Post on 21-Aug-2020
Educación Plástica e Audiovisual 1º ESO-C 2019-2020
Docente: Carlos Matos Bugallo
IES de Ames
Estes son os derradeiros exercicios para o que resta de curso. Como foi o caso coa primeira entrega, unha vez rematados abondará con enviar unha fotografía clara deses exercicios.
Os exercicios subiranse á AULA VIRTUAL ou enviaranse ao seguinte correo:
jmatos@edu.xunta.es
Estes traballos serán avaliados pero a nota obtida será unicamente orientativa e, de considerarse para a media final da terceira avaliación, será exclusivamente para que o alumnado poida mellorar a súa nota e en ningún caso terá efectos negativos.
A data límite para a entrega das actividades é o 15 de xuño de 2020
Nome:............................................................................................... 1ºESO-C
Actividade 1: Cores quentes e fríos Data de entrega 15 de xuño de 2020
Na aula xa fixemos un exercicio para comparar as cores quentes e as frías: eran dúas bolboretas debuxadas cunha liña negra e os
espazos en branco. Unha tiñades que pintala con cores fríos e a outra con cores quentes (aquí enriba podedes ver exemplos de tonos
fríos e tonos quentes).
Na seguinte folla tedes a plantilla de dúas máscaras, para colorear unha con cores fríos e outra con cores quenetes. Se non as podedes
imprimir podedes copialas aproximadamente noutra folla.
O exercicio puntuarase sobre 10. Para conseguir boa nota tedes que distribuir ben as cores, colorear sen raiar, sen sairvos das liñas de
referencia e sen deixar espazos en branco.
Materiais: lápices de cores, rotuladores, pintura…
Nome:............................................................................................... 1ºESO-C
Actividade 2: Facemos rostros Data de entrega 15 de xuño de 2020
Na seguinte folla tedes a plantilla dun rostro. Como vedes non ten rasgos (ollos, , boca, cellas…). A vosa misión é poñerlle rasgos a ese
rostro. Pero non o farémos pintando ou debuxando, senón pegando obxectos nelas. Usaremos calquera tipo de obxectos e materiais
que teñades na casa: botóns, macarróns, arroz, trozos de tela, papel de aluminio, lana… Todo vale e irémolo pegando sobre a plantilla
ao noso gusto. Se non podedes imprimir a plantilla abondará con debuxar noutra follas un óvalo aproximados coa forma dun rostro.
O exercicio puntuarase sobre 10, tendo en conta a riqueza de materiais empregados, a precisión e a limpeza no traballo e a similitude
final cun rostro.