África

Post on 24-Jun-2015

1.033 views 1 download

Transcript of África

C.P.I. Cruz do Sar – Bergondo

Curso 2012 / 2013

Chámome Kirikú.Acabo de enterarme que no

voso cole ides traballar sobre o meu continente, África.

Así que pensei en contarvos unhas cantas cousiñas sobre

este continente cheo de contrastes.

África é o terceiro continente máis extenso do planeta nel hai 54 países.

África quere dicir “onde non vai frío” e é o berce da humanidade.

Para que vaiades vendo como é África, aquí tedes un

pouquiño de información.

Historia

Paisaxes e lugares

Animais

Plantas

Cidades e vivendas

Vestimentas

Personaxes

FIN

MENÚ

Deserto do Sahara

Sahel

Sabana

Deserto de Namibia

Deserto do Kalahari

Delta do Okavango

Grandes Lagos

Gran Val do Rift

Macizo etiope

Terras altas de Kenia

Selva costeira ecuatorial atlántica

Selva da conca do Congo

Cabo verde

Islas Salvaxes

Bioko

Santo Tomé e Príncipe

Madagascar

As Mascareñas

Zanzíbar ComoresSeychelles

Socotora

Río Congo, o segundo máis caudaloso do mundo, despois do Amazonas.

Río Limpopo

Río Orange

Río Senegal

Río Volta

Río Níger

Río Nilo,o máis longo do mundo.

Río Zambeze

Fervenda Tugela

Fervenza Kalambo

Fervenzas Augrabies

Fervenzas Ruacana

Fervenzas Victoria

Lago Victoria

Lago Tanganika

Lago MalawiLago Chad

Lago TurkanaLago Assal

Volcán Nyamuragira

Volcán Camerún

Volcán Karthala

Volcán Arte-Ale

Volcán Nyiragongo

Volcán Piton des Neiges

Piton de la Fournaise

Monte Camerún

Monte Karisimbi

Monte Meru

Kilimanjaro

Monte Kenia

Monte Ruwenzori

Monte Toubkal

MENÚ

Avestruces

Babuinos

Camaleón Camelo

Búfalo Cafre

Cebras

Chacal

Dromedario

Elefante africano

Escorpión

Facóquero común

Flamengos

Gacela saltarina

Xibón

Gorila

Guepardo

Hiena Hipopótamos

Impalas

Tarántula

Xirafa

León

Leopardo

Ñus

Can salvaxe africano

Rinoceronte

MENÚ

Acacia

Rosa do deserto

Aloe aristata

Anona

Árbore do incensoDátil do deserto

Canafrecha Herba

Baobab

Edithcolea

Espiño cervalEuphorbia drupifera

Euphorbia cactus

Euphorbia tirucalli Freixo de folla estreita

Froita milagreira

Algodón

Granadillo

Senecio

Viburno

Caoba de zonas secas

Lobelia

Lobelia deckenti

Mangle negro

Millo fonio

Mirra

Nucularia

Oliveira areosa

Baión

Papiro

AfrormosiaPementa de Guinea

Palmeira datileira Sabugueiro

Senecio xigante

Silva morisca

Sicómoro Socotora

Taraxe

Violeta africana

MENÚ

MENÚ

MENÚ

Kwane Nkrumah(Francis Nwia Nkrumah) Dirixente da

independencia de Ghana (Nkroful, Nzimaland, Ghana, 1909 - Conakry, Guinea, 1972). Formado

en una escuela misional católica, continuó sus estudios universitarios en Pennsylvania (Estados

Unidos) y en Londres. Regresou ó seu país como secretario xeral da Convención Unida de Costa de Ouro, partido nacionalista moderado. Durante as loitas pola

independencia que seguiron, foi encarcerado varias veces; pero en 1951 gañou as eleccións

convocadas polos británicos para poñer en marcha un proceso gradual cara a autonomía, e pasou a

compartir o poder co gobernador da colonia.Unha nova victoria electoral en 1956 deu paso á independencia total en 1957 da agora chamada Ghana, con Nkrumah como primeiro presidente.

Foi, ademais de presidente da República, xefe de goberno, presidente do Tribunal Supremo,

comandante en xefe das Forzas Armadas e secretario xeral do partido único, eliminando a

todos os seus rivais políticos e instaurando unha dictadura persoal.

Patrick Lumumba

Patrice Émery Lumumba (2 de xullo de 1925 - 17 de xaneiro de 1961) foi un líder anti-colonial e o primeiro ministro elixido en xuño de 1960 na actual República Democrática do Congo despois de axudar a conquistar a independencia do Congo

Belga en relación á Bélxica.O día en que foi concedida a independencia ao Congo, o rei

Balduíno de Bélxica dixo "Cómpre agora aos señores cabaleiros nos mostrar que son dignos da nosa confianza" cun ton irónico. Patrice Lumumba respondeu. Dixo que a

independencia política non era suficiente para liberar a África de seu pasado colonial, era preciso tamén que África deixase de ser controlada economicamente por Europa. Iso causou gran alarma nas potencias Occidentais. Grandes empresas americanas e belgas tiñan grandes investimentos no Congo, que era rico en moitos minerais preciosos. O peor é que non había nada que o puidese comprar. Lumumba non encontrou

apoio no Occidente e así recorreu á Unión Soviética.Pasadas só dez semanas da súa elección foi deposto

xuntamente co seu goberno nun golpe de estado sendo aprisionado e asasinado en xaneiro de 1961.

Nelson Mandela

Nelson Rolihlahla Mandela, nado en o 18 de xullo de 1918, foi presidente de Sudáfrica e un dos principais activistas contra do apartheid.

Fillo do xefe da tribo xhosa. Foi o primeiro membro da súa familia en acudir á escola, onde un mestre metodista deulle o nome de Nelson. O seu pai morreu

cando el tiña 10 anos e Nelson foi a unha escola misional wesleiana. Seguindo as tradicións xhosa foi iniciado aos 16 anos, e comezou o instituto, aprendendo sobre

a cultura occidental, rematándoo en dous anos no canto dos tres habituais.En 1934 comeza os seus estudos universitarios na Universidade de Fort Hare, Como estudante, Mandela participa na oposición política ao goberno da minoría

branca que negaba os dereitos políticos, sociais e económicos da maioría negra de Sudáfrica.

O 5 de decembro de 1956 el e outros 150 activistas antiapartheid foron detidos; non foi liberado ata 1961, por falta de probas.

En 1961 converteuse en comandante da organización armada do CNA, Umkhonto we Sizwe. Coordinou a campaña de sabotaxe contra obxectivos militares,

gobernamentais e civís e fixo plans para organizar unha posible guerra de guerrillas se a campaña de sabotaxes fracasaba para rematar co apartheid. Arrestado o 5 de

agosto de 1962, o 25 de outubro foi condenado a cinco anos de prisión.Durante os seguintes 36 anos, Mandela convertiuse no símbolo da oposición ao

apartheid, ata o punto que o lema, Liberdade para Nelson Mandela (Free Nelson Mandela) converteuse nun berro para todas as campañas anti-apartheid do mundo.

Mandela rexeitou a súa liberación a cambio de renunciar á loita armada, e permaneceu en prisión ata o 11 de febreiro de 1990 por orde de F.W. de Klerk,

presidente de Sudáfrica atendendo ás presións internacionais, ao tempo que puña fin á prohibición do CNA. En 1993 Madela e de Klerk recibiron o Premio Nobel da

Paz.Converteuse o primeiro presidente negro do país (maio de 1994).

Mandela presidiu o desmantelamento definitivo das institucións do apartheid, e gañou o respecto internacional pola súa política de reconciliación.

En xuño de 1999 ao finalizar o seu mandato como presidente, Mandela virou a súa actividade cara accións sociais e de defensa dos dereitos humanos, recibindo

numerosas condecoracións e premios.

Milton Obote

(Akoroko, Lango, 1924) Político ugandés. Apollo Milton Obote ocupou o cargo de Primeiro Ministro entre 1962 e 1970 e foi presidente da nación en dúas ocasións, de 1966 a 1971 e de 1980 a 1985. En 1962 conduciu ó seu país á independencia de Gran Bretaña. As constantes disputas entre grupos raciais de norte e sur de Uganda foron o principal motivo dos golpes de Estado militares que ocasionaron o final dos seus mandatos como Presidente.

Julius Nyerere

(Butiama, 1922 - Londres, 1999) Político tanzano, líder nacionalista fundador da Unión Nacional Africana de Tanganica e presidente da República Unida de Tanzania desde 1961. Membro dunha caste nobre, naceu en Butiama, en 1922. Educouse en Inglaterra, país que desde 1917 administraba Tanganica por acordo da Sociedade de Nacións. Tras doctorarse en Letras e Dereito na Universidad de Edimburgo, regresou ó seu país natal.En 1954 fundou a Unión Nacional Africana de Tanganica, movemento de liberación. En 1960 constituiuse no país un goberno autónomo, como paso previo á declaración de independencia, que el mesmo presidiu. En 1961 foi proclamado presidente da nova República independiente.

Leopold Sedar SenghorPrimero presidente de Senegal (Joal, Dakar, 1906 - Verson, Francia, 2001). Procedente dunha familia de comerciantes acomodados, realizou estudios universitarios en París, onde se integrou nos medios intelectuais. Vinculouse ó partido socialista francés (SFIO) e en 1937 lanzou a idea da negritud, como expresión dos valores culturais e históricos do mundo negro (tanto en África como en América). A este concepto dedicou gran parte da súa brillante obra como poeta (escrita en francés): Cantos de sombra (1945), Hostias negras (1948), Etiópicas (1956), Nocturnos (1961)…Desde 1945 representou á colonia de Senegal como deputado na Asamblea francesa, defendendo a idea de formar unha federación da África occidental. Nos anos cincuenta distanciouse dos seus antiguos aliados, formando un partido propio de ideas socialistas máis radicais: a Unión Progresista Senegalesa (con Mamadou Dia).A victoria nas primeiras eleccións lexislativas celebradas en Senegal (1957) permitiulle acceder ó goberno cando Francia concedeu un réxime de autonomía (1958); e convirteuse en presidente da República cando Senegal accedeu á completa independencia (1960).Gobernou o país durante vinte anos, grazas a sucesivas reeleccións e ó emprego da forza contra a oposición .

Cleopatra

(VII) Última raíña de Exipto, pertencente á dinastía dos Lágidas ou Ptolomeos (Alejandría, 69 - 30 a. C.). Filla de Ptolomeo XII, foi casada co seu propio irmán Ptolomeo XIII, con quen herdou o Trono no ano 51 a. C. Pronto estalaron os conflictos entre os dous irmáns e esposos, que levaron ó destronamento de Cleopatra.Sen embargo, a súa sorte cambiou ó chegar ata Exipto as loitas civís de Roma: persiguindo ó seu inimigo Pompeyo, Julio César foi a Exipto e tomou partido por Cleopatra no conflicto co seu irmán. Durante a chamada «Guerra Alejandrina» (48-47 a. C.) morreron tanto Pompeyo como Ptolomeo XIII e tivo lugar o incendio da lendaria Biblioteca de Alejandría, que se perdeu para sempre.Cleopatra fue reposta no Trono por César. Cleopatra tratou de utilizar a súa influencia sobre César para restablecer a hexemonía de Exipto no Mediterráneo oriental como aliada de Roma.Tras o asasinato de César no 44 a. C., Cleopatra intentou repetir a manobra co cónsul Marco Antonio, que por aquel entón loitaba con Augusto polo poder (36 a. C.). Cleopatra e Antonio impuxeron a súa forza en Oriente creando un novo reino helenístico capaz de conquistar Armenia no 34.Cando as tropas de Augusto tomaron a cidade, Antonio suicidouse.Cleopatra intentaría, por terceira vez, seducir a Octavio Augusto para salvar a vida e o Trono; pero Augusto mostrouse insensible. Cleopatra suicidouse polo procedemento ritual exipcio de facerse morder por un áspid.

San Agustín

Nado o 13 de novembro de 354 e finado o 28 de agosto de 430, foi un teólogo, filósofo e Doutor da Igrexa. Na súa obra incorpora a filosofía clásica á doutrina cristiá; exerceu grande influencia no pensamento cristián.Naceu na África romana. O seu pai, Patricio, era un maxistrado pagán. A súa nai, foi posta pola igrexa como exemplo de muller cristiá, preocupada sempre polo benestar da súa familia. Tiña moita imaxinación e unha intelixencia extraordinaria. Destacou nos estudos das letras. Mostrou moito interese pola literatura. Os seus principais triunfos foron en Madaura e Cartago onde estudou retórica. Na súa busca incansable de resposta ó problema da verdade, pasa dunha escola filosófica a outra sen que encontre unha verdadeira resposta as súas inquedanzas. Finalmente chega ao maniqueísmo crendo que neste sistema encontraría o modelo segundo o cal podería orientar a súa vida. Varios anos seguiu esta doutrina, e soamente a abandona despois de falar co bispo Fausto. Ante esta decepción, convenceuse da imposibilidade de chegar á plena verdade, e por isto fíxose escéptico.Foi en Milán onde se produciu a última etapa da súa conversión. É no 386 cando se consagra ó estudo formal e metódico das ideas do cristianismo.. O 23 de abril de 387, ós 33 anos, foi bautizado en Milán polo bispo Ambrosio. Xa bautizado, volve a África onde foi bispo. Cando chegou a Tagaste vendeu todos os seus bens e os beneficios obtidos repartiunos entre os pobres. Retirouse cuns compañeiros a vivir nunha pequena propiedad. No 391 viaxou a Hipona para buscar un lugar onde abrir un mosteiro e vivir cos seus irmáns, pero durante a celebración litúrxica foi elixido pola comunidade para que fose sacerdote.

MENÚ

Colonias europeas s. XIX

O reparto colonial de África polas potencias europeas iniciouse no século XVII e desenvolveuse no século XIX e no comezo da Primeira Guerra Mundial.

É un exemplo do Novo Imperialismo xerado pola necesidade dos países europeos de obter materias primas para a produción despois da Revolución Industrial iniciada en Inglaterra.

Berce da Humanidade

Pénsase que África é o berce da Humanidade e de alí proceden as sucesivas especies de homínidos e antropoides que deron lugar ós seres humanos e que se forn expandindo polo resto dos continentes, mesmo o Homo Sapiens Sapiens, hai preto de 190.000 anos

Exipto

O Antigo Exipto foi unha civilización que se orixinou ó longo do cauce medio e baixo do río Nilo, e que se desenvolveu durante máis de 3.000 anos. Dase por rematado no 31 a.C. cando o Imperio Romano o conquistou.

Emigración

Africa sempre foi e é un continente de fluxos migratorios: desprazamentos dos pobos gandeiros en busca de pastos e auga, en función da estación; abandonos de aldeas fuxindo de fenómenos incomprensibles ou considerados como maldicións para encontrar terras fértiles. É dicir, unha historia de nomadismo arraigada na propia tradición africana, dictada pola necesidade de independizarse, a búsqueda de traballo para reunir a dote e contraer un matrimonio exogámico.A colonización europea tamén favoreceu esta cultura de nomadismo coa súa política de reclutamiento de man de obra para as minas e os cultivos de exportación. Tamén contribuiron a iso as irracionais políticas poscoloniais de desenvolvemento, principalmente responsables do éxodo rural, ó descuidar as zonas do campo e a agricultura a favor das cidades e da industria.Sen embargo, nas tres últimas décadas, as circunstancias fortuitas, como as severas sequías, a desertificación, a deforestación e as guerras que azotan o continente convertéronse en poderosos factores de migracións. Africa Occidental e Africa do Norte son as grandes rexións das migracións do continente e serven de etapas cara a Europa.

Aínda que é difícil hoxe ter o número exacto de inmigrantes no propio continente, Africa acolle a uns 40 millóns de inmigrantes, na súa maioría africanos, mentras que Europa e Estados Unidos reciben a uns 18 millóns dos seus cidadáns.

Escravitude

Os europeos produciron un xiro na historia da escravitude de África, exportaron escravos en cantidades alarmantes a rexións descoñecidas para os africanos e modificaron a concepción de escravitude asimilando directamente escravo = cosa, con todo o que esta caracterización implica para a vida do home. O descubrimento de América por parte de Cristóbal Colón en 1492 e a posterior ocupación deste continente por parte dos europeos vai repercutir a partir do Século XVI noutra rexión do planeta: o continente africano. A causa deste feito radica en que a conquista de América, con todas as riquezas naturais e perspectivas de desenvolvemento que ofreceu ós seus conquistadores, requería da complementación indispensable de man de obra para a apropiación de tales riquezas e a obtención de vantaxes na explotación económica de tan vastas zonas. Van ser xustamente en África na que poñerán os europeos os ollos para subsanar a falta de man de obra que se producirá en América logo do exterminio da poboación nativa. Comenzará así, un fluxo incesante que durará cuatrocentos anos, no cal millóns de africanos atravesarán compulsivamente en barcos negreiros o océano Atlántico para posteriormente ser vendidos aos colonizadores de América.

Caravanas

Unha caravana é unha reunión de mercaderes e peregrinos que se asocian para viaxar xuntos a fin de cruzar con seguridade ciertas rexións de Asia y África.As caravanas eran coñecidas xa en tempo dos fenicios e elas eran as que levaban ós portos de Levante os produtos da India e da China. Pero a relixión mahometana, impoñendo como precepto a obriga de visitar a Meca, aumentou o número de caravanas.CaravanaHabía ademais caravanas que só tiñan un fin comercial e salían de Fez, Túnez e Trípoli car ó interior de África. Algúnos empregaban cincuenta días no camino.

Apartheid é unha palabra da lingua Afrikáans que significa vida separada e que foi adoptada legalmente en 1948 na África do Sur para designar un réxime segundo o cal os brancos tiñan o poder e os pobos restantes eran obrigados a vivir separadamente, de acordo con regras que lles impedían ser verdadeiros cidadáns. A tradución máis común ao galego sería segregación racial, ou aínda política de segregación racial.O primeiro rexistro do uso desta palabra atópase nun discurso de en 1917, político que en 1919 chegou a primeiro ministro de África do Sur.Este réxime foi abolido por en 1990 e, finalmente en 1994 celebráronse eleccións libres.

Agora sodes vós os que podedes seguir

descubrindo un territorio cheo de sorpresas. Ata

outra aventura.