Post on 28-Mar-2016
description
IV Concurso de microrrelatos e
micropoemas
“Terras do Umia”
Poderán participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal “Terras
do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas :
Bases do concurso:
-Sección de Microrrelatos : O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 100 palabras.
-Sección de Micropoemas : o texto presentado debe constar dun mínimo de dous versos e un máximo
de catro.
-Poderase participar nunha sección ou nas dúas.
-Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.
- A temática será libre, mais debe aparecer necesariamente a palabra “lume”.
− Os traballos deberán presentarse no blog comarcal (terrasdoumia.wordpress.com) onde aparece
unha ligazón para participar.
− O prazo límite para enviar os textos será o mércores, 21 de decembro de 2011.
- Categorías:
A: Infantil
B. 1: 1º ciclo de primaria.
B. 2: 2º ciclo de primaria.
B. 3: 3º ciclo de primaria
C: Secundaria
D: Bacharelato.
E: Profesorado, persoal non docente e familias.
- Premios: un xurado formado polos coordinadores/as dos Equipos de Dinamización da lingua galega dos
distintos centros participantes e por unha persoa de recoñecido prestixio no mundo literario, concederá
un premio comarcal por categoría. Valorarase a orixinalidade e creatividade, así como a calidade
lingüística e literaria. Os EDLG poderán conceder premios aos finalistas dos seus centros.
Os traballos premiados en todas as categorías, así como os finalistas dos distintos centros, serán
expostos nas rúas dos Concellos participantes co nome do autor e do centro, dentro da programación
cultural dos respectivos concellos. Tamén aparecerán nos blogs e páxinas webs dos centros educativos
participantes, así como nas respectivas revistas escolares.
Esta actividade ten como finalidade potenciar a lingua oral e a creatividade, así como
familiarizar o alumnado coa lectura da poesía galega a través da linguaxe audiovisual, moito
máis próxima a eles. Na presente ocasión traballaranse obras de Carlos Negro en secundaria e
García Teixeiro en primaria.
Trátase dunha actividade dirixida polo profesorado e enfocada a diversas aulas de ensino
secundario (música, plástica, informática, tecnoloxía, proxecto interdisciplinar ou lingua), ao
ensino primario, ou grupos de dinamización e clubs de lectura. O/a profesor/a pode asesorar
no relativo a medios técnicos ou, só no caso de primaria, asumir a montaxe final.
Condicións para a presentación do traballo:
− Condicións técnicas:
− O traballo pódese presentar en dúas categorías: primaria e secundaria e en dúas
modalidades en cada categoría: individual ou grupos (tanto ten o número)
− A duración máxima debe ser un minuto
− Pódese empregar calquera medio técnico: móbil, cámaras de gravación, cámaras de fotos,
ordenador...
− Pódese presentar un vídeo ou unha presentación pero sempre en formato AVI ou MSV
− Condicións de contido:
− Imprescindible a presenza de voz do alumnado (non necesariamente a de todos os do
grupo) xa sexa lendo, interpretando, cantando...
− Débese respectar a unidade do texto, aínda que se permiten licenzas expresivas
(repeticións de versos, alteracións de determinados fonemas, énfases en palabras dadas...)
− Pódese engadir efectos sonoros, música, texto...
− Pode haber uso de imaxes en movemento ou estáticas, nas que pode aparecer ou non o
alumnado.
− Para a interpretación dos poemas pódese empregar calquera material (vestiario, obxectos)
ou calquera escenario.
Para valorar os traballos terase en conta a forza comunicativa, a creatividade, a orixinalidade das
imaxes ou fotografías (que sexan propias) e a montaxe da edición audiovisual.