Post on 07-Nov-2014
description
Erupción dun volcán en ISLANDIA
Las cenizas del volcán Eyjafjalla se elevaron en una nube de 10 kilómetros
Os volcáns
• Estes días estamos un pouco
asustados porque oímos que
non poden voar os avións por
culpa da erupción do volcán
EYJAFJALLA en Islandia.
• Pero…, que é un Volcán ??
E…. por que pode facer tanto
mal??
• Os nenos de 2º puxémonos a
investigar.
Que é un volcán?
Por que se produce? Partes dun volcán Tipos de volcáns
Que é un volcán?
• Un volcán é unha abertura na
Terra pola que saen gases,
lava, e materiais sólidos como
as bombas volcánicas, lapilli ...
• Algúns volcáns producen
explosións moi fortes. Lanzan
polo aire cinsas e rochas
ardendo que sepultan e
queiman todo o que hai
arredor.
• O magma que sae polo cráter
pode chegar moi lonxe.
Por que se producen os volcáns?
• O interior da terra está
formado por rochas
derretidas nas que flotan as
placas tectónicas .
(Continentes)
• Cando chocan as placas ,
rompe a codia terrestre e
sae a lava, cinsas,… que
forman o volcán.
• Hai moitos millóns de anos
había moitos volcáns na
terra e deron lugar a
atmósfera, aos mares e as
montañas.
Partes dun volcán• Magma: rochas fundidas
que saen ao exterior
• Cráter: boca ou burato
por onde sae ao exterior
a lava e os gases.
• Chimenea: Fendedura
por onde sube o magma
dende a cámara
magmática.
Cinsas: anacos pequeniños de rochas mesturados con gases que saen ao exterior.Cámara magmática:Bolsa onde está o magma incandescente no interior da terra.Fumarolas: gases que saen ao exterior por pequenas fendeduras da terra.
Tipos de volcáns.• Segúndo a forma :
• Submarino: Son os que
abren debaixo da auga.
Poden chegar a formar illas.
• Cónicos: Son os que botan
lava moi espesa que cando
seca forma unha montaña
moi alta.
• En escudo: Botan lava moi
líquida que se estende
moito antes de arrefriar.
• Segundo a erupción :• Hawaiano : Bota moita
lava e poucos gases.• Estromboliano: fai
explosións cada pouco tempo e forma grandes conos volcánicos. Bota moitos gases.
• Vulcaniano: Desprende moitos gases e moita cinsa. E fai explosións moi fortes.
Curiosidades.
Perigos dun volcán
• Que a lava chegue a unha poboación e a destrúa como pasou en Pompeya (Italia)
• Que as cinsas cubran moito espacio e non deixen pasar a luz do sol, contaminen o aire e non se poida respirar
• Que produzan olas xigantescas co risco de inundacións.
• Beneficios dun volcán:
• As rochas volcánicas úsanse para
pulir, para fregar, revestir fornos,
…
• As augas termais para curarnos.
• As cinsas serven de abono para
as leiras.
• Hai uns 1.500 volcáns activos en
todo o mundo. Se non houbese
terremotos e volcáns poderíase
acabar a vida sobre a terra.
Volcáns famosos
Nevado del Ruíz .Colombia. Fuji-Yama. Japón Etna. Italia
Teide . Canarias Santa Helena (Estados unidos) Vesubio (Italia)
Bibliografía
• La voz de Galicia.
•es.wikipedia.org/wiki/Volcán
centros3.pntic.mec.es/cp.valvanera/volcanes/.../queson.html
El universo de los jóvenes. ¿Qué es? Grijalvo
El universo de los jóvenes. ¿Dónde? Grijalvo
Nuestro planeta Tierra. Edelvives
Toda esta información e as imaxes son usadas exclusivamente con fins educativos. Se algunha estivera protexida con dereitos de autor , rogamos no lo comuniquen para retirala.