...€¦ · Bioloxía: estuda a vida desde o nivel molecular ata o ecosistema; a biotecnoloxía e a...

Post on 09-Sep-2020

5 views 0 download

Transcript of ...€¦ · Bioloxía: estuda a vida desde o nivel molecular ata o ecosistema; a biotecnoloxía e a...

Dobre Grao en Química e en Bioloxía

www.usc.gal/gl/estudos/graos/ciencias/dobre-grao-quimica-bioloxia

www.usc.gal

Esta dobre titulación ten por obxectivo formar graduados que cubra as múltiples áreas onde os profesionais de ambas ramas se necesitan mutuamente, máis alá da conexión entre Química e Bioloxía que implica á Bioquímica.

Química e Bioloxía

Tipo Presencial

Área Ciencias

Centro(s) Facultade de BioloxíaRúa Lope Gómez de Marzoa, s/n15782 Santiago de Compostelafacultade.bioloxia.decanato@usc.es

Facultade de QuímicaAvda. das Ciencias, s/n15782 Santiago de Compostelafacultade.quimica.decanato@usc.es

Campus Santiago de Compostela

+info www.usc.gal/gl/estudos/graos/ciencias/dobre-grao-quimica-bioloxia

PresentaciónInteruniversitario: NonDuración: 6Prezo: UE: 1000 € aprox. / cursoNon UE: 6300 € aprox. / 1º curso consultarNúmero de prazas: 20Nota de corte: 11,580Data de inicio: Setembro

Plan de estudosA titulación está distribuída en 6 cursos, cun total de 358,5 créditos que están formados por 72 créditos de formación básica, 270 créditos de materias obrigatorias e 21 créditos correspondentes ao traballo de fin de grao.

Mobilidade e prácticasA mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. O Servizo de Relacións Exteriores xestiona os diferentes programas de intercambio existentes con outras universidades nacionais (SICUE), europeas (ERASMUS) e extracomunitarias (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa).As prácticas externas non forman parte da oferta académica permanente da titulación, aínda que a facultade colabora cos órganos responsables da Universidade na súa organización como oferta académica complementaria na formación dos seus estudantes.

Por que Química e BioloxíaQuímica: ciencia que abarca desde o mundo submicroscópico dos átomos e as moléculas ata o ámbito dos materiais que utilizamos de xeito cotián, constituíndo unha parte esencial da formación de moitos científicos e enxeñeiros.

Bioloxía: estuda a vida desde o nivel molecular ata o ecosistema; a biotecnoloxía e a conservación e xestión do medio ambiente constitúe un dos eixes fundamentais da investigación básica e aplicada a nivel mundial.A formación ofertada neste dobre itinerario, formará egresados altamente competitivos e preparados para poder orientarse por unha ou outra rama, ou idealmente por vías colaborativas de investigación.Aínda que as conexións entre Química e Bioloxía que se establecen de xeito obvio son as que implican á Bioquímica, existen ademais múltiples áreas onde os actuais profesionais de ambas ramas se necesitan mutuamente; esta proposta pretende formar graduados que cubran ese espazo.Centros de investigación relacionados: CIQUS, CIMUS, IA, iCRETUS, IAQBUS, e AEMAT.