Post on 13-May-2015
description
BEBERÍAS TI
DESTA AUGA?
BEBERÍAS TI
DESTA AUGA?
QUE É A AUGA POTABLE?
Chámase auga potable (apta para o consumohumano), a toda aquela que está exenta desubstancias que lle comuniquen sensaciónssensoriais desagradables (color, olor, sabor,turbiedade), e que non presentan perigo para oorganismo humano e estean exentas demicrobios patóxenos.
As análises de auga realízanse segundo normas
establecidas pola Organización Mundial da Saúde (OMS):
• Parámetros bacteriolóxicos: bacterias coliformes fecais0 por 100 ml, bacterias coliformes 0 por 100 ml.
• Calidade virolóxica: mínima turbiedade posible, estar desinfectada con cloro, un pH inferior a 8.
• Parámetros biolóxicos: a auga potable non debe conterningún protozoario patóxeno intestinal
• Parámetros químicos: a OMS establece unha máxima concentración de compostos inorgánicos (arsénico, cianuro, cromo, nitratos, chumbo, etc.)
POTABILIZACIÓN ETAP.
1. Regulación: O proceso iníciase
coa entrada de auga. Unha válvula
reguladora é a encargada de controlar
esta fase. A continuación engádense
unha serie de reactivos preparándoa
para as seguintes fases.
2. Floculación e decantación: A auga é sometida
a un proceso de floculación, creando flóculos por
acción dos reactivos utilizados ao principio.
A continuación a auga comeza a circular lentamente
polos decantadores formando un manto de lodos.
Posteriormente os lodos son tratados e eliminados.
3. Filtración da auga: A auga decantada é conducida até
os filtros de area, onde quedan retidas as partículas que
non se eliminan na decantación.
4. Desinfección final: A auga filtrada sométese a
unha cloración final para asegurar o mantemento
dunha carga de cloro residual ao longo da rede de
distribución.
A partires dos coñecementos dados,
fixemos un experimento no laboratorio
do noso Instituto. Tomamos mostras
de auga do centro, das nosas casas e
dunha fonte pública próxima, para
determinar a potabilidade da auga a
nivel químico ( con permanganato
potásico).
Vexámolo:
Como primeiro paso, recollemos a mostra de auga nun vaso de precipitados.
Medimos cunha probeta, 100 mL de auga.
Pasamos a auga ó matraz de Erlenmeyer.
Poñemos a quentar a auga.
Engadimos 10 mL de permanganato potásico, a traves da bureta, gotiña a gotiña.
Fervemos a mestura durante exactamente 10 minutos, para
eliminar a materia orgánica da mostra
Engadimos de golpe 10 mL de ácido oxálico, para que volva ser incoloro.
Chegamos outra vez a ter auga transparente.
Valórase o exceso de ácido oxálico co permanganato da bureta, que
se engade moi lentamente até a coloración levemente rosada.
Feitos os cálculos, obtemos o valor de 2 mg
O2/L, aínda que se admiten valores ata 5mg
O2/L, que é o valor máximo permitido.
O experimento, fixémolo para augas obtidas do
Instituto, dunha fonte pública e das nosas casas.
Os valores obtidos estiveron todos dentro dos
límites permitidos, é dicir
ERA APTA PARA O CONSUMO.
1. No informe elaborado por WWF
Adena, titulado “Rich countries,
Poor water” estímase que o
consumo de auga por habitante en
países ricos, como USA ou Xapón,
supera os 350 litros diarios. En
Europa tampouco nos quedamos
atrás xa que o noso consumo medio
é de 200 litros per capita,
contrastando moito cós escasos 25
litros que consome de media un
subsahariano.
2. A OMS fixou en 80 litros ó día a cantidade
mínima necesaria para hidratarse e ter unha
hixiene correcta.
Nesta táboa temos datos recollidos do que gasta de media un
habitante tendo en conta o coste de producción da súa comida, e
os servizos básicos.
TOTAL 170,5 Litros
• Andrea Álvarez Serén
• Estela Díaz González
• Cristian González Tella
• Manuel Prado Sánchez
• Kevin Vázquez González
• ALUMNOS DE 1º DE BAC DO IES ANXEL FOLE DE LUGO
Coa colaboración das profesoras :
Beatriz Fernández e Pilar de Vega.