece a necesidade de alcanzar un
mínimo nas probas escritas.
Sobre os procedementos de avaliación: utilizaremos fundamentalmente de catro
tipos: probas escritas, traballos individuais (disertacións, análise de textos,
exposicións orais e escritas), traballos colaborativos e traballos de investigación
xa sexa individual ou de grupo.
CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E
PROMOCIÓN
Avaliación inicial:
Unha vez comezado o curso se realizarán probas escritas e orais encamiñadas realizar
unha avaliación inicial e que permita un mellor coñecemento da diversidade do grupo.
Unha vez realizada, poderase establecer medidas de reforzo para algúns alumnos/as e
programar actividades mais adaptados ao grupo.
Estas probas serán:
- Lectura dun texto na clase tomado de diferentes fontes (filosófico, periodístico)
- Análise do mesmo. Comentario escrito.
- Comentario e debate na clase coa máxima participación. Exposición de ideas
individualmente.
O obxectivo é comprobar o grao de participación, a competencia de comunicación
lingüística e o sentido emprendedor do alumno/a
Hai que ter en conta que o alumnado este ano atópase ante unha materia nova, que
descoñecen (no futuro, haberá alumnado que curse filosofía en 4º de ESO cunha situación
diferente que deberá ser analizada, pois haberá alumnado que parte dun coñecemento da
filosofía e outro non. Esta situación non se da no curso actual, pois o alumnado non cursou
esta materia) e que, polo tanto, a avaliación inicial só pretende.
Avaliación continua:
Os criterios de avaliación xa están establecidos no curriculo para cada contido e estándar
de aprendizaxe polo que compre simplemente establecer os procedementos de
cualificación
Para ser avaliado, o alumnado contará con diversas probas: unha proba obxectiva, como
mínimo, en cada trimestre así como outras actividades propostas.
Para o presente curso as probas serán de distintos tipos a fin de avaliar os diferentes
estándares de aprendizaxe
A fin de facer máis precisas a cualificación de cada estándar de aprendizaxe, entendemos
que debe ser graduada a fin de cualificar o progreso do alumno/a: o primeiro paso será
sempre identificar e definir os conceptos, explicalos no contexto dunha idea, despois
utilizalos con rigor no discurso (argumentar e razoar, saber aplicalos a través de diferentes
fontes (fundamentalmente a escrita, xa sexan textos de tipo filosófico ou non filosófico)
para finalmente establecer opinións críticas e persoais sobre as ideas xa interiorizadas.
Unha lectura dos estándares de aprendizaxe presentes no currículo mostra esta gradación
en tódolos bloques. Polo tantos estableceremos, como norma xeral a seguinte puntuación
para cada un dos estándares, medidos nas diferentes probas:
-Probas sobre preguntas tipo test nas que o alumnado deberá mostrar a súa capacidade
para definir ou explicar conceptos. (20% da nota global)
-Probas sobre preguntas curtas nas que deberán mostrarse a capacidade de argumentación
(30%)
-Probas sobre textos filosóficos ou non filosóficos que deberán analizarse para que o
alumno mostre a súa capacidade de comprensión e argumentación propia e crítica. (30%)
A estas probas engádense as actividades realizadas na aula, en grupo ou voluntarias, a fin
de estimular a creatividade, a iniciativa e a diversidade de instrumentos de cualificación.
A cualificación realizarase da seguinte maneira: (20%)
Así mesmo, a fin de realizar unha correcta cualificación tanto para as actividades
propostas (20%) como para as probas obxectivas (80%) establecemos os seguintes
indicadores de logro:
Actividades:
Insuficiente Non entrega a actividade,
realizadas como simple copia
se análise. Non participa nas
actividades de grupo
Puntuación : 0
Suficiente (básico) Entrega dentro dos prazos.
Resolve coas condicións
plantexadas, aínda que non
chega a desenvolver o traballo
ao completo
Puntuación 1
Notable (medio) O traballo está
completamente resolto e se
aportan ideas que amplían o
relacionan con outros temas.
Usa distintas fontes, manexa
as TIC se son requiridas
Puntuación 1,5
Sobresaliente Ademais do anterior hai ideas
propias, creativas e críticas
proporcionadas polo
alumno/a
Puntuación 2
Probas obxectivas:
Insuficiente (0- 3) Non contesta
Non logra a puntuación establecida.
As respostas son desorganizadas, con erros
sintácticos ou ortográficos, non responden ao
plantexamento, non mostran comprensión dos
conceptos ou textos propostos.
Suficiente (4-5) básico Contesta adecuadamente a un mínimo do 50%
das preguntas de xeito claro e organizado
Notable (6-7) medio Contesta ao 80% das preguntas de modo
satisfactorio organizada e coherentemente
Sobresaliente (8) Contesta a todas as preguntas de xeito
satisfactorio, organizado e coherente. Non
comete erros ortográficos nin sintácticos
Mostra madurez engadindo ideas que resulten
pertinentes: relación con outras temáticas,
conceptos, etc. Uso correcto e rigoroso dos
termos, argumentación correcta, recoñecemento
claro do que se pregunta
No caso de que un alumno empregue para a realización das probas calquera acción
fraudulenta e non autorizada (uso de dispositivos móbiles, de anotacións no autorizadas,
apuntes propios, etc), logo da comprobación por parte do profesorado e comunicado ao
alumno/a será cualificado de 0 na proba e deberá recuperar a avaliación correspondente.
Igualmente será comunicado á familia do alumno/a.
O alumno deberá superar as tres avaliacións para aprobar o curso. A nota final deberá ser
5 ou superior a 5.
No caso de non ser así, establecemos os seguintes xeitos de recuperar a materia:
- A 1º avaliación poderá ser recuperada se o alumno/a mostra que progresa na materia:
presenta tódolos traballos e acada os obxectivos propostos tanto nos traballos como
nas probas de 2ª e 3ª avaliación
- No caso de ter dúas avaliacións ou tres sen superar se recuperará nunha proba final
global no mes de xuño. Esta proba será cualificada con 10 puntos e constará de
exercicios e preguntas de toda a materia, asi como un comentario de texto. Será
necesario acadar unha nota mínima de 3 no comentario de texto.
- O alumnado con só unha avaliación 2ª o 3ª (tendo realizados os traballos de cada
parte) realizará a correspondente parte parcial nese exame global.
A nota final obtense de sumar as cualificacións das tres avaliacións e obter a nota media.
A este efectos, a nota de recuperación será de 5. Esta nota será ponderada en base ao
desenvolvemento de curso: entrega de traballos, progreso. Se a nota media é un número
con decimais que a cualificación final sexa o número enteiro superior ou inferior
dependerá desta ponderación.
No mes de setembro realizarase na convocatoria extraordinaria unha proba de estrutura
semellante e cos mesmos criterios de cualificación que no exame global de xuño.
Materiais e recursos didácticos
A situación desta materia sufriu un cambio notable con respecto ao curso anterior: pasou
de ser materia obrigatoria para unha proba global final que a LOMCE establecía a ser
retirada de xeito definitivo. Este feito provocou a revisión xa mencionada e que, unha das
medidas que decidimos aplicar foi a retirada do libro de texto. Tomamos a decisión de
establecer para este curso unha serie de recursos que estarían a disposición do alumnado
na Aula Virtual. Do mesmo xeito, aconsellamos ao alumnado o uso de recursos de diversa
índole: manuais, bibliografia á súa disposición na biblioteca do centro e webgrafía que
será revisada polas dúas profesoras.
Deste xeito, tratamos de estimular o uso de diversas fontes establecendo sempre un
mínimo a disposición de todo o alumnado, asi como o traballo de aula para que cada
alumno organice os seu propios apuntes e notas de clase, o que consideramos como un
traballo de aprender a aprender. Pensamos que o alumnado debe rematar o bacharelato
mellorando a súa competencia nestas destrezas.
Por outra banda, contamos cos recursos xerados polas profesoras que serán xestionados
a través da Aula Virtual do IES María Soliño como xa ven sendo habitual, entendedo este
material como o necesario para rematar o curso con éxito, pero que poderá ser completado
polo traballo individual e colectivo do alumnado.
Como queira que esta materia está en continuo contacto coa realidade, pensamos que
outros recursos (sobre todo audiovisuais) serán utilizados a medida que os contidos e
estándares o requiran tomados da rede ou doutras fontes. A materia está este curso en
construción polo que ao longo do curso valoraremos o seu uso de cara aos vindeiros
cursos.
HISTORIA DA FILOSOFÍA 2º DE BACHARELATO
ESTÁNDARES MINIMOS : Así, propoñemos como mínimos a seguinte concreción de contidos derivados dos
estándares de aprendizaxe, tal e como establece a CIUG para o curso 2017-18:
OPCION A OPCION B
A orixe do cosmos nos presocráticos Dialéctica socrática e relativismo dos
sofistas
Realidade e coñecemento en Platón Física e metafísica en Aristóteles
Platón: antropoloxía e política Ética e política en Aristóteles
Descartes: o problema do método e a
evidencia do cógito
O problema razón – fe na filosofía
medieval
O liberalismo político en Locke Hume: crítica das ideas de substancia e
causalidade
Os limites do coñecemento en Kant Razón e progreso na Ilustración
A lei moral en Kant Nietzsche: crítica da cultura occidental
Alienación e ideoloxía en Marx Ortega y Gasset: a razón vital
Estes son os estándares de aprendizaxe que serán obxecto de avaliación na ABAU, tanto
na opción A como na B. Son os que trataremos no presente curso.
CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS Para o presente curso estableceremos unha metodoloxía que combine a exposición de
ideas, o traballo individual, a lectura e análise de texto e a investigación persoal ou
grupal.
Partiremos da exposición de ideas a través das preguntas formuladas polos diferentes
autores. O alumnado deberá traballar:
De xeito individual:
- Investigación do contexto histórico
- A elaboración dun glosario de conceptos do autor a estudar
- Análise de textos.
No grupo de clase:
- Exposición e intercambio do investigado
- Debate das ideas, análise crítico
Grupo colaborativo:
- investigación, aportación de ideas para o debate
- Axuda entre iguais para o tratamento de textos
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN
Os criterios de avaliación para a materia serán os establecidos na Orde
correspondente e que serve como marco legal a esta Programación.
AVALIACIÓN INICIAL:
No comezo do curso se realizarán diversas probas encamiñadas ao coñecemento do
alumnado asi como ao seu grao de adquisición das competencias clave.
Dado que o alumnado curso en 1º a materia de Filosofía, as probas estarán encamiñadas
a comprobar:
- O manexo do vocabulario filosófico, de xeito oral e escrito
- O grao de consecución das destrezas na explicación de ideas, na exposición das
mesmas e no contraste con outras.
- A habilidade no traballo colaborativo e dixital
- A madurez na crítica ante diversas ideas.
Para conseguilo se propoñen diversas probas:
- Lectura dun texto (utilizando os propostos polo grupo de traballo para a ABAU)
sobre algún aspecto do temario e que se relaciona cos contidos da materia de
Historia da Filosofía. Análise e comentario
- Debate sobre esas ideas.
- Conclusión e argumentación sobre as mesmas.
Deste xeito se consegue un dobre obxectivo:
1. Coñecer ao grupo e axustarse á súa diversidade, establecendo as medidas que se
requiran.
2. Establecer unha ponte entre o curso de 1º de bacharelato e o de 2º, continuando
o traballo xa iniciado
Os procedementos de cualificación que establecen os criterios para cualificar os
traballos do alumnado se explicitan nas seguintes rúbricas:
Actividades:
Insuficiente Non entrega a actividade.
Realizada como simple copia
sen analizar, non se axusta á
proposta
Puntuación : 0
Suficiente (básico) Entrega dentro dos prazos.
Resolve coas condicións
plantexadas, aínda que non
chega a desenvolver o traballo
ao completo
Puntuación 1
Notable O traballo está
completamente resolto e se
aportan ideas que amplían o
relacionan con outros temas.
Usa distintas fontes, manexa
as TIC se son requiridas
Puntuación 1,5
Sobresaliente Ademais do anterior hai ideas
propias, creativas e críticas
proporcionadas polo
alumno/a
Puntuación 2
Probas obxectivas:
Insuficiente (0- 3) Non contesta
Non logra a puntuación establecida.
As respostas son desorganizadas, con erros
sintácticos ou ortográficos, non responden ao
plantexamento, non mostran comprensión dos
conceptos ou textos propostos.
Suficiente (4-5)
(básico)
Contesta adecuadamente a un mínimo do 50%
das preguntas de xeito claro e organizado
Notable (6-7)
(Medio)
Contesta ao 80% das preguntas de modo
satisfactorio organizada e coherentemente
Sobresaliente (8) Contesta a todas as preguntas de xeito
satisfactorio, organizado e coherente. Non
comete erros ortográficos nin sintácticosMostra
madurez engadindo ideas que resulten
pertinentes: relación con outras temáticas,
conceptos, etc. Uso correcto e rigoroso dos
termos, argumentación correcta, recoñecemento
claro do que se pregunta
No caso de que un alumno empregue para a realización das probas calquera acción
fraudulenta e non autorizada (uso de dispositivos móbiles, de anotacións no autorizadas,
apuntes propios, etc), logo da comprobación por parte do profesorado e comunicado ao
alumno/a será cualificado de 0 na proba e deberá recuperar a avaliación correspondente.
De igual xeito será comunicado á familia ou titores no caso de ser menor de idade
O alumnado contará cun mínimo dunha proba obxectiva por avaliación. Estas probas
seguirán por regra xeral a estrutura propia da ABAU: comentario de texto e preguntas.
A cualificación de cada parte aparecerá na proba considerando que o comentario de texto
terá maior carga na cualificación: Se a proba é sobre 8 puntos, 5 serán para o comentario
de texto e 3 para a pregunta. Se a proba é sobre 10, 6 será para o comentario e 4 para as
preguntas.
O alumno deberá superar as tres avaliacións para aprobar o curso.
No caso de non ser así, establecemos os seguintes xeitos de recuperar a materia:
- Unha vez realizadas a 1º e 2º avaliación, se realizará unha recuperación de ambas para
o alumnado que realizados os traballos do curso e as probas obxectivas non chegue a
nota de 5 nesas avaliacións.
- No mes de maio, o alumnado que non lograra superar as 3 avaliacións, deberá realizar
unha proba global de toda a materia. Esta proba será cualificada sobre 10 puntos e
deberá acadarse unha nota de 5 para recuperar a materia. No caso de ter só a 3ª
avaliación poderá recuperar esa parte se se realizaron os traballos do curso.
A nota final obtense de sumar as cualificacións das tres avaliacións e obter a nota media.
A este efectos, a nota de recuperación será de 5. Esta nota será ponderada en base ao
desenvolvemento de curso: entrega de traballos, progreso. Se a nota media é un número
con decimais que a cualificación final sexa o número enteiro superior ou inferior
dependerá desta ponderación.
No mes de setembro realizarase na convocatoria extraordinaria unha proba de estrutura
semellante e cos mesmos criterios de cualificación que no exame global de maio.
Para o traballo de comentario de texto establecemos a seguinte rúbrica de cualificación:
Nivel
Básico Comprende a idea que se presenta no texto , explica correctamente
esa idea e utiliza para a súa explicación a terminoloxía básica do
texto
Medio
Comprende a idea principal e outras que aparecen, relaciona as
ideas que aparecen coas ideas do autor, contextualiza
correctamente, manexa ben a terminoloxía propia do autor e o
presenta de xeito claro
avanzado Realiza todo o anterior con absoluta correción sintáctica e
ortográfica. Establece relacións con outras ideas. É ordenado na
forma de escribir e desenvolver as ideas.
Sobresaliente Aporta unha visión crítica persoal recollendo ideas propias, valora
as ideas de xeito correcto, é capaz de aportar unha visión crítica e
madura.
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
Para esta materia poderán utilizarse numerosos recursos que hai na rede ao respecto e
que serán seleccionados e postos a disposición para o alumnado na Aula virtual do IES
María Soliño. Entre estes materiais se aportarán os textos propostos pola CIUG para a
proba de ABAU e outros que aporte o grupo de traballo, a disposición tamén na pax da
CIUG (ciug.gal)
Páxinas como
www.cibernous.com
www.webdianoia.com
A profesora encargada aportará materiais para o estudo e poderán utilizarse os manuais
cos que conta o centro.
ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO 2º DE BACHARELATO
Aclaracións:
-Sobre a temporalización: resulta claro que para o alumnado de 2º de bacharelato é
doado que no primeiro bloque de contidos hai una relación con contidos tratados no
curso anterior polo que trataremos os temas éticos o primeiro trimestre para logo
afondar na necesidade do dereito Dada a carga horaria da materia, parece complicado
chegar a un tratamento completo, pero gran parte deste traballo se realizará de xeito
práctico para que o alumnado teña a ocasión de realizar o seu propio traballo de
investigación.
ESTÁNDARES PRIORITARIOS: Dada a dificultade de abordar a materia nas súa totalidade establecemos unha prioridade
nos estándares que aparecen destacados en negrita e que tratan de abordar os temas do
xeito máis práctico. O bloque 1 será tratado na súa totalidade.
- Os bloque adicados ao dereito (3 e 4) deberán ocupar o curso de marzo a xuño, aínda
que será revisado no momento que sexa clara a temporalidade do curso en función ás
probas externas de avaliación
-Sobre o grao mínimo de consecución: establecemos para as distintas probas as rúbricas
pertinentes que definen o nivel mínimo para a superación do curso
CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS
Dadas as características desta materia, combinaremos as actividades encamiñadas á
adquisición de ideas coas actividades colaborativas, de investigación (individuais ou de
grupo) máis dirixidas a desenvolver as habilidades do alumnado en canto persoas que
exercen a crítica, desenvolven estratexias para a resolución de conflitos, mostran a súa
capacidade creativa ou de investigación.
A metodoloxía constará de actividades como:
-Lectura de textos e análise dos mesmos
-Exposición de investigación individual ou de grupo
- Realización de presentación dixitais como soporte de exposicións orais
- Análise de documentais
-Debate no gran grupo
- Resolución de casos prácticos: discusión de conflitos, análise de prensa, análise doutros
documentos que mostren conflitos que deban ser resiltos
Todas estas actividades serán avaliadas e cualificadas
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN , CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN Para a avaliación desta materia seguimos os criterios establecidos na Orde que desenvolve
o curriculo.
Temos en conta que é esta unha materia de libre configuración autonómica e que, polo
tanto, non se terá en conta a efectos de promoción oi, mais ben, titulación. Tamén é
importante o feito de que non será materia obxecto da avaliación final de final de
bacharelato o que nos outorga unha certa liberdade á hora de programala respectando, en
todo caso, os estándares de aprendizaxe establecidos na citada Orde .
AVALIACIÓN INICIAL:
Para esta materia, de carácter optativo nas diferentes modalidades do bacharelato
establecemos unha avaliación inicial con diversas probas.
Unha vez comezado o curso se realizarán probas escritas orais encamiñadas realizar unha
avaliación inicial e que permita un mellor coñecemento da diversidade do grupo. Unha
vez realizada, poderase establecer medidas de reforzo para algúns alumnos/as e
programar actividades mais adaptados ao grupo.
Estas probas serán:
- Lectura dun texto na clase tomado de diferentes fontes (filosófico, periodístico)
- Análise do mesmo. Comentario escrito.
- Comentario e debate na clase coa máxima participación.
- Análise dalgún tema de actualidade de carácter ético
O obxectivo é comprobar o grao de participación, a competencia de comunicación
lingüística e o sentido emprendedor do alumno/a
Hai que ter en conta que o alumnado este ano atópase ante unha materia nova, que e
que, polo tanto, a avaliación inicial só pretende un coñecemento xeral do alumno/a e as
competencias adquiridas nos cursos anteriores, a fin de partir dunha base concreta a
tendendo a diversidade do alumnado, fundamentada, sobre todo, na distinta formación
recibida nas modalidades do bacharelato cursada por cada un.
Establecemos para esta dous tipos de procedementos:
Probas escritas: encamiñadas a avaliar o correcto manexo de termos, a explicación
madura de teorías, análise de textos de autores propostos no currículo, a resolución de
casos prácticos. Se realizarán un mínimo de dúas probas por avaliación que significarán
un 70% da cualificación final
Actividades individuais, de grupo colaborativas, investigación: a realización dos
estándares de aprendizaxe requiren a avaliación deste tipo de traballos polo o que se irán
propoñendo ao longo do curso. Por cada bloque de contidos se realizarán un mínimo de
un traballo individual (lectura e análise de textos, presentación, exposición dun tema ou
caso práctico, etc), un de grupo (debate, resolución de casos ou investigación) e un
traballo de investigación que requira non só a consulta de datos, senón a súa
discriminación e crítica. Estás probas significarán o30% da cualificación final
Avaliaremos as probas en base aos seguintes criterios establecidos nestas rúbricas.
Actividades individuais
Insuficiente Non entrega a actividade
Suficiente (básico) Entrega dentro dos prazos.
Resolve coas condicións
plantexadas, aínda que non
chega a desenvolver o traballo
ao completo
Notable O traballo está completamente
resolto e se aportan ideas que
amplían o relacionan con
outros temas. Usa distintas
fontes, manexa as TIC se son
requiridas
Sobresaliente Ademais do anterior hai ideas
propias, creativas e críticas
proporcionadas polo alumno/a
Actividades colaborativas de grupo
Insuficiente Non participa
Suficiente (básico) Desenvolve o traballo
segundo as condicións
plantexadas. É capaz de
organizar o traballo e respecta
o traballo dos compañeiros
Notable O traballo está completamente
resolto e se aportan ideas que
amplían o relacionan con
outros temas. Usa distintas
fontes, manexa as TIC se son
requiridas. A exposición de
resultados manifesta
capacidade para a innovación
e ideas propias.
Sobresaliente Ademais do anterior hai ideas
propias, creativas e críticas
proporcionadas polo
alumno/a, capacidade de
liderazgo e organización.
Probas escritas:
Insuficiente (0- 3) Non contesta
Non logra a puntuación establecida.
As respostas son desorganizadas, con erros
sintácticos ou ortográficos, non responden ao
plantexamento, non mostran comprensión dos
conceptos ou textos propostos.
Suficiente (4-5)
(básico)
Contesta adecuadamente a un mínimo do 50%
das preguntas de xeito claro e organizado
Notable (6-7)
(Medio)
Contesta ao 80% das preguntas de modo
satisfactorio organizada e coherentemente
Sobresaliente (8) Contesta a todas as preguntas de xeito
satisfactorio, organizado e coherente. Non
comete erros ortográficos nin sintácticos Mostra
madurez engadindo ideas que resulten
pertinentes: relación con outras temáticas,
conceptos, etc. Uso correcto e rigoroso dos
termos, argumentación correcta, recoñecemento
claro do que se pregunta
No caso de que un alumno empregue para a realización das probas calquera acción
fraudulenta e non autorizada (uso de dispositivos móbiles, de anotacións no autorizadas,
apuntes propios, etc), logo da comprobación por parte do profesorado e comunicado ao
alumno/a será cualificado de 0 na proba e deberá recuperar a avaliación correspondente.
A nota final obtense de sumar as cualificacións das tres avaliacións e obter a nota media.
A este efectos, a nota de recuperación será de 5. Esta nota será ponderada en base ao
desenvolvemento de curso: entrega de traballos, progreso. Se a nota media é un número
con decimais que a cualificación final sexa o número enteiro superior ou inferior
dependerá desta ponderación.
No mes de setembro realizarase na convocatoria extraordinaria unha proba de estrutura
semellante e cos mesmos criterios de cualificación que no exame global de ma
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS Para esta materia non se utilizará libro de texto por non dispoñer, de momento, dun texto
elaborado por editorial. Ser unha materia minoritaria dificulta o feito de que as empresas
editoriais decidan facelo. Así pois, o alumnado terá o mateial preparado pola profesora
así como os documentos que, ao longo do curso, iremos investigando.
O material estará a disposición do alumnado na Aula Virtual
ARGUMENTACIÓN E DEBATE (LIBRE CONFIGURACIÓN 2º DE BACHARELATO)
ESTÁNDARES PRIORITARIOS OU MÍNIMOS: Resulta complicado nunha materia coma esta, eminentemente práctica e na que todos os
estándares relaciónanse entre si, establecer uns mínimos ou prioritarios, pero dada a
escasez do tempo para esta materia nun curso como 2º de bacharelato, establecemos
como prioritarios os estándares dos bloque 1, 2 e 4, deixando destacados en negrita
algúns do bloque 3.
Materiais e recursos didácticos.
*O recurso didáctico fundamental será o estudo e a análise de textos representativos de
diversas formas de discurso persuasivo e de argumentación lóxica-racional.
* Elaboración de discursos con argumentacións orais e escritos ( traballo individual)
*Análise de audicións de discursos diversos para analizar a estrutura, os recursos
estilísticos e exemplos de falacias e falsas argumentacións. (traballo cooperativo)
* Visualizacións e análise de debates para analizar as formas de expresión oral e
corporal.
*Internet e ferramentas Tic para empregar na investigación e como soporte das súas
creacións. ( individual e cooperativo)
* Realización de diálogos e debates ( traballo interactivo).
Criterios de avaliación e cualificación do alumnado.
Deseñaranse tarefas que permitan avaliar a consecución dos estándares de aprendizaxe
propostos para cada bloque temático.
A avaliación continua valorará esta consecución cos seguintes procedementos:
*Análise e comentario de textos diversos: persuasivo e lóxico-racional.
* Elaboración de discursos argumentativos escritos.
*Exercicios de expresión oral: comunicacións, diálogos e debates.
Procedementos Mínimos Ponderación Instrumento
Análise de textos Nivel B na rúbrica 20,00% Rúbrica
Elaboración de
discursos
Nivel C na rúbrica 40,00% Rúbrica
Comunicación oral Nivel C na rúbrica 40,00% Rúbrica
A media de cualificación se establecerá a partir da avaliación dos procedementos
sinalados.
A recuperación dalgunha das avaliacións parciais consistirá realización de tarefas de
reforzo para correxir os erros cometidos nas actividades. A nota final de curso será a
media das tres avaliacións. Para aprobar a materia o alumnado terá que acadar un 5 na
nota final.
A avaliación extraordinaria de setembro: no caso de non superar o 5 na nota final de
xuño deseñarase unha tarefa que consistirá na elaboración dun discurso arguemntativo
sobre algúns dos contidos que deberá ser entregado en setembro. O alumnado realizará
unha intervención de comunicación oral expoñendo unha síntese. Se cualificará o
discurso escrito con 4 ptos e a exposición oral con 6 ptos. A valoración en conxunto
será de 0 a 10 ptos. Será necesario acadar un 5 para unha avaliación positiva da materia.
Os criterios serán idénticos e os mínimos de logro correspondentes na rúbrica,
cambiando iso si a ponderación: o discruso escrito o 40% e a comunicación oral o 60%.
Indicadores de logro para avaliar o proceso de aprendizaxe.
A continuación indicamos cales son as rúbricas correspondentes a cada procedemento
avaliador e cales son os seus indicadores de logro:
Análise e comentario de textos de textos:
A B C
Non realiza a
actividadeou non
identifica as ideas nin a
estrutura formal
Identifica as ideas e a tese
principal
Pero ten dificultades para a
análise formal
Identifica a tese e as ideas
secundarias; analiza a
estrutura formal
Non aporta explicación
das ideas
Aporta algunha explicación
breve sobre as ideas do texto
Aporta explicacións claras
sobre as ideas do texto
Non elabora conclusións
propias
Elabora conclusión breve Elabora unha conclusión e
valoración persoal
razoada.
0 ptos Indicador mínimo de logro
(1pto)
2 ptos.
Elaboración de discursos argumentativos escritos:
A B C D
Non realiza
actividade
Elabora un
discurso breve, sen
argumentar.
Elabora un discurso
breve con
argumentos
correctos
Elabora un discurso
extenso e ben
argumentado.
Non expón con
claridade as ideas
Expón algunhas
ideas con claridade
Expón as ideas de
xeito claro
Expón as ideas de
xeito claro e con
estilo persoal
Presenta moitos
erros gramaticais
graves
Presenta algúns
erros gramaticais
leves
Non presenta erros
gramaticais
Corrección
gramatical e riqueza
léxica
0 ptos 1-2 pto Indicador mínimo
de logro ( 3 ptos)
4 ptos
Participación nas comunicacións orais e debates:
A B C D
Non participa na
actividade oral
Participa só
nalgunha das
actividades orais
Participa na maioría
das actividades
Participa sempre
nas actividades
orais
Non expresa
oralmente as ideas
con claridade
Expresa oralmente
as ideas con
algunhas
dificultades
Expresa oralmente
as ideas sen
dificultades
Expresa oralmente
as ideas con
claridade
Non amosa atención
como oínte.
Amosa atención
como oínte
esporádicamente
Amosa atención
como oínte na
maioría
Sempre amosa
atención como oínte
Non valora as
opinións dos demais
Valora as opinións
doutros se son
coincidentes á súa
Valora as diferentes
opinións, pero sen
autocrítica
Valora as diferentes
opinións facendo
autocrítica
Non respecta os
ppios éticos
fundamentais
Algunha vez
manifesta
valoracións pouco
éticas
Non fai valoracións
pouco éticas
Valora sempre os
ppios éticos nas
súas intervencións
Non amosa actitude
cooperativa
Amosa unha
actitude cooperativa
Amosa unha
actitude cooperativa
Amosa unha
actitude cooperativa
segundo intereses
persoais
e non baseada no
interés persoal
neutral, integradora-
construtiva
0 ptos. 1 -2 ptos 3 ptos 4 ptos
Deseño da avaliación inicial e medidas de atención á diversidade:
Realizarase unha avaliación inicial para coñecer as destrezas ou habilidades lingüísticas
tanto escritas como orais. Tamén para lembrar e relacionar as estratexias de análise formal
da Lóxica estudadas o curso pasado na materia de Filosofía que agora serán de gran
utilidade para reforzar o razoamento nos discursos .Isto permitirá que o traballo
cooperativo sexa eficaz, escollendo os grupos de xeito homoxéneo e para un mellor
rendemento do traballo en equipo; e, por outra banda, permitirá detectar os déficits para
mellorar as competencias lingüísticas e comunicativas do alumnado. Para este cometido
realizaranse exercicios de análise de textos escritos e algún debate introdutorio,
aproveitando que están frescos os datos das eleccións autonómicos, ocasión para ofrecer
unha análise dos resultados e interpretación dos mesmos, para determinar cales son as
necesidades a ter en conta na execución desta programación.
Como resultado da avaliación inicial determinaranse tamén as medidas de atención á
diversidade en coordinación co departamento de orientación do centro e ,de ser o caso,
modificarse a presente programación adaptando os criterios de avaliación e os estándares
de aprendizaxe que se estimen oportunos.
PSICOLOXÍA
Consideraciónsmetodolóxicasquerequireamateria.
Dado o carácter humanístico-científico desta disciplina, cremos que debe desenvolverse preferentemente desde un punto de vista transversal e práctico. A fin de proporcionarlle ao alumnado un contexto en función dos seus intereses académicos e persoais, os traballos propostos terán un desenvolvemento transversal que permita, por unha parte, adquirir os coñecementos disciplinares e, por outra, aplicalos a contextos científicos, culturais, sociais ou disciplinares do seu interese. Potenciarase o uso das Tics na elaboración das tarefas e como recurso de investigación e comunicación. A metodoloxía que empregaremos pasa pola xeración de tarefas ou situacións-problema que o alumnado deberá resolver facendo un uso axeitado dos coñecementos disciplinares e integrando diferentes competencias. Incluiranse tarefas prácticas de traballo individual e cooperativo, confección de mapas conceptuais e descritivos, presentacións de diapositivas e análise de vídeos temáticos, entre outros. Coa finalidade de comprobar os coñecementos mínimos da materia por parte do alumnado, realizaremos diversas actividades como comentario de texto, cuestionarios de aplicación de coñecementos por cada bloque temático e exames ou probas obxectivas Despois de desenvolver os contidos programados en cada bloque e realizadas as actividades correspondentes, realizarase un debate que axude a relacionar o aprendido coa actualidade do mundo social, por exemplo novas publicadas na prensa, películas, revistas especializadas, etc.
Materiaiserecursosdidácticos
No curso pasado, como a Psicoloxía era unha materia nova, precisamos da guía do libro de texto para garantir unha homoxeneidade curricular, sobre todo porque aínda non se sabía o status desta materia nas novas probas de acceso á universidade (ABAU). Unha vez que se soubo que non habería proba específica para esta materia, o departamento considera oportuno prescindir do libro de texto e aplicar as TICS aos mesmos contidos programados. Este curso dispoñemos dunha hora semanal nunha aula con ordenadores suficientes para que o alumnado adique unha das tres horas semanais da materia a realizar traballos e actividades con recursos didácticos TICS. Esta materia ten carácter presencial e será desenvolvida cos materiais e recursos didácticos programados na aula virtual: - Presentacións temáticas en diapositivas.
- Atlas virtual de anatomía humana. -Páxinas web de Psicoloxía, Filosofía e Socioloxía. -Revistas on line de Psicoloxía e Neuroloxía. - Vídeos específicos de conferencias, entrevistas, documentais. - Bibliografías e Lecturas recomendadas.
Criteriossobreaavaliación,cualificacióndoalumnado
A avaliación contínua valorará a consecución dos diferentes estándares de aprendizaxe mediante varios procedementos de avaliación: Cuestionarios-exame, Comentario de texto , traballos propostos individuais e cooperativos.
PROCEDEMENTO MÍNIMO PONDERACIÓN INSTRUMENTO
Cuestionario: 1 ou 2 por avaliación 5 puntos sobre 10 50,00% EXAME
Traballos propostos na aula virtual Nivel C na rúbrica de avaliación
40,00% RÚBRICA
Comentario de texto: 1 por avaliación
(*) No caso de non realizar este procedemento nalgunha avaliación parcial, este 1pto computarase nos cuestionarios-exame (60%)
1 punto sobre 10 10,00% RÚBRICA
Os cuestionarios/exames servirán para avaliar a aprendizaxe do vocabulario técnico e específico e os conceptos teóricos desenvolvidos en cada bloque temático no proceso avaliador dos estándares e das competencias básicas CLLe CAA Os traballos individuais e cooperativos permiten avaliar as competencias CSIEE, CD, CSC e CMCCT. A media de cualificación se establecerá a partir da avaliación dos procedementos sinalados: consiste na cualificación dos cuestionarios-exame e do comentario de texto (60% na nota); e na valoración dos traballos realizados (40%).
A recuperación dalgunha das avaliacións parciais consistirá nunha proba tipo exame que recolla os contidos dados en cada trimestre e na realización de traballos para correxir os posibles erros cometidos nas actividades presentadas. A nota final de curso será a media das tres avaliacións. Para aprobar a materia o alumnado terá que acadar un 5 como mínimo na nota final .
Aqueles alumnos/as que non superen a cualificación de 5 puntos no cálculo da media das tres avaliacións deberán presentarse a un exame final de toda a materia.
A cualificación do exame establecerase sobre 10 puntos e o alumno/a deberá conseguir cando menos 5 para superar a materia. O exame pode ter a estrutura seguinte:
§ Dúas cuestións de desenvolvemento temático (5 ptos). § Comentario de texto con cuestións (3 ptos). § Explicación dun exemplo/caso práctico (2 ptos).
No caso de que un alumno empregue para a realización das probas calquera acción fraudulenta e non autorizada (uso de dispositivos móbiles, de anotacións no autorizadas, apuntes propios, etc), logo da comprobación por parte do profesorado e comunicado ao alumno/a será cualificado de 0 na proba e deberá recuperar a avaliación correspondente.
Avaliación extraordinaria: No caso de non acadar a nota final de 5 ptos en xuño, poderá presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro. Esta proba terá a mesma estrutura, contidos e criterios de avaliación que o exame final de xuño.
Indicadoresdelogroparaavaliaroprocesodoensinoeaprácticadocente.
A continuación presentamos as rúbricas cos criterios de avaliación para avaliar as actividades e traballos así como os seus indicadores de logro:
A B C D
Realiza as actividades de xeito insuficiente, tanto no desenvolvemento dos contidos como na forma de presentación.
Realiza as actividades de xeito incompleto, aínda que os aspectos clave están tratados brevemente, carecen de orde e coherencia.
Realiza as actividades seguindo as pautas establecidas e de xeito completo, pero non profundiza en análise crítica nin aporta unha perspectiva persoal.
Realiza as actividades con profundización nos contidos, ofrecendo argumentacións lóxicas e con tratamento, conclusión/valoración persoal.
1 pto 2ptos Indicador mínimo de logro: 3 ptos
4 ptos
Para avaliar a actividade de Comentario de texto establécese a seguinte rúbrica:
0 ptos Non responde de xeito correcto ás cuestións adxuntas ao texto.
Presenta incorreccións de tipo ortográfico e/ou respostas incoherentes.
Non realiza conclusión e/ou valoración persoal.
0,5 ptos
Indicador mínimo de logro
Responde á metade das cuestións adxuntas de xeito correcto.
Corrección ortográfica e coherencia lóxica.
Non realiza conclusión e/ou valoración persoal.
1 pto Responde á totalidade das cuestións do texto correctamente.
Corrección ortográfica e coherencia lóxica.
Realiza unha conclusión e/ou valoración persoal
Para a avaliación dos cuestionarios e exames establecemos os seguintes criterios:
Cada cuestionario ou exame contará cun determinado nº de cuestións de diverso tipo, teóricas e prácticas, que requerirán respostas concretas de definición ou ben respostas razoadas que permitan relacionar os contidos correspondentes de cada bloque temático.
0 – 2 ptos Non responde de xeito correcto ningunha pregunta do cuestionario ou exame.
Responde algunha das cuestión de xeito desordenado, con erros ortográficos e incoherencias nas argumentacións, e fallos na relación dos conceptos esixidos.
3 - 4 ptos
Indicador
mínimo de
logro
Responde correctamente polo menos á metade (50%) das cuestións plantexadas .
Non presenta erros ortográficos nin incoherencias nas respostas.
Identifica con claridade os conceptos esixidos, pero non os desenvolve totalmente.
5 ptos Responde de xeito correcto todas as cuestións propostas.
Non comete erros ortográficos nin incoherencias nas respostas.
Relaciona correctamente os conceptos esixidos e os explica razoadamente.
Feita esta avaliación inicial, concretaranse e desenvolveranse as actividades individuais e cooperativas que sirvan mellor ás súas expectativas e intereses, e co obxectivo de axudarlles a crear un escenario común de interacción e comunicación. Poderán modificarse os elementos e tempos das probas obxectivas de avaliación se houbese algún caso que o aconselle o Departamento de Orientación.