Post on 30-Sep-2018
CC
HHOO
EESSCC
oo ppaattrroocciinnoo ddee TTíívvool
TTEELL UNHA PELÍC
RRIITTOO PPOORR AANNTTÓÓNN
BASEADO NUNHA
lii HHoottééiiss
TTIIVVULA DE ANT
RREEIIXXAA,, XXOOSSÉÉ MMOORRPPOORRTTEELLAA HISTORIA DE ANT
OOLLII ÓN REIXA
ÁÁIISS EE CCAARRLLOOSS
ÓN REIXA
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
“Hotel Tivoli é algo máis ca historia dun chisqueiro que pasa de man en man. É unha comedia de cigarrillos prendidos e personaxes cosidos con fio de fume. Hotel Tivoli é un incendio de palabras, de bocas e boquillas, cortinas de fume, amores fugaces e almas con filtro. Hotel Tivoli é o azar convertido en adicción. É unha película de Antón Reixa”. Xosé Morais – guionista
SINOPSE
Seguindo o aleatorio itinerario dun chisqueiro que vai sendo extraviado polos seus
ocasionais posuidores en diferentes lugares do mundo constrúese unha divertida e emotiva
historia de historias (ata quince) co denominador común das relacións de parella, o
"amour fou" e a aparición de sorprendentes personaxes portadores de relatos insólitos e
dotados dunha sinceridade non sempre oportuna.
Un financeiro triunfador loitando coa súa cleptomanía en Lisboa, a paixón
inmediata de dous nenos nun fugaz encontro de aeroporto, os celos da esposa de Aguirre
en Bilbao, a sexualidade salvaxe dunha misteriosa muller que troca o seu silencio polas
cancións dun músico ambulante tamén en Bilbao, o erotismo na terceira idade, as
aventuras dunhas xóvenes que acuden a ver ao Papa en Madrid, o contraste cultural
entre un solitario taxista galego en Madrid e unha muller guineana, o encontro entre
unha avogada danesa e un trompetista galego propietario dun karaoke en
Groenlandia, os misterios autobiográficos compartidos por unha rapaza arxentina e un
alemán con capacidade inmediata para fabula-la súa propia identidade.
Estas son algunhas das situacións que se presentan en Hotel Tívoli mesturadas co
fracaso das terapias antitabaquistas e a omnipresencia universal dos galegos e os
tópicos sobre as nacionalidades. Unha película sobre o amor paixonal, a casualidade e a
soidade.
Despois de "O Lapis Do Carpinteiro" (baseada na novela de Manuel Rivas) a
opera prima do autor e director desta película, Reixa aborda unha historia propia,
contemporánea e armada nunha confrontación constante entre a ironía máis desatada e a
tenrura.
2
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
MEMORIA
Unha historia de historias
A estructura do noso argumento é peculiar pero non absolutamente insólita
ou orixinal na historia do cine. Unha historia de historias enfiadas polo itinerario dun
chisqueiro e dos seus ocasionais posuidores. Ophuls, Buñuel ou Robert Altman
construiron magnífcos filmes con este tipo de estructura. Exemplos demasiado importantes
para proceder con humildade e racionaliza-lo procedemento escollido para a arquitectura
narrativa do noso proxecto. Ese obxecto é efectivamente unha desculpa como calquera
outra para este entramado ¿Pero por que un chisqueiro e non outra cousa? Porque
queremos afondar nunha certa épica materialista do cotián, desa infinidade de obxectos
que acompañan pasivamente a vida dos individuos actuais e porque esa inxenua
aseveración, a propósito dos chisqueiros e da súa tendencia obstinada a perderse, “os
chisqueiros son patrimonio da Humanidade” serve tamén para articula-la fábula da
casualidade que inevitablemente vai determinando a vida individual e colectiva nun mundo,
para ben ou para mal, inexorablemente globalizado. A medida que avance a historia, ese
xogo, facilmente detectable polo espectador, sobre quén será o próximo posuidor do
obxecto pode colaborar a contruir unha expectativa divertida.
Os temas
A nosa película, a pesar de toda esa aparente polivalencia argumental, ten un
tema central: a paixón amorosa. O instinto repentino dos primeiros encontros, a
morbidez do insólito dos coñecementos, a miseria dos celos, a sexualidade dos vellos, dos
adolescentes, as diferencias culturais asimiladas pola paixón, as ambigüidades da definición
sexual dos individuos, todas estas pulsións queremos que estean presentes nas historias de
“Hotel Tivoli”.
Xunto a este tema central hai outros dous temas secundarios que merecen a
nosa atención. Por unha parte, a solidariedade cos problemas das persoas que loitan contra
a súa dependendencia do tabaco e, por outra parte, a ubicuidade dos galegos en todo o
mundo, como un exemplo entrañable de cosmopolitismo e convivencia.
3
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
Estilo, ton e xénero
A comedia, a comedia romántica, en definitiva, vai ser o rexistro estricto no que
se narren todas estas historias. A medida que avance a película, a sentimentalidade
romántica irá gañándolle á comicidade, máis explosiva nas historias iniciais. Naturalizar con
ironía e tenrura os resortes de sorpresa que presiden o comportamento da maioría dos
personaxes e das historias vai ser o reto, se cadra, máis complexo da elaboración do guión.
As personaxes
Diferentes personaxes van participando nas historias da película. Isto non
sería especialmente raro, se non fose porque case todos eles son protagonistas que
participan coa dificultade de construir, cuns parámetros de acción, diálogos e duración moi
pequenos roles completos e necesariamente de moi rápida identificación para o espectador.
En tódalas historias predominan caracteres excesivos marcados pola sinceridade audaz e a
locuacidade. Polo tanto, traballar na contención deses elementos e na súa credibilidade será
esencial para a interpretación dos actores.
4
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
FICHA ARTÍSTICA
La vida que te espera. Dir: Manuel Gutiérrez Aragón Inconscientes. Dir: Joaquín Oristrell Te doy mis ojos. Dir: Icíar Bollaín Premio ao Mellor Actor no Festival de San Sebastián 2003 La flaqueza del bolchevique. Dir: Martín Cuenca El regalo de Silvia. Dir: Dionisio Pérez El Lápiz del Carpintero. Dir. Antón Reixa Ástor de Prata ao Mellor Actor no Festival de Mar del Plata 2004 (Arxentina) Trece Campanadas. Dir: Xavier Villaverde Los Lunes al Sol. Dir: Fernando León Goya ao Mellor Actor de Reparto
LUIS TOSAR SUSO
En ninguna parte. Dir: Miguel Ángel Cárcano La Noche del Hermano. Dir: Santiago García Occhi di Cristallo. Dir: Eros Puglielli Horas de Luz. Dir: Manolo Matji Incautos. Dir: Miguel Bardem Descongélate. Dir: Félix Sabroso y Dunia Ayaso Los Lunes al Sol. Dir: Fernando León Cuando Vuelvas a Mi Lado. Dir: Gracia Querejeta Abre los Ojos. Dir: Alejandro Amenábar El Amor Perjudica Seriamente la Salud . Dir: Manuel Gómez Pereira
J.A. EGIDO ERNESTO
Astronautas. Dir.: Santi Amoedo El Lápiz del Carpintero. Dir.: Antón Reixa Esta noche, no. Dir.: Álvaro Sáez de Heredia A medias. (Serie TV) Amor, Curiosidad, Prozac y Dudas. Dir.: Miguel Santesmeses Finisterre, donde termina el mundo. Dir: Xavier Villaverde Los Amantes del Círculo Polar. Dir: Julio Medem
NANCHO NOVO SILVIO
5
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
Participación en diferentes traballos publicitarios (Spot Suzuki) El lindo Don Diego. Dir: Denis Rafter Whipped: (Curtametraxe) Dir: Cibran Isasi El niño que jugaba con trenes : (Curtametraxe): Dir: Jorge Blas
JUDITH DIAKHATE NUBA
Mar Adentro. Dir: Alejandro Amenábar Pratos Combinados. (Serie TV) El Bosque Animado. Dir: José Luis Cuerda
MABEL RIVERA JOSEFA
The Nun. Dir: Luis de la Madrid Fausto 5.0 Dir: Alex Ollé, Isidro Ortiz, Carlos Pedrisa Babaouo. Dir. Manuel Cussó- Ferrer Quiero Morir. Dir. Toni Meca
CRISTINA PIAGET LADY ENIGMA
6
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
Tatort - Leerstand (TV). Dir: Nikolaus Stein von Kamienski Stich des Skorpion, Der (TV). Dir: Sthepan Wagner Tatort - Herzversagen. Dir: Thomas Freudner Nachbarinnen. Dir: Franziska Meletzky September. Dir: Max Färberböck Berlin is in German Dir: Hannes Stöhr
JÖRG SCHÜTTAUF KLAUS
Hermanas. Dir. Julia Solomonoff Próxima Salida. Dir. Nicolas Tuozzo Luna de Avellaneda. Dir. Juan José Campanella Los Guantes Mágicos. Dir. Martin Reitman
VALERIA BERTUCELLI EVA
El penalti más largo del mundo. Dir. Roberto Santiago Interior ( noche ) . Dir. Miguel Ángel Cárcano Mar Adentro. Dir. Alejandro Amenábar León y Olvido. Dir. Xavier Bermúdez El Lápiz del Carpintero. Dir. Antón Reixa
MARTA LARRALDE RITA
7
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
Compoñente do grupo pop Duncan Dhu ( 1.987 – 2000 ) Actualmente graba en solitario
MIKEL ERENTXUN MÚSICO
Somne. Dir. Isidro Ortiz Mareas Vivas( Serie TV ) La Lengua de las Mariposas. Dir.José Luis Cuerda Sempre Xonxa. Dir. Chano Piñeiro
UXÍA BLANCO MABEL
Amor en defensa propia (2005) (post-production) Diario de un skin (2005) (TV) .... David Pasos (2005) Reinas (2005) .... Néstor Manchas (2005) .... El "Motivos personales" (2005) TV Series .... Fernando Acosta Escuela de seducción (2004) .... Marcos
GINÉS GARCÍA MILLÁN DANIEL
8
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
Fascínio, O (2003) .... Lino Pais Rodrigues "Queridas Feras" (2003) TV Series .... Afonso Guerra Sem Ela (2003) .... Diamantino Vieira Gotejar da Luz, O (2002) .... Barroso "Olhar da Serpente, O" (2002) TV Serie .... Manuel da Silva Bastos Lourdes (2001) (TV) .... Jacomet
VITOR NORTE CARLOS
Matachín, O (1996) Dame fuego (1994) .... Dependienta
CAROLINA VÁZQUEZ DINA
One Day in Europe (2005) .... Sargento Barreira (Rodaxe Santiago de Compostela) Pepe Carvalho - La rose d'Alexandrie (2004) (TV) .... Inspector Regalo de Silvia, El (2003) .... Iñaki Lápiz del carpintero, El (2003) .... Pepe Sánchez Entre bateas (2002) (TV) .... Mario "Mareas vivas" (1998) TV Series .... Evaristo Currás/Víctor
MIGUEL DE LIRA ALFONSO
9
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
Heroína (2005) .... Germán Para que no me olvides (2005) .... Profesor "Lobos" (2005) TV Series .... Juez Muller Delta (2004) (TV) .... Ricard Secuestrados en Georgia (2003) (TV) .... Xornalista Lápiz del carpintero, El (2003) .... Pintor Alquimista impaciente, El (2002) .... Sobredo Sé quién eres (2000) .... Casal "Mareas vivas" (1998) TV Series .... Ladislao Couto
CARLOS BLANCO CARLOS
Don de la duda, El (2005) (post-production) .... Zahera Lápiz del carpintero, El (2003) .... Acuña Ilegal (2003) .... Contramaestre Lena (2001) .... Antonio Galactea (A conquista da via láctea) (2001) Sé quién eres (2000) (as Luis Castro) .... Empleado Gasolinera Si lo sé no vengo (a mi propio entierro) (1999) .... T omás"Mareas vivas" (1998) TV Series .... Celso 'Petróleo'
LUIS ZAHERA AFRANIO
Sin dejar huella (2000) (voice) .... Television reporter Escapada, La (2000) .... Acompañante Historias de la puta mili (1994) .... Monxa 1º Culpable ¿de qué? (1993) Qui t'estima, Babel? (1988) ... ¿Quién te quiere, Babel? (Spain: Castilian title)
BLANCA MARTÍNEZ MARGARITA
10
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
Matachín, O (1996) Dame fuego (1994) .... Dependienta
OLATZ BEOBIDE EDURNE
Día de mañana, El (1969) Cicatrices, Las (1969) Marca del Hombre-lobo, La (1968) .... Rudolph Weissmann Agonizando en el crimen (1968) Próximo otoño, El (1967) Camerino sin biombo (1967) (voice) .... Narrator
MANUEL MANZANEQUE ANSELMO
Tetas más bonitas del mundo, Las (2004) .... Ella Cala reial (2003) (TV) "Galicia exprés" (2001) TV Series .... Uxía "Rías Baixas" (2000) TV Series
LEDICIA SOLA ISABEL
11
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
Familien Gregersen (2004) .... Kirsten Se dagens lys (2003) (TV) .... Maya Switching: An Interactive Movie. (2003) (V) .... Anna "Udvalgte, De" (2001) TV Series .... Miriam Collin Love Birds (2000) (voice) .... Vibeke Store flip, Det (1997) .... Singer Jungledyret 2 - den store filmhelt (1996) (voice) .... Rita
KAYA BRÜEL INGRID
Fumata blanca (2002) .... Agus "Cor de la ciutat, El" (2000) TV Series .... Quim Noguera "Laberint d'ombres" (1998) TV Series Gràcies per la propina (1997) .... Capellà "Secrets de família" (1995) TV Series .... Pere Riera Feliz cumpleaños (1987)
PERE MOLINA ANDREU
1. Juego de la verdad, El (2004) 2. Cosa de brujas (2003) .... Natalia 3. Esa maldita costilla (1999) .... Telefonista colexiala 4. Diario para un cuento (1998) .... Diana 5. Verso, El (1996) .... Pasaxeiro colectivo 1
AGATHA FRESCO MONTSE
12
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
"Motivos personales" (2005) TV Series .... Isabel Juego de la verdad, El (2004) .... Mónica "Tres son multitud" (2003) TV Series .... Lola Márquez Sara (2003) (TV) "Policías, en el corazón de la calle" (2000) TV Series .... Eva Berlanga (2002-2003) Onán (2002) .... Anael Condenado a vivir (2001) (TV) .... Nuria Divertimento (2000) .... Alicia "Rías Baixas" (2000) TV Series .... Gloria "Vixilantes do Camiño, Os" (2000) TV Series (voice) "Mareas vivas" (1998) TV Series .... Berta
SONIA CASTELO RAQUEL
Vida y color (2005) (filming) .... Ángel K.O. (2005) Febrer (2004) .... Stefan "80, Los" (2004) TV Series .... Alberto Palos de ciego amor (2004) .... Pedro Muertos comunes (2004) .... Comandante Toledo Hable con ella (2002) .... Niño de Valencia Mala espina (2001) .... Ramón Kasbah (2000) .... Victor Arte de morir, El (2000) .... Luis Yoyes (2000) .... Don Roberto Corazón del guerrero, El (2000) .... Comisario Balbuena
ADOLFO FERNÁNDEZ AGUIRRE
"Lobos" interpretando á "Señora Li" no episodio: "La deuda de Lucía" (episode # 1.2) 16 Enero 2005
USUN YOON MATSUBARA
13
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
Canción desesperada (1997) .... Home de color
PATRICK ADUMA MALCOLM
"Manolito Gafotas" (2004) TV Series .... Manolito García Moreno
CHRISTOPHER TORRES ISMAEL
14
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
FICHA TÉCNICA XÉNERO: COMEDIA ROMANTICA DIRECTOR: ANTÓN REIXA (“O lápiz do Carpinteiro”) GUIÓN: ANTÓN REIXA, XOSÉ MORAIS, CARLOS
PORTELA 1º AXUDANTE DIRECCIÓN: SARA MAZKIARAN ( “El año de la Garrapata”,
“ La gran aventura de Mortadelo y Filemón”, “La Comunidad”)
DIRECTORA DE CASTING: MERCÈ ESPELLETA DIRECTORA DE PRODUCIÓN: MARÍA LIAÑO XEFE DE PRODUCIÓN: ENRIQUE BATET DIRECTORA ARTÍSTICA: ALEXANDRA FERNÁNDEZ DIRECTOR DE FOTOGRAFÍA: MARCELO IACCARINO ( “Nicotina”, “ No Sos
Vos, Soy Yo”, “El Cielito”) PRODUCTOR EXECUTIVO: ANTÓN REIXA COPRODUCTORES EXECUTIVOS: LENE BORGLUM, ANTONIO DA CUNHA
TELLES, VERÓNICA CURA PRODUCTORAS ASOCIADAS: CANI MARTÍNEZ e ELENA COUTO DATA RODAXE: PRIMEIRO SEMESTRE 2005 LOCALIZACIÓNS: MADRID, BILBAO, , VIGO, COPENHAGUE,
ILULLISAAT (GROENLANDIA), LISBOA, BUENOS AIRES, SAN LUIS.
PRODUCTORAS:
FILMANOVA (ESPAÑA) ZENTROPA (DINAMARCA) ANIMATOGRAFO (PORTUGAL) AQUAFILMS (ARXENTINA )
• Co apoio do Programa Media Plus, Programa Ibermedia, Programa Euroimages, Xunta de Galicia e Consorcio Audiovisual de Galicia.
• Co patrocinio do Grupo Tivoli Hotéis
15
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
ANTÓN REIXA
director e guionista
Socio fundador e Presidente da productora de cine e televisión Filmanova e presidente do
grupo Filmanova (Filmanova, Filmanova Show e Filmanova Invest) Naceu en Vigo (1957). É escritor, músico e artista polifacético. Licenciado en
Filoloxía. Foi letrista e cantante do grupo Os Resentidos (1982-94). Colaborou con
cancións e textos co compositor Henrique X. Macías, cos cantantes Bibiano e Xosé Manuel
Piñeiro e os grupos Na Lúa, Siniestro Total, Negu Gorriak e La Fura dels Baus.
Cos músicos do seu grupo compuxo sintonías para programas de TVG e Radio
Voz ademais de participar como productor executivo no disco “Arroutada Pangalaica” (Os
Diplomáticos).
Como organizador e director de eventos musicais foi o responsable de “Galicia
Beibe” (Santiago de Compostela, 1999) e director do XVI festival Internacional do Mundo
Celta de Ortigueira (Ortigueira, 2000).
Como artista multimedia comezou a súa andadura escribindo poesía desde o grupo
de comunicación Rompente. Publicou varios volumes de poesía (“Silabario da Turbina”,
“As ladillas do travesti”, “Viva Galicia Beibe”, “Ringo Rango”, “Fóra as vosas suxas mans
de Manoel Antonio”, “A dama que fala” entre outros), narrativa (“Transporte de
superficie”,….) e teatro (“Gulliver FM”, “Doberman”, “After Shave”, “La Cabina 16”, El
silencio de las Xigulas” e “Cerveau Cabossé 2 : King Kong Fire”, unha obra baseada en
“Ringo Rango”, “Escarnio” e outros textos inéditos adaptados ó francés por Oskar
Gómez), ademais do libro-Cd Rom “Escarnio”
16
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
Dirixiu e presentou programas de radio en Radio Voz e Onda Cero e foi
columnista dos xornais "Diario 16" e "La Voz de Galicia".
É realizador, director e guionista de vídeo, televisión e cine. Produciu numerosos
videoclips entre os que destacan os realizados para Joaquín Sabina, Duncan Dhu, Rosendo,
Siniestro Total, Los Enemigos, Hombres G, la Guardia, Danza Invisible, Os Resentidos,
Cabaret Pop, Nación Reixa, Mikel Erentxun, Luz e Esclarecidos.
TELEVISIÓN
Produciu, dirixiu e presentou o programa de TVG “Sitio Distinto” e puxo en marcha para
a mesma canle o concurso “Supermartes”, que se mantén en emisión despois de 10 anos.
Foi colaborador habitual de programas de televisión coma “Moros y Cristianos” ou “De
Domingo a Domingo”.
Creador, productor executivo e director das teleseries "Mareas Vivas" (serie con
maior cota de audiencia do mercado nacional, segundo o Anuario GECA 2001) e "Galicia
Express" para a TVG.
Productor executivo das TV-Movies “Secuestrados en Xeorxia” (Dir: Gustavo
Balza) ye“Diario de un Skin” (Dir: Jacobo Rispa)
Productor Asociado da TV-Movie “Fragments” (Dir: Judith Colell)
VÍDEO CREACIÓN
Son múltiples os seus traballos no campo da vídeo creación con traballos coma
“Salvamento e Socorrismo”, “Chove contra pasado”, “Electra”, “Episodios
Familiares”, “Ecus de amor”, “Nordesía” (Vídeo e vídeo performance para o Centro
Galego de Arte Contemporánea -CGAC-) , “Cuota de pantalla” (Vídeo instalación para o
CGAC), “¿Estarán vivos? ¿Serán de pedra?” (Canal +).
Continuando no campo do vídeo colaborou no argumento de “Alicia en Galicia
Caníbal” de X. Villaverde, na banda sonora de “Durme Rainer, xa estás morto” de
A. Segade e no guión de “Est-ce qu’ est rit la vache?” para Canal + Francia.
17
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
PRODUCIÓN CINEMATOGRÁFICA
• Coprodutor executivo da longametraxe “CAMARON” (dir. Jaime Chavarri)
• Co-productor da longametraxe “ONE DAY IN EUROPE. GALATASARAY- DEPOR” (Dir: Hannes Stöhr)
• Co-productor da longametraxe “SRA. BEBA”./” CAMA ADENTRO” (Dir: Jorge Gaggero)
• Co-productor da longametraxe “NO SOS VOS, SOY YO” (Dir: Juan Taratuto
• Productor executivo de “EL AÑO DE LA GARRAPATA” (Dir: Jorge Coira)
• Co-productor da longametraxe documental “TRES EN EL CAMINO” (Dir: Larry Boulting)
• Productor asociado da longametraxe “LENA” (Dir: Gonzalo Tapia)
• Productor executivo, guionista e director de “EL LÁPIZ DEL CARPINTERO”
• Co-productor de“DESCONGÉLATE” (Dir: Félix Sabroso e Dunia Ayaso)
• Co-productor da curtametraxe “CICLO” (Dir: David e Tristán Ulloa) • Co-productor da curtametraxe “O RÍO TEN MANS” (Dir: Beatriz del Monte)
Como actor participou nas longametraxes “Lena”, “Canícula” (Dir: A.García Capelo) e “Érase otra vez” (J.Pinzás)
18
HOTEL TIVOLI DOSSIER INFORMATIVO
ALGUNHAS LOCALIZACIÓNS DA RODAXE
ILULISAT – GROENLANDIA
ILULISAT – GROENLANDIA
19