Post on 19-Jun-2020
CENTRO: I.E.S. ESPIÑEIRA. BOIRO
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
INICIACIÓN Á ACTIVIDADE
EMPRENDEDORA E EMPRESARIAL
DEPARTAMENTO: FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL
CURSO: CUARTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
ANO ACADÉMICO: 2017/18
ÍNDICE
1.- INTRODUCIÓN ........................................................................................................................................... 3
2.- CONTEXTUALIZACIÓN ............................................................................................................................ 4
3.- OBXECTIVOS ............................................................................................................................................. 5
4.- CONTRIBUCIÓN DA MATERIA PARA A ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE ......... 6
5.- RELACIÓN DOS ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES ............................................. 8
6.- OBXECTIVOS PARA O CURSO ........................................................................................................... 12
7. RELACIONAR ASPECTOS CURRICULARES PARA CADA UNIDADE / PROXECTO / TEMA 14
8. CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS QUE REQUIRE A MATERIA ................................................ 17
9.- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS QUE SE VAIAN UTILIZAR ......................................... 19
10.- CRITERIOS SOBRE A AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO . 20
11.INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DO ENSINO E A PRÁCTICA
DOCENTE ................................................................................................................................................... 25
12.- ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN
DAS MATERIAS PENDENTES ............................................................................................................... 26
13.- DESEÑO DA AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS INDIVIDUAIS OU COLECTIVAS QUE SE
POIDAN ADOPTAR COMO CONSECUENCIA DOS SEUS RESULTADOS ................................. 27
14.- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE .................................................................................... 30
15.- CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS QUE SE TRABALLARÁN NO CURSO
QUE CORRESPONDA .............................................................................................................................. 33
16.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PROGRAMADAS POR CADA
DEPARTAMENTO DIDÁCTICO .............................................................................................................. 35
17.- MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS
DIDÁCTICAS EN RELACIÓN COS RESULTADOS ACADÉMICOS E PROCESOS DE
MELLORA ................................................................................................................................................... 36
18.- REFERENCIAS NORMATIVAS........................................................................................................... 37
1.- INTRODUCIÓN O espírito emprendedor é un concepto que abrangue valores persoais tales como a creatividade, a disposición positiva para a innovación e o cambio, a confianza en si mesmo/a, a motivación de logro, o liderado, a aceptación do fracaso como fonte de experiencia, e as actitudes de cooperación e de traballo en equipo. Todas as persoas Terán que emprender na súa vida persoal e laboral, terán que innovar e procurar novas respostas, no mundo globalizado e cambiante ao que se enfrontan, aínda que non todas logran levar a cabo un proxecto empresarial propio. Formar cidadáns e cidadás capaces de asumir riscos, ser innovadores/as, con posibilidade de negociación e pensamento estratéxico, e con capacidade para o emprendemento constitúe o reto desta materia. Inclúe aspectos teóricos e prácticos orientados a preparar o alumnado para unha cidadanía responsable e para a vida profesional; axuda ao coñecemento das actividades e das necesidades das persoas emprendedoras, persegue que poidan responsabilizarse da súa propia carreira e do seu camiño persoal de formación, e da toma das decisións clave na súa vida, ademais da posibilidade de crear un negocio propio ou actuar como innovadores/as no traballo dentro dunha organización. A estrutura desta materia consta de tres grandes bloques: o primeiro, titulado "Autonomía persoal, liderado e innovación", está centrado na descrición das calidades e as destrezas persoais asociadas á iniciativa emprendedora, no repaso das decisións sobre o itinerario vital e a actuación como futuro/a traballador/a; no segundo bloque, "Proxecto de empresa", repásanse as principais áreas e funcións da empresa co obxecto de pór en marcha o proxecto empresarial xurdido da idea de negocio xerado previamente; e para finalizar, un bloque que baixo o título de "Finanzas" analiza as alternativas con que conta a empresa para elixir a súa forma xurídica, as fontes de financiamento do seu proxecto empresarial,a necesidade de planificar as necesidades financeiras e as obrigas fiscais e prever a evolución do negocio, garantindo a súa viabilidade. Esta materia contribúe ao desenvolvemento, ademais, da competencia de sentido de iniciativa emprendedora e espírito emprendedor, que incide na consecución do benestar económico e social da comunidade, así como das competencias de comunicación lingüística e matemática, e das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, dixital, sociais e cívicas, e a competencia de aprender a aprender.
2.- CONTEXTUALIZACIÓN
A materia vaise impartir no cuarto curso da ESO, no instituto de ensino secundario Espiñeira no Concello de Boiro, provincia de A Coruña. O centro oferta as seguinets ensinanzas: ESO, Bacharelato de Ciencias, Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, Grado Profesional Básico de Informática e Comunicacións, Ciclo Medio de Xestión Administrativa, Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións e Ciclo Superior de Administración e Finanzas. No curso actual non se atopa ningún alumno emigrante nin tampouco ningún alumno con necesidades educativas especiais.
3.- OBXECTIVOS
a. Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.
b. Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.
c. Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller.
d. Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.
e. Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.
f. Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en materias, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en diversos campos do coñecemento e da experiencia.
g. Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.
h. Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura.
i. Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada l. Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e
das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo.
m. Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e á súa mellora.
n. Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.
o. Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.
4.- CONTRIBUCIÓN DA MATERIA PARA A ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE
As orientacións da Unión Europea insisten na necesidade da adquisición das competencias clave por parte da cidadanía como condición indispensable para lograr que os individuos acaden un pleno desenvolvemento persoal, social e profesional que se axuste ás demandas de un mundo globalizado e faga posible o desenvolvemento económico vinculado ao coñecemento. A materia de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, contribúe a acadar as seguintes competencias: Competencia en comunicación lingüística Esta competencia é ou resultado da acción comunicativa dentro de prácticas sociais determinadas, nas cales o individuo actúa con outros interlocutores e a través de textos en múltiples modalidades, formatos e soportes. É un instrumento fundamental para a socialización, xa que o individuo é un axente comunicativo que produce, e non só recibe mensaxes. Nesta materia poñerase de manifesto esta competencia cando o alumno transmita correctamente a información entre as diferentes áreas da empresa e a clientes, aplicando as técnicas adecuadas de comunicación e negociación, utilizando medios telemáticos e presenciais. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía A competencia matemática permite recoñecer o papel que desempeñan as matemáticas no mundo, e utilizar os conceptos, procedementos e ferramentas para aplicalos na resolución dos problemas que poidan xurdir. En concreto, favorecerase a competencia matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía cando o alumno estude as distintas alternativas de investimento e financiamento valorando o custo e o risco para a empresa e elabore o estudo de viabilidade económicofinanciero, así como a previsión de vendas. Competencia dixital A competencia dixital implica o uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías da información e a comunicación para alcanzar os obxectivos relacionados co traballo, a empregabilidade, a aprendizaxe, e ser competente nunha contorna dixital. Esta materia vai axudar á consecución desta competencia por canto o alumno deberá investigar con medios telemáticos sobre diferentes áreas de actividade profesional, que lle axuden a tomar decisións sobre o seu itinerario laboral persoal, así como para o coñecemento dos seus dereitos e obrigacións como traballador en relación coa Seguridade Social. O alumno tamén utilizará aplicacións informáticas para a xestión financeira e comercial, o seguimento de provedores e clientes, a transmisión de información entre áreas, a creación de materiais para a difusión do plan de comercialización, a presentación do estudo de viabilidade económico-financeiro, etc., e ademais para a relación coas Administracións Públicas por medios telemáticos. Competencia de aprender a aprender A competencia de aprender a aprender é fundamental para a aprendizaxe permanente que se produce ao longo da vida. Caracterízase pola habilidade para iniciar, organizar e persistir na aprendizaxe, o cal esixe capacidade para motivarse por aprender. As destrezas e actitudes que integran esta competencia evidéncianse na capacidade para tomar decisións sobre as posibilidades de emprego e alternativas de formación, relacionándoas coas súas calidades e aspiracións persoais, ademais de cando o alumno coñeza as obrigacións fiscais da empresa e a elección da forma xurídica adecuada en función das esixencias de capital necesarias. Competencia sociais e cívicas
As competencias sociais e cívicas implican a habilidade e capacidade para utilizar os coñecementos e actitudes sobre a sociedade, para interpretar fenómenos e problemas sociais en contextos cada vez máis diversificados. A competencia social relaciónase co benestar persoal e colectivo que desenvolve actitudes e valores como a integridade e a honestidade. E a competencia cívica baséase no coñecemento crítico dos conceptos de democracia, xustiza, igualdade, cidadanía e dereitos humanos e civís. O coñecemento do papel do empresario e o seu rol na xeración de traballo e benestar social, das posibilidades que a contorna ofrece en canto ás aspiracións persoais e empresariais, das normas e institucións que interveñen no mercado laboral, dos dereitos e obrigacións derivadas das relacións laborais en materia de Seguridade Social, da necesidade de previr os riscos laborais e de facer fronte ás obrigacións fiscais dunha forma responsable, permitirán ao alumno alcanzar as destrezas, actitudes e valores implícitos nesta competencia. Competencia de sentido de iniciativa e espírito emprendedor Esta competencia implica a capacidade de transformar as ideas en actos, permitindo o aproveitamento de novas oportunidades. Iso significa adquirir conciencia da situación para intervir ou resolver, e saber elixir, planificar e xestionar os coñecementos, destrezas ou habilidades e actitudes necesarias con criterio propio, co fin de alcanzar o obxectivo previsto. A contribución desta materia a esta competencia está presente nos seguintes contidos: selección de fontes de financiamento adecuadas para a empresa, investimentos necesarios para a posta en marcha dun proxecto empresarial, e todos os aspectos relacionados coa capacidade creadora e innovadora a nivel profesional e empresarial así como a proactividade para xestionar proxectos persoais e empresariais. Competencia de conciencia e expresións culturais. Esta competencia está presente despois de que implica coñecer, comprender e valorar críticamente as distintas manifestacións culturais e artísticas, así como dominar capacidades relacionadas con diferentes códigos para poder utilizalas como medio de comunicación e expresión persoal. Esta materia contribúe a alcanzar esta competencia mediante a creación de materiais de difusión e publicidade dos produtos e/ou servizos do proxecto de empresa incluíndo un plan de comunicación na internet e en redes sociais. Ademais fomenta valores e actitudes de tolerancia e respecto cara á diversidade cultural e a liberdade de expresión, e tamén está presente na capacidade de desenvolver a creatividade a través da comunicación de ideas, detección de necesidades e a súa maneira de resolvelas, condicionado pola visión cultural e social que se ten.
5.- RELACIÓN DOS ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES
Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial. 4º de ESO
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
Bloque 1. Autonomía persoal, liderado e innovación
e
g
B1.1. Autonomía e autocoñecemento. A iniciativa emprendedora e o/a empresario/a na sociedade.
B1.2. Intereses, aptitudes e motivacións persoais para a carreira profesional.
B1.1. Describir as calidades persoais e as destrezas asociadas á iniciativa emprendedora, analizando os requisitos de distintos postos de traballo e actividades empresariais.
IAEEB1.1.1. Identifica as calidades persoais, as actitudes, as aspiracións e a formación propias das persoas con iniciativa emprendedora, e describe a actividade dos/das empresarios/as e o seu papel na xeración de traballo e benestar social.
CSIEE
CAA
IAEEB1.1.2. Investiga con medios telemáticos as áreas de actividade profesional do seu contorno, os tipos de empresa que as desenvolven e os postos de traballo en cada unha, razoando os requisitos para o desempeño profesional en cada un deles.
CD
CAA
CSIEE
b
g
B1.3. Itinerarios formativos e carreiras profesionais. Proceso de procura de emprego en empresas do sector. Autoemprego. Proceso de toma de decisións sobre o itinerario persoal.
B1.2. Tomar decisións sobre o itinerario vital propio comprendendo as posibilidades de emprego, o autoemprego e a carreira profesional, en relación coas habilidades persoais e as alternativas de formación e aprendizaxe ao longo da vida.
IAEEB1.2.1. Deseña un proxecto de carreira profesional propia relacionando as posibilidades do ámbito coas calidades e as aspiracións persoais, e valorando a opción do autoemprego e a necesidade de formación ao longo da vida.
CAA
CSIEE
a
c
g
m
B1.4. Dereito do traballo.
B1.5. Dereitos e deberes derivados da relación laboral.
B1.6. Contrato de traballo e negociación colectiva.
B1.7. Seguridade Social. Sistema de protección. Emprego e desemprego.
B1.8. Protección do/da traballador/a e beneficios sociais.
B1.9. Riscos laborais. Normas. Planificación da protección na empresa.
B1.3. Actuar como futuro/a traballador/a responsable coñecendo os seus dereitos e deberes como tal, valorando a acción do Estado e da Seguridade Social na protección da persoa empregada, e comprendendo a necesidade de protección dos riscos laborais.
IAEEB1.3.1. Identifica as normas e as institucións que interveñen nas relacións entre os/as traballadores/as e as empresas, en relación co funcionamento do mercado de traballo.
CSC
CSIEE
IAEEB1.3.2. Distingue os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, e compróbaos en contratos de traballo e documentos de negociación colectiva.
CSC
CSIEE
CMCCT
IAEEB1.3.3. Describe as bases do sistema da Seguridade Social e as obrigas dos/das traballadores/as e dos/das empresarios/as dentro deste, así como as prestacións mediante procuras nas web institucionais, valorando a súa acción protectora ante as continxencias cubertas.
CCL
CSC
CSIEE
IAEEB1.3.4. Identifica as situacións de risco laboral máis habituais nos sectores de actividade económica máis salientables no ámbito, e indica os métodos de prevención legalmente establecidos, así como as técnicas de primeiros auxilios aplicables en caso de accidente ou dano.
CSIEE
CAA
CMCCT
Bloque 2. Proxecto de empresa
Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial. 4º de ESO
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
d
g
B2.1. Idea de proxecto de empresa. Avaliación da idea. O contorno e o papel social da empresa.
B2.2. Elementos e estrutura da empresa.
B2.3. Plan de empresa.
B2.4. Planificación na empresa.
B2.1. Crear un proxecto de empresa na aula e describir as características internas e a súa relación co contorno, así como a súa función social, identificando os elementos que constitúen a súa rede loxística como provedores/as, clientela, sistemas de produción e comercialización, redes de almacenaxe, etc.
IAEEB2.1.1. Determina a oportunidade dun proxecto de empresa, identificando as características e tomando parte na actividade que a empresa desenvolve.
CSIEE
CAA
IAEEB2.1.2. Identifica as características internas e externas da empresa en proxecto, así como os elementos que constitúen o contono específico desta (mercado, provedores/as, clientela, sistemas de produción e/ou comercialización, almacenaxe, etc.).
CSIEE
CMCCT
CD
IAEEB2.1.3. Describe a relación da empresa proxectada co seu sector, a súa estrutura organizativa e as funcións de cada departamento, e identifica os procedementos de traballo no desenvolvemento do proceso produtivo ou comercial.
CSIEE
CCL
CMCCT
IAEEB2.1.4. Elabora documentos para a planificación das funcións da empresa en proxecto, tanto a longo como a curto prazo.
CCL
CSIEE
CMCCT
b
g
h
B2.5. Información na empresa. Información contable. Información de recursos humanos. Documentos comerciais de cobramento e pagamento. Arquivo.
B2.2. Identificar e organizar a información das áreas da empresa en proxecto aplicando os métodos correspondentes á tramitación documental empresarial.
IAEEB2.2.1. Manexa como usuario/a de nivel básico aplicacións informáticas de control e seguimento de clientela, provedores/as e outros, aplicando as técnicas básicas de contabilidade, xestión financeira e comercial e administración de persoal, para a organización da información da empresa proxectada.
CD
CMCCT
CAA
IAEEB2.2.2. Transmite información entre as áreas e a clientela da empresa en proxecto, recoñecendo e aplicando técnicas de comunicación e negociación, e aplicando o tratamento protocolario axeitado mediante medios telemáticos e presenciais.
CCL
CSIEE
CD
CMCCT
g
h
l
B2.6. Actividades na empresa. Función de produción. Función comercial e de márketing.
B2.7. Axudas e apoio á creación de empresas.
B2.3. Realizar actividades de produción e comercialización propias da empresa proxectada, aplicando técnicas de comunicación e traballo en equipo.
IAEEB2.3.1. Crea materiais publicitarios e para a difusión dos produtos e/ou servizos obxecto do proxecto, e elabora un plan de comunicación en internet e en redes sociais, aplicando os principios do márketing.
CCL
CSIEE
CD
CMCCT
IAEEB2.3.2. Desenvolve tarefas de produción e/ou comercialización na empresa en proxecto segundo os plans de control prefixados: simulando a toma de decisións para cumprir os prazos e os obxectivos establecidos e propondo melloras, mediante o traballo en equipo.
CSIEE
CMCCT
CD
CAA
IAEEB2.3.3. Compila datos sobre os apoios á creación de empresas tanto do contorno próximo como do territorial, estatal ou europeo, e
CD
CMCCT
CSIEE
Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial. 4º de ESO
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
selecciona as posibilidades que se axusten ao proxecto de empresa formulado.
Bloque 3. Finanzas
a
d
g
h
l
ñ
B3.1. Tipos de empresa segundo a súa forma xurídica.
B3.2. Elección da forma xurídica.
B3.3. Trámites de posta en marcha dunha empresa.
B3.1. Describir as formas xurídicas das empresas en relación coas responsabilidades legais dos/das seus/súas propietarios/a e xestores/as, así como coas esixencias de capital.
IAEEB3.1.1. Distingue as formas xurídicas das empresas e indica as esixencias de capital e responsabilidades propias de cada tipo.
CSIEE
CMCCT
IAEEB3.1.2. Identifica e enumera as administracións públicas implicadas na posta en marcha de empresas, e compila por vía telemática os principais documentos necesarios para a posta en funcionamento.
CD
CMCCT
CSIEE
IAEEB3.1.3. Valora as tarefas de apoio, rexistro, control e fiscalización que realizan as autoridades no proceso de creación de empresas, e describe os trámites que se deben realizar.
CSC
CMCCT
IAEEB3.1.4. Selecciona a forma xurídica máis axeitada en cada caso segundo a actividade que se vaia desenvolver, o número de emprendedores/as, o alcance da responsabilidade que se vaia asumir, a complexidade organizativa, a dispoñibilidade financeira e a fiscalidade.
CAA
CSIEE
CMCCT
b
f
g
B3.4. Fontes de financiamento das empresas: externas (bancos, axudas e subvencións, e crowdfunding) e internas (accionistas, investidores/as e aplicación de beneficios).
B3.5. Produtos financeiros e bancarios para pequenas e medianas empresas (PME): comparación.
B3.2. Identificar as fontes de financiamento das empresas propias de cada forma xurídica, incluíndo as externas e internas, e valorar as máis axeitadas para cada tipo e momento no ciclo de vida da empresa.
IAEEB3.2.1. Determina os investimentos necesarios para a posta en marcha dunha empresa, e distingue as principais partidas relacionadas nun balance de situación.
CSIEE
CMCCT
CD
IAEEB3.2.2. Caracteriza de xeito básico as posibilidades de financiamento das empresas, diferenciando o financiamento externo e o interno, a curto e a longo prazo, así como o custo de cada unha e as implicacións na marcha da empresa.
CMCCT
CD
CSIEE
b
f
g
l
ñ
B3.6. Planificación financeira das empresas. Estudo de viabilidade económico-financeira. Proxección da actividade. Instrumentos de análise. Razóns básicas.
B3.7. Impostos que afectan as empresas. Calendario fiscal.
B3.3. Recoñecer a necesidade de planificar o negocio das empresas ligándoa á previsión da evolución do sector e da economía nacional, así como da planificación financeira e fiscal.
IAEEB3.3.1. Presenta un estudo de viabilidade económico-financeiro a medio prazo do proxecto de empresa, aplicando condicións reais de produtos financeiros analizados e previsións de vendas, segundo un estudo do ámbito mediante unha aplicación informática tipo folla de cálculo, manexando razóns financeiras básicas.
CD
CSIEE
CAA
CMCCT
IAEEB3.3.2. Analiza os produtos financeiros máis axeitados de entre as entidades financeiras do ámbito para cada tipo de empresa, valorando o custo e o risco de cada un, e selecciona os máis acaído para
CAA
CSIEE
CMCCT
CD
Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial. 4º de ESO
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
o proxecto de empresa.
IAEEB3.3.3. Identifica as obrigas fiscais das empresas segundo a súa actividade e a súa forma xurídica, sinala o funcionamento básico do IAE, IVE, IRPF e IS, e indica as principais diferenzas entre eles.
CMCCT
CD
CSIEE
IAEEB3.3.4. Valora a achega que supón a carga impositiva das empresas á riqueza nacional e ao sostemento das cargas do Estado.
CSC
CAA
6.- OBXECTIVOS PARA O CURSO
A materia de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial contribuirá a desenvolver nos alumnos as capacidades que lles permitan: Obx.IAEE.1. Comprender e valorar a figura do emprendedor como axente do cambio social, do desenvolvemento e da innovación, fomentando a creatividade como motor de emprendemento nos nosos mozos na sociedade actual. Obx.IAEE.2. Percibir os trazos que caracterizan á persoa emprendedora mediante exemplos reais de emprendedores galegos. Obx.IAEE.3. Identificar as propias capacidades e intereses para a toma de decisións sobre estratexias persoais de formación e inserción socio-laboral, tendo en conta as características da súa contorna. Obx.IAEE.4. Fomentar a actuación como futuro traballador responsable, coñecendo os dereitos e deberes laborais. Obx.IAEE.5. Recoñecer o papel do Estado como garante social ante as continxencias que poidan xurdir nas relacións laborais. Obx.IAEE.6. Valorar a importancia da prevención dos riscos laborais. Obx.IAEE.7. Desenvolver capacidades para detectar oportunidades de negocio e constituír unha empresa, detallando a súa estrutura organizativa e as súas funcións. Obx.IAEE.8. Obter, seleccionar e interpretar información sobre os aspectos socioeconómicos, financeiros e humanos relevantes que afecten o proxecto empresarial. Obx.IAEE.9. Presentar as posibilidades do traballo na rede e a sociedade dixital que facilitan a posta en marcha dun negocio e o coñecemento dos organismos e institucións que brindan axuda ao emprendedor. Obx.IAEE.10. Analizar e valorar a importancia da elección da forma xurídica, así como os trámites necesarios para a posta en funcionamento da empresa. Obx.IAEE.11. Describir as posibles fontes financeiras ás que ten acceso a empresa e, a través de exemplos prácticos, optar pola máis adecuada. Obx.IAEE.12. Analizar a viabilidade económico-financeira do proxecto empresarial. Obx.IAEE.13. Coñecer as obrigacións fiscais da empresa, valorando a achega que supoñen á riqueza nacional.
LENDA COMPETENCIAS LENDA TRANSVERSAIS CCL Comunicación lingüística. CL Comprensión lectora. CMCCT Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. EOE Expresión oral e escrita. CD Competencia dixital. CA Comunicación audiovisual. CAA Competencia aprender a aprender. TIC Tecnoloxías da información e da comunicación. CSC Competencias sociais e cívicas. EMP Emprendemento. CSIEE Sentido de iniciativa e espírito emprendedor. EC Educación cívica. CCEC Conciencia e expresións culturais. PV Prevención da violencia.
7. RELACIONAR ASPECTOS CURRICULARES PARA CADA UNIDADE / PROXECTO / TEMA
Temporalización: 1ª avaliación Estándares de aprendizaxe avaliables Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Elementos transversais
Tem
a/U
D
Identif. contidos
Identif. criterios
Identif. estándar
Competencias clave
Estándares de aprendizaxe (1) Grao
mínimo consec.
Peso cualific.
Instrumentos Elementos transversais
Proba escrita
Proba oral
Trab. ind.
Trab. grupo
Cad. clase
Rúb. (2)
Obs. aula
CL EOE CA TIC EMP EC PV EV
1
B1.1
B1.1
IAEEB1.1.1 CAA/CSIEE
Identifica as calidades persoais, as actitudes, as aspiracións e a formación propias das persoas con iniciativa emprendedora, e describe a actividade dos/das empresarios/as e o seu papel na xeración de traballo e benestar social.
60% 50%
80 50% 20%
30%
x
B1.2 IAEEB1.1.2 CAA/CSIEE/CD
Investiga con medios telemáticos as áreas de actividade profesional do seu contorno, os tipos de empresa que as desenvolven e os postos de traballo en cada unha, razoando os requisitos para o desempeño profesional en cada un deles.
70% 50%
70%
30%
x
2 B1.3 B1.2 IAEEB1.2.1
CAA/CSIEE Deseña un proxecto de carreira profesional propia relacionando as posibilidades do ámbito coas calidades e as aspiracións persoais, e valorando a opción do autoemprego e a necesidade de formación ao longo da vida.
80% 100%
70%
30% x x x x
x
3
B1.4
B1.3
IAEEB1.3.1 CSC/CSIEE
Identifica as normas e as institucións que interveñen nas relacións entre os/as traballadores/as e as empresas, en relación co funcionamento do mercado de traballo.
50% 40%
70%
30% x x x x x
B1.5 IAEEB1.3.2
CSC/CSIEE/CMCCT Distingue os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, e compróbaos en contratos de traballo e documentos de negociación colectiva
60% 60%
70%
30% x
x
x
x
x
B1.6
B1.7
B1.3
IAEEB1.3.3
CSC/CSIEE/CCL
Describe as bases do sistema da Seguridade Social e as obrigas dos/das traballadores/as e dos/das empresarios/as dentro deste, así como as prestacións mediante procuras nas web institucionais, valorando a súa acción protectora ante as continxencias cubertas.
60% 100%
60% 10%
30%
x
4 B1.8
5 B1.9
B1.3 IAEEB1.3.4 CAA/CMCCT/CSIEE
Identifica as situacións de risco laboral máis habituais nos sectores de actividade económica máis salientables no ámbito, e indica os métodos de prevención legalmente establecidos, así como as técnicas de primeiros auxilios aplicables en caso de accidente ou dano.
60% 100%
50% 20%
30% x x x
Relacionar aspectos curriculares para cada unidade / proxecto / tema
Temporalización: 2ª avaliación Estándares de aprendizaxe avaliables Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Elementos transversais
Te
ma/U
D
Identif. contidos
Identif. criterios
Identif. estándar
Competencias clave
Estándares de aprendizaxe (1) Grao
mínimo consec.
Peso cualific.
Instrumentos Elementos transversais
Proba escrita
Proba oral
Trab. ind.
Trab. grupo
Cad. clase
Rúb. (2)
Obs. aula
CL EOE CA TIC EMP EC PV EV
6
B2. 1
B2.1
IAEEB2.1.1 CSIEE/CAA Determina a oportunidade dun proxecto de empresa, identificando as características e tomando parte na actividade que a empresa desenvolve.
40% 60%
70%
30% x
x
B2.2 IAEEB2.1.2 CSIEE/CMCCT/CD Identifica as características internas e externas da empresa en proxecto, así como os elementos que constitúen o contono específico desta (mercado, provedores/as, clientela, sistemas de produción e/ou comercialización, almacenaxe, etc.).
50% 40%
50% 20%
30% x
x
x
7 B2.3
B2.1 IAEEB2.1.3 CSIEE/CMCCT/CCL
Describe a relación da empresa proxectada co seu sector, a súa estrutura organizativa e as funcións de cada departamento, e identifica os procedementos de traballo no desenvolvemento do proceso produtivo ou comercial.
50% 40%
35% 35%
30%
x x
X
B2.4 IAEEB2.1.4 CSIEE/CMCCT/CCL Elabora documentos para a planificación das funcións da empresa en proxecto, tanto a longo como a curto prazo.
40% 60%
35% 35%
30% x x x
X
8 B2.5 B2.2
IAEEB2.2.1 CD/CMCCT/CAA
Manexa como usuario/a de nivel básico aplicacións informáticas de control e seguimento de clientela, provedores/as e outros, aplicando as técnicas básicas de contabilidade, xestión financeira e comercial e administración de persoal, para a organización da información da empresa proxectada.
60% 50%
50% 20%
30%
x x x X
IAEEB2.2.2 CCL/CSIEE/CD/CMCCT Transmite información entre as áreas e a clientela da empresa en proxecto, recoñecendo e aplicando técnicas de comunicación e negociación, e aplicando o tratamento protocolario axeitado mediante medios telemáticos e presenciais.
60% 50% 70% 30% x x X
9
B2.6
B2.3
IAEEB2.3.1 CCL/CMCCT/CSIEE/CD Crea materiais publicitarios e para a difusión dos produtos e/ou servizos obxecto do proxecto, e elabora un plan de comunicación en internet e en redes sociais, aplicando os principios do márketing.
40% 30%
20% 50%
30%
x x x X
IAEEB2.3.2 CAA/CMCCT/CSIEE/CD Desenvolve tarefas de produción e/ou comercialización na empresa en proxecto segundo os plans de control prefixados: simulando a toma de decisións para cumprir os prazos e os obxectivos establecidos e propondo melloras, mediante o traballo en equipo.
50% 40%
50% 20%
30% x x x X
B2.7 IAEEB2.3.3 CSIEE/CMCCT/CD
Compila datos sobre os apoios á creación de empresas tanto do contorno próximo como do territorial, estatal ou europeo, e selecciona as posibilidades que se axusten ao proxecto de empresa formulado.
40% 30%
70%
30% x x
Relacionar aspectos curriculares para cada unidade / proxecto / tema
Temporalización: 3ª avaliación Estándares de aprendizaxe avaliables Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Elementos transversais
Te
ma/U
D
Identif. contidos
Identif. criterios
Identif. estándar
Competencias clave
Estándares de aprendizaxe (1) Grao
mínimo consec.
Peso cualific.
Instrumentos Elementos transversais
Proba escrita
Proba oral
Trab. ind.
Trab. grupo
Cad. clase
Rúb. (2)
Obs. aula
CL EOE CA TIC EMP EC PV EV
10
B3.1
B3.1
IAEEB3.1.1 CSIEE/CMCCT Distingue as formas xurídicas das empresas e indica as esixencias de capital e responsabilidades propias de cada tipo.
40% 25%
30% 40%
30% x
B3.2 IAEEB3.1.2 CMCCT/CD/CSIEE Identifica e enumera as administracións públicas implicadas na posta en marcha de empresas, e compila por vía telemática os principais documentos necesarios para a posta en funcionamento.
30% 25%
30% 40%
30% x
x
B3.3
IAEEB3.1.3 CSC/CMCCT Valora as tarefas de apoio, rexistro, control e fiscalización que realizan as autoridades no proceso de creación de empresas, e describe os trámites que se deben realizar.
40% 25% 30% 40% 30% x
x x x
IAEEB3.1.4 CAA/CSIEE/CMCCT Selecciona a forma xurídica máis axeitada en cada caso segundo a actividade que se vaia desenvolver, o número de emprendedores/as, o alcance da responsabilidade que se vaia asumir, a complexidade organizativa, a dispoñibilidade financeira e a fiscalidade.
50% 25% 30% 40% 30%
x
11
B3.4
B3.2
IAEEB3.2.1 CSIEE/CMCCT/CD Determina os investimentos necesarios para a posta en marcha dunha empresa, e distingue as principais partidas relacionadas nun balance de situación.
50% 50%
70%
30% x
x
B3.5 IAEEB3.2.2 CSIEE/CMCCT/CD Caracteriza de xeito básico as posibilidades de financiamento das empresas, diferenciando o financiamento externo e o interno, a curto e a longo prazo, así como o custo de cada unha e as implicacións na marcha da empresa.
40% 50%
50% 20%
30% x x
12 B3.6 B3.3
IAEEB3.3.1 CD/CMCCT/CAA/CSIEE
Presenta un estudo de viabilidade económicofinanceiro a medio prazo do proxecto de empresa, aplicando condicións reais de produtos financeiros analizados e previsións de vendas, segundo un estudo do ámbito mediante unha aplicación informática tipo folla de cálculo, manexando razóns financeiras básicas
40% 60%
70%
30%
x x x x x
IAEEB3.3.2 CD/CMCCT/CAA/CSIEE Analiza os produtos financeiros máis axeitados de entre as entidades financeiras do ámbito para cada tipo de empresa, valorando o custo e o risco de cada un, e selecciona os máis acaído para o proxecto de empresa.
50% 40% 50% 20% 30% x x x
13 B3.7 B3.3
IAEEB3.3.3 CMCCT/CSIEE/CD Identifica as obrigas fiscais das empresas segundo a súa actividade e a súa forma xurídica, sinala o funcionamento básico do IAE, IVE, IRPF e IS, e indica as principais diferenzas entre eles.
50% 60%
70%
30% x x
IAEEB3.3.4 CAA/CSC Valora a achega que supón a carga impositiva das empresas á riqueza nacional e ao sostemento das cargas do Estado
40% 40%
50% 20%
30%
x x
8. CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS QUE REQUIRE A MATERIA
A metodoloxía máis idónea para impartir esta materia débese basear na xeración no alumno dun método de traballo propio e secuencial que conxugue armónicamente traballo de investigación, traballo en equipo e dominio das ferramentas de comunicación básicas. Exponse así a Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial como un método de carácter interactivo no que o alumno aprende facendo. Nesta materia o profesor debería actuar como guía que estableza e explique os conceptos básicos e necesarios e á súa vez ser xerador de recursos útiles e actuais con valor para a creación de aprendizaxes significativas no alumno, fomentando a capacidade dos alumnos en expor preguntas e problemas reais aprendendo a resolvelos (APB), na aprendizaxe por descubrimento e na relación co medio. En calquera caso débese ensinar ao alumnado para traballar coas ferramentas dixitais, as ferramentas web 2.0 e non perder de vista a interdisciplinariedade da materia con outras como a Lingua, as Matemáticas, as Ciencias Sociais e a Tecnoloxía. O enfoque metodolóxico da materia ha de partir dos coñecementos que teñen os alumnos da realidade que lles rodea así como das súas expectativas e intereses, reclamando o papel activo e responsable destes durante todo o proceso, para que sentan protagonistas e responsables dos resultados, tanto na súa avaliación como na relación cos seus compañeiros. Coa utilización de actividades eminentemente prácticas hanse de propiciar as condicións favorables para que o alumno despregue unha actividade mental creativa e diversa que lle permita a adquisición de coñecementos e experiencias necesarias para o desenvolvemento da autonomía persoal, liderado e innovación, o espírito emprendedor e a capacidade de tomar decisións financeiras adecuadas. A través do traballo en equipo, as simulacións e as dinámicas de grupo, o alumno adquirirá as habilidades sociais básicas para a continuación dos seus estudos de formación profesional e/ou académicos, ou para a súa futura inserción no mundo laboral xa sexa como empresario ou como traballador por conta allea. Así mesmo, é recomendable para que o método de traballo do profesor xere valor na formación do alumnado, que se complemente coas experiencias propias de emprendedores reais que expoñan aos alumnos a súa propia experiencia. Integrar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación como ferramentas do proceso de ensino- aprendizaxe e a utilización de materiais multimedia como medio de comunicación, familiarizan aos alumnos con medios e técnicas de comunicación que han de converterse en habituais e que facilitan o achegamento á realidade social e cultural. Así mesmo, será positivo motivar aos alumnos para que traten de probar e avaliar as innovacións tecnolóxicas que estean ao seu alcance co obxecto de espertar o seu espírito innovador e aumentar a eficacia nos seus procedementos de traballo. A práctica docente ha de orientarse ao fomento da creatividade, iniciativa persoal, traballo en equipo, para o que a aplicación da metodoloxía PBL (Proyect Based Learning) pode ser unha ferramenta metodolóxica fundamental que contribúa ao desenvolvemento dos seguintes aspectos: Expor ao alumno o reto de identificar unha oportunidade e loitar por ela para crear un valor que xere beneficios para a súa contorna e para o mesmo. A observación e a análise do contexto social, cultural e económico, a planificación e organización do traballo, a realización de diversas tarefas, a asunción de responsabilidades, e o desenvolvemento do
espírito crítico son accións que xeran aprendizaxes significativas e útiles para o desenvolvemento persoal e profesional dos alumnos
Fomentar a capacidade para a toma de decisións, as habilidades comunicativas e a autonomía do alumnado. A través do traballo en equipo, as simulacións e as dinámicas de grupo, que constitúen a base metodolóxica desta materia, o alumno adquirirá as habilidades sociais básicas para a continuación dos seus estudos, ou para a súa futura inserción no mundo laboral xa sexa como empresario ou como traballador por conta allea.
Facilitar a asimilación dos novos conceptos desde un enfoque globalizado, que permita integrar o desenvolvemento do espírito emprendedor con outras áreas de coñecemento.
Estimular a autoconfianza, a motivación polo logro, a iniciativa persoal e a capacidade para comprender e asumir riscos aceptables como paso ineludible para a consecución de obxectivos emprendedores.
Integrar as tecnoloxías da información e a comunicación como ferramentas do proceso de ensino-aprendizaxe. A utilización de materiais multimedia e ferramentas interactivas e o uso da internet como medio de comunicación, familiarizan aos alumnos con medios e técnicas de comunicación que han de converterse en habituais e que facilitan o achegamento a outras realidades sociais e culturais.
9.- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS QUE SE VAIAN UTILIZAR
Os materiais a utilizar son os seguintes: Apuntes do profesor.
Libro Iniciación á Actividade Económica e empresarial (www.librosdetextogratis.com).
Periódicos. Proxeccións de vídeos. Proxeccións de anacos de películas. Proxeccións de programas de televisión. Proxección de documentais. Fotocopias de textos, gráficos, cadros, taboas, etc. Dinámicas de grupo
Os recursos a empregar:
Lousa. Ordenadores con conexión a internet. Software ofimática. Software xestión. Material propio de clase: folios, bolígrafos, lapis,… Outro material aportado polo profesor: papel, cordas, vasos, etc.
10.- CRITERIOS SOBRE A AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO
O proceso de avaliación
A avaliación é un dos elementos do proceso educativo de maior importancia, e require
unha dedicación constante por parte do profesorado.As concepcións sobre o que é, o que
hai que avaliar, como se debe facer e cando se há de efectuar, son variadas e moi distintas
segundo a concepción que teñan os profesores do ensino.
O que é a avaliación?
A avaliación pódese entender como un proceso continuo de recollida de información e de
análise, que nos permite coñecer o que aprendizaxe se está a conseguir, o que variables
inflúen en dito aprendizaxe e cales son os obstáculos e dificultades que afectan
negativamente ao aprendizaxe.
Polo tanto, podemos dicir que a avaliación implica a emisión dun xuízo de valor;
comparativo, porque se fai en relación a un referinte, que son os criterios de avaliación;
corrector, porque se fai co fin de mellorar aquilo que foi obxecto da avaliación; e continuo,
porque require estabelecer tres momentos fundamentais no proceso: o comezo, o proceso
e o final.
O que hai que avaliar?
O obxecto da avaliación non é único. Podería entenderse que o que hai que avaliar é o
produto final, é dicir, o aprendizaxe logrado polo alumno ou a alumna ao longo dun período
de tempo. Pero, tamén é de suma importancia avaliar a influencia de todas as posíbeis
variables que poden influír no rendemento final, como a actitude o traballo dos alumnos, o
proceso de ensino que levou a cabo o profesor, os materiais didácticos empregados, etc.;
todo iso acostumase englobar na chamada avaliación do proceso.
Dentro do concepto de avaliación do produto ou aprendizaxe, hai que ter presente que por
obxecto de aprendizaxe hai que entender, todo coñecemento teórico e practico, así como
as capacidades competenciais que se aprenderon de forma explícita. De todo iso,
dedúcese que haberá que empregar diferentes instrumentos e procedementos de
avaliación que sexan pertinentes co que se
quere avaliar, tanto para o produto (aprendizaxe) como para o proceso (ensino).
Como se debe facer?
A avaliación do aprendizaxe ten de efectuarse mediante o uso de instrumentos e
procedementos adecuados ao que se pretende medir ou observar. Os instrumentos e
procedementos deben ser variados e orientadores.
Para a avaliación do proceso, precisase ser crítico e á vez reflexivo, cuestionando
constantemente o que se fai, e procurando analizar os principais elementos que poden
distorsionar o proceso educativo; desta forma poderemos identificar os problemas e tentar
pór remedio na medida das nosas posibilidades.
A avaliación da propia prática docente constitúe unha das estratexias de formación mais
potentes que existen para a mellora da calidade do proceso de ensino-aprendizaxe,
permitindo as correccións oportunas no seu labor didáctica.
Cando se debe de facer?
A avaliación ten de vir marcado polos tres momentos, citados anteriormente, que definen o
proceso continuo de ensino-aprendizaxe:
1) Avaliación inicial: Realizarase ao comezo do proceso para obter información sobre a
situación de cada alumno e alumna, e para detectar a presenza de erros conceptuais que
actúen como obstáculos para o aprendizaxe posterior. Isto conlevará unha atención ás
súas diferenzas e unha metodoloxía adecuada para cada caso.
2) Avaliación formativa: Tipo de avaliación que pretende regular, orientar e corrixir o
proceso educativo, ao proporcionar unha información constante que permitirá mellorar
tanto os procesos como os resultados da intervención educativa. É, por tanto, a mais
apropiada para ter unha visión das dificultades e dos procesos que se van obtendo en
cada caso. Coa información dispoñíbel valorarase se avanza cara a consecución dos
obxectivos prantexados.
Se en algún momento se detectan dificultades no proceso, se tratará de averiguar as súas
causas e, en consecuencia, adaptar as actividades de ensino-aprendizaxe.
3) Avaliación sumativa: Trátase de valorar os resultados finais de aprendizaxe e comprobar
se os alumnos e alumnas adquiriron os contidos e competencias básicas que lles
permitirán seguir aprendendo cando se enfronten a contidos mais complexos.
Como prantexamos a avaliación?
A avaliación do proceso de aprendizaxe dos alumnos da Educación Secundaria Obrigatoria
será continua e diferenciada segundo as distintas materias do currículo.
Nese proceso de avaliación continua, cando o progreso dun alumno ou alumna non sexa o
adecuado, se estabelecerán medidas de reforzo educativo. Estas medidas adoptaranse en
calquera momento do curso, tan pronto como se detecten as dificultades, e estarán
dirixidas a garantir a adquisición dos aprendizaxes imprescindibles para continuar o
proceso educativo.
Ao avaliar desta maneira reflexionamos tamén sobre a prática educativa. Cada profesor
prantexará os correctores adecuados, individuais e grupais, para mellorar o proceso de
ensino-aprendizaxe.
Ademais, os profesores avaliarán tanto os aprendizaxes dos alumnos como os procesos
de ensino e o seu propio papel docente.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
B1.1. Describir as calidades persoais e as destrezas asociadas á iniciativa emprendedora, analizando os requisitos de distintos postos de traballo e actividades empresariais.
B1.2. Tomar decisións sobre o itinerario vital propio comprendendo as posibilidades de emprego, o autoemprego e a carreira profesional, en relación coas habilidades persoais e as alternativas de formación e aprendizaxe ao longo da vida.
B1.3. Actuar como futuro/a traballador/a responsable coñecendo os seus dereitos e deberes como tal, valorando a acción do Estado e da Seguridade Social na protección da persoa empregada, e comprendendo a necesidade de protección dos riscos laborais.
B2.1. Crear un proxecto de empresa na aula e describir as características internas e a súa relación co contorno, así como a súa función social, identificando os elementos que
constitúen a súa rede loxística como provedores/as, clientela, sistemas de produción e comercialización, redes de almacenaxe, etc.
B2.2. Identificar e organizar a información das áreas da empresa en proxecto aplicando os métodos correspondentes á tramitación documental empresarial.
B2.3. Realizar actividades de produción e comercialización propias da empresa proxectada, aplicando técnicas de comunicación e traballo en equipo.
B3.1. Describir as formas xurídicas das empresas en relación coas responsabilidades legais dos/das seus/súas propietarios/a e xestores/as, así como coas esixencias de capital.
B3.2. Identificar as fontes de financiamento das empresas propias de cada forma xurídica, incluíndo as externas e internas, e valorar as máis axeitadas para cada tipo e momento no ciclo de vida da empresa.
B3.3. Recoñecer a necesidade de planificar o negocio das empresas ligándoa á previsión da evolución do sector e da economía nacional, así como da planificación financeira e fiscal.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Antes de entrar nos criterios de cualificación propiamente ditos convén aclarar as posibles
situacións excepcionais que se poden presentar ó longo do curso:
O alumno que supere o número de faltas de asistencia sen xustificar fixado no Regulamento de Réxime Interior (superior a multiplicar por catro o número de horas semanais) poderá o dereito á avaliación continua; realizará una única proba antes da avaliación final ordinaria, na que os contidos estarán relacionados coa programación da área. Esta proba será de carácter teórico e práctico e proposta polo departamento.
Se algún alumno, durante o curso ou parte del, non mantén as mínimas normas de convivencia, cifradas en feitos tales como: reiterada e grave falta de respecto ós compañeiros ou ó profesor, destrono ou lustración intencionada de material ou ferramentas da aula-obradoiro-taller, deterioro da aula de Informática e dos equipos tanto no que se refire ó software como ó hardware, nula colaboración co seu equipo. Obterá como cualificación Insuficiente na avaliación correspondente, ademais porase este feito en coñecemento dos pais ou titores á maior brevidade. Se este comportamento non se corrixe unha vez comunicado ós pais ou titores, a cualificación final será Insuficiente, considerando que non se acadaron en absoluto os mínimos contidos actitudinais tanto da área como da etapa.
Presentación de traballos. Os traballos encargados durante o curso son de obrigada presentación nun marxe próximo ó prazo previsto, máximo cinco días (excepto faltas xustificadas). En caso de existir traballos sen presentar por enriba dunha porcentaxe que fixará o profesor será posto en coñecemento dos pais ou titores, obténdose como cualificación Insuficiente. Se este comportamento se mantén unha vez coñecido polos pais ou titores, a cualificación final será Insuficiente.
Alumnos que copien durante as probas escritas: Os alumnos dos que haxa probas evidentes de que copian durante a realización dunha proba escrita, perderán o dereito a realizar as demais probas escritas dese trimestre, e se xa tiña algunha feita non se terá en conta, obtendo como cualificación Insuficiente na avaliación correspondente. Se este comportamento se repite noutra avaliación procederase da mesma forma e perderá o dereito a realizar probas escritas durante o tempo que reste de curso, e só terá dereito a unha proba final ordinaria que poderá ser oral diante do encerado, lousa dixital, maquinas e ferramentas dos talleres da ESO ou do
Bacharelato ou ordenadores dos mesmos, na que os contidos estarán relacionados cos estudados durante todo o curso.
Unha vez aclarado o anterior, a continuación explícanse os que serían os criterios de
cualificación para a práctica totalidade do alumnado:
1.- Durante as sesión de clase se realizarán distintas actividades desde visionado de
vídeos a dinámicas de grupo e traballos individuais ou de grupo, que serán cualificadas por
o profesor. Ao final de cada avaliación, faise a media das cualificacións obtidas, que
constituirá un 70 % da nota de avaliación.
2.- Asemade o profesor vai anotando na libreta de clase os resultados das observacións
diarias en aspectos como a actitude, participación, traballo en equipo, aportacións positivas
e negativas dos alumnos en forma de notas de 0 a 10. A media de estas puntuacións ao
remate da avaliación constituirá un 30 % da nota da mesma.
3.- A nota de avaliación será o resultado de sumar o apartado 1 mais o apartado 2.
4.- No caso de alumn@s que non acaden una valoración positiva no apartado 1, poderán
facer un exame ao final de cada avaliación. Esta proba terá un valor do 70% da nota de
avaliación ao que se lle sumará o 30 % do apartado 2 para ter a nota de cada avaliación.
5.- Nos casos de non alcanzar a nota de 5 na avaliación, o alumno deberá facer un exame
de recuperación ao rematar a avaliación, os contidos serán tódolos impartidos en dita
avaliación .
6.- A nota final do alumno resultará de calcular a media das tres avaliacións.
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
Consideramos que para realizar unha adecuada intervención educativa, é necesario
planear unha avaliación ampla e aberta á realidade das tarefas de aula e das
características do alumnado, con especial atención ao tratamento da diversidade.
Os instrumentos de avaliación defínense como aqueles documentos ou rexistros utilizados
polo profesorado para a observación sistemática e o seguimento do proceso de
aprendizaxe do alumnado, desta forma a avaliación debe apoiarase na recollida de
información. Por iso é necesaria que o equipo de profesores determine as características
esenciais dos procedementos de avaliación; entre elas subliñamos as seguintes:
- Ser moi variados, de modo que permitan avaliar os distintos tipos de capacidades e
contidos curriculares e contrastar dados da avaliación dos mesmos aprendizaxes obtidos
a través dos seus distintos instrumentos.
- Poder ser aplicados, algúns deles, tanto polo profesor como polos alumnos en situacións
de autoavaliación e de coavaliación.
- Dar información concreta que se pretende avaliar, sen introducir variables que
distorsionen os dados que se obteñan coa súa aplicación.
- Utilizar distintos códigos (verbais, sexan orais ou escritos, gráficos, numéricos,
audiovisuais, etc.) cando se trate de probas dirixidas ao alumnado, de modo que se
adecúen ás distintas aptitudes e que o código non mediatice o contido que se pretende
avaliar.
- Ser aplicables en situacións mais ou menos estruturadas da actividade escolar.
- Permitir avaliar a transferencia dos aprendizaxes a contextos distintos daqueles nos que
se adquiriron, comprobando así a súa funcionalidade e a adquisición das competencias
básicas.
A continuación enumeramos algúns dos procedementos e instrumentos que se poden
empregar para avaliar o proceso de aprendizaxe:
Observación sistemática 1. Observación directa do traballo nas aulas, laboratorio ou talleres. 2. Láminas, proxectos, memorias, etc. 3. Revisión dos cadernos de clase. 4. Rexistro anecdótico persoal para cada un dos alumnos.
Analizar as producións dos alumnos 5. Resumos. 6. Actividades en clase (problemas, exercicios, respostas a preguntas, etc.). 7. Producións escritas e gráficas. 8. Traballos monográficos. 9. Memorias técnicas, presupostos e proxectos.
Avaliar as exposicións orais dos alumnos 10. Debates 11. Postas en común. 12. Diálogos 13. Entrevista.
Realizar probas específicas 14. Obxectivas. 15. Abertas. 16. Exposición dun tema, en grupo ou individualmente. 17. Resolución de exercicios 18. Autoavaliación
11.INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DO ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE
Indicadores de logro do proceso de ensino
Indicadores de logro da práctica docente
Escala
1 2 3 4
1. Como norma xeral, fanse explicacións xerais para todo o alumnado.
2. Ofrécense a cada alumno/a as explicacións individualizadas que precisa.
3. Elabóranse actividades atendendo á diversidade.
4. Elabóranse probas de avaliación adaptadas ás necesidades do alumnado con NEAE.
5. Utilízanse distintas estratexias metodolóxicas en función dos temas a tratar.
6. Combínase o traballo individual e en equipo.
7. Poténcianse estratexias de animación á lectura.
8. Poténcianse estratexias tanto de expresión como de comprensión oral e escrita.
9. Incorpóranse as TIC aos procesos de ensino – aprendizaxe.
10. Préstase atención aos elementos transversais vinculados a cada estándar.
11. Ofrécense ao alumnado de forma rápida os resultados das probas / traballos, etc.
12. Analízanse e coméntanse co alumnado os aspectos máis significativos derivados da corrección das probas, traballos, etc.
13. Dáselle ao alumnado a posibilidade de visualizar e comentar os seus acertos e erros.
14. Grao de implicación do profesorado nas funcións de titoría e orientación.
15. Adecuación, logo da súa aplicación, das ACS propostas e aprobadas.
16. As medidas de apoio, reforzo, etc. están claramente vinculadas aos estándares.
17. Avalíase a eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, ampliación…
Escala
1 2 3 4
1. O nivel de dificultade foi adecuado ás características do alumnado.
2. Conseguiuse crear un conflito cognitivo que favoreceu a aprendizaxe.
3. Conseguiuse motivar para lograr a actividade intelectual e física do alumnado.
4. Conseguiuse a participación activa de todo o alumnado.
5. Contouse co apoio e coa implicación das familias no traballo do alumnado.
6. Mantívose un contacto periódico coa familia por parte do profesorado.
7. Adoptáronse as medidas curriculares adecuadas para atender ao alumnado con NEAE.
8. Adoptáronse as medidas organizativas adecuadas para atender ao alumnado con NEAE.
9. Atendeuse adecuadamente á diversidade do alumnado.
10. Usáronse distintos instrumentos de avaliación.
11. Dáse un peso real á observación do traballo na aula.
12. Valorouse adecuadamente o traballo colaborativo do alumnado dentro do grupo.
12.- ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES
A) Realización de dúas probas de avaliación ó longo do curso:
B) Realización dunha proba final no mes de maio para os alumnos que non superasen
algunha das probas anteriores.
C) Resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos das probas anteriores.
Antes da realización da primeira proba proporanse exercicios relacionados cos contidos
desta proba e despois dela proporanse exercicios relativos os contidos da segunda proba.
D) Proposta de traballo e realización práctica (dependendo das dispoñibilidades
espaciais e temporais) dun proxecto adaptado a este nivel.
Tódolos alumnos con pendentes deben ter en conta que:
Para a superación da materia pendente na avaliación ordinaria do mes de xuño o alumno debe ter superadas, con cualificación de cinco ou superior, as probas do apartado A) ou a proba do apartado B) e ademais debe ter entregados os exercicios do apartado C) e a memoria do traballo do apartado D), se este fora realizado na práctica.
Os alumnos que non superen a avaliación ordinaria de xuño, terán que facer unha proba extraordinaria no mes de setembro relativa ós contidos expostos no apartado A).
Co fin de mellorar o compromiso e interese dos alumnos con materias pendentes, dende
este departamento fomentarase a implicación dos alumnos coa materia levando a cabo un
seguimento máis individualizado e coordinando as actividades cos titores correspondentes.
13.- DESEÑO DA AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS INDIVIDUAIS OU COLECTIVAS QUE SE POIDAN ADOPTAR COMO CONSECUENCIA DOS SEUS RESULTADOS
O proceso de ensino e da aprendizaxe de alumnos e alumnas diríxese cara ao logro dunha
serie de obxectivos valiosos, o que implica partir dun "estado inicial" (que debe coñecerse)
sobre o que se irán operando os cambios producidos polo ensino e a aprendizaxe.
O coñecemento dos niveis, características e necesidades dos alumnos permitirannos
tomar unha serie de decisións relativas a:
o planificar e programar as actividades docentes.
o adoptar medidas de atención á diversidade na aula.
o metodoloxías a empregar.
Ao tratarse de decisións que afectan a un equipo docente é necesario que exista un
intercambio de opinións e información entre os membros do equipo educativo. A avaliación
inicial de alumnos e alumnas é un primeiro paso no proceso de avaliación continua que
leva a cabo o equipo educativo.
Que aspectos interesa avaliar?:
O proceso de avaliación inicial esixe que se atenda máis aos posibles recursos e
capacidades de alumnas e alumnos que ás posibles deficiencias que presenten, aínda que
sen esquecer estas. Parece ser máis produtivo analizar as expectativas e intereses, as
potencialidades que posúen alumnos e alumnas co fin de proporcionarlles unha educación
adaptada a eles que simplemente "constatar o baixo nivel que posúen".
Desde este suposto o primeiro que convén explorar e coñecer son as actitudes de alumnas
e alumnos fronte á área ou grupo de áreas, e en xeral aos grandes temas que poden
tratarse desde un punto de vista disciplinar. O coñecemento destas actitudes proporcionará
datos valiosos para organizar unhas actividades que fomenten a "motivación por
aprender". O profesor titor pode completar esta "radiografía" do alumno coas súas
actitudes fronte a temas máis xerais (os estudos, ambiente familiar e social, etc).
En segundo lugar, interesa coñecer as capacidades de alumnos e alumnas en relación aos
procedementos. Interesará coñecer o desenvolvemento de capacidades xerais (lectura,
escritura, identificación, análise, ...) xa que teñen unha influencia en todas as áreas.
Ademais, debe tratar de coñecerse o grao de dominio dos procedementos básicos da
materia que caben ser considerados como pre-requisitos na área; isto permitirá iniciar
algúns medidas de reforzo en caso necesario. En terceiro lugar, convén tratar de explorar a
alumnas e alumnos nos procedementos centrais da área, aínda que só sexa a modo de
anticipación respecto do que será o traballo na área ou grupo de áreas ao longo do curso.
Ademais, convén indagar acerca dos graos de dominio en relación aos conceptos. Neste
caso interesa observar non só a adquisición ou non de determinados conceptos
relacionados coa área, senón os procesos seguidos por alumnos e alumnas que lles
levaron a concepcións erróneas. As capacidades que poderían explorarse neste caso
poden ser: identificación, selección, interrelación, definición e aplicación á resolución de
problemas.
Nestas tarefas é importante dispoñer da información acumulada sobre o alumno ao longo
da súa escolarización no Instituto, aínda que adoitan en cada curso cambiar os profesores,
os alumnos alumnos adoitan permanecer no centro uns seis anos máis ou menos. Aínda
que esta información histórica pode, nalgúns casos incitar á sobrevaloración e noutros a
unha subvaloración do alumno, polo que é importante coñecer estes riscos de rumbo.
En primeiro lugar debe considerarse que a avaliación de alumnas e alumnos é un proceso
encomendado ao equipo docente de modo colectivo. Isto permitirá un intercambio de
informacións e opinións que poderán facilitar un ensino baseado nas necesidades e
características de alumnos e alumnas.
Os instrumentos para recoller a información relevante para a avaliación inicial non ten que
basearse necesariamente en probas escritas. Este tipo de probas pode ser adecuada para
determinados procedementos e algúns contidos conceptuais, pero non con carácter xeral;
entre as súas vantaxes destaca que se dispón dun material escrito, individualizado e
sempre revisable, pero ten a desvantaxe de que supón un gran esforzo para a súa
corrección e que non é adecuada nalgúns casos.
Como complemento á proba escrita pódese traballar en grupos de debate, en técnicas en
pequeno grupo, etc, o que nos indicará as tendencias xerais do grupo de alumnas e
alumnos. A observación dos alumnos e a súa anotación nun rexistro (escrito, de audio, de
vídeo, ...) daranos información individualizada. En todo caso, as actividades grupales
convén planificalas rigorosamente (que se pretende avaliar, como se organizará o traballo
do grupo, como se vai a avaliar, como se rexistrará a información, ...).
Outro instrumento que pode utilizarse é a entrevista, que pode realizarse de modo formal
ou informal, ou simplemente mediante preguntas en clase. En calquera caso, debe
planificarse e seleccionarse as preguntas en función dos obxectivos que se pretendan.
Pode empregarse unha ampla gama de instrumentos nesta avaliación inicial, sobre todo de
tipo cualitativo, pero o obxectivo que debe guiar a súa selección e utilización é que nos
permita coñecer algo das posibilidades e recursos de alumnos e alumnas. Non debe
tratarse cunha actitude clasificatoria, aínda que se debe e pode servir para detectar pronto
problemas e dificultades de aprendizaxe nalgunhas alumnas e alumnos.
Unha parte importante da información pode obterse da autoevaluación de alumnos e
alumnas ou mediante actividades ou exercicios que impliquen un alto grao de valoración
por parte de alumnas e alumnos.
Cando realizar a avaliación inicial?:
O momento máis adecuado para realizala é a comezo de curso xa que pode facilitar
pautas para a adaptación do proxecto curricular ás características e necesidades de
alumnas e alumnos. Normalmente será necesario dedicar varias sesións para alcanzar un
coñecemento mínimo de alumnos e alumnas.
Ao comezo das diversas unidades didácticas poden realizarse "minievaluaciones" como
recurso didáctico e como activador de organizadores previos. Neste caso pódese atender
de modo máis concreto ás necesidades da área.
Esta tarefa pode realizarse mediante técnicas e procedementos tales como:
Intercambio de información do equipo educativo
Autoevaluación de alumnos e alumnas
Entrevistas
Simulación de situacións, debates, ...
Probas escritas e orais
14.- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Enténdese por atención á diversidade o conxunto de actuacións educativas dirixidas a dar resposta ás diferentes capacidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses, situacións socioeconómicas e culturais, lingüísticas e de saúde do alumnado. Con obxecto de facer efectivos os principios de educación común e atención á diversidade sobre os que se organiza o currículo, o centro docente adoptará as medidas de atención á diversidade, tanto organizativas como curriculares, que posibiliten deseñar unha organización flexible dos ensinos e unha atención personalizada ao alumnado en función das súas necesidades. As medidas de atención á diversidade nesta etapa estarán orientadas a responder as necesidades educativas concretas do alumnado e ao desenvolvemento das competencias crave e dos obxectivos da etapa e da materia. Non poderán, en ningún caso, supoñer unha discriminación que lle impida alcanzar devanditos obxectivos e a titulación correspondente. Actuacións e medidas de atención á diversidade Considerando a heteroxeneidade do alumnado da etapa, resulta necesario que os enfoques metodolóxicos adáptense ás necesidades peculiares de cada individuo, entendendo esta diversidade como beneficiosa para o enriquecemento xeral do grupo. Cada alumno ou alumna aprende a un ritmo diferente, polo que debemos procurar, na medida do posible, deseñar estratexias que axuden a avanzar tanto ao alumnado que destaca como ao que ten dificultade (por razóns diversas) e que debemos valorar canto antes para establecer unhas pautas adecuadas de intervención didáctica que permitan o seu desenvolvemento óptimo. O profesorado, a estes efectos, debe elixir o material conveniente (materiais en papel ou informáticos, Internet e demais soportes audiovisuais, programas de computador, etc.) baseándose non só en criterios académicos, senón tamén naqueles que teñan en conta a atención á diversidade na aula. Para iso, será conveniente contar cunha nutrida colección de materiais e de fontes de acceso á información. Neste sentido, é imprescindible atender sempre aos seguintes aspectos:
Coñecemento do alumnado. É necesario coñecer os intereses, necesidades, capacidades, estilos cognitivos, etc., de cada un dos alumnos e alumnas. A avaliación inicial ao comezo do curso e ao comezo de cada unidade didáctica axudaranos a profundar neste coñecemento. A sistematización da avaliación continua asegurará a información necesaria sobre cada alumno ao longo do proceso. Os datos obtidos e a súa análise axudarannos a tomar decisións para adaptar o desenvolvemento da programación.
Secuenciar adecuadamente os contidos atendendo aos niveis de comprensión. De maneira que se axusten ao nivel dos alumnos e procédase gradualmente cara a niveis de complexidade e dificultade maiores. A diversidade atenderase, en cada unidade didáctica, tendo en conta o grao de comprensión do alumnado e o grao de dificultade para entender os coñecementos que se vaian traballando. Os contidos serán explicados ou traballados tomando como referencia os contidos básicos, ofrecendo informacións con maior ou menor profundidade, segundo a comprensión e o progreso do alumnado. Tamén se poderán utilizar outras informacións escritas, gráficas, plásticas, sonoras ou dixitais para quen presente dificultades.
Niveis de profundidade, complexidade ou dificultade das actividades e tarefas. As actividades e propostas deben organizarse de forma xerárquica, segundo a súa dificultade. As tarefas (actividades, exercicios, traballos, indagacións ou pequenas investigacións) serán variadas e con diversos graos de dificultade. Para iso, o
profesor ou profesora pode seleccionar as máis adecuadas entre as incluídas na programación, ou indicar outras que considere pertinentes, establecendo tempos flexibles para a súa realización.
Programar actividades e tarefas deseñadas para responder aos diferentes estilos cognitivos presentes na aula. Cada alumno ten unha serie de fortalezas que debemos aproveitar e debilidades que deben potenciarse. O coñecemento das mesmas, así como o das intelixencias múltiples predominantes en cada un, e das estratexias e procedementos metodolóxicos que mellor se axustan aos distintos membros da clase, contribuirán a planificar con maior acerto as nosas propostas de traballo.
Actividades de reforzo educativo e ampliación. Resulta moi eficaz e útil deseñar bancos de actividades sobre un mesmo contido, que difiran en estilo de realización e formato, con obxecto de posibilitar ao alumno a realización dun mesmo aprendizaxe a través de distintos camiños. Trátase de repasar, revisar, insistir, consolidar, profundar, ampliar... a través de recursos dispoñibles para cada caso e ocasión. Para aqueles alumnos con distintos niveis de competencia curricular ou de desenvolvemento das súas capacidades, presentaranse actividades sobre un mesmo contido de tal forma que contemple distintos niveis de dificultade, dando resposta, así, tanto ao alumnado que necesita reforzo educativo como a aquel que precisa de ampliación.
Fomentar o traballo individual e en grupo, e, conciliando a ambos, o traballo cooperativo. As formas de agrupamento para realizar as tarefas en clase tamén son relevantes co fin de dar resposta á diversidade do alumnado en clase. Con menor frecuencia que o traballo individual adóitase utilizar o traballo por parellas. Ambos os membros poden traballar na resposta aos exercicios ou tarefas. Non se trata, con todo, dunha interacción baseada en «relacións tutoriais», xa que os dous poden ser novatos ante a tarefa, senón dunha colaboración entre iguais. As «relacións tutoriais» ocorren cando o profesor ou profesora coloca dous alumnos xuntos para resolver a tarefa, pero uno deles posúe máis destreza (experto) que o outro (novato). No «traballo cooperativo» o profesorado divide a clase en subgrupos ou equipos de ata cinco ou seis alumnos que desenvolven unha actividade ou executan unha tarefa previamente establecida. Os membros dos equipos adoitan ser heteroxéneos en canto á habilidade para executar a tarefa e, aínda que en moitos casos prodúcese unha distribución e repartición de roles e responsabilidades, isto non adoita dar lugar a unha dei-ferencia de status entre os membros. As conclusións, segundo diversos investigadores, sobre as vantaxes pedagóxicas desta última forma de agrupamento, mostran claramente que a relación entre os alumnos pode incidir de forma decisiva e positiva sobre aspectos tales como: a adquisición de competencias e destrezas sociais, o control dos impulsos agresivos, o grao de adaptación ás normas establecidas, a superación do egocentrismo, a relativización progresiva do punto de vista propio, o nivel de aspiración, o rendemento escolar e o proceso de socialización en xeral.
Atención personalizada. A dedicación de tempo e axuda pedagóxica a determinados alumnos e alumnas que teñan dificultades ou profunden de forma óptima será outro factor de atención á diversidade.
Expor diferentes metodoloxías, estratexias, instrumentos e materiais para aprender. Despregar un amplo repertorio metodolóxico que conecte con todos e cada un dos alumnos. Sen ningunha dúbida, na aula atoparemos alumnos que funcionen mellor con métodos deductivos (do xeral ao particular), pero, xunto a eles, convivirán
mozos e mozas cunha predisposición maior pola exploración inductiva, ou ben por métodos comparativos, ou que teñan facilidade para exercitar a súa memorización, ou a intuición, ou a acción guiada...
Deseñar adaptacións curriculares individualizadas máis ou menos significativas. É outra alternativa que consiste en axustar a programación xeral e das unidades didácticas a un alumno concreto, un proceso de toma de decisións sobre os elementos do currículo para dar respostas educativas ás necesidades educativas dos alumnos e alumnas mediante a realización de modificacións nos elementos de acceso ao currículo e/ou nos mesmos elementos que o constitúen. Cando a adaptación afecta de forma importante aos elementos curriculares prescriptivos, é dicir, aos obxectivos, aos contidos ou aos criterios de avaliación, estamos a falar de adaptación curricular significativa. En todos os demais casos estariamos a nos referir ás adaptacións curriculares pouco significativas.
Adaptar as técnicas, instrumentos e criterios de avaliación á diversidade da clase, especialmente a aqueles que manifesten dificultades de comprensión. Os alumnos con necesidades educativas especiais merecen unha maior atención aínda. Débense tomar todas as medidas que sexan necesarias para garantirlles o acceso ao currículo, o pleno desenvolvemento e as máximas oportunidades de aprendizaxe. Debemos igualmente prever os problemas que poida observar o alumnado inmigrante.
A continuación presentamos outras medidas e programas de atención á diversidad e publicadas e recomendadas polas administracións educativas nos documentos que establecen as ensinanzas da ESO e desenvolven o currículo oficial: Integración de materias en ámbitos.
Agrupamentos flexibles. Desdobre de grupo. Apoio en grupos ordinarios. Oferta de materias específicas. Repetición do mesmo curso. Programas de reforzo de materias instrumentais básicas. Programas de reforzo para a recuperación das aprendizaxes non adquiridas. Plans específicos persoalizados para o alumnado que non promocione de curso. Programas de reforzo de materias troncais para o alumnado de cuarto curso. Programas de mellora da aprendizaxe e o rendemento. Programas de tratamento persoalizado para o alumnado con necesidades
específicas de apoio educativo. Programas de enrequecemento curricular adecuados ao alumnado con altas
capacidades intelectuais. Adaptacións curriculares ao alumnado con necesidades de apoio educativo e
adaptacións curriculares significativas dos elementos do currículo
15.- CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS QUE SE TRABALLARÁN NO CURSO QUE CORRESPONDA CL Comprensión lectora. EOE Expresión oral e escrita. CA Comunicación audiovisual. TIC Tecnoloxías da información e da comunicación. EMP Emprendemento. EC Educación cívica. PV Prevención da violencia.
Fomento da lectura. Comprensión lectora. Expresión oral e escrita. Utilizarase a
prensa escrita (en papel ou dixital) para o desenvolvemento dalgunhas actividades que se
realizarán na aula. Ademais propoñeranse aos alumnos diferentes títulos sobre
emprendedurismo, a cuxa lectura seguirá un comentario e apunte resaltando os aspectos
do libro relacionados cos contidos vistos nas diferentes UDs e un comentario persoal
crítico sobre o mesmo. As notas destes apuntes-comentarios de lecturas propostas polo
profesor servirán para completar nota no apartado de avaliación procesual.
A participación oral en actividades de clase (exposicións, argumentación, discusión, ...)
será tida en conta para a avaliación procesual e a avaliación final será prioritariamente
escrita.
Comunicación audiovisual. Tecnoloxías da información e da comunicación. Polo menos
unha sesión semanal ao mes dedicarase a partir do mes de novembro á análise de noticias
de actualidade emprendedora en prensa e televisión (proporcionadas polo profesor) e á
utilización das novas tecnoloxías (programas informáticos como folla de cálculo,
presentacións multimedia, internet: dicionarios dixitais, e outros recursos na internet). De
maneira análoga á forma de traballar as actividades de lectura, o profesor propoñerá
diversos títulos de películas e documentais para o seu visionado e posterior elaboración de
cuestións de comentario relacionadas cos contidos teóricos tratados en clase. A nota
servirá para completar o apartado de avaliación procesual.
Emprendemento. O emprendedurismo é unha característica que o alumnado debe
desenvolver na medida das súas posibilidades individuais. Tanto nas actividades de
traballo cooperativo como nas de grupo-clase, valoraranse as actitudes proactivas, a
asertividad, a empatía e a capacidade para dirixir ou traballar en equipos.
Educación cívica e constitucional. A participación en actividades de produción,
consumo, goberno, asociacionismo, axuda a colectivos desfavorecidos, voluntariado, ...,
debe ser presentada como necesaria nunha sociedade con grandes interdependencias e
grandes desigualdades en canto ás oportunidades de cada un para desenvolverse como
individuos en sociedade. A Educación do consumidor diríxese a desenvolver no alumnado
capacidades relativas á comprensión da súa propia condición de consumidor, dos seus
dereitos e deberes e do funcionamento da sociedade de consumo. A Educación do
consumidor susténtase nunha serie de valores: a responsabilidade como consumidor, a
solidariedade, o respecto cara ás normas que rexen a convivencia, o rexeitamento ao
consumismo e a degradación do medio ambiente.
Prevención da violencia. O tratamento da non discriminación quedará asegurado
mantendo en clase comportamentos non sexistas e de respecto ao principio de igualdade
de oportunidades para as persoas de diferentes razas, relixións, opinións, ... A educación
ambiental pretende que os alumnos e alumnas entendan o medio en toda a súa
complexidade de maneira que poidan identificar e analizar problemas ambientais. Pero non
só se trata de desenvolver estas capacidades de tipo intelectual, senón que é fundamental
contribuír a que o alumnado desenvolva certas actitudes relacionadas coa valoración e o
interese polo medio ambiente e a participación activa na súa conservación e mellora.
Dentro da Educación para a paz hai varios aspectos para tratar, entre os que se atopa
fomentar actitudes de respecto cara ás persoas sexa cal for a súa condición social, sexual,
racial, crenzas, a solidariedade cos colectivos discriminados, e a valoración do pluralismo e
a diversidade. Destacaremos a necesidade de cooperación entre os pobos e a
solidariedade interterritorial, a través do estudo e valoración dos desequilibrios sociais e
económicos e das diferentes medidas para reducir os devanditos desequilibrios a
disposición dos gobernos.
16.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PROGRAMADAS POR CADA DEPARTAMENTO DIDÁCTICO
Charla emprendedores.
Visita a algunha/s das empresas da localidade ou fora de ela que se amose a favor
da visita.
Feira de Seguridade e Hixiene.
Charlas de Protección Civil do concello.
Visita ao Xulgado do Social de Santiago de Compostela.
Visionado de Películas relacionadas cos temas tratados.
Charlas de Profesionais.
17.- MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS EN RELACIÓN COS RESULTADOS ACADÉMICOS E PROCESOS DE MELLORA
Indicadores Escala
1 2 3 4
1. Adecuación do deseño das unidades didácticas, temas ou proxectos a partir dos elementos do currículo.
2. Adecuación da secuenciación e da temporalización das unidades didácticas / temas / proxectos.
3. O desenvolvemento da programación respondeu á secuenciación e a temporalización previstas.
4. Adecuación da secuenciación dos estándares para cada unha das unidades, temas ou proxectos.
5. Adecuación do grao mínimo de consecución fixado para cada estándar.
6. Asignación a cada estándar do peso correspondente na cualificación.
7. Vinculación de cada estándar a un ou varios instrumentos para a súa avaliación.
8. Asociación de cada estándar cos elementos transversais a desenvolver.
9. Fixación dunha estratexia metodolóxica común para todo o departamento. [Só para ESO e bach.].
10. Adecuación da secuencia de traballo na aula.
11. Adecuación dos materiais didácticos utilizados.
12. Adecuación do libro de texto (no caso de que se use).
13. Adecuación do plan de avaliación inicial deseñado, incluídas as consecuencias da proba.
14. Adecuación da proba de avaliación inicial, elaborada a partir dos estándares.
15. Adecuación do procedemento de acreditación de coñecementos previos [Só para determinadas materias de 2º de bacharelato].
16. Adecuación das pautas xerais establecidas para a avaliación continua: probas, traballos, etc.
17. Adecuación dos criterios establecidos para a recuperación dun exame e dunha avaliación.
18. Adecuación dos criterios establecidos para a avaliación final. [Só para ESO e bacharelato].
19. Adecuación dos criterios establecidos para a avaliación extraordinaria. [Só para ESO e bach].
20. Adecuación dos criterios establecidos para o seguimento de materias pendentes. [Só para ESO e bacharelato]
21. Adecuación dos criterios establecidos para a avaliación desas materias pendentes. [Só para ESO e bacharelato]
22. Adecuación dos exames, tendo en conta o valor de cada estándar.
23. Adecuación dos programas de apoio, recuperación, etc. vinculados aos estándares.
24. Adecuación das medidas específicas de atención ao alumnado con NEAE.
25. Grao de desenvolvemento das actividades complementarias e extraescolares previstas.
26. Adecuación dos mecanismos para informar ás familias sobre criterios de avaliación, estándares e instrumentos.
27. Adecuación dos mecanismos para informar ás familias sobre os criterios de promoción.
28. Adecuación do seguimento e da revisión da programación ao longo do curso.
29. Contribución desde a materia ao plan de lectura do centro.
30. Grao de integración das TIC no desenvolvemento da materia.
18.- REFERENCIAS NORMATIVAS
- Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE), modificada parcialmente pola Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE).
- Real Decreto 1105/2014, do 26 de decembro, polo que se establece o currículo básico da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato (BOE do 3 de xaneiro de 2015).
- Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro, pola que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato (BOE do 29).
- Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29). No caso das programacións didácticas de Educación Primaria, Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 9).
- Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta (DOG do 21).
- Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións no curso académico 2015/16 para a implantación do currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29).