Agricultura en España. Factores condicionantes

Post on 21-Jun-2015

449 views 4 download

Transcript of Agricultura en España. Factores condicionantes

O SECTOR PRIMARIO

Conxunto de actividades

económicas que teñen que ver coa explotación dos recurso naturais

Agricultura

Gandaría

Pesca

Explotación forestal

Esquema do Sector Primario ( páx 4 )

Os espacios rurais2.1.Factores condicionantes

a) O medio natural: factores físicos . Altitud e disposición do relevo . Orografía . O solo . O clima b) Os factores humanos: a estructura agraria . As transformacións demográficas . Os sistemas de explotación, propiedade e tenencia . Explotación. . A propiedade: o minifundio e o latifundio . Os rexímenes de tenencia: directo, indirecto ( aparecería e arrendamento ) e as cooperativas. . As transformacións técnicas e os sistemas agrarios c ) Os factores políticos . A política agraria desde mediados do século XIX ata 1986 . A PAC: as repercusións da integración da economía española na U.E ( sector agrícola e gandeiro ) 2.2. Os usos do espacio rural 2.3. A actividade agrícola. Os productos agrícolas a) As transformacións das estructuras agrarias b) Os productos agrícolas c) As estructuras comerciais dos productos agrarios 2.4. A gandería 2.5. O sector forestal 2.6. As paisaxes agrarias a) A paisaxe agraria da España húmida ( Atlántica ) b) A paisaxe agraria da España mediterránea interior c) A paisaxe agraria da España mediterránea costeira d) A paisaxe agraria das Illas Canarias 2.7. Os impactos das actividades agrícolas sobre o medio ambiente 2.8. As dinámicas recentes do mundo rural

As actividades pesqueiras 3.1. Introducción 3.2. As rexións pesqueiras e os caladoiros 3.3. A evolución do sector pesqueiro 3.4. A explotación pesqueira: desembarcos, consumo e comercialización. 3.5. A poboación activa no sector pesqueiro 3.6. Os factores políticos. As repercusións da entrada de España na U.E no sector pesqueiro 3.7. A acuicultura

O espazo rural Sería o territorio onde se desenvolven as actividades

agrícolas, gandeiras e forestais

A paisaxe rural

Estaría constituído polos aspectos visibles do espazo rural

As parcelas de cultivo, o tamaño das explotacións, o hábitat asociado

Paisaxe natural

Actividades agrícolas

Paisaxe agrícola

A paisaxe agraria sería a paisaxe humanizada, creada pola transformación dunha paisaxe natural

pola acción das actividades agrícolas

O espazo agrario ocupa o 40% do territorio español ( 20 millóns de has )

Dúas características definen o panorama actual do sector agrario

en España

2. O descenso da poboación activa adicada a estas actividades

1.O retroceso da súa contribución ao PIB

La Voz de Galicia, 31 de agosto do 2008

La Voz de Galicia, 25 de marzo do 2005

FACTORES CONDICIONANTES DAS ACTIVIDADES AGRÍCOLAS ( páx 6 )

1. Factores Físicos

( páx 6 )

2. Factores Humanos( páx 9 )

2. Factores Políticos( páx 15 )

- Altitude e disposición do relevo- Orografía- O solo- Clima

- Demografía- Sistema de explotación, propiedade e tenencia- A política agraria ata 1986 ( Desamor-tización, II República e Franquismo )- A incorporación de España á la CEE ( U.E. ): as consecuencias da aplicación da PAC

1. Factores Físicos

( páx 6 )1. Altitude e orografia

España posúe pouca supeficie de cultivo a

baixa altura

A disposición do relevo actúa como barreira orográfica fronte á

influencia mariña, acentuando o efecto de continentalidade

A excesiva pendente dificulta o desenvolvemento das actividades agrícolas

Condiciona as

prácticas agrícolas

con elementos tales como a textura, estrutura granular,

porosidade, acidez

2.Solo

debemos destacar o proceso crecente de degradación do solo

3.Clima A maior parte da Península estaría comprendida dentro dos parámetros dos climas mediterráneos, caracterizados polas escaseza e a irregularidade pluviométrica

elementos que unidos aos fortes contrastes térmicos do interior peninsular

( destacando, especialmente, a frecuencia das xeadas invernais )

2. Factores Humanos( páx 9 )

Serían os elementos de carácter socieconómico que condicionan e determinan os espazos e as actividades agrícolas

1. A poboación agrícola

2. Sistemas de propiedade e de explotación

3. Desenvolvemento técnico e sistemas agrarios

Elementos que aparecen intimamente

relacionados e que rematan

configurando unha determinada

estrutura agraria

1. As transformcións demográficas

A poboación rural española descendeu de forma notable desde principios do século XX ata hoxe en día ( do 63,3% no ano 1900 ata o 6,1 % no 2001 )

Existen, sen embargo, fortes contrastes na distribución da poboación agraria entre as distintas comunidades autónomas. Presenta valores mínimos en Madrid e Euskadi ( en torno ó 1 % ) e máximos ( 15% ) en Galicia, Extremadura ou Andalucía

A causa deste proceso foi o éxodo rural

As consecuencias do mesmo foron variadas e fundamentais para entender á estrutura actual da poboación española

2. Sistema de explotación, propiedade e tenza da terra

2.1 Explotación

En España disminuiu, nos últimos 30 anos, o nº de explotacións ( unhas 650.000 ) reducción que afectou sobre todo a aquelas cunha superficie inferior ás 50 Ha, e, polo contrario, aumentou o seu tamaño medio ( dunhas 15,63 ha en 1960 ata as 23,90 ha da actualidade )

En calquera caso as explotacións de menos de 5 ha seguen suponiendo o 50/60% do total ( sumando tan só o 5% da superficie censada ).

As explotacións cun tamaño superior ás 200 ha sendo minoritarias concentran en torno o 51 % da superficie censada

A esta problemática ( tamaño das explotacións ) habería que engadir a súa fragmentación en múltiples parcelas o que dificultaría, aínda máis, a súa mecanización

2.2. Tenza

Réxime indirecto: existe unha separación entre ambos

É o grao de dominio sobre a terra:

Réxime directo: o propietario e o empresario/ explotador , son a mesma persoa

a. Parcería: o explotador págalle ó propietario unha porcentaxe da colleita

b. Arrendamento: a cantidade a pagar é un canon fixo, unha renda

O 86% das explotacións nas parcelas de menos de 10 ha atópanse en réxime de explotación directa. O 75% das explotacións de máis de 500 ha están tamén nese réxime

2.3. Propiedade Concepto xurídico que se refire ó dono da terra

A distribución da propiedade da terra é moi desigual

Os propietarios con máis de 100 ha ( 0,8 % do total ) posúen máis do 50 % da superficie, mentres que as propiedades inferiores a 5 ha ( 52 % dos propietarios) só suman o 10,5 % da superficie

O desigual reparto da propiedade da terra constitúe, polas súas implicacións económicas e sociais, un dos principias problemas da historia

española contemporánea

A gran propiedade ou latifundio ( máis de

100 ha ) predomina en Andalucía,

Castela- A Mancha, Aragón e áreas de

Castela- León ( provincia de

Salamanca )

Distribución xeográfica

A pequena propiedade ou minifundio ( menos de 10 ha ) domina no norte peninsular, sobre todo en Galicia, e Valencia. En Galicia ó problema do minifundismo se engade a fragmentación das explotacións ( en OURENSE o tamaño medio da propiedade e de 2 ha diseminada en 14 parcelas )

Para paliar o problema do minifundismo e da excesiva

fragmentación das explotacións agrarias

estableceuse a política de concentración parcelaria

Territorialmente afectoulles máis ás áreas de

monocultivo de secaño ( menos problematicas ) que ás minifundistas do

norte ou do levante peninsular

2.4. As transformacións técnicas e os sistemas

agrarios ( páxs 13 e 22 )

A agricultura tradicional baseábase no policultivo e utilizaba técnicas atrasadas e sistemas de cultivo extensivos que requerían moita man de obra. O resultado era un baixo rendemento e unha producción orientada ó autoconsumo ou á venda de excedentes no mercado local/comarcal

A agricultura actual experimentou notables transformacións na estrutura e na producción, cambios que permitiron o incremento dos rendementos e a orientación da producción cara ó mercado nacional/internacional

3. Factores Políticos( páx 15 )

O espacio rural, a súa configuración e explotación, no é consecuencia de actuacións individuais, senon producto dunha ordenación, dunha planificación derivada da acción dos poderes públicos

As actuacións políticas repercuten de maneira directa e fundamental no espacio rural.