Post on 11-Feb-2020
A alianza perfecta:o voluntariado xuvenil
e o Camiño de Santiago
Campaña a prol dascooperativas de xóvenes
Guía para unha saída nouturna por Pontevedra
Un 10 para o macroconcerto do FestivalXacobeo
O voluntariado conecta co Camiño
Altruismo e ganas de aventura en fortes doses. Son dous aspectos en co-mún que polo xeral teñen os voluntarios e os peregri-nos. De aí o éxito dos cam-pos de traballo vinculados ao Camiño Francés organi-zados por primeira vez este ano con motivo do Xaco-beo 2010 por parte da di-rección xeral de Xuventude e Voluntariado.
Un dos máis destacados foi o do Pino (A Coruña), nas últimas etapas do Ca-miño Francés. Vinte parti-cipantes de entre 18 e 24 anos, galegos e doutras autonomías españolas, de-dicáronse durante quince días a interactuar tanto cos peregrinos como cos veci-ños da zona. Estímase que o voluntariado atendeu du-rante todo o verán no Pino uns 15.000 peregrinos.
En patrullas de dúas per-soas, traballaron en diver-sos treitos da ruta para informar de posibles inci-
dencias e atender as de-mandas de información dos peregrinos sobre cuestións como aloxamentos, trans-portes ou servizos médicos. Outra das funcións foi a de acompañar a visitantes e peregrinos en rutas guia-das en bicicleta para coñe-cer o municipio.
Entre as actividades máis destacadas, atopouse a creación de “Ultreiamundi”, un espectáculo de danza e teatro baseado nas viven-cias do Camiño de Santiago e de todas as persoas que se achegan a el. Todos os voluntarios do campo im-plicáronse na montaxe e na posta en escea, que se re-presentou no pobo.
Como traballos de dina-mización, os participantes no campo de traballo do Pino representaron per-sonaxes míticas da zona, relacionadas co Camiño, e explicáronlles aos visi-tantes a súa orixe. Outro eido no que traballaron foi
o ambiental, xa que cola-boraron na limpeza dunha ponte romana e do leito do río que a atravesa, recupe-rando parte do esplendor que algún día tivo.
Por suposto, tamén houbo tempo para actividades centradas exclusivamen-te no lecer e o tempo libre dos propios voluntarios, con sendeirismo, saídas en bicicleta, ximkanas, depor-
tes, obradoiros, saídas en pirauga, e excursións a pa-raxes de interese cultural, histórico, patrimonial e na-tural na zona.
Ademais do realizado no Pino, durante este verán Xuventude tamén orga-nizou campos de traballo vinculados ao Camiño de Santiago nas localidades de Fistera (A Coruña) e Palas de Rei (Lugo).
Atención aos camiñantes e convivencia cos veciños nos campos de traballo
CINCO VARIEDA-DES DE VOLUNTA-RIADO PARA OS PE-REGRINOS.
O Programa Volun-tariado Xacobeo 2010 procura atender dis-tintos aspectos no coi-dado ao peregrino. De aí que se puxesen en marcha cinco iniciati-vas diferentes: o vo-luntariado local, que ofrece información, cultura e servizos en puntos fixos das distin-tas rutas peregrinas; o pioneiro “Eu Camiño”, no que voluntarios de 19 países europeos garantiron a atención en distintos idiomas ao longo do Camiño Fran-cés; o voluntariado da sabedoría, ideado para persoas de máis de 65 anos, con 120 participantes no Cami-ño Francés que com-partiron experiencias e vivencias cos cami-ñantes contándolles lendas, contos e canti-gas; o voluntariado sa-nitario, con estudantes que prestaron aten-ción aos peregrinos; e os campos de traballo como o desenvolto no Pino.
Ovidio Rodeiro visitando o campo de traballo do Pino
O 25 de setembro encheremos de ambientemedieval a zona vella de Santiago
A dirección xeral de Xu-ventude e Voluntariado organiza para o sábado 25 de setembro un xogo de estra-texia e soft-combat en San-tiago, en concreto nas rúas da zona vella e no Parque de Bonaval. Neste escenario, ata un máximo de 400 per-soas recrearán o ambiente medieval cun xogo que ex-plora as orixes do fenómeno da peregrinación xacobea.
O argumento ficticio que se empregará para este xogo será a celebración, por parte
de Henrique IV, Rei da Co-roa de Castela, dun torneo de cabaleiros en Santiago de Compostela durante o Ano Santo 1451. O monarca in-tenta así superar a súa fe-bleza, continuamente amea-zada por conspiracións. No torneo están convidados os maiores señores feudais de Galicia, por aquel entón en-voltos en continuas loitas in-ternas. Estes, en compaña dos seus exércitos, tratarán de alzarse cunha victoria que os converterá en rexentes do seu territorio.
Con este torneo, inténtase que os participantes e espec-tadores coñezan a Historia Medieval de Galicia, a forma de vida das súas xentes, as súas clases sociais, o fenó-meno das peregrinacións e o legado artístico, arquitectó-nico e cultural que a tradición do Apóstolo Santiago deixou na cidade compostelana.
Á vez, co método do xogo de estratexia, propóñense modelos alternativos de ocio cos que se fomenta a convi-vencia e o traballo en equipo.
SE QUERES PARTI-CIPAR... O prazo de inscrición está aberto ata cubrir as 400 pra-zas máximas que con-templa a organización. Debes ter entre 18 e 35 anos. A cota de par-ticipación é de 12,50 euros, que se quedan en dez euros se presen-tas o Carné Xove.
SE QUERES SABER MÁIS... Na web www.tor-neodocamino.org tes toda a información precisa sobre este xogo de estratexia. A súa consulta resulta sinxe-la, con información sobre as bases, o programa, as per-sonaxes, as regras de xogo, as armas, e o procedemento de inscrición ben detallada por seccións.
O Torneo do Camiño está deseñado para que participen persoas que nunca antes tomaran par-te nun evento similar. Por suposto, non está pensa-do como unha pelexa. A seguridade está sempre garantida porque as “ar-mas” son réplicas inofen-
sivas, acolchadas e pre-testadas. Ademais, hai unhas normas que todos os xogadores deben coñe-cer, sexa cal sexa a perso-naxe que interpreten.
De todos os xeitos, o soft-combat tampouco é unha recreación que pre-cise dun ensaio previo.
Ao contrario, non hai un resultado prefixado e se-rán as accións dos parti-cipantes as que orixinen o desenlace. Ante todo, búscase a participación creativa para divertirse. De feito, parte do vestia-rio corre a cargo dos xo-gadores.
Seguridade garantida e resultado aberto
Unha nova campaña da consellería de Traballo e Be-nestar vai divulgar nos vin-deiros meses as potencia-lidades do cooperativismo entre a mocidade. “Coope-rativízate”, como se chama a iniciativa, quere potenciar a creación deste tipo de so-ciedades no sector máis di-námico da poboación.
A maior presenza da cam-paña, na que a Xunta invis-te uns 210.000 euros, será nos centros de formación ocupacional e profesional e nos centros de secundaria. O obxectivo é chegar a máis de 2.500 xóvenes, nun mí-nimo de vintecinco centros educativos de toda a xeo-grafía galega.
“Cooperativízate” desen-volverase con visitas da es-cola cooperativa móbil do Consello Galego de Coo-perativas aos centros edu-cativos. En cada un perma-necerá entre unha e dúas semanas e acometerá un labor docente, explicándo-
lles aos máis novos que o autoemprego cooperativo é unha excelente opción para desenvolver o seu proxcto profesional de forma partici-pativa e autoxestionada.
Ademais de información, vaise poñer a disposición de alumnos e dos centros ma-terial e ferramentas sobre a materia. Deste xeito, haberá charlas informativas en gru-pos duns vintecinco alumnos e organizaranse obradoiros nos que, a partir de ideas xeradas en grupos dun mí-nimo de tres persoas, elabo-raranse proxectos empresa-riais cooperativos para anali-
zar a súa viabilidade.
A campaña tamén prevé ofrecer asesoramento e or-ganizar seminarios sobre como inspirar e desenvolver
un proceso de xeración de ideas. De forma complemen-taria, inclúe xogos coope-rativos, varios cine forums e un punto de información permanente.
Unha campaña para axudarvosa crear a vosa propia cooperativa “Cooperativízate” percorrerá centros educativos de toda Galicia
Seminarios de con-solidación.- Para con-solidar e mellorar a competitividade de no-vas empresas, o IGA-PE tamén desenvolve o Programa Deseña, para formar en novas ferra-menta, técnicas e site-mas de xestión empre-sarial. Para o 28 de se-tembro ten programado un seminario sobre a xestión do desempeño de desenvolvemento potenciais, e o 30 de setembro outro sobre modelos de éxito en in-ternet.
BANG.- Traballo e a Confederación Em-presarial de Ourense desenvolven a Business Angels Network Galicia (BANG), unha rede de investidores privados. BANG revisa plans de negocio dos emprende-dores e, de ser viables, contacta con posibles investidores para mate-rializalos. Nesta iniciati-va, 30 boas ideas con-vertéronse en empresas co apoio de 300 investi-dores desde 2004. .
Mentoring, o apoio da experiencia.- Para crear unha empresa, e sobre todo con-solidala e facela medrar, sempre vén moi ben apoiarse nos coñecementos de quen pasaron antes por unha experiencia simi-lar. Con ese propósito funciona xa a Rede Galega de Empresarios Mentores, a Rede Mentoring, que integra a 71 empresarios con suficiente bagaxe para na xestión e na dirección de empresas para compartir as súas habilidades con empresarios novos.
Esta rede está coordinada pola sociedade BIC Galicia, pertencente ao IGAPE. Ata o momento, nela xa buscaron o seu apoio 45 sociedades. Para os emprendedores resul-ta unha ferramenta útil e gratuíta que os asesora para obter o éxito á hora de botar a andar as súas iniciativas. E os mentores interveñen como unha caste de voluntarios do emprendemento, xa que o fan con al-truísmo, sen ningunha remuneración eco-nómica a cambio.
A vinculación entre a xu-ventude e os accidentes de tráfico vai camiño de pasar á historia, se se mantén a ten-dencia asentada nos últimos meses. A maior conciencia-ción de que é preciso practi-car unha condución respon-sable e a implicación dos xó-venes en campañas de pre-vención están conseguindo comezar a inverter as cifras dunha realidade tan tráxica como innecesaria e cotiá.
Así, segundo os datos fei-tos públicos pola Dirección General de Tráfico, este verán foi o primeiro no que os xóvenes deixaron de ser o grupo de idade co maior número de falecidos en acci-dentes nas estradas.
En concreto, entre os 15 e os 24 anos a reducción é dun
72% con respecto a 2003, e no tramo de idade entre os 24 e os 34 anos as vítimas mortais caeron nun 62%.
De todos os xeitos, duran-te os meses estivais perde-ron a vida 112 xóvenes en sinistros nas estradas espa-ñolas, co que queda claro que a esta guerra aínda lle restan moitas batallas.
Para as autoridades de trá-fico, o cambio de tenden-cia observado no colectivo xuvenil é un motivo para o optimismo porque, como lembran, neste sector da po-boación están os conducto-res de mañán.
A peor parte, para os motoristasO capítulo no que os datos
non chaman ao optimismo
é o dos motoristas. A súa sinistralidade medrou este verán ata os 64 mortos en accidente de moto. Son tres máis dos que se contabili-zaron en 2009 e, aínda que unha soa morte na estrada é sempre demasiado, afortu-nadamente non acadaron as 102 vítimas do ano 2007.
Imprudenciasque pagan os menores Un último dato para pre-
ocuparse é que case se du-plicaron os falecidos meno-res de 14 anos, ata chegar neste verán aos 23. En cerca da metade dos casos non le-vaban posto ningún tipo de sistema de seguridade adap-tado á súa idade, nin o cinto nin ningún outro sistema de retención para menores.
A xuventude gáñalle a batalla aos accidentesFomento do condutor alternativo nas festas
A campaña “Libre de alcol, libre de preocupa-cións”, posta en marcha pola dirección xeral de Xu-ventude, fomentou a figura do condutor alternativo en preto dunha trintena de festas nouturnas e de lugares de marcha en vilas e cidades de toda Galicia.
A campaña, que segue en setembro, baséase no con-tacto directo coa mocidade, con accións orientadas a non xunguir o consumo de alcol coa condución. Así, ademais da carpa da campaña instalada nos lugares de máis afluencia de xente, os monitores achéganse ata os aparcadoiros para colocar sobre os co-ches un trián-gulo de cartón amarelo, ao xeito dos taxis de New York, co lema LIBRE e os consellos desta iniciati-va. Aos que se achegan á car-pa entréganlles unha camiseta, e se demostran o 0,0% de alcol nos controis, entran no sorteo de cursos de condución segura.
Con “LIBRE” tamén colaboran tres das principais or-questras de Galicia (Panorama, Olympus e Phila-delphia), que lanzan mensaxes durante as súas ac-tuacións. O 31 de outubro participarán en Cambados na gran gala final da campaña.
Deixa de ser o colectivo con maior número de vítimas
Os peores exemplosNon hai mellores testemuñas que
os profesionais da conducción das accións irresponsables que a miúdo todos vemos nas estradas. As novas tecnoloxías permitiron que algúns as documenten e difundan:
Os bos exemplosStop Accidentes
Club de Automovilistas
RACE Seguridade Vial
Foto: discoteca Carabás
Posiblesrutas nocturnas
Tras desfrutar dunha boa cea ou das tapiñas das últimas horas da tarde pola zona de viños, unha boa opción é un local que se distingue pola súa selección musical e sesións de house a cargo de diferentes DJ´s. O Nonno, ubi-cado na rúa Real da emblemática Praza do Teucro, conta con tres barras e dúas zonas musicais ben diferenciadas, o Nonno Club e o Nonno Chill Bar. A primeira de músi-ca dance e house e a segunda con música pop, funky, R & B...
Outra opción sería Odisea Copas, un local situado na rúa Paio Gómez Chariño que tamén ofrece dúas pistas, unha de pop no primeiro piso e outra de Deep House e Techno-minimal na planta superior. Nesta mesma rúa a oferta de bares de copas é inmensa, case poderíamos dicir que cada baixo é un bar, o Black Jack, o Cordura, Fe-tiche... sobra onde escoller. Unha boa alter-nativa é ir a ó Mandrágora que se atopa na rúa Real. Aínda que está un pouquiño máis
alonxado do resto, paga a pena pasar por alí porque é dos máis novos e ten unha decoración de luxo, ademáis
as caipiriñas que preparan están boísimas.
Unha vez que a noite avanza e a Zona Mo-numental pecha as súas portas (sobre as cinco da madrugada) poderíamos dicir que temos dúas alternativas, Carabás e Karma. A discoteca Carabás, en Cobián Roffignac, imita o estilo das discotecas punteiras de España, cunha decoración exclusiva con pantallas de televisión, bolas de espelliños, transparencias... A música predominante é o house e o dance. Eso sí chai que ir un pouco fachendoso ou polo menos con za-patos. A outra opción é a Sala Karma, ó lado do concello, cun tipo de música máis especial, pero sen problemas para entrar coa vestimenta que máis che agrade.
As opcións son moitas e variadas, así que xa sabedes, no verán toca ir de festa e pa-salo o mellor posible.
Con ledicia e diversión du-rante todo o ano, é no verán cando a cidade acada o seu grao máximo de actividade nocturna. Veraneantes e lu-gareños disfrutan das fres-cas veladas da época estival que se prolongan ata a ma-drugada. Así que se que-redes pasar unha noite do máis movida en Pontevedra non vos quedará máis reme-dio que saír polo casco an-tigo da cidade, que é onde se concentran a mayoría dos locais de copas e bares que hai nesta marabillosa cidade.
Unha vez na zona podere-des escoller entre unha con-siderable cantidade de sitios agradables nos que disfrutar dunha noite tranquila, mo-vida ou do máis frenética; o que máis vos guste.
A zona entre a Praza das Cinco Rúas e a Praza de
España, xunto coas rúas que están ó redor como Paio Gómez Chariño, é unha ac-tiva zona de viños na que hai un gran ambente ata ho-ras avanzadas da noite.
Por outra banda, as pra-zas son unha boa opción para ir ás terrazas, desta-cando as de a Leña, Verdura e Teucro. Pero se o que bus-cades é a xuventude teredes que ir a zona do Campiño de Santa María, que é onde se concentra a movida xuvenil.
Como as alternativas son moitas podemos facer unha ruta orientativa, aínda que case todos os locais de copas están concentrados principalmente na zona mo-numental, así que se non vos agrada, non teredes máis que sair e mirar ao redor, de seguro atoparedes numero-sos ‘garitos’ para desfrutar.
De marcha por Pontevedra
Expectativas superadas no macroconcerto do Festival Xacobeo 10 Jònsi, Pet Shop Boys e Muse foron os máis aclamados no Monte do Gozo
The Zombies
The Zombies súmanse ao ciclo Xacobeo Importa
O 11 de novembro (22:00 horas), na Sala Mondo de Vigo. A axenda da boa música en Galicia xa ten cuberto un novo oco, dos de marcar en vermello. The Zombies, a veterana banda inglesa fundada en 1959 por Rod Argent, Colin Blunstone e Chris White, súmase ao ciclo Xacobeo Importa.
Son lenda viva do rock e podéselles aplicar con todo merecemento aque-lo de “quen tivo, retivo”. Pezas como Shes´s not there, Tell her no, ou a recoñecible Time of the Season contribuíron a convertelos nun grupo atemporal, admirado por sucesivas xeracións.
O Xacobeo Importa am-plía así a súa variada pro-gramación, que puxo en cartel tamén a Mudhoney, Young Fresh Fellows e Ali-ce Cooper.
Todo un éxito. Un fantástico car-tel e a expectación creada fóra e dentro de Galicia fixeron que o Festival Xacobeo 10 xa tivera gañada a partida antes do seu co-mezo; pero o sucedido no Monte do Gozo non fixo máis –nin me-nos- que confirmar as expecta-tivas e multiplicar os sorrisos de satisfacción entre os afortunados donos dunha desas entradas que voaron con tanta anticipación.
Jònsi, Muse, Pet Shop Boys, Vi-talic, The Right Ones, DJ Poti e
Caradeniño DJ. Todos deixaron al-gún momento para a lembranza; pero, claro, os tres primeiros foron os que acapararon os flashes das cámaras. O islandés espertou as gañas de coñecelo mellor; Muse foron os que meteron máis caña e provocaron momentos de ka-raoke colectivo; e o espectáculo das caixas dos mozos da tenda de animais estivo cheo de matices e de temazos intemporais.
Quen foi o mellor? Para gustos…
Pet Shop Boys
Muse
REDACIÓN E MAQUETACIÓN:Nós Comunicacióninfoxove@noscomunicacion.com
DIRECTOR:Ovidio Rodeiro TatoDirector xeral de Xuventude e Voluntariado
CONTACTA CON INFOXOVEinfoxove@xunta.esDirección Xeral de Xuventude e VoluntariadoSan Caetano s/n - 15781Santiago de CompostelaTel: 981 544 660
PONTEVEDRA16 de setembroDer Ventilator + The CobrasSala Karma
18 de setembroThe Dragsters + Pedrito Diablo y los Cadaveras Sala Karma
24 de setembroGustavo AlmeidaNáutico
VIGO16 de setembroMarylandLa Fábrica de Chocolate
Hot Fiah PartySala El Infierno
17 de setembroOs Vacalouras + MexaPorDentroMonte do Castro
The Mirage + DemetriusSala El Infierno
Buogh + Cró!La Iguana Club
El Grito GhinoBonus Track Bar
18 de setembroDavid PiresPub Parrafadas
The JackelberrysLa Pecera
Clown HoBonus Track Bar
Alfeizar ProjectEl Infierno
24 de setembroCornelius 1960Mondo Club
Ruxe Ruxe + La Vaga BandaEl Infierno
SADA24 de setembroChotokoeu!Moby Dick
SANTIAGO DE COMPOSTELA27 de setembroMudhoney + Young Fresh Fellows
Sala Capitol1 de outubroInterpolSala Capitol
A CORUÑA17 de setembroDinero + PacíficoLe Club
19 de setembroMisquiousBaba bar
20 de setembroMiguel Ríos - Concerto da xira Bye Bye Ríos RockColiseum
25 de setembroSkarallaosPalavea
26 de setembroLos MecánicosJazz Vides
MEAÑO17 de setembroM-80, Mr Hide, Recambios Tucho e NAOFesta da Xuventude
BETANZOS17 de setembroPablo MoroCervexería Estrella
24 de setembroAndrés SuárezBar Lanzás
OURENSE1 de outubroMiguel CostasCafé Cultural Auriense
FERROL17 de setembroDer Ventilator + Disco Las Palmeras! + The CobrasSuper 8
24 de setembroMokelembembeRun Rum
CALDAS DE REIS1 de outubroNadadoraZona Cero
BUEU18 de setembroA Tuna Rastafari
Aturuxo
MELIDE22 de setembroBaldosa AmarillaPub Gatos
CAMBADOS18 de setembroThe NoisersConcentración Moteira
CARBALLO17 e 18 de setembroFestival Xiria PopVenres 17: The Mittens, The Riffbackers, The See See, The Gurús, WolrusSábado 18: The Allnight Workers, The Shake, Los Chicos, e Micky y los Colo-sos del Ritmo
O GROVE25 de setembroCoque MallaEl Náutico
MOAÑA17 de setembroThe JackelberrysCafé Más Que Dos
EDITA:Xunta de GaliciaDirección Xeral de Xuventude e VoluntariadoConsellería de Traballo e BenestarSan Caetano, s/n - 15781Santiago de Compostela
NON OPERDAS
LOS SUAVES. OURENSE18 DE SETEMBRO. EXPOURENSE
ANDRÉS CALAMARO. VIGO18 DE SETEMBRO. AS TRAVESAS
NON OPERDAS