Post on 14-Jul-2020
DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE
COMPOSTELA,
CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión
ordinaria celebrada o día 19 de xuño de 2020 aprobou as bases para o desenvolvemento dunha docencia
presencial segura no curso 2020-2021, nos termos do documento adxunto.
E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace
do sr. reitor.
Vº e prace
O reitor
Antonio López Díaz
Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo
común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 1 / 20
CURSO 2020-2021
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 2 / 20
ÍNDICE
Preámbulo ................................................................................................................... 3
Base Primeira. Suxeitos responsables ..................................................................... 8
a) Ámbito da seguridade sanitaria ......................................................................... 8
Xerencia ............................................................................................................... 8
Gabinete do Reitor .............................................................................................. 9
Persoas responsables das instalacións ............................................................ 9
Persoas responsables da prestación de servizos ............................................ 9
Persoal e alumnado ............................................................................................ 9
b) Ámbito docente ................................................................................................ 10
Vicerreitorías e Secretaría Xeral ...................................................................... 10
Persoas responsables das titulacións ............................................................ 10
Persoal Docente e Investigador ....................................................................... 10
Persoas responsables dos servizos de apoio ................................................ 10
Estudantado ...................................................................................................... 10
Base Segunda. Recursos e espazos ....................................................................... 11
Recursos humanos ............................................................................................... 11
Formación e información ..................................................................................... 11
Recursos materiais e espazos ............................................................................. 12
Base Terceira. Escenarios ....................................................................................... 12
Escenario 1: normalidade adaptada .................................................................... 12
Escenario 2: distanciamento ................................................................................ 13
Escenario 3: peche das instalacións ................................................................... 13
Base Cuarta. Medidas de protección da saúde ...................................................... 13
Escenario 1 ............................................................................................................ 13
Escenario 2 ............................................................................................................ 14
Escenario 3 ............................................................................................................ 14
Base Quinta. Medidas de adaptación da docencia ................................................. 14
Escenario 1 ............................................................................................................ 15
Escenario 2 ............................................................................................................ 15
Escenario 3 ............................................................................................................ 16
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 3 / 20
Preámbulo
Os coronavirus son unha extensa familia de virus ARN que poden transmitirse de
animais a humanos e causar enfermidades en ambos. En humanos, causan infeccións
respiratorias que poden ir desde o arrefriado común ata enfermidades máis graves como
a síndrome respiratoria de Oriente Medio (MERS, 2012) e a síndrome respiratoria aguda
severa (SRAS, 2003). A enfermidade COVID-19, provocada polo SARS-CoV-2
(Coronavirus 2 da Síndrome Respiratoria Aguda Severa) converteuse xa nunha
pandemia que, nos primeiros seis meses desde a súa aparición, provocou máis de 8
millóns de contaxios e 450.000 mortes. En España o número de contaxios sitúase ao
redor dos 240.000 e o número de mortes supera xa os 28.000. Só en Galicia se
diagnosticaron máis de 9.000 casos e contabilizáronse 619 mortes, dende que se
confirmara o primeiro caso o 23 de marzo.
Aínda que tanto en Galicia como no conxunto de España o número de contaxios se
reduciu significativamente, o risco de rebrote permanece e non podemos descartar
novas ondas, principalmente asociadas á entrada do outono e inverno, cando as
condicións de temperatura e humidade así como a vida en espazos cerrados facilitarán
o contaxio. Ademais, os datos de seroprevalencia mostran que en Galicia unicamente
ao redor do 2% da poboación presenta anticorpos, polo que a potencial chegada da
segunda onda encontraría a practicamente toda a poboación non inmunizada.
A COVID-19 pode manifestarse como unha infección asintomática (en torno ao 25% dos
casos), unha infección leve do tracto respiratorio superior ou unha pneumonía vírica
severa con insuficiencia respiratoria e mesmo a morte. Os signos e síntomas ao comezo
da enfermidade inclúen febre, tose, fatiga, anorexia, dificultade para respirar, produción
de esputo ou mialxias. Idades superiores a 60 anos e distintas comorbilidades
constitúen importantes factores de risco de enfermidade grave e morte. Ata o momento,
non hai ningunha vacina nin medicamento antiviral específico para previr ou tratar a
COVID-19 e non se espera que estean dispoñibles nun futuro próximo para a súa
utilización a gran escala.
A transmisión da COVID-19 prodúcese principalmente de persoa a persoa a través do
contacto directo e das pingas respiratorias, tanto dos enfermos como das persoas que
estando infectadas son asintomáticas. A transmisión por aerosois, aínda que se
describiu en condicións experimentais ou hospitalarias, non constitúe unha vía relevante
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 4 / 20
en poboación xeral. A transmisión por obxectos contaminados como papel ou cartón
non pode descartarse, aínda cando a supervivencia do virus nestas superficies non
supera as 24 horas. A evidencia dispoñible mostra que a inmensa maioría dos contaxios
se produce en ambientes pechados e entre persoas situadas a menos de 2 metros de
distancia.
A necesidade de facer fronte á emerxencia sanitaria levou á declaración o 14 de marzo
de 2020 do estado de alarma pola crise sanitaria derivada do brote de coronavirus
SARS-Cov-2 (COVID-19), o que deu lugar ao peche das instalacións da Universidade
de Santiago de Compostela en cumprimento das disposicións da autoridade
competente, ao adoptar medidas que incidiron directamente nas actividades que
prestan as institucións de educación superior.
O goberno da Universidade de Santiago de Compostela adoptou as medidas necesarias
para manter os servizos esenciais, reforzar aqueloutros necesarios para o escenario de
traballo e docencia non presencial e prestar apoio a actividades directamente
relacionadas coa COVID-19, como os numerosos proxectos de investigación ligados á
busca de solucións ante a epidemia por coronavirus ou as múltiples iniciativas solidarias
que proveron de material sanitario o sistema de saúde durante este tempo.
Así mesmo, a evolución favorable da situación traduciuse na adopción por parte do
Consello de Ministros o 28 de abril do “Plan para la transición hacia una nueva
normalidad”, que estableceu unha serie de fases co obxectivo de reactivar
paulatinamente a actividade produtiva e desconfinar a poboación en función do
cumprimento dunha serie de parámetros epidemiolóxicos e económicos.
A Universidade de Santiago de Compostela está desenvolvendo normativa para a
aplicación das distintas fases previstas no plan coa implicación dos responsables das
instalacións que prepararon, mediante plans de reinicio da actividade, a aplicación das
medidas contidas na Guía de actuacións fronte ao coronavirus COVID-19 para os
centros e persoal da USC con traballo presencial e co apoio e supervisión dos servizos
de Prevención e Vixilancia da Saúde.
Tal e como prevé o “Plan para la transición hacia unha nueva normalidad”, unha vez
superadas as catro fases, rematan as restricións sociais e económicas, pero mantense
a vixilancia epidemiolóxica, a capacidade reforzada do sistema sanitario e a
autoprotección da cidadanía.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 5 / 20
De cara ao inicio do curso académico 2020/2021 hai que ter presente o cronograma que
figura no Plan e que prevé unha apertura do curso universitario con seguridade
adaptada (Anexo I), aínda que non é posible ter unha certeza neste momento da
evolución da situación, polo que serán os condicionantes de índole sanitaria os que
marquen as medidas a adoptar.
Porén, a programación do curso académico debe facerse de xeito inminente, polo que
cómpre establecer uns principios básicos que sirvan para adoptar as decisións
pertinentes, tendo presente que o curso 2020/2021 debe programarse cos recursos
humanos e materiais dos que se dispón neste momento.
A evolución da situación de pandemia xerou desconcerto na comunidade universitaria
polo intenso grao de flexibilización das medidas de mobilidade social, mesmo no ámbito
do ocio persoal, fronte ás limitacións que se manteñen no ámbito laboral. En relación
con isto, todos debemos ser conscientes de que a prevención de riscos no ámbito
laboral tivo sempre, e terá, unha intensidade moito maior que naquelas contornas onde
a liberdade individual ou colectiva é o valor que prevalece.
No momento actual, manter unha distancia social mínima, o lavado sistemático e
meticuloso de mans con xabón ou solución hidroalcohólica e a utilización da máscara
facial sempre que non podamos manter a distancia de seguridade constitúen medidas
de obrigado cumprimento para evitar a transmisión da enfermidade.
Coas premisas anteriores, constituíronse dous grupos permanentes de traballo, por
unha banda, o Comité para a Seguridade Sanitaria no curso 2020/2021 e, por outra, a
Comisión para a Planificación Docente do curso 2020/2021, formados polos seguintes
membros:
Comité para a Seguridade Sanitaria no curso 2020/2021
- Javier Ferreira Fernández, xerente da Universidade
- Carlos Toural Bran, director do Gabinete do Reitor
- Jesús López Romalde, director do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía
- Francisco Caamaño Isorna, director do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía,
Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Joaquín Vidal Portabales, profesor de Dereito do Traballo
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 6 / 20
- Pilar Martínez García, vicexerenta de Persoal, Investigación e Planificación
Estratéxica
- Juan Oreiro Formoso, xefe da Oficina do Servizo de Prevención de Riscos
- María Isabel García del Río, responsable de Seguridade do Servizo de Prevención
de Riscos
- Ángeles Sandar Picado, directora do Servizo de Vixilancia da Saúde
Comisión para a Planificación Docente do curso 2020/2021
- María José López Couso, vicerreitora de Titulacións e Captación Internacional
- Mª Celia Besteiro Rodríguez, vicerreitora de Organización Académica
- Jacobo Limeres Posse, vicerreitor de Calidade
- Gumersindo Feijoo Costa, vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e
Sustentabilidade
- Beatriz García Antelo, directora do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe
(CeTA)
- José Manuel Velo García, director da Área de Tecnoloxías da Información e das
Comunicacións (ATIC)
- Lorena Casal Otero, profesora da Facultade de Ciencias da Educación
- Pablo César Muñoz Carril, profesor da Facultade de Formación do Profesorado
- Ignacio Miguel Palacios Martínez, profesor da Facultade de Filoloxía
- Eva María Candal Suárez, profesora da Facultade de Bioloxía
- Luis Lima Rodríguez, profesor da Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Natalia Pérez Rivas, profesora da Facultade de Dereito
- Francisco Omil Prieto, profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- María José Rodríguez Malmierca, responsable da Área de e-learning e colaboración
do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 7 / 20
Tanto o Comité para a Seguridade Sanitaria como a Comisión para a Planificación
Docente poderán convidar, de xeito puntual, a outras persoas pertencentes a distintos
colectivos a participar nalgunha das súas reunións.
O obxectivo é que estes grupos de traballo permanentes desenvolvan as bases onde
se contemplen as adaptacións necesarias para a continuación da actividade
universitaria en distintos escenarios, segundo as medidas que adopten as autoridades
sanitarias en función da evolución da enfermidade e en previsión de que se produzan
rebrotes durante o curso 2020/2021.
No apartado 5.4 do Anexo da Resolución do 12 de xuño de 2020 da Secretaría Xeral
Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello
da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias
para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase
III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, indícase o seguinte: “Para
o sistema universitario galego, as universidades aprobarán un protocolo en que se
regulen para toda a actividade académica as medidas de prevención axeitadas para o
retorno á actividade lectiva”.
Ao amparo deste acordo, formúlanse as presentes bases, que atenden aos seguintes
principios:
- O respecto ao carácter presencial da docencia na Universidade de Santiago de
Compostela.
- A flexibilidade, necesaria para a adaptación da actividade universitaria aos diferentes
escenarios, buscando fórmulas adaptables para atender ás diferenzas entre as
titulacións que se imparten.
- A responsabilidade de todos os axentes que conforman a comunidade universitaria,
tanto a nivel colectivo como a nivel individual.
Estas bases teñen en conta a experiencia desenvolvida polo Servizo de Prevención de
Riscos en relación coas avaliacións de riscos laborais e plans de autoprotección
obrigatorios dos que dispón cada edificio da Universidade, así como a documentación
que se elaborou e difundiu durante a pandemia que levou á declaración do estado de
alarma en marzo de 2020.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 8 / 20
Entre esta última, destacan os plans de reinicio da actividade presentados nas
diferentes fases polos centros docentes, investigadores e administrativos da USC, que
están permitindo a recuperación da actividade en condicións de seguridade e que son
un precedente adecuado para un escenario de convivencia coa enfermidade activa
entre a poboación.
As medidas que se dispoñan para cada escenario serán completadas en cada momento
coa normativa adecuada.
Así mesmo, estas bases serán obxecto de exposición e debate no seo da comunidade
universitaria e, unha vez aprobadas, serán actualizadas en función dos condicionantes
de índole sanitaria. Antes da súa aprobación, serán sometidas a consulta da
representación legal dos traballadores/as, en materia específica de prevención de riscos
laborais, no seo do Comité de Seguridade e Saúde Laboral.
Coa información dispoñible nese momento, prevese que o Reitor comunique o 31 de
xullo á comunidade universitaria o escenario aplicable ao inicio do curso 2020/2021.
Base Primeira. Suxeitos responsables
Entre os elementos máis importantes en situacións de risco están a cadea de mando e
a comunicación interna e externa. Toda a comunidade universitaria debe ter clara a
toma de decisións e as canles de comunicación ás que deberá atender. Por iso, cómpre
definilos con claridade como elementos clave que son e distinguir entre as
responsabilidades no ámbito da seguridade sanitaria e as responsabilidades no ámbito
docente.
a) Ámbito da seguridade sanitaria
Xerencia
En coordinación co Servizo de Prevención de Riscos e de Vixilancia da Saúde, será a
responsable dos peches totais ou parciais de edificios e de dispoñer as actuacións que
deberán realizar as persoas responsables das instalacións.
Na súa función de asesoramento e apoio técnico en materia de seguridade e saúde
laboral, corresponderá ao Servizo de Prevención de Riscos a elaboración dun
procedemento de actuación en caso de declaración de enfermidade infecciosa ou dun
rebrote. Este procedemento estará en continua revisión para adaptarase á situación
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 9 / 20
existente e cumprir coa normativa de aplicación en cada momento. Na actualidade
cumpre este cometido a Guía de actuación fronte ao coronavirus covid-19 para centros
e persoal da USC con traballo presencial:
https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/Guia-para-persoal-
da-USC-25-05-2020.pdf
A Xerencia será tamén a responsable da compra do material de prevención e
desinfección necesario para afrontar cada escenario en condicións de seguridade
sanitaria.
Gabinete do Reitor
Corresponde ao Gabinete do Reitor a xestión da comunicación interna e externa
aplicable a cada escenario. Así mesmo, correspóndelle o deseño das campañas de
información dirixidas á comunidade universitaria.
Persoas responsables das instalacións
Coinciden coas persoas responsables identificadas nos Plans de Autoprotección dos
edificios polo que dispoñen dun coñecemento exhaustivo dos establecementos, as súas
instalacións e os sectores ou zonas de risco potencial. Así mesmo, coñecen os medios
de protección dispoñibles e serán os responsables de aplicar as instrucións emanadas
da Xerencia.
Contarán coa colaboración do persoal responsable da prestación de servizos para o
desenvolvemento das medidas a aplicar.
Persoas responsables da prestación de servizos
Investigadores e investigadoras principais que desenvolvan proxectos en laboratorios
así como as persoas responsables dos servizos e unidades administrativas. No seu
ámbito, aplicarán as instrucións que lles correspondan e velarán polo cumprimento das
medidas de prevención aplicables en cada escenario.
Persoal e alumnado
Serán responsables a nivel individual do cumprimento das medidas de prevención e
autoprotección en cada escenario, de conformidade coas guías de actuación, as
campañas de información e a formación que a Universidade facilite en cada momento.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 10 / 20
b) Ámbito docente
Vicerreitorías e Secretaría Xeral
As/os vicerreitoras/es membros da Comisión para a Planificación Docente do curso
2020/2021 serán responsables da supervisión e xestión das actuacións relativas á
planificación académica, ao seguimento das titulacións e ás necesidades tecnolóxicas
aplicables a cada un dos escenarios descritos na base segunda.
A Secretaría Xeral será a encargada de velar pola adecuación das devanditas
actuacións á normativa en vigor.
Persoas responsables das titulacións
Correspóndelles ás direccións de centros e departamentos así como ás coordinacións
das titulacións de grao e mestrado velar polo cumprimento, dentro do seu ámbito de
competencias e de acordo coas directrices establecidas para cada escenario, do
previsto na planificación académica para o curso 2020/2021.
Persoal Docente e Investigador
No marco das competencias dos departamentos, será responsable do proceso ensino-
aprendizaxe, que inclúe a elaboración da programación docente e da impartición da
docencia das materias de grao e mestrado que teña asignadas no seu POD, de acordo
coas directrices específicas que se establezan no seu momento para cada un dos tres
escenarios.
Persoas responsables dos servizos de apoio
Correspóndelles a implementación dos procedementos da planificación académica
(SXOPRA), o asesoramento técnico e pedagóxico no uso do campus virtual e a
formación do profesorado (CeTA), a formación do estudantado (BUSC), a supervisión
do funcionamento dos sistemas informáticos para a impartición da docencia e a
avaliación (ATIC), o seguimento do desenvolvemento das actividades académicas do
curso (Área de Calidade e Mellora dos Procedementos) e a seguridade xurídica da
información (Secretaría Xeral).
Estudantado
Será responsable a nivel individual da asistencia a clase e da realización das actividades
académicas que lle encargue o profesorado no desenvolvemento das materias das que
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 11 / 20
está matriculado, de acordo coas directrices específicas que se establezan no seu
momento para cada un dos tres escenarios.
Base Segunda. Recursos e espazos
Os recursos humanos e materiais son fundamentais para afrontar os diferentes
escenarios que unha enfermidade como a COVID-19 pode obrigar a ter que configurar.
Neste sentido, os eixos aos que se debe dar resposta son os seguintes:
- A protección da saúde dos membros da comunidade universitaria.
- A adecuación da actividade universitaria, nomeadamente a docencia, aos diferentes
escenarios que se poidan producir.
- A información e formación da comunidade universitaria para a súa autoprotección e
prevención de riscos que afecten á saúde, así como para a súa adaptación ás fórmulas
de traballo, docencia e investigación que se poidan desenvolver en cada escenario.
- A previsión e posta a disposición do material necesario para a protección e prevención,
así como dos equipamentos e ferramentas necesarias para os cambios da modalidade
presencial á virtual, tanto no ámbito laboral como no docente, que sexa preciso
implementar nos distintos escenarios.
Tendo en conta o anterior, as medidas a aplicar en relación cos recursos humanos e
materiais serán as seguintes:
Recursos humanos
- Desenvolvemento, nos termos previstos, dos plans destinados aos diferentes
colectivos que conforman o seu capital humano.
Formación e información
- A elaboración de campañas de información sobre a enfermidade COVID-19 destinadas
á comunidade universitaria e que promovan unha cultura da autoprotección.
- A oferta complementaria de accións específicas de formación sobre prevención de
riscos laborais relacionados coa enfermidade e unha oferta de formación dirixida a
facilitar as adaptacións necesarias a nivel laboral e docente en cada escenario.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 12 / 20
Recursos materiais e espazos
- A provisión de material de prevención suficiente para facer fronte aos escenarios nos
que é preciso convivir coa enfermidade activa.
- O reforzo e mellora dos equipamentos informáticos e das ferramentas tecnolóxicas
para os escenarios nos que é preciso realizar actividades a distancia.
- No uso dos espazos docentes deberase prever algunha franxa horaria para atender
os labores de limpeza e hixienización e minimizar o movemento dos grupos de
estudantes dentro dos centros, evitando, na medida do posible, os cambios de aula.
Base Terceira. Escenarios
A definición dos escenarios posibles tendo en conta a experiencia durante o estado de
alarma e as referencias incluídas no “Plan para la transición hacia una nueva
normalidad” serán obxecto de desenvolvemento, de conformidade coas previsións
sanitarias, no momento no que se declaren.
Escenario 1: normalidade adaptada
Neste escenario prevese a convivencia con algunhas medidas de autoprotección da
poboación, como as máscaras faciais ou o uso de xeles desinfectantes, entre outras.
Tamén se agarda o mantemento dalgunhas restricións que afecten a eventos de certa
afluencia e que poderían ter incidencia en determinadas actividades universitarias,
como poden ser os actos de graduación do alumnado.
As actuacións neste escenario orientaranse á consolidación dunha cultura de
prevención en relación coas enfermidades infecciosas, difundindo información e
facilitando a formación que permita un mellor control cando se declara unha
enfermidade infecciosa ou no caso dun rebrote. O obxectivo destas actuacións será que
a comunidade universitaria entenda a importancia e amose o seu compromiso co
cumprimento das medidas de prevención, xa que a contención deste tipo de
enfermidades depende, en boa parte, da responsabilidade individual e colectiva.
Así mesmo, deberán estar dispoñibles os materiais de prevención e desinfección
necesarios para a actividade habitual da Universidade e a sinalética adecuada a cada
espazo.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 13 / 20
Escenario 2: distanciamento
Este escenario formúlase con condicións similares á fase III do “Plan para la transición
hacia una nueva normalidad”, é dicir, con medidas de protección activas que as persoas
deben aplicar obrigatoriamente, como o distanciamento de seguridade, o uso de
máscaras faciais e medidas organizativas como o control de accesos e aforos ou
barreiras de separación entre as persoas, entre outras medidas.
Neste escenario a prevención dos contaxios é clave para a contención da enfermidade,
polo que se contemplan restricións no uso dos espazos, a desinfección e limpeza
reforzada e, incluso, a posibilidade de peche parcial das instalacións no caso de ter
coñecemento de brotes que afecten a instalacións localizadas.
Escenario 3: peche das instalacións
Esta situación contémplase en termos similares á fase de hibernación que tivo lugar
entre o 30 de marzo e o 9 de abril de 2020. En atención ás medidas que dispoñan as
autoridades sanitarias, prevese un novo confinamento da poboación, o peche das
instalacións da Universidade e a determinación das funcións esenciais que deberán
manterse.
Base Cuarta. Medidas de protección da saúde
Escenario 1
- Uso de material de autoprotección en función das disposicións das autoridades
sanitarias.
- Mantemento dunha provisión suficiente de material de protección, sinalética adecuada
e material desinfectante.
- Desenvolvemento da formación en prevención de riscos laborais centrado en boas
prácticas que reduzan o contaxio en supostos de declaración de enfermidades
infecciosas, co obxecto de crear unha cultura reforzada da prevención.
- Campañas informativas dirixidas á comunidade universitaria.
- Seguimento e control da densidade de ocupación dos edificios para o suposto dunha
normalidade adaptada na que determinadas actividades deban contar con aforo
limitado.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 14 / 20
Escenario 2
- Establecemento dos protocolos de actuación para o control de accesos e aforos, a
implantación de medidas de distanciamento de acordo coas instrucións das autoridades
competentes e o peche parcial de instalacións, se fora o caso.
- Adopción das medidas adecuadas aos espazos de conformidade coas
recomendacións sanitarias e as guías de actuación aplicables, reducindo a
presencialidade de persoal e asegurando a distancia de seguridade recomendada, se é
o caso. Implicará a elaboración de plans de actuación en cada instalación para a
adaptación dos espazos e a adopción, se é o caso, de medidas organizativas.
- Establecemento dos protocolos de actuación para a comunicación da aparición de
síntomas a nivel interno e a coordinación coas autoridades sanitarias para o seguimento
e control de casos.
- Establecemento das canles de comunicación interna á comunidade universitaria sobre
a declaración do escenario e a información sobre as medidas adoptadas e as actuacións
a realizar.
Escenario 3
- Peche das instalacións e determinación das funcións esenciais que se deberán manter
e implicarán a presenza de persoal.
- Establecemento das canles de comunicación interna á comunidade universitaria
durante a situación e a difusión da información sobre as medidas a adoptar.
Base Quinta. Medidas de adaptación da docencia
No contexto de incerteza en que nos atopamos, débense adoptar algunhas previsións
en relación coas estratexias docentes, de xeito que se minimice o impacto no proceso
de ensino-aprendizaxe, e na consecución por parte do estudantado das competencias
asociadas aos títulos, dun eventual cambio de escenario durante o próximo curso
académico. Estas previsións deben recollerse na programación docente das materias
para cada un dos escenarios, de xeito que queden rexistradas de cara a futuros
procesos de seguimento e acreditación dos títulos. Os procedementos para recoller o
grao de satisfacción dos grupos de interese co proceso de ensino-aprendizaxe
adaptaranse tamén aos distintos escenarios.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 15 / 20
Escenario 1
- A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As
titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
- A modalidade preferente para a realización das prácticas será a presencialidade. É
recomendable establecer unha rotación máis curta nos grupos de prácticas.
- Con carácter xeral, deberá preverse a avaliación continua formativa, ben como único
criterio de avaliación, ben combinada con probas finais.
- Con carácter xeral, as probas finais serán de carácter presencial.
- Deberá garantirse a accesibilidade dos materiais que constitúan a bibliografía básica
(libros, artigos, páxinas web, protocolos, vídeos, titoriais etc.) de acordo coas condicións
do escenario.
- Con carácter xeral, recoméndase que os programas de mobilidade se circunscriban
ao segundo cuadrimestre.
Escenario 2
- A docencia presencial convivirá coa virtual. Corresponderalles aos centros definir as
fórmulas de convivencia de ambas as modalidades de docencia, en función de cada
titulación.
- Deberá preverse unha rotación máis curta nos grupos de prácticas, de xeito que se
asegure a equidade da presencialidade na formación de todo o alumnado.
- Con carácter xeral, deberá preverse a avaliación continua formativa, ben como único
criterio de avaliación, ben combinada con probas finais. As probas finais, de ser o caso,
serán preferentemente de carácter telemático.
- Deberá garantirse a accesibilidade dos materiais que constitúan a bibliografía básica
(libros, artigos, páxinas web, protocolos, vídeos, titoriais etc.) de acordo coas condicións
do escenario.
- Con carácter xeral, recoméndase que os programas de mobilidade se circunscriban
ao segundo cuadrimestre, combinando a mobilidade física coa mobilidade virtual, tanto
para o alumnado entrante como para o alumnado saínte.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 16 / 20
Escenario 3
- A docencia será completamente de carácter virtual, ben con mecanismos síncronos,
ben con asíncronos.
- Con carácter xeral, deberá preverse a avaliación continua formativa, ben como único
criterio de avaliación, ben combinada con probas finais.
- Non existirán probas finais presenciais, sendo posibles soamente as de carácter
telemático.
- Deberá garantirse a accesibilidade dos materiais que constitúan a bibliografía básica
(libros, artigos, páxinas web, protocolos, vídeos, titoriais etc.) de acordo coas condicións
do escenario.
- O estudantado entrante e saínte que participe en programas de mobilidade seguirá a
docencia virtual síncrona e/ou asíncrona das materias incluídas no seu acordo de
estudos.
A Reitoría, as Vicerreitorías, a Secretaria Xeral e a Xerencia, nos seus ámbitos de
competencia, poderán adoptar as medidas necesarias para o desenvolvemento destas
Bases.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 17 / 20
Anexo I
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 18 / 20
Anexo II Calendario adaptado para a planificación docente do curso 2020/2021 Data límite para a gravación dos horarios das materias na aplicación Xescampus: 03/07/2020 (posteriormente incorporanse a Xescampus de acordo co Regulamento de Planificación Académica).
Data límite para que os departamentos cubran o POD na aplicación Xescampus: 14/07/2020
Data límite para a aprobación da programación docente das materias polos departamentos e comunicación aos centros: 24/07/2020
Data límite para a aprobación da programación docente das materias polos centros e publicación na web institucional da USC: 30/07/2020.
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 19 / 20
Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures
Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA,25/06/2020 17:18:00. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DESANTIAGO DE COMPOSTELA, 25/06/2020 14:46:38.
CSV: A207-03D9-4AF7-A465
Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 20 / 20