Post on 21-Jun-2015
description
Os dominios bioclimáticos
As paisaxes naturais
SELECTIVIDADE
Obxectivo xeral: examinar as principais formacións vexetais ( arbóreas e arbustiva ) e os tipos de paisaxes asociados á Iberia Húmida, Seca e Árida.
Parque Nacional de Garajonai ( A Gomera )
Dehesa estremeña
Bosque de Irati. Navarra
Analizar, finalmente, as consecuencias da acción do
home sobre o medio ( páx 1 )
Erosión, biotopo, bioma, garriga, sotobosque, especie umbrófila, landa, efecto invernadoiro, endemismo, chuvia ácida,
bosque caducifolio, residuos sólidos urbanos, dehesa, especie hidrófila, especie heliófila, especie xerófila vexetación clímax, biosfera, cliserie, desertización
Define os seguintes conceptos ( páx 20 )
Preguntas teóricas ( páx 20 )
- A variedade de paisaxes vexetais en España ( Xuño 2007 )- Caracteres termopluviométricos e paisaxes bioclimáticos na España seca ( Setembro 2005 )- Caracteres termopluviométricos e paisaxes bioclimáticos na España húmida ( Setembro 2004 )
- Factores da distribución da vexetación e os solos na Península Ibérica ( Setembro 1999 ) - A paisaxe vexetal na Iberia Húmida ( Xuño 1999 )
Comentarios ( páx 20 )A distribución da faia na
Península Ibérica
Orientacións: tipoloxía da imaxe ( sistema de representación,
tipo de información, escala ) caracteres xerais do feito
representado, relación con diversos factores xeográficos que
expliquen a distribución etc
A distribución da sobreira na Península Ibérica
Os seres vivos non se distribúen por igual por todo o territorio.
A variedade no relevo e no clima de España deron lugar a unha
grande variedade de ecosistemas.
Un lugar determinado, os seres vivos que o habitan e as relaciónsque se producen entre eles constitúen un ecosistema
Nun ecosistema distínguense dous compoñentes
1. Os seres vivos, oucompoñente biótico
(biocenose)
2. e os elementos inertes do medio, abióticos: auga, solo, rochas,temperatura, humidade...
(biotopo)
é o conxunto formado polo ecosistema dunha áreae os elementos económicos, sociais e culturais (antrópicos)propios dunha sociedade humana.
A paisaxe:
A paisaxe é sobre todo paisaxe vexetal.
A vexetación está integrada por formacións ou grupos de vexetaciónindividualizadas polo seu tamaño e fisonomía.
Podemos distinguir tres tipos básicos
O bosque Porte arbóreo
O mato-matogueira
Porte arbustivo
O prado
Porte herbáceo
A vexetación en España conta cunha grande variedade deespecies: unhas 6000
As distintasespeciesvexetais
distribúenseformandoconxuntos.
No territorio español podemos distinguir catro grandes REXIÓNS BIOXEOGRÁFICAS
FACTORES QUE INFLÚEN NA VEXETACIÓN
CLIMA RELEVO SOLO HOME
Temperaturas
Humidade
Insolación
Vexetación termófilaVexetación criófila
Vexetación higrófilaVexetación xerófila
Vexetación umbrófila
Pisos bioclimátic
os
Orientación das
vertentes
Barlovento/Sotavento
Avesedo/ Solaina
Salinidade
Acidez
Vexetaciónhalófila
Vexetación acidófila
Vexetación basófila
Introducción de
especies
Degradación de
especies
correspóndese coa zona do climaOceánico puro e de transición, e tamén en zonas de mediamontaña con abundantes precipitacións.
Noroeste.Cornisa cantábrica.Zona dos Pireneos.Cordilleira Cantábrica.Sistema Central.Sistema Ibérico.
Rexión eurosiberiana:
A formación vexetal característica é o bosque caducifolio ou defrondosas (vexetación mesófila)
Bosques densos. ( conpoucas especies, formando grandes masas )
Carballo
Faia
Tronco rectilíneo,cortiza delgada,madeira semidurae follas grandesque caen nooutono (caduca)
Faia (Fagus sylvática)Especie que tolera mal o calor e moi ben o frío.
Esixe gran humidade.
O seu crecemento é bastante rápido.
A súa madeira, de boa calidade, é empregada para elaborar mobles e utensilios.
Forma bosques propios ou mixtos (co carballo)
Cordillera Cantábrica
Pireneo navarro
Distribución xeográfica:Comentario de Selectividade
Carballo (Quercus robur) Especie que soporta mal os veránscalorosos.Ten menos tolerancia ao frío que afaia.Esixe menos humidade.
Árbore de crecemento lento.
Madeira dura apta para a construcción,fabricación de mobles e de barcos.
Distribución xeográfica:
CordilleraCantábrica
Galicia
Outras especies asociadas e secundarias
Freixo
Acivro
Chopo
Nas ribeiras dos ríos aparecen especies especializadas destos lugares, moi húmedos e pobres en nutrintes Son especies de porte arborescente como o freixo, tilo, ulmeira ( olmo ) e o pradairo ( arce ).
Pradairo
Ulmeira
Sin deixar de ser un bosque caducifolio, presenta un tipo de bosque propio y diferenciado do
bosque de carballo ou faia circundante
Bidueiro
Un lugar especial dentro do bosque caducifolio ocuparíano o CASTIÑEIRO
Árbore de folla caduca que pode acadar os 35 m de altura
Tronco groso, follas lanceoladas, puntiagudas
e aserradas
Procedente de Asia Menor, foi introducido en Europa polos romanos
Moi apreciado tanto pola
súa madeira como polo
seu froito, a castaña
O sotobosque
No ambiente sombrío do bosquemedran fieitos e musgos
a landa atlánticaFormación arbustiva que pode chegar a alcanzar alturas de 4
metros, constituída por distintas especies
Uces ou breixo
toxo
A degradación do bosque autóctono
A sobreexplotación domonte e a proliferacióndos incendios forestais,unido a unha errática
política de repoboación,son responsables da
progresiva desaparicióndo bosque atlántico.
As especies foráneas de
crecemento rápido desprazan ás
autóctonas
correspóndese coas zonas dos dominiosclimáticos mediterráneo e interior.
Ocupa a maior parteda península.
Rexión mediterránea:
A formación vexetal característica é o bosque esclerófilo, perennifólio
Constituído por especies arbóreasadaptadas á sequedade.
Folla perenne, de pequeno tamaño,Duras ( “ coriáceas “ ) espiñosas.
Árbores de crecemento lento.
Troncos non rectilíneos.Madeira dura.
Raíces moi desenvoltas
Aciñeira(Quercus ilex)
Árbore máis característica e extendida doclima mediterráneo.
Moi resistente á seca. Adáptase a todotipo de solos.De madeira moi dura e resistente.
O seu froito, a landra, serve para alimentar o gando.
Moi ramificadas, formando copas altas epechadas.
Distribución xeográfica:
Os bosques mellor conservado atópanse en:
A súa capacidade de adaptación permítelle
colonizar altitudes desde o nivel do mar ata os 2000 m,
zonas con escasas precipitacións
Serra Morena, Serra do
Guadarrama e Estremadura
Sobreira(Quercus suber)
Necesita invernos suaves, certahumidade (superior a 500 mm/ano),
De madeira moi dura.
A súa codia utilízase para a
obtención de cortiza.
e solos silíceos.
Suroeste da península
Distribución xeográfica:
Sur de Andalucía
Norleste de Cataluña e sur de Castellón
Outras especies asociadas e secundarias
Sabina albar
Oliveira silvestre
Algarrobeira
O bosque mediterráneo presenta unha relativa falta de especies arbóreas
Piñeiro
Os piñeiros tipicamente mediterráneos son o piñoneiro e o carrasco
sendo os dous heliófilos e termófilos
O piñoneiro exténse polos areais costeiros desde Cataluña a Portugal e o carrasco coloniza as terras do leste peninsular
Na actualidade o bosque mediterráneo viu reducida a súa extensión
As roturacións, a introducción doutras especies, os incendiós
forestais estarían entre as causas do retroceso do bosque
esclerófilo mediterráneo
Na actualidade inténtase conservalo mediante o sistema da dehesa
Consiste en aclarar o bosque, limpalo ecombinar o aproveitamento do froito, daleña e da madeira coa agricultura e o pastoreo
Exténse sobre todo nas penichairas estremeñas e
salmantinas e nalgunhas zonas de Serra Morena
A dehesa máis típica está formada pola aciñeira, pero tamén se desenvolve coa sobreira e o quejigo
O sotobosque Vexetación arbustiva e herbácea
É o resultado da degradacióndo bosque pola acción humana.
Sen embargo, ocupa unha ampla extensión no ámbito mediterráneo español
Presenta tres tipos característicos
Maquia ouMaquis
Formación de matogueira esclerófila, densa e pechada que se desenvolve sobre terreos silíceos
está composta por especies que chegan a superar os 2 m de altura e na que poden aparecer
árbores dispersos
madroño
jara
uces
lentisco
retama
Cando a maquia se degrada aparece sobre terreos máis secos a Garriga
formación menos densa de porte máis baixo e con menos variedade de especies que o maquis
Coscoja ou chaparra
Jara
Romero
Tomillo
Lavanda
Está composta por plantas que resisten a calor e a
ausencia de auga. Forma masas de arbustos
espiñentos, con nós e baixos,discontínuos, que
deixan ao descuberto solos pobres.
Estepa
Desenvólvese como como formación
regresiva da maquia e da garriga
Tomillo
Palmito
Espárrago silvestre
Esparto
Carateriza, en particular, ás rexións de clima semiárido do surleste e algunhas zonas moi secas e degradadas do interior ( Monegros, e a Mancha )
Vexetación de montaña:
Sabemos que coa altitude descende a temperatura e
aumentan as precipitacións
A oscilación térmica acentúase
e as condicións climáticas tamén varían segundo a exposición das vertentes en relación ao vento e ao sol
en consecuencia a vexetación disponse en pisos quepresentan formacións vexetais distintas en función da altura.
A cada altitude e disposición da montaña vaille corresponder unha vexetación diferente, estratificada en pisos Dando lugar ás
CLISERIES
CLISERIE
Gráfico esquemático ( diagrama de
aspecto máis ou menos triangular ) que revela
a distribución escalonada de
diferentes tipos de vexetación
cada piso bioclimático estará determinado por unhas determinadas condicións atmosféricas e climáticas
Na cliserie altitudinal a vexetación aparece ordenada en pisos ( bioclimáticos ), desde o nivel do mar ata as cotas máis elevadas
Os pisos bioclimáticos que integran unha cliserie serían as zonas ou niveis definidos por uns determinados umbrais térmicos
As altitudes ás que se atoparían os pisos varían segundo se trate da vertente norte, máis fresca e húmida, ou a sur, máis cálida e seca Os límites sitúanse a maior
altitude nas vertentes sur das cordilleiras
A intervención humana tamén pode influír, pois a cavadura do bosque para instalar pastos fixo descender o límite inferior do piso alpino
1. Piso basal a menor altitude ( ata os 880/1000 m ) posibilita o desenvolvemento dunha vexetación semellante á existente nas chairas limítrofes
2. Piso montano/subalpino
Ata os 2000/2200 m. Nivel caracterizado por un aumento das precipitacións e un acusado descenso das temperaturasAparecen especies hidrófilas e
criófilas, adaptadas a unha maior humidade e ás baixas temperaturas, como as faias, coníferas ( abetos,
pinsapos, piñeiros)
3. Piso alpino/supraforestal
A partir dos 2200 m
Ocupado por unha vexetación de tipo herbácea e praderías 4. Piso nival
Nas montañas máis altas, por riba dos 3000 m
atopamos tan só especie rupícolas, brións e liques
A vexetación de montaña varía segundo a rexión bioxeográfica ( páx 7 )
1. Cliserie alpina ( Pireneos )
2. Cliserie de transición ( Cordilleira Cantábrica e Sistemas Ibérico e Central )
3. Cliserie mediterránea ( Serra Nevada )
área definida por unhas características mediterráneas con influencias africanas e do Atlántico sur.
Illas de Cabo VerdeAzoresMadeira
Rexión Macaronésica:
Illas Canarias
Localizadas na franxa subtropical atlántica, nelas atopamos especies mediterráneas con outras de orixe tropical e atlántico
As peculiaridades xeográficas das Canarias, a súa latitude subtropical, o seu carácter insular, a natureza volcánica do solo…
DAN LUGAR A UNHA ENORME RIQUEZA E VARIEDADE DE ESPECIES Podemos destacar a existencia dun elevado
número de endemismo e de especies relictas ( propias de climas pasados )
Nas illas máis orientais, Fuerteventura e Lanzarote, moi áridas, presentan unha vexetación moi pobre, sudesértica
No resto, a vexetación ordénase nunha sucesión de pisos (cliseries).
Piso basal (nivel do mar-300/500 m)
Piso intermedio (300/500-800 m)
Piso termocanario (800-1200 m)
Piso canario (ata 2200 m)
Piso supracanario (por riba de 2200 m)
Piso basal: aridezMatogueiras, raras e ásperas(carruncho e tabaiba)
Piso intermedio: descenso térmico eaumento da humidade
Medran especies como palmeira, drago e sabina
drago
palmeiral
drago
Piso termocanarioA vexetación adáptase á humidade, ásnéboas persistentes xeneradas polos alisios,á maior frescura e á menor insolación.
Nestas condicións aparece un bosquedenso e sempre verde, con especies,endémicas deste bosque, tales comoo loureiro canario, o paloblanco, oviñátigo e o bocán
A vexetación arbustiva asociada está formada por especies como o brezo,o acebiño e un sotobosque moi rico en fieitos
Piso canarioBosque de coníferas (piñeiro canario) por riba
das nubes, adaptadas ao frío e á aridez
Piso supracanario Sen a penas vexetación
Matas dispersas de gran riqueza floral
As Reservas Naturais
A necesidade de preservar na negativa influencia humana certas áreas propicou a creación de parques e reservas naturais
Bosque de laurisilva. Parque Nacional de Garajonay
Bosque mediterráneo de
aciñeiras. Parque Nacional de Cabañeros
Lago glaciar de Enol. Parque Nacional dos Picos de Europa
Deste xeito pódense conservar lugares de gran valor faunístico, botánico,
xeolóxico, paisaxístico, histórico, arqueolóxico…
O Parque Nacional de Covadonga ocupa a rexión máis occidental dos
Picos de Europa. Conta cunha riquísima vexetación de faiais, castiñeiros, carballos, teixos,
acivros…
e abundantes poboacións de rebecos, xabaríns, raposos,
martas, lontras, aguias, alimoches…
A conservación destos espazos implica restriccións nos usos a que poden verse sometido o territorio elexido
Parque Nacional d e Ordesa
Parque Nacional das Cañadas do
Teide
Limitacións que poden oscilar desde a prohibición de cazar
ou pescar ata a ausencia total de calquera actividade
humana
EN FUNCIÓN DO GRAO DE PROTECCIÓN IMPLANTADO PODEMOS DISTINGUIR OS
SEGUINTES TIPOS DE ESPAZOS
PARQUES NACIONAIS. Territorios extensos pouco transformados
que se distinguen pola riqueza da súa
flora e fauna. Ou porque as formas do
relevo son de especial importancia
Parque Nacional de Aigüestortes
Teñen ecosistemas moi valiosos polo que a actividade
humana está moi restrinxida
PARQUES NATURAIS Son espazos
protexidos onde é posible o
aproveitamento limitado dos
recursos polos seus habitantes
Parque Natural de Somiedo. Asturias
Cañón do río Zumeta. Parque Natural da Serra do Segura e Cazorla
RESERVAS NATURAIS INTEGRAIS Zonas de menor extensión pero dotadas dun alto nivel de protección. Poden estar pechadas ao público, estando prohibidas calquera tipo de actividade humana
Reserva Biolóxica Nacional de Muniellos. Asturias
Existen outras figuras de protección de difícil catalogación: PARAXES NATURAIS,
MONUMENTO NATURAL, PUNTOS DE INTERESE LOCAL, RESERVAS DE CAZA…
Penedos de Traba e Pasarela
OUTRAS FIGURAS DE PROTECCIÓN
1. Reservas da BiosferaVixentes desde o ano 1976. Declaradas pola UNESCO a proposta dos distintos EstadosActualmente está formada por máis de 400 espacio de 93 paísesA única reserva da biosfera de Galicia son as terras do Miño(Repartidos entre 26 concellos da provincia de Lugo )
2. Convenio Ramsar
Asinouse na cidade de Ramsar ( Irán ) no ano 1971. España adhiriuse en 1982
Inclúe zonas húmidas do Planeta ( lagos, enseadas, esteiros… )
En Galicia hai 5 espacios acollidos ó Convenio Ramsar e todas están no litoral:
1 Río do Eo ( provincia de Lugo ) 2 Ría de Ortigueira e Ladrido ( provincia de A
Coruña ) 3 Lagoa e Areal de Valdoviño ( provincia de A
Coruña ) 4 Complexo Intermareal Umia- O Grove, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta Carreirón( provincia de Pontevedra )
5 Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán ( Provincia de A Coruña )
A Rede Natura 2000:Ríos, lagoas, montes, zonas costeiras… Toda unha
serie de ecosistemas de grande importancia repartidos en todo o noso país contan desde hai
pouco cun estatus de protección a nivel europeo. A Rede Natura 2000 revélase como unha ferramenta
de grande importancia para a conservación dos nosos espazos naturais
Que é ?Rede de espazos naturais da Unión Europea. Incluirá
aqueles lugares que presentan as mellores representacións dos hábitats e especies de fauna e
flora a nivel de conxunto da U.E
A Rede estará composta por dous tipos de espazos distintos: as Zonas de Especial Conservación ( ZECs )
declarados polos Estados membros con arreglo á Directiva sobre hábitats e, ademais, das Zonas Especiais
de Protección de Aves ( ZEPAs )