A Revolución Industrial

Post on 25-Jun-2015

1.525 views 7 download

description

A Revolución industrial e os movementos obreirosEn lingua galega, para 4º da ESO

Transcript of A Revolución Industrial

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

A Revolución Industrial comeza en Gran Bretaña na segunda metade do século XVIII.

Os factores que favorecen a súa aparición son:

A revolución demográfica A revolución agrícola O cambio de mentalidade

FACTORES DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

A revolución demográfica Consiste en : - descenso de mortalidade

- natalidade elevada

Debido a: - cese de epidemias

- aparición de vacinas

- mellora na hixiene

Consecuencias:

- máis man de obra

- máis consumidores que demandan bens e alimentos

Revolución agrícola Consiste en : - mellora das técnicas agrícolas: sustitución da rotación

trienal con barbeito pola rotación de cultivos Mellora da maquinaria e dos aperos de labranza: arado

de ferro sistemas de rega, prantas forraxeiras, máquinas( segadoras, malladoras), fertilizantes.

Aumento da gandería pola estabulación e a alimentación de prantas forraxeiras.

Privatización de propiedades comunais e inversión dos burgueses en terras para mellorar o seu rendemento.

Consecuencias da Revolución agrícola Aumento da producción ata un 90% o que

supón a súa vez unha mellora na alimentación e máis poboación

Máis capacidade adquisitiva dos agricultores que poden así investir noutros negocios como a industria ou a bolsa

Sobra man de obra no campo que se despraza para traballar na industria

Nova mentalidade O liberalismo económico , que nace con

Adam Smith nas universidades escocesas,impulsa a iniciativa privada e a consecución do máximo beneficio. O traballo pasa de estar mal considerado a ser unha virtude.

Primeira Revolución Industrial Gran Bretaña- 2ª metade século XVIIIEuropa Occidental- 1ª metade século XIX

Antes da Revolución Industrial Elaboración de produtos en

obradoiros. Artesáns que traballan

manualmente Sen horario fixo Forza de traballo humana ou

animal O artesán fai todo o produto Fonte fe enerxía: humana,

animal, auga, vento

Coa industrialización Elaboración dos produtos en

fábricas Obreiros que traballan con

máquinas Horarios fixo e extenuante Traballo con máquinas: a de

vapor de Watt -1769 Cada obreiro fai unha fase do

produto Fonte de enerxía: carbón

Gran Bretaña, berce da Revolución Industrial Gran Bretaña reúne as condicións necesarias: Man de obra abundante e barata Mercado amplo grazas ao aumento de poboación e as colonias de

ultramar Xacementos de ferro para a Industria siderúrxica Invención da máquina de vapor por James Watt Carbón, combustible fósil que move as máquinas de vapor Mentalidade liberal: Liberalismo económico e monarqiía

parlamentaria

Os sectores punta Os sectores que lideraron este cambio

foron: A industria téxtil A industria siderúrxica, que se encarga de

transformar o ferro en aceiro

Industria Téxtil Transformaba algodón

traído da India, América e Exipto.

Centrouse na rexión do Lancashire

Unha serie de inventos permitiron fiar máis rápido e fíos que non se romperan.

Spinning Jenny

A industria siderúrxica Utiliza o carbón mineral como fonte de enerxía Fabrica ferro e aceiro, destinado á fabricación de

maquinaria, ferramentas e transporte (ferrocarril) Utiliza a máquina de vapor de Watt

A revolución dos transportes: a navegación

Comezan a funcionar os barcos propulsados por motor de vapor cara 1807.

No 1830 incorpórase o casco de ferro e as hélices.

En 1847 podían atravesar o Atlántico en 15 días En 1870 incorpóranse as cámaras frigoríficas

permitindo transportar materiais perecedeiros a grandes distancias.

A revolución dos transportes

Na imaxe da esquerda, canal de Suez, que permitiu acurtar a viaxe entre Londres e a India nun 40%

Na dereita, primeiros barcos de vapor

A revolución dos transportes: o ferrocarril O ferrocarril xunta a máquina de vapor coa invención

do inglés Stephenson, a locomotora, que exerce a propulsión sobre raís.

En 1830 ábrese a primeira liña entre Manchester e Liverpool.

O ferrocarril acurtou as viaxes,aumentou a seguridade e a capacidade de carga. Ademáis era máis barato.

Nos decenios seguintes extendeuse rápidamente por Europa e foi un gran estímulo para a industrialización e unha fonte de demanda para a siderurxia.

O ferrocarril

Consecuncias da revolución dos transportes A Revolución industrial deu paso a unha

economía para a venda en mercados cada vez máis amplos.

Grazas ás melloras de transporte aumentou o comercio.

A economía mundial especializóuse: os países industrializados producen produtos manufaturados, os non industrializados, exportan materias primas

Os transportes melloraron a dieta. Facilitaron as migracións a outros países.

A segunda Revolución Industrial Dende 1870 o mundo entrou nunha nova

fase do proceso de industrialización liderado por Gran Bretaña pero que vai ser compartido por novas potencias como Estados Unidos, Alemaña e Xapón. Aparecen novas fontes de enerxía e novos sectores industriais.

Fontes de enerxía: electricidade A electricidade

aplícase a:

máquinas medios de transportes : ferrocarril, tranvía Comunicacións: teléfono, telégrafo Iluminación urbana e doméstica

Novas fontes de enerxía: electricidade

Fontes de enerxía : o petróleo Grazas á invención do motor de explosión

aplícase como combustible para o automóbil

Derivados do petróleo aplicanse á navegación e a outra revolución: a aviación( primeiro voo dos irmáns Wright no ano 1903)

Novas industrias Industria siderúrxica-

novidades como ao forno de Bessemer permiten obter aceiro de maior calidade a máis baixo custo.

Metalúrxica: novas aleacións, novos metais como o aluminio

Novas industrias Industria química- con novas materias

primas como o petróleo e o caucho, fabricación de cemento, fertilizantes, explosivos (dinamita), colorantes

A combinación do cemento e o aceiro da lugar ao cemento armado con aplicacións á construcción.

Formas de organización industrial Fabricación en serie:

moitos produtos iguais para rebaixar costes de fabricación.

Para conseguilo aplicase Taylorismo ou fabricación en cadea onde cada obreiro fai unha fase da producción.

A fabricación en cadea foi implantada por Henry Ford na súa fábrica de automóviles

Formas de organización industrial Os elevados investimentos de capital requerían

empresas maiores por iso concentráronse. As formas de concentración son:

CártelAcordos entre

diferentes empresas

do mesmo sector

TrustFusión de empresas

do mesmo sector

Hóldinggrupo financieiro

que posúe a maioría das

accións dun conxunto de

empresas

Novas clases sociais : a burguesía Burguesía- grupo dominante da nova sociedade

industrial. É o propietario dos medios de producción. Divídese en:

- gran burguesía- banqueiros e grandes empresarios industriais.

- mediana burguesía- profesionais liberais, funcionarios, comerciantes

- pequena burguesía- tendeiros, empregados

Nova clases sociais: os obreiros O proletariado ou obreiros son os

traballadores das fábricas que venden a súa forza de traballo a cambio dun salario que adoita ser baixo e as súas condicións de traballo son moi duras: xornadas de 12-14 horas, sen vacacións nin baixas por enfemidade, traballo de mulleres e nenos peor remunerado…

A liberdade guiando ao pobo- Eugene Delacroix

Movementos obreiros Ao longo do século XIX os obreiros

comezan a reclamar o dereito a un traballo digno e remataron propoñendo un cambio do sistema capitalista por un modelo máis xusto.

Primeiros movementos obreiros Ludismo- foi a primeira reacción dos obreiros

que consistiu na oposición ás máquinas por consideralas responsables da súa situación. Destruían as máquinas ata que se impuxo a pena de morte por facelo.

Os traballadores van tomando conciencia de clase: nacen os sindicatos, asociación de traballadores do mesmo sector que piden melloras laborais

Marxismo e socialismo A mediados do

século XIX Karl Marx e Friedrich Engels escriben o «Manifesto Comunista» denunciando a explotación dos obreiros

Marxismo e socialismo Marx analiza a Historia como unha loita de

clases; asclases dominadas que se enfrontas as dominantes. Por iso cre que unha revolución obreira acabaría có dominio da burguesía e có capitalismo

A seguinte fase sería a ocupación do poder por parte do proletariado

Marxismo : a ditadura do proletariado e o comunismo A fase de ocupación do poder polos

obreiros sería a ditadura do proletariado A continuación se socializarían os medios

de producción chegando así a sociedade sin clases: sociedade comunista. Na sociedade comunista o Estado non sería necesario.

Partidos marxistas No último tercio do século XIX os marxistas

decidiron, mentres non estoupaba a revolución , intervir no xogo parlamentario a través de partidos socialistas conseguindo así melloras como o sufraxio universal, impostos progresivos, xornada laboral de oito horas…

Anarquismo Os principais pensadores anarquistas foron

Proudhon, Bakunin e Kropotkin. Todos tiñan en común a exaltación da

liberdade individual, a defensa da propiedade colectiva e o rexeitamento á autoridade sobre todo do Estado

Anarquismo Non participan na vida

para mellorar a condición obreirapolítica.

Os máis radizais defenderon o uso da violencia para acabar có Estado : propaganda dos feitos.

Outros fixeron sindicatos para mellorar a condición obreira

Marxismo e Anarquismo

contra

CapitalismoDominio da burguesía

marxismo anarquismo

Marxismo e anarquismo

Marxismo Defensa propiedade colectiva

a través da acción obreira. Revolución obreira dirixida por

partidos obreiros. 1ª fase- ditadura do

proletariado: socialización do Estado

2ª fase- Comunismo: sociedade sen clases e sen Estado

Anarquismo Liberdade individual Defensa da propiedade

colectiva Rexeitamento aos partidos

políticos e as autoridades Revolución social espontánea. Sociedade sen clases,

propiedade colectiva desaparición do Estado

Internacionalismo obreiro Marxistas e anarquistas defendían a necesidade de unir

esforzos na súa loita contra o capitalismo. Por iniciativa de Marx en 1864 creouse a Asociación

Internacional de Traballadores ou I Internacional pero as discrepancias entre marxistas e anarquistas dirixidos por Bakunin a fixo inviable.

En 1889 fúndase a II Internacional , exclusivamente socialista.

Traballo realizado por Nuria CasteloProfesora do IES Leiras Pulpeiro

Nivel educativo- 4º da ESO