Post on 23-Dec-2014
description
A CRISE DA BAIXA IDADE MEDIA NA PENÍNSULA
(1348-1479)
En Mallorca, de acordo cos estudos de Santamaría, pereceron o 4,4 por 100 dos habitantes da cidade de Palma e o 23,5 por 100 dos residentes nos núcleos rurais.”
Julio Valdeón, en Historia 16.
Peste Negra (1348-1351)
“Nas Cortes de Valladolid de 1351 alúdese repetidas veces á escaseza de brazos para traballar a terra. Os libros redondos da catedral de Burgos de 1352 anotan a palabra “vazio” á beira de numerosas herdades. O historiador N. Cabrillana… chegou a afirmar que o 20% dos lugares habitados que había no bispado de Palencia quedou despoboado a consecuencia da mortífera epidemia.”
Julio Valdeón Baruque, en artehistoria.com
CRISE DEMOGRÁFICA
Alfonso XI, vítima da peste en 1350
“Entre 1342 e 1385 a poboación de Teruel diminuíu nun 37 por 100 e, se temos en conta o conxunto formado pola cidade e as súas aldeas, nun 35,8 por 100. (…), Na plana de Vic, segundo os traballos realizados por Pladevall, a poboación experimentou un retroceso espectacular a consecuencia da Peste Negra, pasando duns 16.500 habitantes antes da primeira mortandade a só uns 5.500 con posterioridade á mesma, o que representaría a perda duns dous terzos dos seus efectivos demográficos.
Lugares onde está
documentada a Peste Negra
en Castela
SOCIAISECONÓMICAS
AUXE GANDEIRO
Estancamento e diminución
do espazo cultivado
Aumento da demanda
europea pola Guerra dos Cen Anos
Redución da man de obra dispoñible
RETROCESO AGRÍCOLA
GRANDES BENEFICIADOS
GRANDES PROPIETARIOS
COROA
Privilexios dados á Mesta
Meirandes ingresos fiscais
CONSECUENCIAS
POLÍTICAS
LOITAS NOBREZA - MONARQUÍA
-Creación dunha nobreza de servizo
- Menos poder das Cortes
- Creación da Audiencia e do Condestable
- Reforma do Consello Real e Correxidores
- Aumento de impostos
NOVA DINASTÍA
REFORZAMENTO DO PODER REAL
PROSIGUEN AS LOITAS NOBREZA-REICaos e guerra civil entre 1419
e 1479
“Mercedes” enriqueñas
SITUACIÓN ECONÓMICA
Escudo do Honrado Concejo de la Mesta, creado en 1273, baixo reinado de Alfonso X o Sabio
“A tradición gandeira peninsular remóntase a séculos antes da nosa era - a cultura dos verracos pode ser unha boa manifestación disto -, mais na Idade Media temos constancia de actividade gandeira e de movementos de radio curto e medio nos vales pirenaicos e a cornixa cantábrica. A progresiva expansión territorial implicará a expansión desta actividade gandeira, así como o incremento do número de cabezas de gando, polo que, os enfrontamentos por pastos, pasos, cursos de auga, entre concejos, entre grupos privilexiados e concejos cos fueros dos cales chocaban, entre agricultores e gandeiros, etc. resultaban inevitables.Para evitar esta caótica situación social, económica, xurídica e incluso bélica - concejos como os de Segovia e Madrid manterán unha crudelísima pugna - resólvese coordenar e regular a actividade. Así nacen as mestas, nome que inicialmente designa os pastos comunais, mais que acabará por dar nome ás asembleas e asociacións de gandeiros, que tiñan por finalidade organizar e establecer as rutas e áreas de pasto, evitar conflitos e dirimilos, etc. Se ben, en Castela e Navarra estas asembleas reciben o nome de mesta, en Aragón denomínanse ligallos, é dicir, ligas.”
arteguias.com
Fonte: Atlas del Territorio de Andalucía. Junta de Andalucía
O comercio foi a actividade menos
afectada pola crise: O comercio castelán
continuou crecendo. Baseado na
exportación de la e a importación de
produtos manufacturados de
luxo e dirixido esencialmente a
Flandes. O comercio catalán no
Mediterráneo, baseouse na
exportación de produtos téxtiles e a
importación de sedas e especias, mantívose no século XIV, aínda que
decaeu no XV.
Expansión marítima no Mediterráneo da Coroa de Aragón
Expansión territorial da Coroa de Aragón
Expansión comercial polo Mediterráneo da Coroa de Aragón
Fonte: CNICE. Proxecto Kairós
Expansión marítima no Mediterráneo da Coroa de Aragón
“Os conflitos antiseñoriais de maior transcendencia tiveron por escenario Galicia. Alí houbera en 1431 unha importante revolta antiseñorial. O seu punto de partida foi a creación dunha Irmandade, integrada por uns tres mil vasalos de Nuño Freire de Andrade, señor de Ferrol, e varios miles de populares dos bispados de Lugo e Mondoñedo, e dirixida polo fidalgo Roi Xordo. O conxunto principal dos irmandiños era de labregos, pero tamén había artesáns das villas e, en calidade de dirixentes, algúns membros da pequena nobreza. Despois de diversas peripecias a revolta foi sofocada, en parte grazas á axuda prestada polo rei de Castela ao señor de Ferrol.
(…) O conflito antiseñorial de máIs envergadura de todo o século XV foi o que estourou en Galicia no ano 1467. Enrique IV autorizou a constitución da Irmandade, que tiña como finalidade garantir a orde, perturbada polos malfeitores, e protexer os intereses dos irmandiños. Unha vez máis dábanse cita na Irmandade grupos sociais diversos: campesiños, que constituían o grupo máis numeroso, xentes das vilas, mais tamén sectores do clero e da baixa nobreza. Entre estes últimos destacaban Alonso de Lanzós, Pedro de Osorio e Diego de Lemos, auténticos dirixentes do movemento. Pero a Irmandade converteuse na punta de lanza dun movemento antiseñorial, dirixido contra os grandes propietarios territoriais da nobreza laica galega. É a denominada segunda guerra irmandiña ou, simplemente, o conflito dos Irmandiños.”
Julio Valdeón, en artehistoria.com
CRISE SOCIAL: A REVOLTA IRMANDIÑA
Torre de Nogueirosa
Mariscal Pardo de Cela, partidario de Juana la Beltraneja
CRISE SOCIAL: A REVOLTA DOS REMENSAS
“VI: Que sexa suprimido o dereito de maltratar ao payés; ítem, en moitas partes do devandito principado de Cataluña algúns señores pretenden... que os devanditos payeses poden ser xusta ou inxustamente maltratados,.... mantidos en ferros e cadeas e aínda reciben golpes. Desexan e suplican os payeses que sexa suprimido e non poidan ser maltratados polos seus señores, senón por mediación da xustiza. (…)VII: Que a muller do payés non se vexa obrigada a deixar ao seu fillo sen leite para amamantar ao fillo do señor,ítem, acontece ás veces que cando pare a muller do señor, o señor por forza toma algunha muller dun payés como nodriza .. . deixando ao fillo do payés morrer, ... e así suplican e desexan sexa suprimido. Responden os señores que son contentos e outorgan o que lles é pedido.VIII: Que o señor non poida durmir a primeira noite coa muller do payés, ítem, pretenden algúns señores que cando o payés toma muller o señor ha de durmir con ela a primeira noite, en sinal de señorío... Responden os señores que non saben nincren que tal servidume sexa no presente no Principado... , Se é así verdade ... renuncian, rompen e anulan os señores tal servidume. ..IX: Do abuso de que o fillo ou a filla do payés teña que servir ao señor sen paga e remuneración…
ARTOLA, M.: Textos fundamentales para la Historia.
Os payeses de remensa loitaron contra os malos usos
Fernando o Católico dictou a Sentencia Arbitral de Guadalupe (1486), que puxo fin ao conflito
Xoan II de Aragón, rodeado de representantes da Biga (membros da alta burguesía opostos á Busca, mercadores
e clases populares)
CRISE SOCIAL: OUTROS CONFLITOS URBANOS
O antisemitismo deu lugar a múltiples pogroms contra a poboación xudea que vivía separada nas xuderías urbanas. Un exemplo é o pogrom de Sevilla de 1391.
A DINASTÍA TRASTÁMARA
Fonte: Wikipedia
Guerra civil entre Pedro I o Cruel e Enrique II o das Mercedes (1366-1369)
Compromiso de Caspe (1412), polo que se instaura a casa de Trastámara en Aragón tras a morte de Martín I de Aragón
CORTES de Castela eLeón, definitivamente fusionadas,
votan os impostos
CONSELLO REAL (1385), integrado por expertos en leisque asesoraban ao monarca
FORTALECEMENTO DA AUTORIDADE MONÁRQUICANOS SÉCULOS XIV e XV
AUDIENCIA (1371), órgano supremo de xustiza,
supeditado ao rei. Itinerante nunprincipio, fixouse no s. XV a
súa sé en Valladolid, co nomede Chancelería
Control dos municipios. Establecemento dos
Reximentos en tempos deAlfonso XI.
Os rexidores eran nomeados,con carácter vitalicio,
polo monarca.
Os correxidores eran representantes permanentes
da Coroa nos municipios
AS INSTITUCIÓNS POLÍTICAS EN CASTELA
VIRREINATOS nos quea autoridade real era representada
polos virreis
CORTES, contrapeso á autoriade real. Eran
independentes en Cataluña, Aragón e Valencia
MONARQUÍA PACTISTA BASEADA NO PACTO ENTREO REI E OS SÚBDITOS E O RESPETO ENTRE TODOS OS
TERRITORIOS DA COROA (RÉXIME CONFEDERAL)
DEPUTACIÓNS, encargadas de controlar a
recadación. Creouse primeiro a Generalitat de Cataluña (1359), logo a do Reino de Aragón (1412)e finalmente a do R. de Valencia
(1419)
O Xustiza de Aragón erao encargado da defensa
dos fueros.
Os municipios estaban controlados polas
oligarquías urbanas, cun gobernono que había un delegado
nomeado polo rei.
AS INSTITUCIÓNS POLÍTICAS EN ARAGÓN
Guerra civil1474-1479
A SUCESIÓN
EN CASTELA
Enrique IV (1425-1474)
Xoana a Beltranexa
(1462-1530)Isabel a Católica
(1451-1504)
“Os Reis Católicos non adoptaron o título de Reis de España. Titulábanse “rey e reyna de Castilla, de León, de Aragón, de Sicilia, de Cerdeña, de Córdoba, de Córcega, de Murcia, de Jaén, de los Algarves, de Algecira e de Gibraltar e de Guipuzcoa, conde e condesa de Barcelona, e señores de Vizcaya e de Molina”, máis outros títulos referentes a condados, ducados e marquesados de enclaves e territorios non hispánicos. Isabel a Católica non interveu en cuestións internas da Coroa de Aragón. Canarias, das que a conquista se completou entre 1493 e 1496, as Indias (América) e o norte de África quedaron reservadas a Castela; os Pireneos, Italia e o Mediterráneo, a Aragón.”
Juan Pablo Fusi e Francisco Calvo Serraller: “El espejo del tiempo”.
FINALMENTE,… TANTO MONTA
“(…) o 19 de outubro de 1469, Isabel e Fernando, os futuros Reis Católicos, contraeron matrimonio en Valladolid. Non houbo invitados de luxo nen delegacións diplomáticas… nin siquera estiveron os pais dos noivos. Porque aquela voda tiña que ser moi discreta e debían despachala rapidiño para poñerse a traballar .”
Nieves Concostrina: “Menudas historias de la historia”.