Post on 29-May-2020
A HÉLADE O termo Hélade refírese tanto ao conxunto de
helenos ou gregos como ao territorio que habitaron
Comparten unha serie de elementos: A mesma lingua Séntense membros da mesma comunidade cultural Modo de pensar Organización política Renden culto ás mesmas divinidades Modos similares de expresións artísticas.
AS POLIS A polis (cidade en grego) é unha cidade- estado,
unha unidade política que se goberna libremente a si mesma.
Características: Eran independentes e gobernábanse con institución
propias. Exemplos: Atenas, Esparta, Tebas Estaban formadas por un territorio que abarcaba: Poboados rurais Cidades pequenas Centro urbano principal, sede do goberno da polis No centro urbano estaba o ágora, gran praza que era o
centro administrativo, relixioso e comercial. Aquí reuníanse as asembleas populares.
Organización social das polis: Dous grupos de individuos: Libres Cidadáns: Eran os fillos varóns de pai cidadán Podían: participar nas asembleas políticas, ser membros de tribunais de xustiza Ocupar cargos públicos Posuír terras
Non cidadáns: Non tiñan dereitos políticos Dedicábanse ao comercio e artesanía.
Escravos
Os sistemas de goberno: Monarquía: a máxima autoridade é un rei. Oligarquía: o goberno da cidade está en mans
dun reducido número de familias (a aristocracia) Democracia: o poder está en todos os cidadáns
Entre os séculos VIII- VI a.C. Numerosas polis iniciaron expedicións para fundar colonias nas beiras do Mediterráneo, ampliando así o ámbito da civilización grega.
Causas: Insuficiencia de recursos no seu territorio: mala
agricultura debido aos terreos montañosos e áridos.
Aumento da poboación e falta de terras. Intereses comerciais: as melloras na navegación
favorecen o comercio
Unha colonia (en termos xerais) é un territorio que depende doutro, denominado metrópole, co que mantén vínculos políticos, económicos e culturais.
Porén, as colonias gregas non dependían politicamente da metrópole, senón que eran independentes dende a súa fundación.
Para fundar unha colonia seguíanse estes pasos: 1. elixir un lugar con auga potable na costa 2. de fácil defensa 3. cun porto natural para poder desembarcar con
facilidade e protexer os barcos.
A colonización grega foi especialmente intensa na illa de Sicilia e no sur da península italiana: a Magna Grecia.
Consecuencias: Esténdese a civilización grega: Avances técnicos e culturais: uso do ferro, a moeda, o
alfabeto, o urbanismo, a arte.
Séculos V-IV a.C.: Atenas viviu un período de gran desenvolvemento que a converteu na máis representativa do mundo grego.
Durante o mandato de Pericles (443-429 a.C.) asentouse a democracia: goberno do pobo.
Características da democracia: Intervención directa dos cidadáns nas decisións
de goberno mediante asembleas: democracia directa
So podían votar os cidadáns (varóns e fillos de pai e nai ateniense)
Non podían votar: Mulleres Estranxeiros (metecos) Escravos (sen dereitos)
Igualdade de palabra: calquera cidadán podía intervir nas asembleas con independencia da súa riqueza.
Pericles estableceu o pagamento de dietas aos cidadáns que exercían de xurado ou eran membros do consello da Boulé
Isto permitía aos cidadáns máis humildes exercer cargos políticos. Estableceuse o ostracismo: sistema polo que
se condenaba ao exilio, durante 10 anos, a calquera cidadán que fose contra o sistema democrático.
Esparta tiña unha monarquía controlada pola oligarquía (minoría formada por unhas poucas familias poderosas).
Institucións: Monarquía: exercida por dous reis (diarquía) Gerusía: concello de anciáns Asemblea popular: Elixe aos membros da Gerusía Non tiña capacidade para tomar decisións.
Esparta destacou pola ríxida disciplina que impoñía aos habitantes: eran educados directamente polo Estado nun réxime militarista desde os 14 anos.
Guerras entre gregos e persas (500-479 a.C.) I Guerra: Todas as polis gregas formaron unha
fronte común ante os persas, e venceron na batalla de Maratón (490 a.C.)
II Guerra: Os persas volveron a atacar e arrasaron Atenas despois de vencer na batalla das Termópilas. Finalmente os atenienses derrotan aos persas na
batalla de Salamina e Platea (480, 479 a.C.)
Os persas teñen que abandonar definitivamente o territorio grego.
Tras a derrota dos persas, empezou a etapa do imperialismo ateniense, na que Pericles utilizou o tesouro da Liga de Delos (unión das polis gregas para protexerse ante a posibilidade dun novo ataque persa) para sufragar a reconstrución da Acrópolis de Atenas.
Esparta derrota finalmente a Atenas e pon fin o seu dominio, comezando a hexemonía espartana (399-371 a.C.)
A mediados do século IV a.C., un reino situado ao norte da Hélade, Macedonia, iniciou unha fase expansiva e de conquistas que culminará na creación do maior imperio coñecido ata entón.
Filipo II, rei de Macedonia (359-336 a.C.), foi conquistndo sucesivamente as polis gregas. Unicamente Esparta se mantivo fóra do dominio macedonio.
O seu fillo Alexandre (336-323 a.C.) ampliou o domino de Macedonia: con so 20 anos, tras ser educado polo filósofo Aristóteles, dirixiu un exército que conseguiu vitoria tras vitoria
Dominou: Fenicia Siria Exipto Mesopotamia Imperio persa
Medidas para dar cohesión ao seu imperio: Emprego dunha lingua común: o grego Sistema monetario baseado na moeda de Atenas Fundación de 70 cidades
Tras a morte de Alexandre, os seus xenerais repartíronse o imperio, dando lugar a varios reinos, posteriormente anexionados por Roma: Macedonia, Siria e Exipto.
O helenismo é o período comprendido entre
a formación do imperio de Alexandre o Magno e a conquista romana de Exipto (30 a.C.)
Os gregos renderon culto a numerosas divinidades.
Era unha relixión antropomorfa, os deuses eran representados con formas humanas e comportábanse como humanos, cos mesmos vicios e virtudes, pero inmortais e todopoderosos.
Os gregos crían na adiviñación e nos oráculos, que eran mensaxes que os deuses enviaban aos humanos: o oráculo de Delfos
Os heroes eran fillos dunha divinidade e dun mortal: Heracles, Aquiles, Teseo, Orfeo.
Para os gregos era unha obriga inescusable enterrar os mortos e realizar ritos funerarios, porque senón as almas vagarían errantes eternamente, sen descansar en paz.
Ao defunto colocábaselle unha moeda na boca para pagar a Caronte, o barqueiro que levaba as almas ao outro lado da lagoa Aquerusia
A ciencia e a filosofía grega son a base da nosa civilización actual.
Filósofos: tentan explicar a orixe e natureza do ser humano e de todo o que nos rodea: Sócrates, Platón, Aristóteles.
Teatro: Esquilo, Sófocles, Eurípides. Poesía épica: Homero, autor da Ilíada e a
Odisea. Historia: Herodoto, Xenofonte
MATEMÁTICAS: Pitágoras, Arquimedes e Euclides
ASTRONOMÍA: Aristarco demostrou que a Terra é esférica e xira ao redor do Sol.
MEDICINA: Hipócrates
Tres características: Busca da beleza ideal. Equilíbrio. Escala humana.
O filósofo Protágoras sintetizaba a idea desta cultura antropocéntrica: o home é a medida de todas as cousas
3 etapas na arte grega: PERÍODO ARCAICO: SÉC. VIII a.C..- 480 a.C.
PERÍODO CLÁSICO:480- 323 a.C.
PERÍODO HELENÍSTICO: 323 a.C.- 146 a.C.
Ciclo: HYBRIS- ATE- NEMESIS
1.ARQUITECTURA • Arquitectura alintelada. • Edificio máis importante: Templo, en mármore e pintados de cores.
– Partes: • Pronaos: vestíbulo. • Naos ou cella: sala principal. • Opistodomo: lugar para depositar as
ofrendas.
• Na utilización das columnas destacaron tres estilos ou ordes:
• Dórica: capitel cuadrado
• Xónica: capitel con volutas.
• Corintia: capitel con follas de acanto.
A ACRÓPOLIS DE ATENAS, MANDADA CONSTRUIR POR PERICLES, É O LUGAR ONDE SE CONCENTRA O
MELLOR DA ARQUITECTURA CLÁSICA ATENIENSE
EXEMPLOS: O PARTENÓN • Foi construído na segunda
metade do século V a. C. baixo a dirección de Fidias.
• Construído na acrópolis (lugar máis alto da cidade) de Atenas e como morada da deusa Atenea, protectora da cidade.
• Dórico, octástilo e períptero
• Correccións ópticas Arquitectos: Ictinos e Calícrates
447-432 A.C.
A ESCULTURA
• Función relixiosa representaban a deuses e heroes.
• Representaba a beleza ideal do corpo humano baseada nas proporcións armoniosas.
• Feitas de bronce ou mármore. • Ten tres etapas:
Escultura arcaica: Figuras estáticas e ríxidas. Lei da frontalidade Kurós (homes desnudos) e Koré (muller vestida)
O moscóforo
PERÍODO CLÁSICO Século V- IV A.C.
Figuras que buscan a beleza ideal, con movemento, con rostros serenos sen expresividade
quilibradas. Ex. Discóbolo de Mirón.
SÉCULO V A.C. • MIRÓN: Discóbolo Movemento en potencia • FIDIAS: Esculturas do Partenón:
» Procesión das Panateneas » Tímpanos: Nacemento de Atenea, Desputa con Poseidón » Metopas » Atenea Parthenos
• Sentimento olímpico • Técnica dos “panos mollados”
• POLICLETO: Doríforo e Diadúmeno
» Proporción das partes » Canon das Sete cabezas
SÉCULO IV A.c.
• PRAXÍTELES: Apolo Sauróctono Hermes con Dionisos Afrodita de Cnido Curva praxiteliana, sentido do humor
• SCOPAS: Ménade Pathos
• LISIPO: Apoxiomeno Canon 8 cabezas
PERÍODO HELENÍSTICO Figuras con moito
movemento e expresividade (pathos).
Ex. O Laoconte e os seus fillos.