A Acropole de Atenas

Post on 18-Nov-2014

718 views 9 download

description

A acrópole de Atenas para primeiro de bacharelato

Transcript of A Acropole de Atenas

A Acrópole de Atenas

É un conxunto monumental, centrado en Atenea, deusa protectora da cidade.

Despois das guerras contra os persas, durante as que a acrópole sofrera bastantes danos, Pericles logrou convencer á asamblea de cidadáns atenienses de que era necesario rehabilitar a Acrópole e levantar un gran templo en honor da deusa defensora da cidade.

Os Propíleos eran a porta de entrada á Acrópole

Na entrada da Acrópole levántase aínda o templo de Atenea Nike, de orde xónica e tetrástilo.

Vista do Partenón e da muralla que rodeaba e protexía a Acrópole de Atenas.

A pesar do seu estado ruinoso, centos de miles de persoas acuden cada ano a admirar o Partenón. Este templo octástilo, de orde dórica, albergaba unha estatua de Atenea feita de ouro e marfil.

Non coñecemos o aspecto exacto da estatua de Atenea que Fidias fixo para o Partenón. Ésta é unha copia de época romana. O orixinal perdeuse para sempre.

Entre os relevos que Fidias esculpiu para decorar a fachada do Partenón, un dos máis coñecidos era o que representaba a batalla dos Centauros contra os Lapitas

Fidias e Pericles quixeron tamén homenaxear ao pobo ateniense, que aparece representado no relevo coñecido co nome de “Procesión das Panateneas”.

Templo de Erecteo e olivo sagrado de Atenea

Pórtico das Cariátides