Post on 02-Dec-2018
ronVoandeira do A rquivo Histórico Provincial de Ourense
Ano 3 novembro-decembro 2008
A documentación notarial (1)AS ORIXES DO NOTARIADO--
------- --A-- rredor de 1230, Urraca Pérez trat()U cos
monxes de Oseira a venda dos dereitos
que ela tiña sobre a granxa de Saborín.Como as palabras vanse co vento e o que fica escritopermanece, pedíronlle a certo Fernando (proba-
1230, agoSto. O.selra;\· .Ven(ía outorga.da por' Urra.ca Pérez ao abade do moateiro de Oselra, dos d...eltos que ten na granxa de Seborfn, por sesenta soldOs e doazón da parte qUE! ten )laIgrexa de Sall Miguel de Lobás.Pergameo; latln; escritura ca.roJlna; 117 x193 mm; l30aAHPOu.Mqstslro de Sta. MO a Real de Oselra, Cárp. 10/10
blemente un monxe bo coñecedor da arte de escribir) que elaborase o documento de compravenda.Un día de agosto daquel ano, Fernando, que nestepergamiño demostra ter un virtuoso dominio da escritura hoxe denominada carolina, redactou os termos deste negocio xurídico no que Urraca, ademais,doaba ao mosteiro a parte que tiña da Igrexa de SanMiguel de Lobás. Na formalización da compravendao mosteiro estivo representado pola súa máxima autoridade, o abade don Fernando, e ao acto asistiron varias testemuñas que coa súa presenza o validaron xuridicamente.
Fernando, que con anterioridade anotara en sucioos datos que debían figurar neste contrato de compravenda, pasou o texto a limpo sobre pergamiño,un soporte resistente para un documento que debíaperdurar. Ao final do texto asumiu a responsabilidade da súa redacción \ ((Fernando qui notuit» = Fernando o anotou) co que tamén garantía a veracidade do seu contido.
Finalmente, os monxes de Oseira gardaron celosamente o pergamiño no seu arquivo por se se pre-
./cisase como proba no caso de que alguén puxese endiscusión a xusta posesión dos dereitos do mosteirosobre a granxa de Saborín e a igrexa de SanMiguel de Lobás.
O documento deste número de Fronda exemplifica ben como, desde a Idade Media ata a actualidade,a transmisión da titularidade dun ben adoitase realizar con certas garantías, é dicir, poñéndoo por escrito e en presenza de testemuñas. No proceso xeralde afianzamento da seguridade xurídica, desdefinais do século XII comézase á acudir a figura donotario para que dé fe de que os termos da transmisión de titularidade son certos e que o documento é auténtico, é dicir, que non foi manipulado, dexeito que o seu contido orixinal reflicte fielmente avontade declarada polos outorgantes.
DL OU 67/2006
Signum de Fran9isco Peres, notario da terra de Orcellón e Castela. Ano 1297.
Textos: Francisco Sandoval Verea ca asesoramento e supervisión do equipotécnico do AHPOu. Deseño: Duen de Bux
ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIALRúa Hernán Cortés 2, 32005 Ourense
arq.prov.ourense@xunta.es
O documento de compravenda, como o de UrracaPérez co Mosteiro de Oseira, é unha das escriturasque ao longo da historia se elevaron a instrumentopúblico con máis frecuencia, pero ao igual que na actualidade, ao notario acudíase para formalizar outros
o latexo das sociedades do pasado
seguido da mención da circunscripción: na que actuaban (<<notario del Rey em terra d'Orzellom e deCastella»), e a asunción da autoría do texto (<<escrivíesta carta e fiz y meu sinal») en proba de que o escrito se axustaba ao que alí sedixera, vira e oíra.
moitos actos xurídicos, cada un dos c;lles deu lugar aunha amplísima tipolo~ía de escrituras que, conalgunhas variacións na súa redacción, seguen a serasinadas polos actuais notarios (testamentos, escrituras de poder, doazón, permuta, arrendamento, préstamo hipotecario...).
Co paso do tempo a institución notarial foi facéndose máis complexa e xerando máis documentos,polo que os podéres públicos emitiron normas pararegulala. Grazas a isto a documentación notarial chegou ata hoxe nun estado de conservación aceptable, se se compara con ,outras fontes documentais, edesde principios do século XVI a información que proporciona é moi homoxénea territorial e socialmentexa que nas escrituras aparecen representados casetodos os grupos sociais, tanto do campo como dacidade, se beg.-teñen mais protagonIsmo os de maiorpeso socioeconómico.
Os máis diversos asuntos sociais, económicos emesmo políticos que afectaron a persoas, familias ouentidades públicas e privadas agardan pacientementeentre os milleiros de escrituras autorizadas duranteséculos por notarios e escribáns a ser rescatados polosusuarios dos arquivos. Son unha fonte de granriqueza para o coñecemento do pasado desde moivariadas perspectivas e reflicte mellor que ningunhaoutra o latexo da sociedade de cada época.
I XUNTA DE GALlCIACONSELLERIA DE CULTURAE DEPORTE
Aexclusividade do signum
o actual notario ten remotos precedentes na antigaRoma, pero a súa verdadeira orixe está na IdadeMedia. Nesta época moitos actos xurídicos pasaronde ser simples acordos verbais entre dúas ou máispersoas (outorgantes) realizados ante testemuñas,para se materializar en documentos escritos.
Daquela eran moi poucos os que sabían ler eescribir, case exclusivamente eclesiásticos, polo quepara redactar un documento había que recurrir a estaelite letrada. O escribinte ou scriptor plasmaba enpergamiño a vontade dos outorgantes, consignabao nome das testemuñas presentes e anotaba o seunome (<<Fernando qui notuit») asumindo a responsabilidade do contido.
Como esta práctica de poñer por escrito os actosxurídicos foi en aumento desde finais do século XII,
algunhas institucións (reis, bispos, cabidos catedralicios, mosteiros, concellos...) decidiron nomear scriptares propios e estables que lles escriturasen todos osseus negocios xurídicos. Este novo scriptar con recoñecemento «oficial» comezou a recibir o nome denotario e tamén se dedicou a formalizar docE.mentalmente os actos xurídicos dos particulares que llosolicitaron, redactando escrituras de testamento,compravenda, aforamento, etc.
En conclusión, a plasmación do acordo verbal nuntexto escrito durante o século XII supuxo un pasotranscendental no. avance da seguridade xurídicadas sociedades europeas, do mesmo xeito que o foi noXIII a transformación do scriptar en natarium publicum e a conversión da escritura en instrumentumpublicum. Dito doutro modo, desde este momento onotario estivo dotado de fe pública e a escrituranotarial gozou de pleno valor probatorio. Este feitoponse en estreita relación coa recepción doDereito Romano operada en Europa desde finaisdo século XI.
Ao pe do documento, os primeiros notarios seguiron anotando o seu nome, pero ao longo do séculoXIII se xeneraliza o uso do signum notarial comoelemento de validación. Ata ese momento a presenzadas testemuñas era o que dotaba de valor probatorioás escrituras; a partir de entón o signo convertiuse noelemento de validación por excelencia, é dicir, oque lles confería valor de auténticas.
Cada notario tiña o seu propio signo en exclusividade, como pode verse no detalle extraído dunhavenda que un particular fixo ao Mosteiro de Oseira en1297. A este signo acompaña unha fórmula que osnotarios adoitaban repetir con poucas variacións e naque indicaban o seu nome (<<Eu Fran<;isco Peres»),
De simple escribinte a notario