Conto xeometria

Post on 22-Jul-2015

104 views 1 download

Transcript of Conto xeometria

Unha tarde moi soleada do mes de Maio, no colexio

de Rois, cando todos os nenos e nenas marcharan xa

ás súas casas para descansar, as figuras xeométricas

do colexio empezaron a espertar. Pouco a pouco,

comezaron a saír da clase de matemáticas e todas se

reuniron no patio do colexio.

Imos a presentalas unha a unha:

Redondiño: un círculo moi simpático, regordete e

alegre que sempre estaba dando vueltas pola escola.

Marco: un cadrado moi forte e protector. El

é o que sempre coida da súa familia.

Señor Triangulón, un triángulo moi

refunfuñón. Era o avó de todos eles por ser o

que máis tempo levaba na escola.

Rectanguliña era una chica rectángulo

xoven e presumida gustaballe moito xogar

coas súas amigas.

E por último, Romboidote, un romboide

triste porque ningún neno quería xogar

con el.

Comezaron a falar dos nenos e dicían que algúns deles non

tiñan coidado ao xogar con eles e os tiraban ao chan. Por iso,

os nenos debían coidar o material, xa que ,se estes caían ao

chan ,podían romper.

Logo comezaron a falar da importancia e cualidades de

cada figura e, entón, comezou unha longa e fea discusión, xa

que todos se crían máis importantes que os demais.

Cada un foi dicindo cales eran as súas razóns polas cales

eles, eran os mellores, de entre todas as figuras xeométricas.

Redondito, o círculo, falou primeiro, e dixo:

- " Eu son o máis importante de todos! Como son un círculo

tan redondito, os nenos úsanme para pintar moitas cousas:

balóns, rodas, o sol. "

Despois dixo Marco, o cadrado:

- " Que va! O máis importante son eu, son unha figura

xeométrica que ten os seus catro lados e os seus catro

ángulos iguais, e os nenos utilízanme para pintar as súas

casiñas. "

-¡Non, non non!- dixo Rectanguliña, -Son eu a que máis

importa, aos nenos e nenas do mundo. Os meus lados son

iguais dous a dous, e ademais teño os meus catro ángulos

rectos, igual que o cadrado. Conmigo os nenos debuxan

grandes camións, e as portas e ventás das súas casas-.

-¡No discutades, que aquí o que máis importa son eu!- dixo o

vello Don Triangulón-. -Son moi peculiar porque só teño tres

lados, comigo os nenos poden debuxar o tellado das súas

fermosas casas e tamén podo ser un gorro de paiaso-.

Falaran todos menos Romboidote, que foi o último en

aparecer. Esta figura é un paralelogramo cos lados e ángulos

contiguos desiguais. Estaba triste porque creía que non era

importante e pensaba que os niños nunca o usarían para facer

alguns dos seus bonitos debuxos. Polo que dixo:

- “¡Nunca me querrá ninguén!, e tampouco serei o máis

importante, porque os niños non me utilizan nos seus debuxos

como a vos e a maioría non sabe da miña existencia”.

Ningunha figura poido resolver este problema. Con tanta

discusiónfíxoselles de noite e tivieron que volver á clase de

matemáticas.

Como por arte de maxia, á mañán seguinte, a

profesora comenzou a explicarlle aos seus alumnos/as

a figura do romboide, que era a que non coñecían os

nenos e nenas.

Despois disto, a profesora pideulles que fixeran

un bonito debuxo entre todos, con todalas figuras

xeométricas que aprenderan ata ese día.

E finalmente, este foi o debuxo que entre todolos

nenos e nenas fixeron:

Así todas as figuras comprenderon que

cada unha era importante nun debuxo.

Colorín colorado este conto está

rematado.

ACTIVIDADE: Fai un debuxo distinto ao do

conto utilizando as figuras xeométricas

Adaptado do conto de: María Mercedes Vázquez Rodríguez

http://revista.academiamaestre.es/2011/01/29/una-forma-divertida-de-aprender-la-geometria/