Arquitectura cinquecento

Post on 26-May-2015

1.073 views 7 download

Transcript of Arquitectura cinquecento

BramanteBramante. Templo de San Pietro in Montorio. Roma. 1502

Quen realizou o encargo foron os Reis Católicos, o que indica que o Renacemento comenzaba a espallarse, aínda que de modo lento, por Europa. Con isto, querían conmemorar o martirio de San Pedro. Trátase dun edificio de pequenas dimensións, tan só 4,5 m. de diámetro.

Bramante. Proxecto da basílica de San Pedro. Roma

O arquitecto non vai rematar o encargo papal, e á súa morte, Rafael, artista máis coñecido como pintor que como arquitecto, faise cargo da obra que acabará sendo modificada e rematada por Miguel Ángel.

Vignola. Interior. Igrexa de Il Gesú

A cúpula convértese no elemento distribuídor de luz, en contraste coa iluminación moderada na nave e a penumbra das capelas laterais. Por primeira vez aparece a luz na organización dun espazo interior, elemento que será de grande importancia na arquitectura barroca.

Miguel Ángel. Biblioteca Laurentina

En época romana, no Vaticano construíuse o grandioso circo neroniano, no que baixo Nerón, o Apóstolo Pedro foi crucificado. O seu corpo foi enterrado nas cercanías y, máis de 250 anos despois, Constantino erixiu sobre a súa tumba unha magnífica basílica. Durante os 73 anos en que os Papas estiveron en Aviñón a basílica foi abandonada de tal maneira que a súa restauración foi imposible. Foi o Papa Julio II (1503-13) quen iniciou a construción da nova basílica.

Miguel Ángel. Planta da basílica de San Pedro. Roma

12

3

A intervención de Miguel Ángel no proxecto de San Pedro consiste, principalmente, en simplificar a planta, isto é, a idea xeral de Bramante, quitando elementos accesorios que debilitaban a construción, pórticos e aberturas que reducían a resistencia dos muros. En cambio, levantou a cúpula a unha altura moito maior da que estaba proxectada.

Inmensa (42 m de diámetro e 131 de altura), elevada sobre pendentes e cun grandioso tambor, a cúpula sostense principalmente sobre 4 robustos pilares oitavados (1) que delimitan o espazo central. Tamén realizan a función de contrarresto a maciza estrutura do tambor, caracterizada polo trazado cóncavo-convexo dos ábsides (2) e, á maneira bizantina, catro cúpulas (3) adxacentes. Dúas das cúpulas e o acceso sobresaínte con pórtico desapareceron coas reformas posteriores de Maderno.

Miguel Ángel. Pilares. Basílica de San Pedro

Sobre un cinto da base da cúpula está inscrito o famoso mandato de Cristo con letras que miden dous metros de altura: “Ti es Pedro e sobre esta pedra edificarei a miña igrexa, e dareiche as chaves do ceo”.

Miguel Ángel. Pilares. Basílica de

San Pedro

Miguel ÁngelMiguel Ángel. Cúpula. Basílica de San Pedro

A cúpula atópase xusto sobre o altar maior e a tumba do apóstolo San Pedro

Andrea Palladio. Villa Capra

Andrea Palladio. Basílica de Vicenza

Exemplos de arquitectura palladiana en Estados Unidos

Andrea Palladio. Igrexa de San Giorgio Maggiore. Venecia

Andrea Palladio. Igrexa de San Giorgio Maggiore. Venecia