Ángel Carracedo

Post on 08-Jan-2017

654 views 1 download

Transcript of Ángel Carracedo

ÁNGEL CARRACEDO

ÍNDICE

BiografíaPublicaciónsEn que destaca?Países nos que se formou Actualidade Premios recibidos

BIOGRAFÍA Ángel María Carracedo Álvarez , tamén

coñecido como Anxo Carracedo, naceu en Santa Comba o 12 de Novembro de 1955. É un Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética. Foi director do Instituto Universitario de Medicina Legal, Presidente da ``International Society for Forensic Genetics´´, e tamén Codirector da Unidade de Mediciña Inco Sergas.

PUBLICACIÓNSTen publicacións en revistas de gran

prestixio internacional, coma «Science» ou «Nature» e recentemente un traballo sobre a análise de erros xenéticos que obtivo o premio Ion Torrent, entregado en Suiza. Dende que dirixe o Instituto de Medicina Legal de Santiago de Compostela participou na análise e identificación de cadáveres no tsunami de Tailandia e nas vítimas do 11M.

EN QUE DESTACA?Ángel Carracedo destaca en

investigacións no campo da xenética aplicada, principalmente no campo da medicina forense, da que é un recoñecido especialista a nivel mundial. Durante a súa traxectoria participou en máis de tres mil pericias en xenética forense. Unha longa experiencia que tamén lle fixo destacar en investigacións en diversos países.

PAÍSES NOS QUE SE FORMOU

Ademais de España, Ángel Carracedo formouse en Suecia, Estados Unidos e outros países de América, Asia e Europa, e impartiu numerosas conferencias en toda Europa, Xapón, Iberoamérica… Tamén dirixiu 28 tesis doutorais, todas coa máxima calificación e 4 con premio extraordinario.

ACTUALIDADEActualmente Ángel Carracedo coordina a

investigación co labor docente. É profesor de Medicina Legal, Medicina Ética e Bioloxía Molecular na facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Foi escollido padriño das promocións 2000/2001 e 2011/2012 de Licenciatura de Medicina pola súa gran proximidade ao alumnado.

PREMIOS RECIBIDOSÁngel Carracedo durante a súa

traxectoria recibiu estes premios:• 1 premio Xaime I• Medalla Castelao 2006• Medalla de Ouro de Galicia 2011• Medalla Adelaida• Premio Fernández Latorre 2011• Premio Nacional de Xenética 2015

ALBERTE PAYO

4º ESO B