Post on 12-Apr-2017
UNIDADE 1. OS SERES VIVOS
AS FUNCIÓNS VITAIS
NUTRICIÓN
RELACIÓN REPRODUCIÓN
Consiste en transformar os alimentos
en substancias
máis sinxelas (nutrientes) e en enerxía
Consiste en percibir os
cambios que se producen tanto no medio coma no interior do organismo e
reaccionar ante eles
Permite aos seres vivos ter
descendentes parecidos a eles.
AS FUNCIÓNS VITAIS
NUTRICIÓN
RELACIÓN REPRODUCIÓN
As plantas fabrican os
seus propios nutrientes
coa axuda da luz. Outros
animais aliméntanse doutros seres
vivos
As plantas crecen cara a
luz. Os animais asústanse
cando perciben un perigo
Fecundación dunha flor orixina sementes e ao xerminar novas plantas. As crías de animais son novos organismos que se parecen aos seus
pais
AS FUNCIÓNS VITAIS
NUTRICIÓN
RELACIÓN REPRODUCIÓN
O TAMAÑO DOS SERES VIVOS
SERES MACROSCÓPICOS
Son aqueles seres que se distinguen a simple vista.
SERES MICROSCÓPICOS
Son aqueles seres que non se ven a simple vista, tamén poden chamarse microorganismos.
Para observalos necesitamos un microscopio.
QUE É UNHA CÉLULA?
É a parte máis pequena dos seres vivos que ten vida propia, xa que realiza as tres funcións vitais: nútrese, relaciónase e reprodúcese.
Todos os seres vivos estamos formados por células.
CÉLULA ANIMAL
Ten: Membrana celular: é a
envoltura externa da célula. Participa na función de relación.
Citoplasma: ocupa o interior da célula. Líquido viscoso no que flotan os orgánulos.
Orgánulos: realizan algunhas funcións da célula, como fabricar substancias e obter enerxía.
Núcleo: contén o material necesario para reproducirse e dirixe as actividades da célula. Está separado do citoplasma por unha membrana.
CÉLULA VEGETAL
A maiores do nomeado anteriormente posúen:Cloroplastos: son
orgánulos verdes que captan a luz e fabrican os nutrientes.
Parede celular: é unha estructura ríxida que rodea a membrana celular e protexe a célula
ORGANIZACIÓN DOS SERES VIVOS
SERES UNICELULARES
Son aqueles que están formados por unha soa célula.
A súa única célula realiza todas as funcións necesarias para vivir.
SERES PLURICELULARES
Son aqueles seres que están formados por dúas ou máis células.
Todas as células se coordinan para que o organismo poida realizar as funcións vitais.
TIPOS DE CÉLULAS PLURICELULARES
CÉLULAS MUSCULARES
CÉLULAS EPITELIAIS
CÉLULAS NERVIOSAS
Teñen forma alongada.
Estas células contráense e
estíranse.Isto permite que os músculos se
movan
Adoitan ser aplanadas.
Estas células recobren determinadas zonas do
corpo como a pel.
Illan o corpo e portéxeno
Son estreladas e con prolongacións.
Encárganse de establecer conexións
e de transmitir información a todas as partes do corpo
TIPOS DE CÉLULAS PLURICELULARES
CÉLULAS MUSCULARES
CÉLULAS EPITELIAIS
CÉLULAS NERVIOSAS
NIVEIS DE ORGANIZACIÓN DOS SERES
PLURICELULARESAs células agrúpanse e forman distintos niveis de
organización. O resultado final é un organismo.O primeiro nivel son as células. O conxunto de
células dun tipo que realizan a mesma función forman un tecido.
O conxunto de tecidos distintos que realizan unha función constitúen un órgano.
Varios órganos forman un sistema ou aparato.E o conxunto de todos forman un organismo.
FUNGOS
Son seres vivos que nalgúns aspectos se parecen ás plantas e notros se parecen aos animais.
Non son capaces de desprazarse.Non poden fabrirar o seu propio alimento polo
que non necesitan a luz do sol para alimentarse.A maior parte viven dentro do solo, onde crecen
e se desenvolven.Para reproducirse producen esporas. Estas
dispérsanse e cando existen as condicións adecuadas dan lugar a novos fungos
TIPOS DE FUNGOSFUNGOS CON COGOMELOS
MOFOS FERMENTOS
Son seres pluricelulares.As súas células
agrúpanse formando uns
longos filamentos
chamados hifas.
As hifas forman agrupacións con aspecto
de algodón.
Os mofos viven sobre restos de seres vivos e
sobre a materia en descomposición.
Dalgúns pódense obter antibióticos
Son fungos unicelulares. Non forman hifas e non
teñen aspecto filamentoso que teñen
os mofos.
Úsanse na industria alimentaria para a formación do pan.
TIPOS DE FUNGOSFUNGOS CON COGOMELOS
MOFOS FERMENTOS
PROTOZOOS E ALGAS
PROTOZOOS
Son seres vivos unicelulares tan pequenos que non podemos velos a simple vista.
Necesitamos un microscopio.
ALGAS
Poden ser unicelulares e pluricelulares.
Non fomar verdadeis tecidos
AS BACTERIAS
Son seres unicelulares.A maioría teñen a parede celular pero
carecen de membrana nuclear polo que o materia do núcleo se encontra disperso no citoplasma.
Algunhas son beneficiosas como as que transforman o leite en iogur.
E outras causan enfermedades
CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS. FABRICAN O SEU PROPIO
ALIMENTOREINO DAS PLANTAS
REINO DAS ALGAS
REINO DAS BACTERIAS
Son seres pluricelulares que
fabrican o seu propio alimento.
Non pode desprazarse.Células con
núcleo definido
Poden ser unicelulares e pluricelulares.
Fabrican o seu propio alimento e non posúen
verdadeiros tecidos nin órganos.
Células con núcleo definido
Seres vivos moi sinxelos. Son
unicelulares. O seu tamaño é moi
pequeno.
Células sen núcleo definido
CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS. ALIMÉNTANSE DOUTROS
SERES VIVOSREINO DOS
ANIMAISREINO DOS
PROTOZOOSREINO DOS
FUNGOS
Son seres pluricelulares
que se alimentan
doutros seres vivos. A maioría
desprázanse.Células con
núcleo definido
Son unicelulares e aliméntanse doutros
seres vivos.
Células con núcleo definido
Poden ser unicelulares e pluricelulares.
Células con núcleo definido.