Comarca A Coruña pps

Post on 20-Jan-2017

85 views 4 download

Transcript of Comarca A Coruña pps

A CORUÑAA NATUREZA

A comarca de A Coruña, está situada no centro-norte da provincia, nun territorio formado por unha conxunción de vales e pequenos montes que conflúen na parte occidental do chamado Golfo Ártabro, cunha ampla liña costeira desde a Ría de Betanzos ata os cantís de Arteixo. O río principal é o Mero, que forma a ría da Coruña.

SUPERFICIE:

469,8 km2

POBOACIÓN: 401.077 habitantes

CONCELLOS: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

ESPAZOS PROTEXIDOS:

LICs “Costa da Morte”, “Costa de Dexo-Seixo-Branco”, “Encoro de Cecebre” e “Betanzos-Mandeo”.

CLIMAOceánico húmido cunha media anual de 13,95 ºC, de invernos suaves e veráns frescos.

ACTIVIDADESÉ unha comarca moi humanizada e densamente poboada que ten como eixo a cidade de A Coruña, centro industrial e de servizos.As principais actividades son os servizos (73%), a construción (16%), a industria (9%) e a pesca (1%).

Porto da Coruña

Arteixo

Conserva un patrimonio cultural moi rico e variado: castros, mámoas, restos romanos, igrexas románicas, neclásicas e barrocas, castelos, pazos, cascos históricos, edificios de deseño moderno, muíños de río e mar, pontes, museos...A ruta xacobea coñecida como Camiño Inglés cruza a comarca.

PATRIMONIO

Alameda e Monumento a Curros Enríquez de Francisco Asorey (A Coruña)

CONCELLOS

SUPERFICIE: 83,84 km2 POBOACIÓN: 5.585 habitantes (2014)PARROQUIAS: Abegondo, Cabanas, Ceneda, Cos, Crendes, Cullergondo, Figueroa, Folgoso, Leiro, Limiñón, Mabegondo, Meangos, Montouto, Orto, Presedo, Sarandós, Vilacova, Viós e Vizoño.

ABEGONDO Está situado no surleste da comarca. O territorio do concello está atravesado por numerosos ríos que conflúen no Mero (que fai linde polo leste): o Govia que atravesa o centro de sur a norte e o Barcés que percorre o noroeste e fai parcialmente de linde con Carral.Os cumes máis importantes son o Castromaior, con 477 m e o Bouza con 358 m.

Paisaxe de Abegondo, co Centro de Investigacións Agrarias, dependente da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galiza.

As principais actividades son a agrogandaría.Acolle parte do espazo natural LIC “Encoro de Cecebre”.Conserva un importante patrimonio cultural: hórreos, cruceiros, pazos, muíños...

“Cruceiro bonito” de Abegondo.Piñeiro manso monumental do Pazo de Orto, ao pé do encoro de Cecebre.

SUPERFICIE: 93,29 km2 POBOACIÓN: 30.950 habitantes (2015)PARROQUIAS: Armentón, Arteixo, Barrañán, Chamín, Lañas, Larín, Loureda, Monteagudo, Morás, Oseiro, Pastoriza, Sorrizo e Suevos.

ARTEIXOSituada no oeste da comarca. O releve descende en altura cara ao mar desde o sur onde se atopan os montes Coto de Santa Locaia (Pedra do Boi Branco, con 357 m) e Fonte do Boi (373 m). Está moi fracturado e atravesado por fallas con dirección SE-NO cortadas por outras perpendiculares que dan lugar a surxencias de augas termais. Está percorrido por varios ríos de pouca lonxitude: Seixedo, Arteixo e Barrañán. Nos seus 19 km de costa, desde a punta Regueiro á enseada de Lourido, atópanse cantís e extensos areais. Unha parte está protexida no LIC “Costa da Morte”

Praia de Sabón, coa central térmica ao fondo.

A principal actividade é a industria que ocupa a un 33% da poboación.O patrimonio cultural está representado por algunhas pontes, pazos, e igrexas.

Ponte dos Brozos sobre o río de Arteixo ou Bolaños.

Balneario de Arteixo. As augas conteñen sales de cloro, sodio, iodo, bromo, litio e flúor. Están indicadas para problemas da pel, reumáticos e respiratorios.

SUPERFICIE: 32,70 km2 POBOACIÓN: 6.702 habitantes (2014)PARROQUIAS:Bergondo, Cortiñán, Guísamo, Lubre, Moruxo, Ouces, Rois, Santa Marta de Babío e Vixoi.

BERGONDOEstá situado ao leste da comarca, na marxe esquerda da ría de Betanzos. O releve é de formas alombadas suaves, coas máximas alturas no oeste no Castro Armuña (187 m) e no monte de Santa Marta de Babío (186 m). O río máis importante é o Mandeo que percorre o linde leste do concello no seu tramo final, formando un extenso esteiro de grande valor mediambiental. A costa ocupa o fondo da ría e está formada por extensos areais (praias de Gandarío, Regueiro, A Cabana e Pedrido) e cantís de escasa altura.

Pazo de Mariñán, á beira do esteiro do Mandeo. Acolle un Centro Cultural da Deputación de A Coruña. Nos xardíns, abertos ao público, conserva especies monumentais de numerosas árbores.

As principais actividades son os servizos, a industria e a construción.Os principais valores naturais atópanse na ría e no esteiro do Mandeo protexido no LIC “Mandeo Mendo”.Conserva un rico patrimonio histórico artístico: castros, igrexa románica de San Salvador de Bergondo, pazos de Armuño e Mariñán...

Igrexa de San Salvador de Bergondo, do século XII. No lugar houbo un mosteiro benedictino.

Teixo no pazo de Baldomir en Guísamo.

SUPERFICIE: 40,67 km2 POBOACIÓN: 24.029 habitantes (2014)PARROQUIAS:Anceis, Andeiro, Brexo, Brives, Cambre, Cecebre, Cela, Meixigo, Pravio, Sigrás, O Temple e Vigo.

CAMBRESituado no centro da comarca, sen saída ao mar. O territorio é de releve suave sen apenas elevacións que destaquen, cunha altitude media de 110 m. A maior parte está ocupado polos vales dos río Mero e os seus afluntes Barcés (linde polo leste), Valiñas e Gándara.As principais actividades son os servizos (un 70%), a industria e a construción.Acolle importantes espazos naturais no entorno dos ríos Mero e Barcés, protexidos no LIC “Encoro de Cecebre”.

Rio Mero en Cambre.

Ten un rico patrimonio histórico-artistico (castros, petroglifos, pazos, restos romanos, igrexa de Santa María de Cambre) e etnográfico (hórreos, muíños...).

Ábside da igrexa románica (século XII) de Santa María de Cambre. Formou parte dun mosteiro fundado no século IX polos Templarios.

SUPERFICIE: 47,99 km2 POBOACIÓN: 6.118 habitantes (2014) PARROQUIAS: Beira, Cañás, Paleo, Quembre, Sergude, Sumio, Tabeaio e Vigo.

CARRALEstá situado no sur da comarca. O releve está formado por unha sucesión de bloques afundidos e elevados pola tectónica. No oeste atópanse as máximas altitudes, no macizo granítico do monte Xalo, con 450 m. No centro unha depresión formada polos vales de Barcia e Carral, drenados polo río Barcés e os seus afluentes.As principais actividades son a industria, os servizos e a construcción.

Vista do territorio de Carral desde a aba do monte Xalo.

A elaboración de pan tradicional de calidade é unha das actividades importantes en Carral.

As zonas de maior interese natural atópanse no río Barcés e no monte Xalo, onde hai fermosas formas labradas no granito e unha vistas panorámicas espectaculares de comarca.Conserva un importante patrimonio cultural, sobre todo castros, muíños e pazos

Monumento aos Mártires de Carral.

Ecomuseo dos Muíños do Batán na Costa da Égoa.

SUPERFICIE: 38,19 km2 POBOACIÓN: 248.410 habitantes (2014)PARROQUIAS:A Coruña, Elviña, Oza, San Cristovo das Viñas e Visma

A CORUÑAEstá situada no centro norte da comarca, na banda oeste da ría do mesmo nome. O territorio é bastante irregular e de baixa altitude. Está formado por varios vales (Bens, Elviña, Palavea) e descende de sur a norte, cara ao mar. A máxima altitude é o monte dos Arcos, con 289 m. Ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.As principais actividades son os servizos (destaca o comercio e o turismo), a industria e a pesca. A maior parte da poboación (243.870 habitantes en 2015) aséntase na cidade de A Coruña, capital da comarca e da provincia e importante núcleo de servizos.Os espazos de interese natural están ligados á costa, que, aínda que está moi ocupada, conserva lugares con todo o seu encanto nos que facer rutas de sendeirismo.

Galerías na Mariña.

A Coruña ten un importante patrimonio histórico artístico: o casco da Cidade Vella, a torre de Hércules, o castro de Elviña, o castelo de San Antón, e numerosas igrexas e pazos.

Torrre de Hércules e paseo costeiroCasa do Concello na praza de María Pita.

Domus. A Coruña conta cunha importante oferta museística en diferentes campos, entre os que destacan, no campo das ciencias a Domus (Casa do Home), a Casa dos Peixes, a Casa das Ciencias e o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT).

Colexiata de Santa María do Campo. Comezouse a construír no século XII. Está declarada Ben de Interese Cultural.

Igrexa de Santiago.Comezouse a construír no século XII.Está declarada Monumento Histórico-Artístico

SUPERFICIE: 62,30 km2

POBOACIÓN: 29.434 habitantes (2014)PARROQUIAS:Almeiras, O Burgo, Castelo, Celas, Culleredo, Ledoño, Orro, Rutis, Sésamo, Sueiro e Veiga.

CULLEREDOO territorio sitúase entre o Monte Xalo (máxima altura do concello, con 524 m) e a ría do Burgo, na desembocadura do Mero, que fai de linde polo leste e norte e recibe como afluentes ao Valiñas e Trabe.As principais actividades son os servizos, a construción e a industria. No seu territorio atópase o aeroporto do Alvedro.

Acea da Ma, muíño de mareas na ría do Burgo que acolle un museo etnográfico.

Os espazos de maior interese natural son os ríos, especialmente o esteiro do Mero, e o monte Xalo, unha mole granítica de penedos enormes desde a que hai unha vistas panorámicas espectaculares de comarca.O patrimonio cultural é tamén moi rico: igrexas románicas, pontes, muíños, pazos...Está situado na ruta xacobea coñecida como Camiño Inglés.

Santo Estevo de Culleredo, igrexa románica do século XII.

Torre de Celas. No seu interior está instalado un museo.

SUPERFICIE: 43,68 km2 POBOACIÓN: 34.693 habitantes (2014)PARROQUIAS:Dexo, Dorneda, Iñás, Liáns, Maianca, Oleiros, Perillo, San Pedro de Nós e Serantes.

OLEIROSEstá situado ao norte da comarca, cunha superficie de e repartidos nas parroquias deO territorio forma parte das chairas litorais da Mariña, coas máximas altitudes no leste, no linde con sada (Muíño, con 176m e Castelo, con 175 m). Os ríos son de pequeno tamaño e agás o de San Pedro, afluente do Mero, van directamente ao mar.Tén unha costa moi diversa entre a marxe dereita da ría da Coruña e os cantís de Dexo onde se atopan paisaxes excepcionais e praias abrigadas como as de Mera, Santa Cruz, Bastiagueiro ou Santa Cristina.

Santa Cristina, sobre a frecha da desembocadura do río Mero.

As principais actividades son os servizos.Parte da costa está protexida no LIC “Costa de Dexo e Serantes”.Tén un rico patrimonio cultural: castros, igrexas, castelos, pazos.

Castelo de Santa Cruz en Liáns, na actualidade sede do Centro de Estudos Medioambientais.

Lagoa de Mera.

SUPERFICIE: 27,49 km2 POBOACIÓN: 15.156 habitantesPARROQUIAS: Carnoedo, Meirás, Mondego, Mosteirón, Osedo, Sada, Soñeiro e Veigue.

SADASituada no nordeste da comarca. O releve é moi accidentade pero de escasa altura e inclínase cara ao oeste. Os cumes máis destacados atópanse no oeste (monte Castelo, con 175 m) e no sur (monte do Espiritu Santo, con 173 m). Está percorrido por pequenos ríos que desaugan na ría de Betanzos, o Maior e o Riomao. A costa forma parte da marxe esquerda da ría de Betanzos e alterna cantís de pouca altura con areais.

Sada: praia e porto.

As pricipais actividades son os servizos, a pesca e a industria. Destaca a presenza no Castro de Senande da fábrica de cerámica do grupo Sargadelos.Os espazos naturais están asociados á costa.Acolle importantes mostras de patrimonio histórico artístico: castros, igrexas, pazos, edificios modernistas...

Quiosco de Sada. Edificio modernista trasladado da Coruña en 1919.Sada foi desde hai anos un importante centro turístico e de lecer.

O Complexo Artístico Cultural do Castro, do grupo Sargadelos. Inclúe unha fábrica de cerámica, o Laboratorio Xeolóxico de Laxe, o Museo de Arte Moderno “Carlos Maside”, unha Escola de Cerámica e as edicións do Castro.

RELEVOA comarca da Coruña ten un relevo irregular moi dividido por numerosas fallas e ríos que circulan cara ao norte e oeste e separan pequenas elevacións de pouca altitude e formas suaves. As máximas alturas atópanse ao sur, na zona de contacto coa Penichaira de Ordes. O cume máis destacado atópanse no Xalo.As rochas dominantes son os granitos, na zona oeste e os xistos no leste. Na área de Arteixo hai surxencias termais.

Monte Barbeito (239 m) en Arteixo. Desde o seu cume hai unhas expléndidas vistas panorámicas da costa.

A vexetación máis común son os piñeiros e eucaliptos que cobren practicamente todos os cumes e ladeiras. So algúnhas áreas residuais ao pé dos ríos se atopan pequenas fragas autóctonas.

Cumes de Castro Maior (477 m), no sur da Comarca, en Abegondo.

O Petón do Xalo é o cume máis coñecido e visitado da comarca.

Lagarto arnao (Lacerta lepida), o máis grande dos lagartos galegos.

MONTES DO XALOÉ un macizo de granito de mica negra situado na confluencia da comarca da Coruña coa de Ordes. Nel nacen varios afluentes do Mero. Os cumes máis destacados son o Alto do Anxelio, con 521 m e o Xalo, con 453 m. Ten unhas formación graníticas moi curiosas: bloques, bolos, paredes verticais... Accedese desde a N-550 Santiago-A Coruña, en Tabeiaio (Carral).

Vista da comarca desde o cume do Xalo.

Montes do Xalo desde

Carral.

Formacións graníticas do Petón do Xalo. Practicando escalada na parede granítica do Petón de Xalo.

OS RÍOSO principal curso fluvial da comarca é o Mero que, xunto co seu afluente, o Barcés, percorrea de sur a norte e forma a ría da Coruña. No leste atópase unha pequena parte do Mandeo, no linde coa comarca de Betanzos. Outros cursos pequenos desembocan directamente no mar como o de Arteixo. En xeral os ríos son de curto percorrido e pouco desnivel dando lugar a vales de formas suaves.

O Mero en Cecebre.

Pequena fervenza no río Abelleira, unha das cabeceiras do Barcés.

Nas augas dos ríos e nas súas ribeiras consérvanse ricos ecosistemas como bosques de ribeira, encoros artificiais e marismas onde hai unha gran variedade de flora e fauna acuática, en especial aves.Os cursos dos ríos conservan tamén un rico patrimonio histórico-artístico (pontes) e etnográfico (muíños). Por toda a comarca hai áreas recreativas e rutas de senderismo que permiten visitar os lugares de maior interese.

Libeliña (Orthetrum sp), un habitante común nas beiras das correntes lentas.

Muíño do río Abelleira.

Esteiro do Mandeo.

RÍO MANDEONace no Marco das Pías (Sobrado dos Monxes), entre os montes do Bocelo e do Corno do Boi e despois de 56 km de percorrido desemboca na ría de Ares e Betanzos formando un amplo esteiro de gran valor biolóxico. Nesta comarca parte da marxe esquerda do seu esteiro está no concello de Bergondo. Está protexido no LIC “Mandeo-Mendo”

Xuncos no esteiro do Mandeo.

Ponte do Pedrido, sobre a desembocadura do Mandeo, entre os concellos de Bergondo e Paderne.

Lirio amarelo (Iris pseudoacorus), enraíza nos lameiros e nas beiras dos regos de corrente lenta.

RÍO MERONace nos montes de Tieira e descende lentamente case todo o seu curso cara ao Atlántico cun trazado sinuoso, para desembocar na ría do Burgo, entre Culleredo e Cambre, despois de 46 km de percorrido. Na comarca percorre os concellos de Abegondo, Cambre, Carral, Bergondo, Cambre, Oleiros e A Coruña. Recibe pola dereita o Furoca, Corbeira e Gándara; e pola esquerda o Govia, Barcés, Brexa e Baliñas.Está protexido no LIC “Encoro de Cecebre”.

Encoro de Cecebre. Construído en 1976 para o abastecemento de auga potable á Coruña e área metropolitana.

O Mero entre Abegondo e Oza dos Ríos.Ponte romana en Beldoña, entre Abegondo e Betanzos.

O Mero na saída do encoro de Cecebre.

Muíño de Peiraio. Bibres (Cambre).O Mero en augas altas no Encoro de Cecebre.

Ponte do Burgo, na desembocadura do Mero. Construída no século XV sobre os restos dunha ponte romana. Destruída parcialmente polos igleses e restaurada no século XIX.

O río Barcés en Carral.

RÍO BARCÉSNace nos montes do Xalo e recolle as augas dos concellos de Carral e Abegondo. Está protexido en parte do seu percorrido no LIC “Encoro de Cecebre”.

Rego de Abelleira, un afluente do Barcés que cae desde a beira da Meseta de Ordes e xúntase ao Barcés no val da Barcia. No seu curto percorrido ten un tramo cun forte desnivel no que se suceden rápidos e fervenzas. A ruta dos muíños do Batán, na costa da Égoa fai un percorrido pola zona máis interesante na que se atopan 14 muíños e unha pequena central eléctrica, cun Eco-museo.

REGO DE XESTEIRAS. Unha das cabeceiras do Baliñas (afluente do Mandeo) que baixa do Xalo. Entre Celas e A Hemida hai unha ruta indicada pola súa beira que pasa por once muíños.

O Seixedo na área recreativa de Arteixo.

RÍO ARTEIXONace no Brañadoiro, no linde con A Laracha e precorre o concello de Arteixo ata desembocar na punta de Alba. Nalgúns tramos chámase Bolaño.

RÍO SEIXEDONace en Canzobre e desemboca na Praia de Alba. Case todo o seu percorrido está no concello de Arteixo, onde está encorado en Sabón, no polígono industrial. O principal afluente é o Comares.

O río Arteixo na súa desembocadura entre a punta de Alba e a praia de Sabón.

O río Sisalde na súa desembocadura.

RÍO SISALDENace no monte de Pedra Maior e, despois dun curto percorrido polo concello de Arteixo, desemboca na praia de Barrañán. Unha ruta de sendeirismo permite percorrelo ata a fraga de Sisalde, situada no seu curso medio e alto.

A COSTAA costa da comarca forma unha liña ampla, moi recortada e diversa en formas e ecosistemas, desde a desembocadura do Mandeo, na ría de Betanzos, ata a Punta da Torre e a enseada de Folgueiro en Arteixo. Inclúe dúas rías (a marxe esquerda da ría de Betanzos e a ría da Coruña), extensos areais (Sada, Mera, Santa Cristina, Orzán, Riazor, Barrañán...) e tramos de cantís abruptos (Dexo e Seixo Branco, Punta Herminia, Arteixo...).É unha costa que acolle ricos bancos pesqueiros e marisqueiros, fonte de recursos para os seus habitantes, e numerosas praias que son destino turístico importante a nivel comarcal e como atractivo para o turismo exterior.Varios tramos están protexidos nos LICs “Costa da Morte”, “Costa de Dexo-Seixo-Branco” e “Betanzos-Mandeo”.

Rochas graníticas na costa de Arteixo.Praia de Barrañán.

Correola da praia (Calystegia soldanella), unha planta típica dos areais.

Gaivotas nos cantís de Dexo.

Margarida (Leucanthemum merinoi)Sedum nas rochas dos cantís de Mer.a

O Pedrido, na desembocadura do Mandeo, o río principal que alimenta a ría de Betanzos. O tramo final do río conserva unhas extensas marismas de grande riqueza biolóxica.

RÍA DE BETANZOSMide 12 km de fondo e presenta dous sectores ben diferenciados. O primeiro, de Betanzos ata a ponte do Pedrido, é un esteiro típico onde sedimentan os lodos transportados polos ríos Mandeo e Mendo, unha zona estreita con amplas zonas lamacentas que quedan descubertas coa marea baixa. O segundo, entre as puntas Lavadoira e Torrella, é máis amplo e conflúe coa ría de Ares. As rochas dominantes son xistos, filitas e lousas. É unha importante zona marisqueira (ameixa, berberecho...)Os esteiros do Mandeo e do Lambre, e a parte da ría de Betanzos entre Miño e Gandarío forma parte do LIC “Betanzos-Mandeo”.

Praia do Pedrido (Bergondo)

Praia de Moruxo (Bergondo) Praia do Pedrido e Sada ao fondo

Praia de Gandarío, un acolledor areal de 700 m de lonxitude.

Sada, un porto de orixe fenicia e poboado desde a antigüidade, como dan testemuña os numerosos achádegos arqueolóxicos da zona. Na actualidade é unha vila pesqueira e turística. A praia de Sada, de 400 m de lonxitude, está situada en pleno casco urbán e é unha das máis concurridas da zona.

Punta Gaivoteira desde a praia de San Pedro.

Lorbé, pequeno porto pesqueiro con gran actividade de acuicultura. Nas proximidades están as praias de San Pedro e Cirro.

Punta Torrella, o límite da ría de Betanzos polo oeste.

Punta do Corval e O Marolete

COSTA DE DEXO E SERANTESTramo de costa comprendida entre a Punta Torella e o Faro de Mera. A costa presenta un perfil irregular con zonas de cantís, de entre 25 e 40 m de altura na Punta de Dexo e en Punta Torella, moi recortados entre os que se atopan zonas de pendentes suaves e pequenas calas; e varios illotes rochosos entre os que destacan A Marola e O Corval.As rochas dominantes son os xistos con gran variedade de diques, fracturas e pregues.A punta de Seixo Branco está formada por xistos de foliación moi marcada cun dique de aplita branca da que recibe o nome. O espazo entre a Punta de Mera e o porto de Lorbé está declarado Zona de Especial protección dos valores Naturais, proposto para a Rede Natura 2000. A punta de Dexo e Seixo Branco é Monumento Natural.

Porto de Dexo e a Marola. O porto de Dexo é un pequeno entrante no cantil que serve de abrigo a pequenas embarcacións de pesca.

Punta de Canabal e illote do monte Meán. Cantís de Dexo. Punta de San Antón e Punta Rasa.

A Marola

O Seixo Branco.O Seixo Branco, a enseada de Canabal e a punta de Mera.

A Coruña desde a punta de Mera

RÍA DA CORUÑAÉ unha ría curta e ampla, que se abre entre a punta de Mera e a Punta Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, o río principal que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.Ten un perfil recortado con varias enseadas (A Coruña, Mera, Santa Cruz) e numerosas praias. As rochas da banda oriental son xistos que lle dan ao releve formas suaves, mentras que as da beira occidental son granitos que se erosionan en penedos e bolos e forman releves máis abruptos. Probabelmente noutros tempos esta ría tivese outra fisonomía e chegase ata a punta Penaboa, e o que hoxe se chama península de Punta Herminia fose unha illa que quedou unida a terra polo istmo situado entre a enseada do Orzán e o Porto.É unha ría densamente poboada e dunha gran actividade industrial e turística. A poboación máis importante é a cidade de A Coruña. Á súa beira atópanse tamén, O Burgo, Perillo, Santa Cruz e Mera.

O Faro de Mera e a Torre de Hércules son as luces que sinalan os límites da Ría da Coruña.

Enseada de Mera, punta Bufadoira e A Coruña ao fondo. A praia, de 430 m de lonxitude é un areal situado en pleno casco da vila pesqueira e turística de Mera.

Praia de Portelo

Illa do Portelo

Praia de Santa Cristina (880). Aséntase na frecha que separa a ría do Burgo da de A Coruña. Está formada polo enfrontamento entre a ondada do mar e as achegas do río Mero.

Praia de Bastiagueiro, de 580 m de lonxitude.

Praia de Santa Cruz

Esteiro do Mero e ría do Burgo.

Porto da Coruña.A Coruña medrou durante os séculos XVIII e XIX grazas á relación comercial con América. Na actualidade é un importante centro comercial e de servizos. É o primeiro porto do estado en desembarco de peixe fresco e o segundo centro industrial de Galiza.

Praia de Oza

Punta Dormideiras.Jerónimo del Hoyo, nas súas Memorias do Arzobispado de Santigo (século XVII) relata varios casos de homes mariños das rías coruñesas. Conta que nunha das praias da Coruña viron peixes con figura de homes, coas máns e pés un pouco tortos por andaren sempre nadando a xeito de ra, con espiñas negras moi delgadas na cabeza, peito e costas. Segundo os mariñeiros a súa presenza era amigable, presaxiaba moita pesca e había que darlles pan. Ás veces van a terra para teren relación coas mulleres e deles nace un neno humán con algunha escama e moita inclinación pola auga.

Praia de Durmideiras

Praia San Amaro

Punta Pragueira

“Menhires”, de Manolo Paz

"Monumento aos fusilados na Guerra Civil de Isaac Díaz Pardo.

Punta Herminia. o remate da ría da Coruña.

COSTA DE MAR ABERTO DA CORUÑA

Punta Robaleira

Punta e Eiras coa Torre de Hércules. Nas proximidades, cara ao interior da ría na enseada dos Pelamios, atópase a furna das Sereas ou da Sereíña onde, segundo conta a tradición, cantan as sereas e atraen fatalmente aos mariñeiros facéndoos naufragar.

Torre de Hércules Vista desde o alto da Torre de Hércules

Torre de Hércules. Foi construída como faro polos romanos e máis tarde reformada. Na actualidade segue en funcionamento.

Vista do interior da Torre de Hércules

Luminaria do antigo faro romano

Punta Eiras, cos illotes Boi Pequeno e Grande.

Praia da Lagoa

Punta de Orzán, onde está instalado o Aquarium finisterrae

Vista desde a Punta de Orzán (á esquerda a praia de Riazor e á dereita o monte de San Pedro)

Praia de Riazor

Praia de Orzán

Enseada do Orzán e Punta Eiras coa torre de Hércules (vista desde o Monte de San Pedro).

Illas de San Pedro e campos da Galera O Portiño (San Pedro de Visma)

O Picoto

Praia e porto de Suevos.

COSTA DE ARTEIXO

Praia de Sabón.

Costa de Arteixo coa punta Langosteira ao fondo.

Un paseo peatonal e un carril para bicicletas permite

percorrer parte da costa de Arteixo desde a praia de Sabón

ata a de Barrañán.

Praia de Valcovo, en Arteixo. Alí atópase a furna de San Xián accesible só na baixamar onde, segundo conta a tradición popular, un mariñeiro soltou un galo atado por unha perna cun cordel, e apareceu dous quilómetros máis adiante, noutra furna onde abrolla auga dóce.

Praia da Salsa, en Arteixo..Praia de Praia Repibelo e punta Corveira

Praia de Barrañán. É un grande areal de case 2 km de lonxitude cun sistema dunar ben conservado. Forma un conxunto, separado por pequenos saíntes rochosos, coas pequenas praias de Cambouzas e Santa Irene.

ÁRBORESEn xeral as árbores dominantes na comarca son os piñeiros e eucaliptos das plantacións forestais que cobren a maior parte do territorio agás algúnhas áreas afastadas nos vales e nas beiras dos ríos. Nos parques e xardíns públicos e privados atópanse numerosos exemplares monumentais de especies ornamentais.

Restos da Fraga de Cecebre nas beiras do río Mero.O encoro asolagou unha gran parte da coñecida fraga de Cecebre que inspirou “O bosque animado” de Wenceslao Fernández Flórez.

Ulmeiros (Ulmus hollandica) do Xardín de San Carlos. Plantados arredor de 1930.-ata 26 m de altura e 4 m de perímetro. (P)

A CORUÑAXardín de San Carlos: ulmeirosCuartel da Policía Municipal: metrosideiroParque de Santa Margarida: piñeirosPraza de Azcárraga: plátanosPraza das Bárbaras: ulmeiroXardíns de Méndez Núñez: eucalipto diversicolor, quentias, ombú, chopo negro, faia púrpura, pimenteiro falso, cefaloteixo, palmeiras canarias...

ÁRBORES SENLLEIRAS P(INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS D XUNTA DE GALIZA)

Metrosideiro (Metrosideros excelsa) do Patio da Policía Municipal. -20,4 m de altura, 6,38 m de perímetro na base. (P)

Ombú (Phytolacca dioica ) dos Xardíns Méndez Núñez. -14 m de altura, 3,40 m de perímetro. Palmeiral dos Xardíns Méndez Núñez.

Palmeira canaria (Phoenix canariensis). A máis grande mide 27,20 m de altura e 3,52 m de perímetro. (P)

Piñeiro manso (Pinus pinea) do Pazo de Orto-25 m de altura e 5,40 m de perímetro.

ABEGONDOPazo de Orto: eucalipto e piñeiro manso

Eucalipto (Eucalyptus globulus) do pazo de Orto.- 6,20 cm de perímetro e 45 m de altura.

BERGONDOPazo de Mariñán: camelias, buxos, plátanos, eucaliptos, chopos, freixo florido, pacana de illinois, palmeiras datileiras, érbedo, mirtos, teixos, alcipreste de Portugal, tuias xigantes, piceas...Pazo do Casal: secuoia xigante e laberinto de buxos Pazo de Baldomir: teixo

Teixo (Taxus bacatta) do pazo de Baldomir-17,4 m de altura; 6,20 m de perímetro. (P)

Eucaliptos (Eucalyptus globulus) do Pazo de Mariñán (Bergondo). -46,10 e 46,7 m de altura; 7,65 e 5,70 m de perímetro. (P)

Érbedo (Arbutus unedo) do Pazo de Mariñán. É o máis antigo e grande de Galiza. -10,90 m de altura, 2,40 m de perímetro (4,12, na base). (P)

CULLEREDOVilaboa: ailanto, gingko, secuoia xigante, camelias...Pazo de Vilaboa: eucaliptos, ulmeiros, pinsapo, cedro do Atlas..

Gingko (Gingko biloba) Vilaboa -4,23 m de perímetro (P)Ulmeiro (Ulmus hollandica) Pazo de

Vilaboa -3,16 m de perímetro.

Teixos (Taxus baccata) do Pazo de Arenaza, actualmente Centro de Día de Iñás (Oleiros). O máis grande mide 4,20 m de perímetro.

Piñeiro de Monterrei (Pinus radiata) do Pazo de Santa Cruz.- mide 20 m de altura e 5 m de perímetro.

Ombú (Phytolaca dioica) do Centro Cultural de Santa Cruz. -13 m de altura e un toro formado por varios brazos cun perímetro en conxunto de 15 m.

OLEIROSCentro Cultural: ombú Castelo-pazo de Santa Cruz: alcipreste de California, piñeiros mansos e piñeiro de repoboación.Pazo de Miraflores: secuoia xigante Pazo de Arenaza: teixos

SADAPazo de Meirás: castiñeiros de indias, cocoteiro de Chile, eucalipto, tulipeiro, loureiros...

Castiñeiro de Indias (Aesculus hippocastanum) do Pazo de Meirás. -4,30 m de perímetro.

Coqueiro de Chile (Jubaea chilensis) do Pazo de Meirás.-18 m de altura e 3,60 m de perímetro. (P)

ESPAZOS PROTEXIDOSLIC COSTA DA MORTEÉ un espazo de 11.885 ha que comprende o litoral coruñés dende Cabo Fisterra ata Arteixo. Dada a diversidade da costa atopamos tamén diversidade de ecosistemas: costa rochosa, costa areosa, dunas (fixas e móbiles), coídos, enseadas, marismas, esteiros, lagoas litorais nos que habitan moitas especies de interese.Nesta comarca está incluído parte do litoral de Arteixo

Dunas e praia de Barrañán.

Eiruga da avelaíña esfinxe das leiteiras (Celerio euphorbiae).

Arenaria do mar (Honckennya peploides), a primeira planta que coloniza a praia.

Feo da praia (Ammophyla arenaria), coas súas longas raíces suxeita as dunas.

Filón na Punta de Seixo Branco. A punta de Seixo Branco está formada por xistos de foliación moi marcada cun dique de aplita branca da que recibe o nome.

LIC e MONUMENTO NATURAL COSTA DE DEXO E SERANTESTramo de costa comprendida entre o Faro de Mera e o porto de Lorbé. Abrangue 350 ha nas parroquias de Serantes e Dexo, no concello de Oleiros. Alternan zonas de altos cantís con pendentes máis suaves e pequenas calas, e varios illotes. As rochas dominantes son os xistos con gran variedade de diques, fracturas e pregues.A vexetación é a típica dos cantís con abundancia de perixel do mar, herba namoradeira e fento mariño, pasteiros de gramíneas resistentes ao salitre e o vento e zonas de toxeira e breixos ocupando as pendentes. Na fauna destacan especialmente as aves mariñas: paíños, gaivotas, corvos mariños, biluricos, píllaras riscadas, gabitas, mazaricos... Hai unha importante poboación de morcegos de ferradura (grande, pequeno e mediano).

Leucanthemun pluriflorum, endemismo das costas atlánticas galegas, de Cabo Fisterra a Asturias.

Carrapuchos (Chondrus crispus)

Lapas (Patella sp.), Suxéitanse ás rochas cun potente músculo para resistir a ondada.Colexas e pirixel do mar

Mencer no Encoro de Cecebre.

LIC ENCORO DE CECEBREÉ un encoro construído en 1976 para o abastecemento de auga potable á Coruña. O espazo protexido comprende o encoro, áreas da súa ribeira e parte dos cursos dos ríos Mero e Barcés, 522 ha, nesta comarca nos Concellos de Cambre, Abegondo e Carral. No encoro de Cecebre inverna unha importante comunidade de aves acuátias (arredor de 45 especies), entre as que destaca o pato cullerete, pato asubión, charneco, parrulo chupón, parrulo cristado, corvo mariño grande, garza, garzota... Crían o demo negro, pita de auga, somorgullo pequeño e lavanco real. Tamén conta cunha boa representación de anfibios (sapiño pintoxo, sapiño comadrón, sapo común, estroza, ra patilonga, ra verde, píntega común, píntega rabilonga, limpafontes -común, verde, palmado-..., réptiles (lagarto das silvas, lagartixa galega, escáncer común, esgonzo común, cobra de colar, cobra lagarteira europea, víbora de Seoane...) e mamíferos (lontra, xeneta...). É un dos espazos galegos onde viven máis especies invasoras: carpíns, gambusias, sapocunchos de Florida, visóns americanos...En Crendes hai unha aula da natureza desde a que se poden facer varios roteiros.

Xuncos, espadanas, lirios e salgueiros conforman refuxios ideais para os animais acuáticos.

Galiña de río (Gallinula chloropus), ave común en todas as masas de auga dóce con abundante vexetación de ribeira entre a que procura pasar desapercibida.

O parrulo cristado común (Aythya fuligula) é unha ave que inverna no encoro de Cecebre.

Cría de estroza (Hyla arborea) que acaba de abandoar a auga. A estroza é unha ra que vive nas árbores e só se achega á auga para reproducirse.

Esteiro do Mandeo

LIC BETANZOS-MANDEOEspazo de 865 ha que comprende o curso do río Mandeo desde Ponte Aranga e o do Mendo desde Oza dos Ríos, os esteiros do Mandeo e do Lambre e a parte da ría de Betanzos entre Miño e Gandarío. Nesta comarca o esteiro do Mandeo no concello de Bergondo.Os ecosistemas máis destacados son o esteiro e as marismas, con predominio de plantas adaptadas ás augas solobres: sebas, xuncos, salicornias, verdoaga mariña, acelga salgada, herba das anduriñas, escirpo... En canto á fauna o máis destacado son as aves acuáticas: garza, garzota, martiño peixeiro, gabita, gaivotas, mazarico (galego e curlí), píllara real, lavanco real, pato cincento, pato asubión, parrulo pentumeiro común, mergo, corvo mariño real...

Verdoaga mariña (Halimione portulacoides). Vive nas marismas fangosas onde cubre amplos espacios na liñas das mareas. Pode quedar parcialmente mergullada.

Cangrexo (Carcinus maenas), un habitante das costas protexidas.

Gaivotas, lavancos e garzas atopan no esteiro refuxio e alimento

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Agosto 2016