Creatividade e letras polo Magosto

Post on 24-Jul-2016

227 views 0 download

description

Creatividade e letras polo Magosto

Transcript of Creatividade e letras polo Magosto

No CEIP A Ponte seguimos coas festas de ciclo anual, agora é a quenda do MA-GOSTO, celebrarémolo o vindeiro ven-res 13 de novembro.

Ese día contaremos con xogos tradicio-nais nas instalacións do polideportivo.

Haberá baile coa coreografía do pro-grama “El hormiguero” que pode-des ver en https://www.youtube.com/watch?v=KDpzkphiUBQ por se quere-des practicar na casa.

Tamén contaremos co xa tradicional “Rap do magosto”.

No corridor do edificio administrativo estarán expostas as obras de arte feitas cos froitos do outono para que nos po-damos decidir pola que máis nos gusta antes de proceder á votación o venres 13.

En internet (na web do Centro, no apartado de Normalización) e no blog do EDLG poderedes ver traballos presentados ao certame (contos, poesías, banda deseñada…)Farase entrega dun diploma ao dono ou dona do me- llor traballo en cada modali-dade.Non vos esquezades das adiviñas, re-fráns e receitas!!! Haberá no recreo “degustación de cas-tañas asadas” (non tedes que traer almorzo da casa), lembrade que hai que facer un con- tedor para recoller as cascas.

AS LETRAS DA PON

TE NO MAGOSTO

As votacións para os traballos de Creatividade no MA-GOSTO faranse na furna- castaña que está na entrada do corredor.Os traballos de conto, poesía e banda deseñada le-van un número que será o que teredes que indicar na vosa votación, indicando a categoría (poesía, conto, banda deseñada).

Creatividade no MagostoPoesíaConto Banda deseñadaAgradecemos ás familias a súa inestimable colabo-ración.

1

2

3

4

5

6

Chega o magostono outono.

Chega o magostocon castañas e xogos.

Apañaremos castañaspara comelas asadas.

Tamén apañaremos cogomelospara despois comelos.

Con moitos xogos divertidos para xogar cos amigos.

De castañas nos imos empachare despois a cremalleira non vai abrochar.

Sara 7

O MagostoMagosto magostiñoven chegando rapidiñose non é moi aburridoe por iso isto escribo

Falaremos e bailaremoscantaremos e riremospero sobre todomolaremos

Non traiades merendae vos daremos unha enchentaneste magosto do CEIP A Ponte Juan Diego

8

O magosto

No magosto

moi ben o

imos pasar

e moito imos xogar.

No magosto

moitas castañas

recolleremos e

despois comerémolas.

As castañas

asadas e quentiñas

moi ben irán

para a nosa barriguiña.

No magosto

moitos ourizos

teremos que abrir

se castañas queremos conse-

guir.

Óscar 9

O magosto

No magostomoi ben oimos pasare moito imos xogar.

No magostomoitas castañasrecolleremos e despois comerémolas.

As castañasasadas e quentiñasmoi ben iránpara a nosa barriguiña.

No magostomoitos ourizosteremos que abrirse castañas queremos conseguir.

Iván

10

Poema Do Magosto

Xa está aquí o magostocunha pila de castañaspódelas comer como queiras,cocidas ou asadas.

E fartarieme de comelaspero para iso téñoas que apañarasí que a dobrar o lombo se as quero probar.

O ourizo comellónten gardadas as castañasse non esperas a que se abranon che vai deixar apañalas.

No meu colexio témolas que asarpero despois da espera empezámonos a fartar.

Despois xa ben o Nadalcargado de agasallosque nos traerános Reis Magos.

Lucía11

Feliz Magosto

Lindas castañasmoi ricas estaráncelebrando o Magostoque enseguida vai chegar.

Ricas castañasenseguida te fartaráso que teña máis nocesun agasallo levará.

Magosto, OutonoQue se lle vai facer?O que se podee comer e comer.

Lindas castañasmoi ricas estaráncelebrando o Magostoque enseguida vai chegar.

O Outono lle acompañaráque é o que trae todas as abelásfesta que imos ter para desfrutare xa verás que ben o imos pasar.Que poderemos coller para mañá?Xa sei! Noces e abelás para cearfartarémonos, fartarémonosnon digo nada máis.Lindas castañasmoi ricas estaráncelebrando o Magostoque enseguida vai chegar

Nuria 12

Vai chegando o Magosto

Outono quentiñovas chegando amodiñotraendo follas secase un magosto de enchentas

Bailando o son das castañase dos ourizos taméncelebrando o Magostoque para a barriga tamén

Con castañas da castiñeirae noces da nogueiraunha mini carballeiracon froitos a rebentar e todos todos podémlos papar

Bailando o son das castañas…

Non traiades merendaque coas castañas xa chegapero traede bebidapara acompañar esta bebida

Bailando o son das castañas…

Con moitos xogos para xogare varios amigos para falarmoi ben o ides pasarporque o Magosto 2015por fin esta aquí xa!

Sabela 13

Magosto perfecto

O magosto é unha festana que papar ata estoupartraede unha cestaporque nada hai que deixar!

Tamén hai que xogar,non hai que pararporque non hai que desaproveitareste día, nunca, xamáis!

E non vos esquezades dos concur-sostodos loitamos polo premiotodos, todos os cursossomos do mismo gremio!

E celebrar este díaaínda que non está en agostotodos con alegría porque chega o Magosto!Aroa 14

XA VERÁS CANDO CHEGUE

As follas secas caen das árboresas estrelas alumean cada vez máisas árbores quedan espidasporque o Outono está chegando, aínda.

Xa empeza a haber abeláscastañas, noces e moito máisiso é porque o seu curmán,o Magosto, chega xa.

A beleza está por aumentarourizos non paran de medraras castañas suculentas e asadas que-daráne aos nenos lles encantarán.

A noite acábaseo día comezaa xente sae a apañarata que non pode máis.

Este é o finalvai rematarpero xa veráso ben que o vas pasar.

O magosto mudousedetrás o Outonoenseguida volverán chegarporque o 2016 está preto xa.

Nuria

15

O MAGOSTO

No magosto cómense noces,e tamén avelás,e cos crebanocesti as poderás pelar.

En cambio, cas castañaso sabor ti perderás,porque comemos como alimañas,de tan ricas que están.

Aproveitade o magostoe as castañas tamén,porque rematarase prontoe saben moi ben.

Xa vai rematar,e as castañas tamén,pero non vaiades tolear,que volverá o ano que ven.

E esta é a miña poesía,espero que vos gustarae hoxe é un gran día,porque o magosto non pasara.

Uxía Varela García 16

As bagoas douradas

Outono porqué estás tan triste?- Coma melancólicas bagoas,caen as follas douradase as aflixidas landras.

Outono porqué estás tan triste?- O sol agochase cedo,por medo a noite pechada,e durme ata espertar o alba.

Outono porqué estás tan triste?- As noites son escuras e frías,as estrelas semellan farolasque alumean as diferentes vías.

Neno non teñas medodesta escuridade dada,as noites alégranse comendo:lambetadas, noces e castañas.

Dani 17

1

2

3

4

O Souto

Unha soleada mañá de outubro unha brin-cadeira esquío saltaba de arbore en ar-bore. Estaba moi contenta, había comida por todo o souto: castañas a esgalla, ape-titosas noces, abundantes landras, etc… O outono trouxera unha gran cantidade de suculentos froitos.Non era a única que gozaba de tan rico manxar; as donicelas, ratos de campo e porcos bravos, debullaban entre as follas os saborosos alimentos.O souto e fonte de vida para moitos ani-mais, no pasado tamén o foi para as per-soas. Hoxe en día segue aportando ese froito que todos apreciamos no magosto, as castañas.Temos que coidar os soutos coma fixeron os nosos antepasados e seguiremos ten-do toda esta marabilla de naturaza, para gozala nós e os que nós sucedan.

Dani 5

Conto

Isto era un neno chamado Antón, que como era doutro país non sabía o que era o magosto.Un día díxolle á súa nai: << no meu co-lexio o C.E.I.P a Ponte imos celebrar o magosto>>.Ao día seguinte Antón chegou á clase e preguntoulle á súa titora que era o magosto? . A titora díxolle -pois o ma-gosto é unha tradición de Galiza, de hai moitos anos, o que se fai no magosto e comer castañas asadas.Chegou o día do magosto no colexio e, cando lle deron as castañas, non sabía pelalas ,entón díxolle a un compañeiro, <<ensínasme a pelalas por favor>> e o seu compañeiro axudoulle e tamén fixeron xogos como o limbo cunha cas-taña, a culler nos beizo e castaña enci-ma etc...Cando chegou á casa contoulle todo o que fixera no colexio á súa nai. Xa sei o que é o magosto díxolle e ela pregun-toulle ,e logo que éo magosto? Pois o magosto é unha festa de ciclo annual, unha tradición de hai moitos anos. O que se fai e comer castañas asadas , -díxolle Antón á súa nai-,tamén fixe-mos xogos coma o limbo cunha culler na boca e a castaña encima, o tiro do ourizo que tiñas que tirar unha castaña dentro dun ourizo xigante que o fixeron na clase de 6º.

Carla Real Rodríguez

6

1

Adiviñas inventadas sobre castañas

De cor chocolate soncocida brandiña estoue asada……estoupo cun gran son. A CASTAÑA

Unha froita de outono sonpor cas- comeza o meu nomeenvoltiña nun vestido estou,ten coidado co dediñoporque o vestido pica un pouquiño. A CASTAÑA

Por cas- comeza o meu nomenome de froito seco teñota- é a segunda sílabae…agarda pola terceiraque -ña,-ña,-ña estou comendo. A CASTAÑA

David V.R.

Refráns, adiviñas sobre as castañas,o magosto….

.A castaña en agosto quere arder e en setembro beber.

.As castañas en outono manteñen ao seu dono.

.Por San Euxenio as castañas ao lume, a leña no fogar e as ovellas gardarás.

.Castañas, noces e viño son a ledicia de San Martiño.

.Polo Pilar as primeiras castañas asarás.

.En decembro lévanse as canas e ásanse as castañas.

.A castaña no ourizo, ben sei o que fai, cando está verde madura e cando está madura cae.

.Co agosto mollado as castañas na cesta están.

.Por tódolos Santos a castaña é o mellor bocado.

Alto me vexo

no meu camarexo

véxote vir

e non podo fuxir.

O OURIZO.

Alto estou

cor do ouro teño

por unha risada

perdín o que teño.

O OURIZO

David V.R.

Refráns e adiviñas do Magosto e o OutonoRefráns:Por San Martiño faise o Magosto con viño ou mosto.Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño.Polo San Martiño vai ver o teu soutiño.Castañas no Nadal saben ben e pártense mal.Temperá é a castaña que por setembro regaña.Fíate das castañas asadas, que se estoupan, sairanche á cara.Con castañas asadas e sardiñas salgadas, non hai viño ruín.Polo San Miguel o touciño sabe a mel.San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.A horta en outono mantén o seu dono.Outono chuvioso ano copioso.Si en setembro comeza a chover, outono seguro que é.En setembro ou leva as pontes ou secas as fontes.Moita flor en primavera bo outono nos espera.A horta de San Martiño ten para el e para máis o veciño.Polo San Lucas saben ven as uvas.Por San Xuvas e San Simón,collidas as uvas son.Adiviñas:Ave teño de nomede lá o revestimentoquen non adiviñenon ten discorremento.(avelá)

Alta estouladrón vexo virdo meu carapuchonon podo fuxir(castaña)

Arquiña pechadaque ten de comere no mundo enteironon hai carpinteiroque a poida facer.(ourizo) Sabela